A II Guerra Mundial

Post on 18-Jul-2015

538 views 1 download

Transcript of A II Guerra Mundial

Teresa Nécega Rodríguez

72 Estados. 110 millóns de homes mobilizados. 935 millóns de dólares: custo material da guerra. 45 millóns de mortos. “Guerra total” cuxa vítima foi a poboación civil. Guerra ideolóxica e racial. Guerra económica: puxo a ciencia, a técnica e o conxunto dos sistemas sociais ao servicio das necesidades bélicas. Guerra civil: No interior dos países enfrontouaos demócratas e aos socialistas cos fascistas.

POLÍTICA EXPANSIONISTA DA ALEMAÑA NAZI

- 1ª Consecuencia do ascenso de Hitler ao poder: Alemaña abandona a Sociedade de Nacións == rexeita a orde internacional.- O mesmo pasou con Xapón pola guerra con China.- logo pasará con Italia pola invasión de Abisinia.- A política expansionista de Alemaña de feitosconsumados deixa sen resposta ás democracias.- 1935: anexión do Sarre.- 1936: iníciase a remilitarización de Renania.

DEBILIDADE DAS DEMOCRACIAS.

- A Guerra civil española facilitou a aproximación ente Hitler e Mussolini xa que os dous apoiaban aos militares sublevados contra a República.- 1936: formalízase o eixe Roma-Berlín.- Pacto Antikominter Berlín-Xapón. Italia, Hungría e España incorpóranse máis tarde.- As democracias propoñen unha política de NON intervención que NON foi seguida polos fascistas que apoiaron a Franco.- Gran Bretaña, dirixida por Chamberlain abanderou a “política de sosego” con Hitler, pensando que pararía unha vez satisfeitas as súasansias expansionistas.- Francia apoiou isto, ademáis consideraban que podía ser un boaliado fronte a URSS e a expansión do comunismo.- Mentras tanto rearmaron o seu exército.- E Hitler entendeu que permitían a súa política.

ANSCHLUSS E O PRIMEIRO EXPANSIONISMO NAZI.

1938: tropas alemanas ocupan Austria e logo dunhaintensa campaña de propaganda, Hitler forza un refrendo noque anexiona Austria a Alemaña (Anschluss)

- Ocupa os Sudetes (setembro do 1938)- Convoca a Francia e Gran Bretaña á Conferencia de

Munich: aceptaron a ocupación dos Sudetes a cambio degarantías de NON agresión no futuro sobre o resto deChecoeslovaquia.

- Hitler rompe a “política de sosego”, invadeChecoeslovaquia (marzo do 1939) que desaparece comoestado.

- Anexión de Memel (Lituania).- Mussolini ocupa Albania.

1939: Hitler e Musolini, firman o Pacto de Aceiro.

O ESTALIDO DA GUERRA EN EUROPA.

Polonia: pacto xermano-soviético para nonenfrontarse e repartirse Polonia, ademáis a URSScontrolaría Finlandia, Estonia, Letonia e Lituania.Alemaña conseguía a neutralidade soviética nocaso dun conflicto con occidente.Hitler invade Polonia reclamando a cidade deDanzig e o dereito a construir unha liña deferrocarril e unha autovía a través do corredorpolaco, ante a negativa do goberno polaco apoiadopor Francia e Gran Bretaña, Hitler invade Polonia o1 de setembro do 39 e comeza a II GM.

O IMPERIALISMO XAPONÉS EN ASIA.

Xapón inicia a súa expansión buscando, como Alemaña, unespazo vital que lle permita o dominio de Asia Oriental.Desenvolveu unha poderosísima industria armamentística.Achegouse a Alemaña nazi co pacto Antikominter, xa queconsideraba á URSS o principal enemigo en China.Invade Manchuria, formándose Manchukuo, feito que érexeitado pola SDN que expulsa a Xapón.Sigue creando unha gran forza naval para a sua expansiónpolo pacífico.O inicio da guerra favorece a Xapón pois debilita o controlbritánico, francés e holandés sobre as colonias.Coa ocupación de Indochina, inicia o seu dominio nopacífico, USA será o seu único competidor.

A II GM iniciouse de xeito fulgurante no 1939 coa estratexia da“Guerra Lóstrego” practicada polos nazis(Blietzkrieg) : guerrabaseada na sorpresa e na rapidez de movementos: buscaba adestrucción do inimigo e a devastación das infraestructuras;buscaban unha campaña curta.

LESTE: en 4 semanas en Varsovia. Parte do territorio incorpórasedirectamente ao Reich (Danzig, Poznania, e a Silesia Polaca); noutraspartes como Varsovia ou Cracovia formaron gobernos baixo controlnazi.

EUROPA NORTE: 1940, eran territorios importante para atacarInglaterra e querían o ferro de Suecia (neutral pero integrado nocircuito económico alemán).Dinamarca e Noruega son conquistados rápidamente: en Inglaterradimite Chamberlain e preside W. Churchill.

FRANCIA: inician a ofensiva dende os PPBB e Bélxica queson ocupadas en 48 horas. Continuando cara a Francia.Francia tiña todas as defensas na liña Maginot, nafronteira con Alemaña e non esperaba a invasión porBélxica.Os nazis entran en París e Pétain pide o armisticio, asíFrancia divídese en duas:

Norte: dominio directo dos nazis.Sur: Réxime de Vichy. Colaboracionistas baixo

Pétain.Charles de Gaulle, dende Londres anuncia a “FranciaLibre” e chama á resistencia.

ITALIA: entra no bando nazi en xuño do 1940.

Petáin Chamberlain

Winston Churchill

A CAMPAÑA DE INGLATERRA E A GUERRA DO DESERTO.

No 1940, so queda Gran Bretaña: Hitler decide a campaña deInglaterra, ataque por mar e aire que por primeira vez é repelidopolos ingleses axudados polos americanos. Hitler renuncia áinvasión. Enfrontamento Luftwaffe – RAF.

NORTE DE ÁFRICA: Nova fronte de guerra. Tropas italianas atacanExipto (protectorado Británico) para controlar o Canal de Suez;fracasan e obrigan a intervir ao AFRIKAKORPS alemán dirixido porROMMEL, penetra en Exipto e dobrega as tropas británicas deMontgomery na GUERRA DO DESERTO. Máis tarde Montgomerycontraataca e frea aos alemáns no Alamein en 1942.

No 1943, Montgomery vence definitivamente a Rommel e N. de África será a plataforma para a entrada dos aliados en Italia.

Montgomery Rommel

CAMPAÑA CONTRA A URSS.

A pesar dos pact os coa URSS. Hi t l er pr epar aba a Operación

Barbarroxa par a i nvadi r a URSS.Sucesi vos f r acasos en out r as ocupacións (Gr eci a) despr azan a

atención de Hi t l er car a aos Balcáns transformando

Hungría, Romania e Eslovaquia en estados satélites no 1940 eBul gar i a no 41.Máis t ar de I ugosl avi a queda ocupada e desapar ece como

est ado, desde alí Hi t l er at aca Gr eci a e Cr et a.Queda l i br e o camiño car a a Rusi a. Obxect i vo:

- Destrucción do réxime bol xevi que.- Somet ement o dos pobos esl avos.- Expansión t er r i t or i al par a expl ot ar as r i quezas da

URSS.At aque en t r es direccións: Moscova – l eni ngr ado- St al i ngr ado.

Non o conseguen. A bat al l a de St al i ngr ado f r ea o avance

pol o sur . Rendese o exército alemán no 43, será a pr i mei r a

GUERRA NO PACÍFICO. INTERVENCIÓN DE EUA.

O emperador era unha figura simbólica. O goberno estabacontrolado por un grupo de militares dirixido polo XeneralTojo, exercendo unha ditadura militar.Expansionismo nipón: 7/12/1941, ataque a PearlHarbour, base estadounidense no Pacífico, sen declaraciónprevia de hostilidades: Roosevelt declara a guerra aXapón, Alemaña e Italia = ábrese un novo espazo bélico, AsiaOriental = incorporación dos EUA ao bando aliado =mundialización da guerra.

Avance de Xapón imparable, conquista as colonias en Asia deGran Bretaña, PPBB, e Francia chegando ás Filipinas.Son contidos por EUA en Mar do Coral e Midway, 1942 e aderrota en Guadalcanal anuncia o inicio do declive nipón.

HIRO-HITOEmperador do Xapón Xeneral HIDEKI TOJO

ISOROKU YAMAMOTO

ALMIRANTE

Stalingrado: os alemáns escasos de

combustible, buscaban as reservas petrolíferas do Caucaso.

Fracasan na coquista de Stalingrado.

El Alamein: intento do Afrika Korps de conquistar Exipto

como paso previo para controlar o petróleo de Oriente Medio.

Derrota de Rommel, fin do Africa Korps.

Midway: a batalla do Mar de Coral frea a ofensiva xaponesa

no pacífico. A frota xaponesa foi descuberta e afundida en

Midway.

1942: UN ANO DECISIVO. AS DERROTAS DO EIXE.

A VITORIA ALIADA. A DERROTA NAZI.

1943 a guerra cambia de rumbo:- Potencial bélico, económico e humano dos aliados.- Dificultades do eixe cada vez maiores.- Bombardeos masivos sobre cidades alemanas.- Aumento da resistencia antifascista.

Xullo do 43, Campaña de Italia: desembarco aliado en Sicilia = crise do gabinete fascista, caída de Mussolini, Hitler invade o centro e Norte de Italia rescatando ao Duce.

Italia queda dividida:Norte: República social fascista de Saló con Mussolini á

fronte.Sur: Monarquía con goberno antifascista que lle declara a

guerra a Alemaña. Iníciase o avance aliado cara ao Norte.

Leste: avance do exército Vermello = retroceden os alemáns.

Oeste: 6/6/1944, Desembarco de Normandía para chegar a Berlín antes ca os rusos. Inglaterra-USA, liberación de París, 26/8/44.

1945: afundimento de Alemaña:

Batalla das Ardenas, último intento alemán que fracasou. Campaña de bombardeos estratéxicos contra cidadesalemanas. Hitler suicídase o 30 de abril. O 28 Mussolini fora capturado e executado pola resistencia francesa. Os soviéticos cercan Berlín que é conquistada o 2/5/45.

Exposición pública dos cadáveres de

Mussolini e Clara Petacci

A DERROTA XAPONESA.

Duas direccións:- Mc Arthur desde Australia a Filipinas.- De Hawai cara a Xapón polo leste.

Van recuperando posicións. Batalla de Leyte aparecen os kamikaces, Illas Marshall e Filipinas. Bombardeos sobre Tokio ata o 45.Xapón non se rende e Truman manda lanzar duasbombas atómicas sobre Hiroshima e Nagasaki. A guerra remata.

DEMOGRÁFICAS.

Máis de 60 millóns de persoas morreron. 17 millón eran soviéticos.

Foi Polonia a que, en termos relativos, perdeu máispoboación, un 22%.

35 millóns de feridos e 3 millóns de desaparecidos.Morreu moita poboación civil. Ter en conta tamén as vitimas indirectas na posguerra

por mor da desnutrición, feridas e radiación.Desprazamentos de poboación: 30 millóns de

europeos deambularon por Europa na posguerra.

ECONÓMICAS.

Todo na economía estaba ao servicio da guerra = extraordinariocambio na organización da produción.Mobilización masiva da muller e a súa incorporación ao mundolaboral. Europa oriental = devastada, sen capacidade de produción. Europa occidental: cidades e vías de comunicación moi afectadas. Xapón: ao bordo do aniquilamento. As economías coloniais desorganizadas.Os países que non interviron na contenda territorialmente(Canadá, Australia, Suecia, EUA) incrementaron a súa riqueza, sobretodo EUA. A URSS, pese a todo, tamén se converterá nunha potencia mundial.Comezou a reconstrución de Europa, EUA achegou recursosfinancieiros.O estado interveu na economía e na sociedade sentando as basespara o crecemento do Estado do Benestar.

MORAIS.

O coñecer os campos de concentración e exterminio. A bomba de Hiroshima e Nagasaki. O descubrimento das masacres realizadas polos rusos en Polonia.

Todo isto fixo que se cuestionaran os valores morais e políticos vixentes.Nos dous bandos foi evidente o uso de tácticas militares destinadas a masacrar á poboación civil provocou un debata sobre o comportamento dos exércitos nas guerras.Créase un tribunal que define un novo concepto no dereito internacional: o dos crímes contra a humanidade. O xuizo de Nuremberg.

AS CONFERENCIAS DE PAZ.

A paz tratouse nunha serie de conferencias impulsadas polos 3 grandes GB – EUA – RUSIA, ás máis importantes foron Teherán (1943) e sobre todo Ialta (1945) que marcaron o momento de maior colaboración ente os aliados Churchill, Roosevelt e Stalin.

En Ialta decídese a desnazificación e reparto de Alemaña así como incorporar a

Francia no reparto. Outras cuestións son: División de Polonia. Novas fronteiras da URSS. Comisión de reparación para avaliar gastos e pagamentos. Organización de eleccións democráticas nos países liberados.Creación dun novo organismo internacional para garantir a Paz. A ONU.

En Postdam, 1945, última dos tres grandes:

Fíxase a situación de Alemaña que conservou a súa unidade baixotutela aliada. División de Berlín en catro cun goberno interaliado. Consolídanse as fronteiras de Polonia.

París, 1946:

Tratados de Paz con Italia, Romanía, Bulgaria, Hungría e Finlandia. No 1955 Con Austria e logo con Xapón.

A ONU

Sustitúe á desprestixiada Sociedade de Nacións.Conferencia de S. Francisco, 1945 apróbase a Carta daONU adheríndose 46 estados fundacionais.Obxectivo: manter a paz e seguridade internacionais asícomo a coooperación social e económica entre asnacións.Establece a igualdade soberana de todos os membros.Todos os estados membros están representados e convoto na Asemblea Xeral, órgano deliberativo pero que sópode emitir recomendacións.Ten varios organismos administrativos: Consello deSeguridade, económico, Social, de Administraciónfiducidaria, Corte Internacional de Xustiza.

1. A OCUPACIÓN.

Os países vencidos foron administrados e controladospolos soldados e policías do III Reich.

Obxectivos: organización de Europa para beneficioeconómico de Alemaña = explotación e organización dapoboación.

Os nazis practicaron a pillaxe sobre os recursosmateriais e humanos dos países ocupados e impuxerona producción do que necesitaba o Reich.

Isto conseguiuse mediante un réxime de terror.Gestapo, SS eliminaban toda oposición.

Nenos xudeos con destino a USA

O Doutor Siegel levado por

Múnich cunha pancarta na que

se le: “ Son xudeu e nunca

volverei a queixarme dos nazis”.

10 de marzo de 1933.

Os fascistas obrigan a desfilar a un un

deputado comunistas ao que lle

afeitaron a cabeza.

Orquesta do gueto de Kovno. Lituania

1940, Xudeos trasladados ao gueto de Varsovia

Gueto de Varsovia

Gueto de Lódt

Distribución de pan no gueto de Lódt

2. A “SHOÁ”.

Significa catástrofe en hebreo, é o nome co que se designa o

exterminio. Outra palabra é “Holocausto”: eliminación total esistemática.Comezou con medidas de segregación civil, moral, política eeconómica; a partir da guerra isto impulsouse. No 1939 iníciase areclusión en guetos, zonas das cidades separadas das demáis ondequedaban confinados. Gueto de Varsovia: 450.000 xudeos.Coa invasion da URSS aumentou o número de xudeos no territorio

controlado por Alemaña, entonces Hitler decide a “soluciónfinal”: a destrucción total do pobo xudeo. Aprobado no 1942 enWanseen un texto redactado por A. Eichmann organizando aevacuación de 11 millón de xudeos cara aos campos.Na primavera de 1942 organízanse as deportacións e traslados dosxudeos do gueto de Lódt ao campo de Chelmno.

3. OS CAMPOS.

Espazos cercados con muros. Duras condicións de vida.Os presos tíñan que levar distintivos. Vexacións ehumillacións constantes.SS: xestión e explotación dos campos xunto a grandesempresas que se situaban preto dos campos para terman de obra barata.Dachau, Manthausen e Ravensbrück ( republicanosespañois) Auschwitz-Birkenau: o máis significativocampo de exterminio coas últimas novidades etecnoloxía para o exterminio.Outros campos para limpeza étnica:Chelmno, Treblinka, Sobibor….

Control de prisioneiros en Schasenhausen

Formación de prisioneiros.Campo de Dachau

Xudeos traballando en campo. Plaszov. Polonia.

Marcha da morte. Dachau. Alemaña.

Mulleres prisioneiras de Ravensbruck

Execución de mulleres e nenos

Exprisioneiras en Berguen Belsen

Prisioneiros liberados

Prisioneiros liberados en Auschwitz

4. COLABORACIÓN E RESISTENCIA.

Houbo moitos colaboradores nos países ocupados; industriaissobre todo, ben por medo ao comunismo ou polas expectativas debeneficio ou por medo aos mesmos alemáns moi violentos antecalquera resistencia. Krup, Thyssen…

Tamén nos países ocupados foron xurdindo movementos deresistencia, fixeron unha guerra encuberta aos nazis ecolaboradores con accións de sabotaxe e espionaxe a favor dosaliados.

Iugoslavia: Tito (Josef Broz): partisanos.Italia: movemento partisano con forte presencia comunista.Francia: a acción era impulsada por De Gaulle desde o exterior eno interior polos maquis.

Partisanos axusticiados polos nazis. Rovno. Polonia. 1942.

JOSIP BROZ “TITO” XENERAL CHARLES DE GAULLE

Esta presentación ten como único fin servir de apoio para as clases de Historia, no exercicio da miña profesión docente. Sen ningún afán de lucro.

O contido desta presentación quere axustarse ao temario de 4º ESO e de 1º BACH sobre a II Guerra Mundial.

Os libros de texto empregados para a súa elaboración son os das editoriais Santillana Obradoiro e Vicens Vives para os cursos de 4º ESO e 1º BACH.

Algunhas imaxes foron escaneadas dos libros de texto, outras foron obtidas das seguintespáxinas:http://www.historiasiglo20.org/IIGM/http://yalebooks.wordpress.com/2011/10/18/author-article-by-evan-mawdsley-countdown-to-global-war-part-one-18-october-1941/http://blogdelaclasedehistoria.blogspot.com.es/search/label/II%20GUERRA%20MUNDIALhttp://pacificacionacionaldefinitiva.blogspot.com.es/2012/08/la-trampa-totalitaria.htmlhttp://www.portalplanetasedna.com.ar/malas07.htmhttp://www.diariosur.es/20080623/espana/supervivientes-espanoles-holocausto-nazi-20080623.html

Teresa Nécega Rodríguez