Las estrellas 2

Post on 12-Jul-2015

250 views 6 download

Transcript of Las estrellas 2

•As estrelas

•A estrela máis grande

•A estrela máis importante: O Sol

•Videos relacionados co bloque anterior

•Formación dunha estrela

•Formación dos elementos químicos máis densos

•Búsqueda da información

As estrelas son corpos

esféricos que xeran enerxía

porque no seu interior

prodúcense reaccións

termonucleares. Esta enerxía

emítena ó espazo en forma de

radiación electromagnética,

neutrinos e vento estelar.

De forma máis

informal, podemos

decir que unha estrela

é todo obxecto

astronómico que

brilla con luz propia.

A enerxía que disipan

as estrelas permítennos

observar a aparencia

das estrelas no ceo

nocturno como puntos

luminosos..

No Universo hai estrelas de diferentes idades. A idade

destas oscila entre os 1.000 e os 10.000 millóns de anos.

A estrela observada máis

antiga é a HE 1523-

0901, encóntrase na Vía

Lactea e calcúlase que

se formou hai 13.200

millóns de anos pouco

despois do comezo do

Universo.

A diferencia do que todos

pensamos, a estrela máis grande

non é o Sol, senón que é a

chamada: R136a1.

Desprende destellos dez

millóns de veces máis potentes

que os do Sol.

Os seus raios

ultravioletas son

tan intensos que

farían a vida

terrestre

imposible.

Está situada na

galaxia da Gran

Nube de

Magalláns .

Na súa formación

tiña unha masa

equivalente a 320

soles.

É unha estrela que se

encontra no centro do

Sistema Solar,

constituíndo a maior

fonte de enerxía

electromagnética

deste sistema

planetario.

A Terra e outros

corpos orbitan

arredor do Sol.

Por si só,

representa

arredor do

98,6% da masa

do Sistema

Solar.

A distancia media do Sol á Terra é de

aproximadamente 149.600.000 de

quilómetros e a súa luz percorre esta

distancia en 8 minutos e 19 segundos..

A enerxía do Sol,

en forma de luz

solar, sustenta case

todas as formas de

vida na Terra a

través da

fotosíntese.

O Sol

determina o

clima da

Terra e a

meteoroloxía..

A súa visibilidade no ceo determina, o día

e a noite en diferentes rexións de

diferentes planetas.

A maioría das estrelas

nacen en grupos. O

proceso de formación

das estrelas iníciase

nas nébulas

interestelares de

hidróxeno e helio

molecular .

Cando a nube se contrae

e comeza a xirar, o gas

da nebulosa concéntrase

no centro formando un

núcleo chamado

protoestrela.

A presión que exercen

os materiais da nube

fai que aumente a

densidade e

temperatura da

protoestrela.

Cando comeza a emitir

radiacións , xa é unha estrela.

O material do disco xiratorio

que rodea a estrela pode dar

lugar a un sistema planetario.

http://www.youtube.com/watch?v=mQAQCyLGapY

Os elementos químicos

fórmanse en dúas etapas

diferentes da vida das

estrelas:

A prmeira fase, ten lugar no

interior da estrela, a partir do

hidróxeno vanse formando os

elementos químicos da táboa

periódica.

A segunda fase, ten lugar en

momentos explosivos e así

fórmanse o resto de elementos

pesados.

Ó comezo da vida

dunha estrela, o seu

principal compoñente

é o hidróxeno.

Mediante unha serie

de reaccións este

tranfórmase en helio.

A partir do helio

formado mediante

reccións nucleares,

fórmase carbono, que

se coloca no centro

da estrela.

Libro : Ciencias para o mundo contemporáneo

Wikipedia

Astronomía.com

Videos: youtube

Jennifer Vigo Rodríguez

1º BAC A