AF Folleto VigoCultura 1er semestre 2021

26

Transcript of AF Folleto VigoCultura 1er semestre 2021

Page 1: AF Folleto VigoCultura 1er semestre 2021

��������

������

��������

������

Page 2: AF Folleto VigoCultura 1er semestre 2021

RECOMENDACIÓN DE IDADE

TIPO DE ESPECTÁCULO

Teatro Malabares

Circo Danza

DATOS DO ESPECTÁCULO

Maxia

Idioma PrezoDuración (minutos)

PúblicoAdulto

PúblicoFamiliar

Idaderecomendada

Monicreques Bebés

Page 3: AF Folleto VigoCultura 1er semestre 2021

A capitá Centella e o doutor Potasio chegan coa súa nave á terra en busca do Ziscornio, o elemento necesario para salvar o seu planeta que está sendo atacado por bichos malignos. Co elemento secreto no seu poder, Centella e Potasio soben á súa nave espacial e despídense das boas xentes, dispoñéndose a despegar, pero comezan os problemas!!! Rompe o vehículo, perden o mapa, chegan os malos e a cousa complícase...

Poderán Centella e Potasio regresar ao seu planeta? Conseguirán que as boas xentes da Terra os axuden? Pasen e vexan se estes intrépidos aventureiros dan conta do recado.

TEATRODE RÚA

A GRAN VIAXE

VENRES 5 E SÁBADO 6 DE FEBREIRO 19:00 HORASPRESENTACIÓN DA PROGRAMACIÓN VIGOCULTURA NA RÚA DO PRÍNCIPE

Xénero: teatro de rúaAutoría, deseño de son, iluminación e música: Inventi TeatroDirección: Martín MaezEscenografía: José Manuel Faro “Coti”Vestiario: Ali OteroElenco artístico: Bea Campos e Marcos Alonso

[INVENTI TEATRO]

+3 anosIdioma Duración

50’

Page 4: AF Folleto VigoCultura 1er semestre 2021

Soga e Cinsa, tríptico renacentista para 11 bruxas en 92 minutos, aborda a caza de bruxas en Europa nos séculos XV, XVI e XVII, co obxecto de visualizar o xenocidio que supuxo e a súa perversa conexión co desenvolvemento do sistema capitalista.

Horror, humor, reflexión, plasticidade e emoción son as apócemas principais deste conxuro teatral. Unha sucesión de paisaxes espectrais e inesperadas irrompen en escena para que os corpos expresen a súa danza esquecida, nunha peregrinaxe de sombras espectrais que procura as luces da xustiza e do recoñecemento.

TEATRO

SOGA E CINSA

VENRES 19 E SÁBADO 20 DE FEBREIRO20:00 HORAS

[APORÍA ESCÉNICA]

Idioma

Xénero: teatro contemporáneoCordirección de actrices: Diana MeraEscenografía e vestiario: Montse PiñeiroIluminación: Montse Piñeiro e Del RuízDeseño de son e música: Francisco GallardoElenco artístico: Nerea Brey, Sonsoles Cordón, Diana Mera, Raquel Oitavén, Marta Pérez, Merche Pérez, Rosa Puga Davila, María Roja, María Salgueiro, Nuria Sotelo e María Tasende.

PúblicoAdulto

Duración

92’Prezo

8€

Page 5: AF Folleto VigoCultura 1er semestre 2021

TEATROFAMILIAR

O pequeno robot Hojalata ten por fin un corazón, pero non sabe como utilizalo. Vai a destempo, fáltalle rimo, e o peor de todo: ten as emocións feitas un lío!

Acompañado das súas amigas Inma e Emma, Hojalata fará unha extraordinaria viaxe na que vai coñecer o mundo das emocións e o marbilloso mecanismo que fai que funcione o seu corazón.

EMOCIONES DE HOJALATA

DOMINGO 21 DE FEBREIRO12:30 E 18:00 HORAS

Autoría: Mar Lombardo (baseado en “El monstruo de colores”, “Asi es mi corazón” e “Un mundo de emociones”)Dirección: Fco. Javier Rojo e Mar LombardoEscenografía, deseño de son e deseño de iluminación: Fco. Javier Rojo GómezVestiario: Mar Rojo ProduccionesMúsica: Elena de Zuñiga e música clásicaElenco artístico: Mar Lombardo e Aida Valladares

[MAR ROJO TEATRO]

+1 anosIdioma Duración

45’Prezo

5€PúblicoFamiliar

Page 6: AF Folleto VigoCultura 1er semestre 2021

ANXOS ABANDONADOS EN MOSAICOS DESPOIS DO COMBATE

TEATROVENRES 26 E SÁBADO 27 DE FEBREIRO20:00 HORAS

[ANÓMICO TEATRO]

Idioma Duración

75’Prezo

8€

Cun fondo claramente antibelicista e de defensa da beleza, a realización escénica xira ao redor dunha idea: a necesidade de que existan seres que coiden deste maltreito mundo.A peza recrea as figuras: anxo, pallaso e soldado. A primeira delas dende unha perspectiva alegórica da bondade, a segunda como xogo retórico e esperpéntico do propio teatro e a terceira como vítima da violencia exercida -mesmo cando non hai vontade real-.A obra ten un formato próximo ao circense na súa estrutura fragmentaria e na

visibilidade do presente absoluto. A terra azul que tingue o espazo, unhas ás xigantes que se despregan, ou o material escultórico e audiovisual que percorre o tempo da representación, dan forma a unha peza que busca no ritmo e na música o seu mellor aliado.

Xénero: teatro contemporáneoAutoría, dirección, escenografía, deseño de iluminación e vestiario: Julio Fernández Peláez

Deseño de son e música: Roberto García de MesaElenco artístico: Xosé Manuel Esperante Dávila e Julio Fernández Peláez

PúblicoAdulto

Page 7: AF Folleto VigoCultura 1er semestre 2021

TEATROFAMILIAR

Un príncipe moi feo e moi listo, cun copete de pelo na cabeza: Riquete el del Copete. Unha princesa moi fea e moi lista. Outra princesa moi guapa e moi parva. Riquete namora dunha delas. Que pasará coa guapa? Que pasará coa fea?

E se non estamos moi de acordo co final do conto de Charles Perrault... Poderemos cambialo?

Unha revisión do clásico de Charles Perrault adaptada ao século XXI.

RIQUETE EL DEL COPETE

DOMINGO 28 DE FEBREIRO12:30 E 18:00 HORAS

Xénero: teatro comediaAutoría: Laura Iglesia San Martín (a partir do conto de Charles Perrault)Dirección, adaptación e deseño de son: Laura Iglesia San MartínEscenografía: Rodolfo AntolínDeseño de iluminación: Carlos Dávila GonzálezVestiario: Higiénico Papel TeatroMúsica: Rafael KruxElenco artístico: Felix Corcuera, Carlos Dávila e Patricia Rodríguez/Laura Iglesia

[HIGIÉNICO PAPEL TEATRO]

+5 anosIdioma Duración

55’Prezo

5€PúblicoFamiliar

Page 8: AF Folleto VigoCultura 1er semestre 2021

Vidas enterradas son unha serie de reportaxes da Cadena Ser coa dirección de Javier del Pino, Conchi Cejudo e Gervasio Sánchez. Neles rescátase, a través do documental, a vida e a morte de persoas asasinadas durante a Guerra Civil e o franquismo. Dos protagonistas destas historias apenas consérvanse algunhas fotografías, pero os recordos seguen vivos na súa descendencia, na súa veciñanza, nas xentes que compartiron as súas vidas. Despois de décadas, estas xentes rompen o silencia para narrar esas biografías, esas historias silenciadas na Historia.

PROGRAMA 3x3

VENRES 5 E SÁBADO 6 DE MARZO20:00 HORAS

Este ano o programa 3x3 ten que adaptarse á situación epidemiolóxica polo que a capacidade dos espazos será súper reducida e só se fará nun único grupo, prescindindo dos camerinos para poder garantir a distancia mínima interpersoal recomendada.

Presentaranse cada día 3 espectáculos diferentes cunha mesma temática.

O prezo para cada día polos 3 espectáculos será de 9 €. O abono para o programa completo dos dous días terá un prezo de 15 €.

3 ESPECTÁCULOS · 3 ESPAZOS · 3 COMPAÑÍAS · 3 €

PrezoIdioma Duración

50’ 15€9€2 días1 día

VIDAS ENTERRADAS[L’OM IMPREBÍS · MICOMICÓN TEATRO TEATRO CORSARIO · TEATRO DEL TEMPLE]

PúblicoAdulto

Page 9: AF Folleto VigoCultura 1er semestre 2021

TEATRO

MANUEL ESPAÑA [Juan José Millás]Dirixido por Jesús PeñaInterpretado por Pilar San José

LAS CUENTAS DE CARMENCITA [Juan Mayorga]Dirixido por Carlos MartínInterpretado por Mariano Anós

EL QUE GUARDA [Mafalda Bellido]Dirixido por Santiago Sánchez Interpretado por Carles Montoliu

A LOS PIES DEL MONCAYO [Alfonso Plou]Dirixido por Carlos Martín Interpretado por Rosa Lasierra

PRIMITIVO FLORIÁN [Laila Ripoll]Dirixido por Mariano Llorente Interpretado por Mateo Rubistein

TERTULIA [Pepe Viyuela]Dirixido por Santiago Sánchez Interpretado por Edu Borja

Espectáculo composto polas seguintes pezas:

Con ese material de partida, unha serie de compañías únense para lle propor a un grupo de autores crear unha serie de monólogos encadeados que, a partir de testemuñas documentais, nos acheguen ás vítimas, ás testemuñas ou ás persoas comprometidas no rescate desa memoria enterrada. Son un caleidoscopio de miradas diferentes que empezan a trazar un mapa emocional sobre un silencio enorme que empeza a romper.

Produción: Ana Beltrán, María López Isausti, Luis Miguel García

Page 10: AF Folleto VigoCultura 1er semestre 2021

ITALINO GRAND HOTEL

DOMINGO 7 DE MARZO12:30 E 18:00 HORAS

[COMPANYA LA TAL]

Autoría: Jordi MagdalenoDirección: Jordi Magdaleno e Tolo FerráEscenografía: Txema Rico Italino Grand HotelDeseño de son e iluminación: Aleix RamisaVestiario: Rosa SolerMúsica: David MorenoElenco artístico: Jordi Magdaleno

Quen lava as miles de sabas dos hoteis? No derradeiro soto do Italino Grand Hotel está a lavandería. Alí, un personaxe solitario lava, prancha e perfuma a roupa. Vive só, soña entre sabas e esconde a soidade conversando coas máquinas e xogando coa súa propia sombra.

+5 anosIdioma Duración

55’Prezo

5€

TEATROFAMILIAR

Page 11: AF Folleto VigoCultura 1er semestre 2021

32M2

VENRES 12 E SÁBADO 13 DE MARZO20:00 HORAS

[BUTACAZERO]

Idioma

Autoría: Esther F. CarrodeguasDirección: Xavier Castiñeira e Esther F.CarrodeguasEscenografía e deseño de iluminación: Beatriz de VegaDeseño de son e música: Rodrigo CuevasVestiario: Alicia RootElenco artístico: Laura Villaverde e Xurxo Cortázar

Mar e Xan son unha parella fóra do común, coma todas. Viven tan tranquilamente no seu pisiño de 32m2. A vida pasa e o mundo xira, volta e volta, coma un filete. Pero un día, o mundo esmendréllase. O que era unha Nación convértese nunha HiberNación e hai que facer todo o que di Simón. Mar non recoñece a súa vida. Xan non recoñece á súa parella.

O mundo redúcese a catro paredes e xa ninguén entende nada. 32m2 é un enredo co que todo o público se poderá sentir identificado, pois todos mercamos un chisco máis de papel hixiénico do habitual e todas tivemos que acabar por levantar as nosas propias alfombras para descubrir a merda que tiñamos debaixo dos propios pés.

Duración

80’Prezo

8€

TEATROCOMEDIA

PúblicoAdulto

Page 12: AF Folleto VigoCultura 1er semestre 2021

ORFEO Y EURÍDICE

DOMINGO 14 DE MARZO12:30 E 18:00 HORAS

[LA CANICA]

MONICREQUESFAMILIAR

Autoría e dirección: Pablo VergneEscenografía: Eva Soriano, Ana Iturrate e Ricardo VergneDeseño de son e vestiario: La CanicaDeseño de iluminación: Pablo Vergne e Ricardo VergneMúsica: Ramiro MoralesElenco artístico: Daniela Saludes e Esther Blanca

Orfeo é un grego novo, cuxa música é quen de aplacar tormentas, mover as pedras e amansar ás bestas salvaxes. Eurídice e unha ninfa nova protectora dos bosques e a natureza. Un día namoran. Pero a súa felicidade non dura moito tempo. Unha mordedura de serpe mata a Eurídice. Desolado, Orfeo decide baixar aos infernos na procura da súa amada.

+4 anosIdioma Duración

50’Prezo

5€

Premio á mellor proposta dun clásico FETEN 2020

Page 13: AF Folleto VigoCultura 1er semestre 2021

Claudio é un estudante de dezasete anos que senta na última fila. Non fala, non participa, non é problemático, non destaca, salvo en matemáticas. Cada clase fáiselle máis insoportable ata que Xermán, o profesor de lingua e literatura, manda escribir unha redacción sobre a fin de semana.

A partir dese intre, Claudio empeza a transformarse en alguén que observa, imaxina e escribe a vida doutros nun relato por entregas para un só lector.

Ese relato compartido polo discípulo e o mestre convértese nun xogo cada vez máis perigoso para eles e para quen os rodea. Un xogo que se disputa en dous taboleiros: o da vida e o da literatura.

O MOZO DA ÚLTIMA FILA

VENRES 19 E SÁBADO 20 DE MARZO20:00 HORAS

[REDRUM TEATRO]

TEATROCOMEDIA

Idioma Duración

100’

Prezo

8€

Autoría: Juan MayorgaDirección e adaptación: Alex SampayoEscenografía e deseño de iluminación: J.M.FaroDeseño de son e música: Davide González

Vestiario e caracterización: María IllobreElenco artístico: Guillermo Carbajo, Roberto Leal, Belén Constenla, Mónica García, Machi Salgado e Rubén Porto

PúblicoAdulto

Page 14: AF Folleto VigoCultura 1er semestre 2021

SEMENTE

DOMINGO 21 DE MARZO12:30 E 18:00 HORAS

[EME2 EMOCIÓN&ARTE]

TEATROFAMILIAR

+6 anosIdioma Duración

55’Prezo

5€

Dirección e adaptación: José Carlos GarcíaEscenografía: AjidahnaDeseño de son e música: Fran LasuenDeseño de iluminación: Bruno EstevesVestiario: MMElenco artístico: Mercedes Castro

Inspirado en acontecementos reais, Semente, é unha historia inesquecible sobre o poder que o ser humano ten de influenciar o mundo ao seu redor.Narra a vida dun home e o seu esforzo solitario, constante e paciente, para facer do lugar onde vive un lugar especial.

Unha historia admirable que nos amosa como un home humilde e insignificante aos ollos da sociedade, vivindo lonxe do mundo e usando unicamente os seus propios medios, consegue reforestar el só unha das rexións mais inhóspitas de Francia.

Page 15: AF Folleto VigoCultura 1er semestre 2021

Unha proposta escénica de circo, teatro e clown engarza o destino de Calisto e Melibea.A desigualdade de clases, personificada na corrompida lealdade dos criados e unha Celestina proxeneta que utiliza a desventura e o sufrimento dos amos para enriquecerse, encarna a conflitiva sociedade do século XV.

Nunha sorte de acrobacias, malabares e expresión corporal, La Escalera de Tijera tece a rimo de comedia un dos grandes clásicos da literatura española.

Un espectáculo traxiCLOWNmico que amosa as altas e baixas emocións do ser humano ao fío da música que marcan os corazóns das nosas personaxes.

CELESTINA LA TRAGICLOWNMEDIA

VENRES 26 E SÁBADO 27 DE MARZO20:00 HORAS

[LA ESCALERA DE TIJERA]

NOVO CIRCO

Premio á Mellor Dirección no Festival Nacional de Teatro de Las Vegas Bajas

Idioma Duración

60’Prezo

8€

Autoría: Fernando de RojasAdaptación: Roberto CalleEscenografía: Isaac GutiérrezDeseño de son e música: Juan Carlos Rey

Deseño de iluminación: Gustavo GonzálezVestiario: Iluminada MartínElenco artístico: Lola Sánchez, Javier Rosado e Roberto Calle

PúblicoAdulto

Page 16: AF Folleto VigoCultura 1er semestre 2021

Autoría: Vero Rilo e Sonsoles PenadiqueDirección, deseño de iluminación e coreografía: Vero RiloEscenografía e vestiario: Rilo & PenadiqueDeseño de son e música: Sonsoles PenadiqueElenco artístico: Vero Rilo e Sonsoles Penadique

ARRERRÚ

DOMINGO 28 DE MARZO12:30 E 18:00 HORAS

[RILO & PENADIQUE]

BEBÉSFAMILIAR

Arrerrú é unha palabra que vive na boca, non quere dicir nada pero o A abre o asombro, o RRE a repetición, e o RRU a delicadeza.

Comezamos axiña na vida a vocalizar e nos golpes de voz xa vai o arremedo de todos os estado de ánimo. Cando falamos de narración oral para bebés queremos dicir que a narración oral é importante desde os primeiros momentos da vida, introducimos cos bebés da man na selva das palabras e do sentido das palabras: nós sabemos dos carreiros, das hortas e dos agochos; eles veñen vindo de vagariño pero sen pausa.

As palabras acompáñanse da musicalidade da voz, dos ollos, dos xestos, do tacto... os bebés tempéranse mellor con estes apoios, nós ao pé da voz poñemos a voz dun acordeón diatónico, a voz multiplicada e asombrosa. Somos bebés, somos persoas adultas, somos persoas da man doutras persoas. A linguaxe en singular non existe: primeiro apréndese en familia. A narración oral é a flor da vida en compañía para afrontar a onda.

0-4 anos Duración

35’Adulto+Bebé*

5€Idioma

* Resto de acompañantes entrada libre en patio de butacas con visibilidade reducida.

Page 17: AF Folleto VigoCultura 1er semestre 2021

Autoría e deseño de son: José PrietoDirección: Xoque Carbajal e José PrietoVestiario: Diego ValeirasEscenografía: Diego ValeirasElenco artístico: Marcos Orsi e Jouse García

SÓS é unha reflexión, por veces cómica e por veces máis dramática, sobre a vellez, sobre a convivencia, e sobre a soidade que sofren moitas persoas maiores nos seus últimos anos de vida.SÓS conta a historia de Fermín e Marcelino, dous homes octoxenarios que se ven obrigados polas circunstancias a compartir piso.

Os dous anciáns non se coñecen previamente, os dous teñen un carácter totalmente diferente, levaron vidas diferentes e teñen costumes e hábitos absolutamente diferentes, polo que a súa convivencia non vai ser fácil, aínda que non lles vai quedar máis remedio que aprender a tolerarse, porque a pesar de que hai moitas cousas que os separan, teñen algo moi importante que os une: os dous están sós e necesítanse mutuamente para saír adiante.

SÓS

VENRES 9 E SÁBADO 10 DE ABRIL20:00 HORAS

[MALASOMBRA PRODUCIÓNS]

Idioma Duración

70’Prezo

8€

TEATROCOMEDIA

PúblicoAdulto

Page 18: AF Folleto VigoCultura 1er semestre 2021

A historia desenvólvese en torno á simplicidade, ao esencial, como moitas veces as persoas esforzámonos por facer as cousas o mellor posible, da mellor maneira, confundindo isto coa complexidade do que estás a realizar, cando sen dúbida a maioría das veces a mellor decisión tamén é a decisión máis simple.

Estes conceptos aplicados a todos os aspectos do espectáculo, desde o movemento, a coreografía ou a técnica de circo, como sempre intentando conseguir facer o máis complexo para chegar á conclusión

de que a primeira impresión era a máis axeitada.Unha escena limpa, con poucos elementos, pero que segundo a súa manipulación resultan grandísimos e fermosos, todo conseguido a partir dun xoguete fundamental na vida e o crecemento da nosa infancia, o arco da vella de Waldorf e todo o seu imaxinario.

ESENCIAL

DOMINGO 11 DE ABRIL12:30 E 18:00 HORAS

[VAIVÉN CIRCO Y DANZA]

CIRCOFAMILIAR

+3 anosIdioma Duración

50’Prezo

5€

Autoría: Vaivén Circo e Javi ParraDirección: Vaivén Circo e Javi Parra coa colaboración de Jokin OregiEscenografía, deseño de son e vestiario: Vaivén CircoDeseño de iluminación: J.C.TamaMúsica: Daniel Maldonado (Sam)Elenco artístico: Manolo Carambolas, Raquel Pretel / Celia Sako, Chema Martín, Irene de Paz e Miguel Moreno “Bolo”

Premio ao Mellor Espectáculo de Circo Troupe e á Mellor Música Orixinal da Asociación de Circo de Andalucía 2019

Page 19: AF Folleto VigoCultura 1er semestre 2021

O público será testemuño do proceso de aprendizaxe que emprende o protagonista da man do mestre da escola (unha figura que simboliza a liberdade que xera o coñecemento da realidade e o respecto cara o próximo) e é testemuña tamén da traxedia que supuxo vivir con medo, do cru impacto que xera o estalido dunha guerra civil. A través da entrañable relación que manteñen o mestre, don Gregorio, e o neno, vaise descubrindo paulatinamente ante o espectador a beleza daquelas realidades cotiás que pasan

inadvertidas (como o mundo dos insectos), facendo partícipe ao receptor da historia da fascinación infantil do protagonista ante o descoñecido e do sufrimento que provoca a represión das liberdades humanas.

Autoría: Manuel RivasDirección e escenografía: Gonçalo GuerreiroAdaptación: Gonçalo Guerreiro e Fernando DacostaDeseño de son: Fernando Dacosta e Vadzim Yuknevich

Deseño de iluminación: Baltasar Patiño e Diego BlancoVestiario: Tegra Vázquez e Lele MartínezMúsica: Vadzim YuknevichElenco artístico: Fran Lareu, Fernando Dacosta, Fina Calleja, Sabela Gago, Josito Porto e Elena Seijo

TEATRO

A LINGUA DAS BOLBORETAS

VENRES 16 E SÁBADO 17 DE ABRIL20:00 HORAS

[SARABELA TEATRO]

Idioma Duración

70’Prezo

8€PúblicoAdulto

Page 20: AF Folleto VigoCultura 1er semestre 2021

DOMINGO 18 DE ABRIL12:30 E 18:00 HORAS

TEATROFAMILIAR

ONDE VIVEN OS MONSTROS [OS NÁUFRAGOS]Autoría: Maurice SendakDirección, adaptación e deseño de iluminación: Gustavo del RíoEscenografía: Marisa de la IglesiaDeseño de son e música: Fernando JiménezVestiario: Juan Carlos GuerraElenco artístico: Jimmy Núñez e María Roja

O pequeno Max pasa o día facendo trasnadas. A súa nai, cansa desta situación, decide castigalo. Enfadado, Max viaxará ao marabilloso mundo onde viven os monstros, no que vivirá aventuras extraordinarias até converterse en rei. Unha tarefa máis difícil do que el pensaba.

Unha peza inspirada no clásico da literatura infantil, considerado o álbum ilustrado perfecto, que mestura fantasía e realidade por igual, trazando un fiel retrato da infancia.

Idioma Duración

43’Prezo

5€+4 anos

Page 21: AF Folleto VigoCultura 1er semestre 2021

Autoría, dirección e coreografía: Caterina Varela, Alexis Fernández e Samir AkikaEscenografía: Tilo SchereickDeseño de iluminación: Afonso CastroElenco artístico: Alexis Fernández & Paulo Fernández

A nova creación de La Macana pon enriba do escenario ao propio Alexis co seu fillo de dezaseis anos. Un auténtico desafío que nos fará gozar das marabillas da relación pai e fillo, da pericia de cada un.

PINK UNICORNS

VENRES 23 E SÁBADO 24 DE ABRIL20:00 HORAS

[LA MACANA]

DANZACONTEMPORÁNEA

+8 anosIdioma Duración

60’Prezo

8€

Page 22: AF Folleto VigoCultura 1er semestre 2021

NINA NINETTE

DOMINGO 25 DE ABRIL12:30 E 18:00 HORAS

[TRASPEDIANTE]

DANZAFAMILIAR

Idioma Duración

55’Prezo

5€+3 anos

Autoría: María Torres, Marta Alonso Tejada e Paula QuintasDirección: María TorresEscenografía: TraspedianteDeseño de son e música: Alejandro SalgueiroDeseño de iluminación: Nacho MartínVestiario: Diego ValeirasCoreografía: Marta Alonso Tejada e Paula QuintasElenco artístico: Marta Alonso Tejada e Paula Quintas

Nina, valente e alegre a partes iguais, atopa unhas flores moi especiais que a levan a descubrir un mundo fantástico, habitado por seres máxicos, poderosos e divertidos. Todo é tan diferente, tan brillante, tan fermoso! Mais Nina sinte a falta do seu fogar e decide marchar. A cuestión é que ese mundo é un labirinto e como todos os labirintos é moi doado entrar pero ben complicado saír. Será que ela o consegue?

Nina Ninette é un conto iniciático que se inspira na estética do ballet triádico para danzar unha historia de beleza e rebeldía.

Page 23: AF Folleto VigoCultura 1er semestre 2021

Autoría: Nova Galega de DanzaDirección e adaptación: Jaime Pablo Diaz RodríguezEscenografía: NGDDeseño de son: Alberto BeadeDeseño de iluminación: Antón CabadoVestiario: Erica OubiñaMúsica: Sergio Moure de OteyzaCoreografía: Iker GómezElenco artístico: Estefanía Gómez, Inés Vieites Veiras, Iván Villar, César Louzán, Pablo Sánchez, Ricardo Fernández e Rosa Cedrón

O corpo e a terra estreitan os seus lazos nun espectáculo de danza e música que nos transporta á dura beleza dos labores do campo. A muller no centro desta conexión telúrica; día e noite, xornada tras xornada repetida nunha sucesión inesgotable de estacións. O sol e a choiva, o vento xeado, crúas paisaxes de intemperie habitadas unicamente por unha coreografía humana de apeiros de labranza, de corpos que cargan e arrastran, que danzan entre os sulcos arados na terra. Pero Leira é tamén a sinxela alegría do traballo feito coas mans, coa valentía do corpo a corpo. A celebración dunha Galicia intemporal e máxica.

LEIRA

VENRES 30 DE ABRIL E SÁBADO 1 DE MAIO20:00 HORAS

[NOVA GALEGA DE DANZA]

DANZACONTEMPORÁNEA

Idioma Duración

60’Prezo

8€PúblicoAdulto

Page 24: AF Folleto VigoCultura 1er semestre 2021

O despacho de billetes do auditorio pechará con estrita puntualidade cinco minutos antes da hora prevista de comezo do espectáculo, momento no que ademais se pecharán as portas de acceso ao recinto. Comezado o espectáculo, ninguén poderá acceder á sala. Solicítase a máxima colaboración anticipando a hora de chegada para evitar colas a última hora que produzan o atraso do comezo do espectáculo.

As entradas non vendidas anticipadamente, de habelas, estarán dispoñibles no despacho de billetes desde unha hora antes do comezo previsto para o espectáculo.

As portas de acceso abriranse 15 minutos antes da hora prevista do comezo do espectáculo.

As entradas mercadas no despacho de billetes serán asignadas pola organización. En caso de querer seleccionar unha localización concreta deberán utilizar o sistema de venda anticipada. Todas as butacas ofertadas contan con boa visibilidade. A organización non garante a autenticidade das entradas non adquiridas nos puntos de venda oficiais, polo que neste caso declina toda responsabilidade.

TODO o público pagará entrada, independentemente da idade ou de ocupar ou non butaca. Non poderá acceder ao recinto ninguén sen entrada para poder computar a capacidade efectiva por razóns de seguridade e conforme ao Plan de autoprotección do recinto. A capacidade é única e compútase por persoas, non por butacas ocupadas.

Non se lle permitirá o acceso a quen presente unha entrada emendada, rota ou con indicios de falsificación. Non se admiten cambios nin devolucións.

A organización informa, nos programas editados para a difusión de cada programación, das idades recomendadas para determinados espectáculos, que solicitamos respecten na medida do posible de cara a garantir o seu bo desenvolvemento.Ao entrar no recinto, o público, consonte á lei, pode

estar suxeito a un rexistro. Non se permitirá a entrada de comida, bebida ou obxectos que poidan ser considerados perigosos polo organizador ou estean prohibidos pola normativa vixente. Resérvase o dereito de admisión.

Nos espectáculos programados quedan reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual. As persoas portadoras da entrada non poderán introducir cámaras de fotografar, de vídeo ou gravadoras; tampouco poderán, nin filmar ou gravar o espectáculo sen autorización escrita da organización; en todo caso, actuarase conforme aos acordos e a lexislación vixente que corresponda.

NORMAS DE ORGANIZACIÓN E ACCESO AO RECINTO1

7

8

92

34

5

6

NORMAS ESPECIAIS COVID-19Debido a situación actual provocada pola pandemia orixinada polo COVID-19, en calquera momento poderán modificarse as normas de organización e acceso ao recinto, así como os horarios, segundo as indicacións sanitarias de cada momento. No propio auditorio indicaranse as medidas especiais como uso de máscara obrigatoria, circuítos de entrada e saída diferenciados, dispensadores de xel hidroalcohólico, distanciamento de seguridade ou calquera outra medida que sexa imposta para garantir a seguridade do público e do persoal que traballa no recinto. Ademais poderán establecerse quendas de entrada segundo a localización das localidades, coa suficiente antelación que permita o acomodo do público co tempo necesario para que os espectáculos poidan comezar segundo o previsto.

Con motivo das restricións horarias actuais prégase a máxima puntualidade. As funcións comezarán

puntualmente na hora indicada, polo que o público deberá estar nas súas butacas 5 minutos antes

do comezo do espectáculo.

Page 25: AF Folleto VigoCultura 1er semestre 2021

ENTRADAS SOLTASAs entradas soltas poderán adquirirse anticipadamente (sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes) a partir do 1 de febreiro:

• A través da páxina web de Woutick (www.woutick.es).

• Do 19 de febreiro ao 30 de abril (excepto Semana Santa), no despacho de billetes do auditorio nos seguintes días e horarios:· Venres e sábados: de 18:00 a 20:00 horas.· Domingos: de 10:30 a 12:30 horas e de 16:00 a 18:00 horas.

• Venda anticipada online (do 21 ao 30 de xaneiro):

• Do 19 de febreiro ao 30 de abril (excepto Semana Santa), no despacho de billetes do auditorio nos seguintes días e horarios: Venres e sábados: de 18:00 a 20:00 horas · Domingos: de 10:30 a 12.30 horas e de 16:00 a 18:00 horas.

Auditorio Municipal do Concello de Vigo · Praza do Rei 1. Vigo

VENDA DE ENTRADAS

Co obxecto de fomentar a asistencia ao teatro da mocidade, o público entre 12 e 18 anos poderá beneficiarse dun 30% de desconto no prezo das entradas adquiríndoas anticipadamente a través de Internet co código de desconto OTEATROMOLA (no control de accesos do Auditorio

poderá solicitarse a documentación acreditativa da idade).

· Abono 5 teatro público adulto: elixe 5 espectáculos de toda a programación de teatro adulto (venres e sábados), combinados como queiras e paga 35 €.

· Abono 5 teatro público familiar: elixe 5 espectáculos de toda a programación de teatro familiar (domingos), combinados como queiras e paga 20 €.

· Abono á carta 5: elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 10 % de desconto sobre o prezo total.

· Abono á carta 10: elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25 % de desconto sobre o prezo total.

ABONOS

Page 26: AF Folleto VigoCultura 1er semestre 2021

vigocultura

www.vigo.org

Vigocultura

@Vigo_cultura

Teléfonos: Desde Vigo: 010Desde móbil ou fóra de Vigo: 986 810 260 [email protected] Horario: Luns > Venres: 8.00 a 20.00 horas Sábados: 10.00 a 14.00 horas

I N F O R M AC i Ó N :