Ulmeiro (Ulmus glabra)

Post on 08-Apr-2017

528 views 3 download

Transcript of Ulmeiro (Ulmus glabra)

Ulmeiro Lamigueiro

elmoelm

erme ulmeiro

Os olmos (Ulmus) son un xénero con máis de 40 especies e numerosos híbridos.Son árbores caducifolias ou semicaducifolias que se extenden polo hemisferio norte, desde Siberia a México e Xapón.Moitas especies son cultivadas e hai numerosas variedades.

CLASEAnxiospermas

ORDEUrticalesFAMILIA

Ulmáceas

TALO Toro recto coa tona bastante lisa e clara, de cor gris, máis agretada cando é vello. Os gomos son grosos de cor avermellada.

FOLLAS Simples, alternas, de forma elíptica ou oval rematadas en punta, asimétricas, coa beira doblemente serrada de forma irregular. Polo dereito son de cor verde escura mate e de textura moi áspera. Polo revés son máis craras con peluxe nos nervos. O peciolo é curto e forte e está curvado.

FLORES Agrupada en pequenos acios de cor púrpura. Están formada por unha pequena bráctea basal, un cálice de cinco sépalos, catro ou cinco estames e un pistilo central rematado nun estilo plumoso.Saen antes que as follas.

FROITOS Secos, sámaras de forma oval e aplanados, de 1,5 a 2 cm. de lonxitude.Fórmanse antes da saída das follas e dispérsanse co vento.

Bugallos sobre as follas dun lamagueiro.

Ulmeiro de montañalamigueiro

(Ulmus glabra)

Árbore de copa alta e redondeada que pode acadar os 40 m de altura. É orixinaria do norte e centro de Europa e oeste de Asia. Medra en bosques caducifolios de solos frescos e ribeiras de ríos.En Galiza é escaso, atópase en Caaveiro, no norte da Coruña, no norte e no leste de Lugo e no norleste de Ourense.

As follas do lamigueiro teñen un peciolo curto, son de forma oval ou elíptica moi acuminadas, coa beira doblemente serrada.

Ulmus glabra “péndula”.

Ulmeiro común ou

mediterraneo,negrillo

(Ulmus minor)Pode acadar ata 40 m de altura. Atópase na Europa temperada, norte de África e Asia occidental. Foi amplamente espallado na época romana.

Follas de Ulmus minor.

Ulmus minor, variedade suberosa.

Ulmeiro de Holanda(Ulmus x hollandica)

É un híbrido natural entre o ulmeiro de montaña (Ulmus glabra) e o ulmerio mediterráneo (Ulmus minor) que aparece por toda Europa nas áreas onde coínciden as dúas especies. Tamén foi amplamente plantado como árbore de xardín e alamedas nas zonas de clima temperado.As características son unha mestura das dúas especies das que se orixinaEn Galiza existen algúns exemplares senlleiros.

Lamagueiros (Ulmus hollandica) do Xardín de San Carlos (A Coruña). Plantados arredor de 1930. Miden entre 21 e 26 m e ata 4 m de perímetro.Están incluídos no Catálogo deárbores Senlleiras da Xunta de Galiza.

Ulmeiro (Ulmus hollandica) en LourizánActualmente desaparecido.

Ulmeiro (Ulmus hollandica) no Pazo de Barrantes (Ribadumia)-30 m de altura e 4,10 de perímetro.

Ulmeiro (Ulmus hollandica) no Pazo de Vilaboa (Culleredo)-3,16 m de perímetro.

Ulmeiros (Ulmus hollandica) no Pazo de Santa Cruz de Ribadulla (Vedra)

Ulmeiros (Ulmus hollandica) Balneario de Cuntis(Pontevedra)

Ulmeiro (Ulmus hollandica) do xardín municipal de Vilalba, plantado a finais do século XIX. Mide 15 m de altura e 3,85 m de perímetro.

Ulmeiro siberiano (Ulmus pumila) na Alameda de Santiago de Compostela.-2,55 m de perímetro.

Desde hai cen anos, e sobre todo entre 1960-80 a grafiose, unha enfermidade producida polo fungo Ophiostoma que transmite un escaravello do xénero Scolytus, está facendo desaparecer gran cantidade de ulmeiros. O fungo obstrúe os vasos do xilema e provoca a morte da árbore ao impedir a circulación de nutrintes.

Placa en recordo da olmeda da Praza Maior de Lugo, que desapareceu afectada pola grafiose.

USOS:A madeira, dura e compacta, é moi valorada en construción e para facer esculturas e mobles.A tona emprégase como astrinxente e para as enfermidades da pel e chagas.Son empregados para estabilizar riberias e diques pola fortaleza das súas raíces. Tamén se empregan para parques e xardíns.

Á BEIRA DOS OLMEIROSparouse a tarde.Un xílgaro serviuse do momentoe engaiolou a música.E a nosa filla colleu ao mar de súpetoe trouxoo polo longo corredor coma un cadelo.E xa o teremos sempredeitado aos nosos pés naquela casa.

Miguel González Garcés. “Na faíscas dos sonos”, 1972.

MONTAXE: Adela LeiroFOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, InternetXullo 2015