4. A PESQUEIRA DO CANAL EN ALPERIZ (LALIN)roteiros.lalin.gal/wp-content/uploads/2016/04/A... · A...

7
4. A PESQUEIRA DO CANAL EN ALPERIZ (LALIN) Antonio Presas 1. SITUACION A pesqueira do Canal está situada no curso do rio Arnego, nun tramo comprendido entre a desembocadura do rego de Alperiz e a Ponte Nova do Porto, uns 500 metros río arriba desta última referencia. No pasado, durante a época de funcionamento da pesqueira, o acceso realizábase dereitamente por un camiño que viña desde Parada, pasaba polo Monte Fonteiriño en dirección aos Prados de Abaixo, para baixar, de seguido, á pesqueira. Un segundo acceso aproveitaba o camiño da Ponte Vella do Porto, atravesaba a Zarra do Canal e baixaba dereito á pesqueira. A zona na que se atopa a pesqueira está situada no curso medio do río Arnego, un curso fluvial de 59 Km de lonxitude, de importantes recursos recursos pesqueiros no pasado. 2. HISTORIA A pesqueira da Zarra do Canal pertencía á Casa de Val, unha edificación levantada ao Norte da igrexa de Parada, a comezos do século XVIII, polo "Indiano". Don Matías (alias "O Indiano"), fora un relixioso inquisidor xeral en América (As Indias) quen, 1

Transcript of 4. A PESQUEIRA DO CANAL EN ALPERIZ (LALIN)roteiros.lalin.gal/wp-content/uploads/2016/04/A... · A...

Page 1: 4. A PESQUEIRA DO CANAL EN ALPERIZ (LALIN)roteiros.lalin.gal/wp-content/uploads/2016/04/A... · A zona na que se atopa a pesqueira está situada no curso medio do río Arnego, un

4. A PESQUEIRA DO CANAL EN ALPERIZ (LALIN)

Antonio Presas

1. SITUACION

A pesqueira do Canal está situada no curso do rio Arnego, nun tramo comprendido

entre a desembocadura do rego de Alperiz e a Ponte Nova do Porto, uns 500 metros

río arriba desta última referencia.

No pasado, durante a época de funcionamento da pesqueira, o acceso realizábase

dereitamente por un camiño que viña desde Parada, pasaba polo Monte Fonteiriño en

dirección aos Prados de Abaixo, para baixar, de seguido, á pesqueira. Un segundo

acceso aproveitaba o camiño da Ponte Vella do Porto, atravesaba a Zarra do Canal e

baixaba dereito á pesqueira.

A zona na que se atopa a pesqueira está situada no curso medio do río Arnego, un

curso fluvial de 59 Km de lonxitude, de importantes recursos recursos pesqueiros no

pasado.

2. HISTORIA

A pesqueira da Zarra do Canal pertencía á Casa de Val, unha edificación levantada

ao Norte da igrexa de Parada, a comezos do século XVIII, polo "Indiano". Don Matías

(alias "O Indiano"), fora un relixioso inquisidor xeral en América (As Indias) quen,

1

Page 2: 4. A PESQUEIRA DO CANAL EN ALPERIZ (LALIN)roteiros.lalin.gal/wp-content/uploads/2016/04/A... · A zona na que se atopa a pesqueira está situada no curso medio do río Arnego, un

segundo a tradición oral, trouxera unha gran fortuna (tesouros) do Novo Continente,

fortuna que non só escondeu en lugares ocultos na zona, senón que, tamén, adicou

unha parte dela á construción do pazo de Val, á edificación nova igrexa de Parada

(construída en 1750) e á posta en funcionamento da pesqueira do Canal (nome que lle

pasaría logo á zarra na que se atopaba).

As pesqueiras eran arquitecturas vernáculas construídas para a captura de especies

de río, migratorias ou non, que estiveron tradicionalmente controladas polo poder

eclesiástico (mosteiros, cabildo compostelán) e polos señoríos, que precisaban unha

importante fonte de alimentos alternativa ao consumo de carnes, especialmente

durante a Cuaresma.

A nivel galego

3. DESCRICION

A pesqueira do Canal foi construída, posiblemente, na primeira metade do século XIX

para subministrar troitas e anguías á Casa de Val (Parada). O modelo de construción,

en conxunto, parécese máis ás presas dos muíños de río que as vellas pesqueiras que

se construíron, desde a Idade Media, noutros ríos galegos como é o caso dos pescos

do Miño, das pesqueiras ou lampreeiras do Ulla, das "pesqueiras dunha perna" no

Tambre e dos caneiros do Miño na provincia de Lugo. En todo caso sempre hai que ter

en conta a diferencia de altura da tosta dunha pesqueira respecto da tosta dun muíño

que, neste caso, é moito maior.

Nesta pesqueira diferenciamos tres partes: (a) a tosta, (b) o encoro ou presa e (c) a

canle de desviación.

a- A tosta é unha parede ou muro de pedra que atravesa o río en perpendicular e

apoiase solidamente no leito fluvial. Pode estar construída con pedras "tipo lousa"

acuñadas ou con bloques de granito (cantería) colocados en armazón para que as

fortes correntes, orixinadas a causa das enchentas, non as movan do sitio no que se

atopan. A lonxitude tosta era duns 15 metros, a altura entre 1 e 1,5 metros e tiña unha

dobre finalidade: servir de barreira para que as troitas, anguías e outros peixes non se

puideran desprazar libremente polo río e se viran obrigados a pasar por unha canle

lateral na que se colocaban as trampas.

Entre os bloques de pedra empregados para construír a tosta introducíanse outras

pedras de menor tamaño e "torróns" para evitar as fugas e facer que a auga se

desviara pola canle habilitada na ribeira e, no caso de ser moita, obrigándoa a saltar

por encima dela (da tosta).

2

Page 3: 4. A PESQUEIRA DO CANAL EN ALPERIZ (LALIN)roteiros.lalin.gal/wp-content/uploads/2016/04/A... · A zona na que se atopa a pesqueira está situada no curso medio do río Arnego, un

b- O encoro ou presa é a cantidade de auga almacenada no río a causa dun

obstáculo que dificulta o seu libre tránsito. As presas das pesqueiras, debido a súa

escasa profundidade, favorecían as condicións biolóxicas do medio acuático facendo

que neles houbera unha maior cantidade de especies piscícolas ("as pesqueiras eran

un auténtico viveiro de troitas. Víanse troitas por todas partes")

c- A canle de desviación, construída artificialmente na ribeira cóncava, funcionaba

como un desaugue directo do pequeno encoro. A boca da canle entroncaba nun lateral

da tosta aberto no sitio onde a circulación da auga tiña maior velocidade e terminaba

varios metros máis abaixo reintegrando a auga ao río. O lugar de saída da canle

estaba preparado cunhas pedras labradas nas que se colocaban os aparellos de pesca

tipo rede ou cesto, amarrados a dous soportes laterais. Posiblemente a arte de pesca

empregada nesta pesqueira fora o "canizo".

As capturas efectuábanse, normalmente, durante a noite e os pescadores debían

estar a pé de río, porque era preciso baleirar os aparellos cando había troitas ou

anguías atrapadas.

4. BIBLIOGRAFÍA

Non hai referencias bibliográficas, nin desta pesqueira, nin das outras que se atopan

nos ríos da Comarca de Deza.

FIGURAS

4.1- Localización cartográfica da pesqueira da Casa de Val (Parada) no río Arnego (MAPABASE: Cartografía de Xunta de Galicia)

3

Page 4: 4. A PESQUEIRA DO CANAL EN ALPERIZ (LALIN)roteiros.lalin.gal/wp-content/uploads/2016/04/A... · A zona na que se atopa a pesqueira está situada no curso medio do río Arnego, un

4.2-Camiños que daban acceso á pesqueira vistos na fotografía aérea de 1956 (vooamericano)

4.3- Esquema da pesqueira da Casa de Val, indicando as partes de que consta

4

Page 5: 4. A PESQUEIRA DO CANAL EN ALPERIZ (LALIN)roteiros.lalin.gal/wp-content/uploads/2016/04/A... · A zona na que se atopa a pesqueira está situada no curso medio do río Arnego, un

4.4- Vista da pesqueira desde o lado esquerdo do río (concello de Lalín)

4.5- Pedras da tosta colocadas en forma de cuña (chapacuña) para darlles maior seguridade.

5

Page 6: 4. A PESQUEIRA DO CANAL EN ALPERIZ (LALIN)roteiros.lalin.gal/wp-content/uploads/2016/04/A... · A zona na que se atopa a pesqueira está situada no curso medio do río Arnego, un

4.6- Canle de desviación que da saída directa á represa, pola marxe esquerda do río.

4.7- Saída da canle de desviación, lugar no que se colocaban os aparellos de pesca

6

Page 7: 4. A PESQUEIRA DO CANAL EN ALPERIZ (LALIN)roteiros.lalin.gal/wp-content/uploads/2016/04/A... · A zona na que se atopa a pesqueira está situada no curso medio do río Arnego, un

4.8- Restos do vello camiño que daba acceso á pesqueira.

7