CCSS. TEMA 3. INICIOS DA IDADE CONTEMPORÁNEA

37
O INICIO DA IDADE CONTEMPORÁNEA CIENCIAS SOCIAIS 6º PRIMARIA 2015-2016

Transcript of CCSS. TEMA 3. INICIOS DA IDADE CONTEMPORÁNEA

Page 1: CCSS. TEMA 3. INICIOS DA IDADE CONTEMPORÁNEA

O INICIO DA IDADE CONTEMPORÁNEACIENCIAS SOCIAIS6º PRIMARIA2015-2016

Page 2: CCSS. TEMA 3. INICIOS DA IDADE CONTEMPORÁNEA

AS FONTES HISTÓRICASO traballo do

historiador consiste en recompilar testemuños do pasado para poder localizalos no tempo e interpretalos. Eses materiais son as fontes históricas.

Page 3: CCSS. TEMA 3. INICIOS DA IDADE CONTEMPORÁNEA

AS FONTES HISTÓRICASPodemos agrupalas en 3 tipos:

As fontes escritas son o principal recurso dos historiadores. A aparición da escritura marca o final da Prehistoria e o comezo da Historia.

Os historiadores tamén estudan os obxectos. Son as fontes materiais, como a cerámica, as ferramentas, os ósos... que os arqueólogos extraen das escavacións.

Para as etapas máis recentes da Historia tamén se utilizan fontes gráficas, como cadros, películas, esculturas e fotografías.

Page 4: CCSS. TEMA 3. INICIOS DA IDADE CONTEMPORÁNEA

MEDIDAS DO TEMPO HISTÓRICOO tempo agrúpase en unidades de medida. Ademais dos

anos, os lustros (cinco anos) e as décadas (dez anos), empréganse medidas máis amplas, como os séculos (cen anos) e os milenios (mil anos).

Na nosa cultura, organizamos as datas a partir do nacemento de Cristo, feito que contamos como ano 1. Se os feitos ocorreron antes, escribimos as letras a. C. e contamos de forma descendente ata chegar ao un. Se son posteriores, engadimos d. C. e contamos de maneira ascendente.

Page 5: CCSS. TEMA 3. INICIOS DA IDADE CONTEMPORÁNEA

AS CAUSAS E AS CONSECUENCIASOs feitos históricos non están illados, senón

que forman unha sucesión relacionada entre si como causas e consecuencias: Causas: para comprender un feito histórico é

necesario entender as causas que o provocaron, é dicir, os motivos que o explican. Estas causas son múltiples e diversas, o que obriga a coñecer e analizar os acontecementos que tiveron lugar con anterioridade.

Consecuencias: o feito histórico estudado produce á súa vez uns efectos que serán a orixe de novos acontecementos históricos.

Page 6: CCSS. TEMA 3. INICIOS DA IDADE CONTEMPORÁNEA
Page 7: CCSS. TEMA 3. INICIOS DA IDADE CONTEMPORÁNEA
Page 8: CCSS. TEMA 3. INICIOS DA IDADE CONTEMPORÁNEA

PREHISTORIA

Divídese en 3 etapas: Os primeiros humanos viviron no Paleolítico. Eran nómades

e protexíanse do contorno en covas. Subsistían grazas á caza e á recolección. Aprenderon a fabricar as primeiras ferramentas e dominaron o lume.

Durante o Neolítico, os seres humanos aprenderon a controlar a agricultura e a gandaría, fixéronse sedentarios e lograron grandes avances, como a cerámica, o tear ou a roda.

Xa na Idade dos Metais, as persoas descubriron como traballar o metal e estendéronse as primeiras redes comerciais entre cidades.

Page 9: CCSS. TEMA 3. INICIOS DA IDADE CONTEMPORÁNEA
Page 10: CCSS. TEMA 3. INICIOS DA IDADE CONTEMPORÁNEA
Page 11: CCSS. TEMA 3. INICIOS DA IDADE CONTEMPORÁNEA

IDADE ANTIGA

Algunhas cidades dos vales fluviais de Mesopotamia, Exipto, a China ou a India creceron grazas ao comercio na Idade dos Metais. Foron as primeiras civilizacións da Historia.

Máis tarde desenvolvéronse culturas mediterráneas, como Grecia e Roma. Esta creou un grande imperio e chegou a conquistar os pobos do norte. Aquí estableceron provincias con grandes cidades e deixaron unha gran pegada cultural.

Page 12: CCSS. TEMA 3. INICIOS DA IDADE CONTEMPORÁNEA
Page 13: CCSS. TEMA 3. INICIOS DA IDADE CONTEMPORÁNEA

IDADE MEDIAA comezos da Idade Media, a vida urbana decaera

e, tras a fin de Roma, o continente quedou dividido en reinos xermánicos. Neles desenvolveuse un sistema feudal.

O Imperio islámico invadiu o reino visigodo e dominou a Península, onde fundou Al-Ándalus, un dos maiores centros económicos e culturais da época. Fronte ao islam, os cristiáns iniciaron a chamada Reconquista de Al-Ándalus.

Ao longo deste período, a vida urbana quedou nas mans da burguesía, e recuperáronse o comercio e o desenvolvemento cultural.

Page 14: CCSS. TEMA 3. INICIOS DA IDADE CONTEMPORÁNEA
Page 15: CCSS. TEMA 3. INICIOS DA IDADE CONTEMPORÁNEA

IDADE MODERNAOs turcos conquistan Constantinopla e

o descubrimento de América deron paso a unha época. A nova Idade Moderna estivo marcada por grandes avances e por enormes descubrimentos científicos e xeográficos. 

A sociedade moderna era aínda estamental. Un dos principais exemplos de monarquía autoritaria foron os Reis Católicos. Baixo o seu reinado produciuse a unión dinástica dos territorios de Castela e Aragón, o inicio da colonización de América, e púxose fin á Reconquista da Península Ibérica.

Page 16: CCSS. TEMA 3. INICIOS DA IDADE CONTEMPORÁNEA

IDADE MODERNAA crise da Monarquía Hispánica chegou no século

XVII. Foi provocada polas malas colleitas, as guerras, a peste, a emigración a América e os gastos da monarquía que, ademais, delegou as súas funcións en validos. 

En 1700 os Borbóns subiron ao trono español. Superaron a crise e impuxeron a centralización do Estado e o absolutismo monárquico. Os últimos reis da Idade Moderna introduciron algunhas reformas ilustradas.

Page 17: CCSS. TEMA 3. INICIOS DA IDADE CONTEMPORÁNEA
Page 18: CCSS. TEMA 3. INICIOS DA IDADE CONTEMPORÁNEA

IDADE CONTEMPORÁNEAHai pouco máis de douscentos anos, as ideas

ilustradas, os cambios sociais e a chegada das revolucións tecnolóxicas, sociais e políticas puxeron fin á Idade Moderna e á sociedade estamental.

Neste periodo a poboación mundial medrou sete veces máis ca en todas as idades previas. Ademais, xurdiron as primeiras leis que protexen a igualdade de dereitos entre todas as persoas. Tamén se produciu un gran desenvolvemento tecnolóxico.

Page 19: CCSS. TEMA 3. INICIOS DA IDADE CONTEMPORÁNEA
Page 20: CCSS. TEMA 3. INICIOS DA IDADE CONTEMPORÁNEA

AS REVOLUCIÓNS DO S.XVIIIA Revolución Industrial

comezou coa aparición da máquina de vapor: queimando carbón quentábanse enormes caldeiras de auga, cuxo vapor se usaba para obter enerxía de movemento. De tal xeito, a máquina puido aplicarse tanto nas fábricas téxtiles, para mover enormes teares, coma nos trens e barcos de vapor.

Page 21: CCSS. TEMA 3. INICIOS DA IDADE CONTEMPORÁNEA

En 1789 estalou a Revolución Francesa.O pobo levantouse contra as inxustizas

do absolutismo e organizouse un goberno baseado en ideas ilustradas como a igualdade de dereitos políticos e a liberdade. Estas ideas defendéronse en dous textos: a Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán, e unha Constitución que establecía o funcionamento dun Goberno democrático.

A REVOLUCIÓN FRANCESA

Page 22: CCSS. TEMA 3. INICIOS DA IDADE CONTEMPORÁNEA
Page 23: CCSS. TEMA 3. INICIOS DA IDADE CONTEMPORÁNEA

Un dos cambios no século XIX foi a aparición das clases sociais.

A nova sociedade pasou a dividirse segundo o diñeiro que posuía cada individuo:as clases altas, como os grandes

burgueses, eran ricas; as clases baixas, como os obreiros, eran

pobres.Entre ambos os grupos existían clases

medias.

A SOCIEDADE DE CLASES

Page 24: CCSS. TEMA 3. INICIOS DA IDADE CONTEMPORÁNEA

Tamén melloraron as condicións de vida. Grazas aos avances técnicos, a agricultura empezou a producir máis alimentos. Ademais, as novas medidas hixiénicas e os avances médicos, como as vacinas, evitaron miles de mortes.

No século XIX loitouse por ampliar os dereitos dos cidadáns.

A SOCIEDADE DE CLASES

Page 25: CCSS. TEMA 3. INICIOS DA IDADE CONTEMPORÁNEA

Pola súa banda, os obreiros das fábricas, que recibían o nome de proletariado, asociáronse para esixir unhas condicións laborais e de vida dignas e protagonizaron folgas e protestas. Esta loita coñeceuse como movemento obreiro.

A SOCIEDADE DE CLASES

Page 26: CCSS. TEMA 3. INICIOS DA IDADE CONTEMPORÁNEA

ESPAÑA A COMEZOS DO S.XIX

Diferenciamos entre: Guerra da independencia Nacemento do liberarismo Volta ao absolutismo

Page 27: CCSS. TEMA 3. INICIOS DA IDADE CONTEMPORÁNEA

En 1808, Napoleón Bonaparte gobernaba en Francia e estendía o seu imperio por Europa.

En España, o rei Carlos IV e o seu fillo Fernando VII estaban enfrontados, o que permitiu ao emperador francés invadir o reino.

Os españois levantáronse entón contra o exército francés e loitaron na dura guerra da Independencia.

GUERRA DA INDEPENDENCIA

Page 28: CCSS. TEMA 3. INICIOS DA IDADE CONTEMPORÁNEA

Na guerra da Independencia loitaron españois contra franceses, pero tamén se enfrontaron españois con diferentes ideas políticas, como nunha guerra civil.

Durante o conflito celebráronse as Cortes de Cádiz. Alí redactouse a primeira Constitución da Historia de España.

Era un texto liberal, é dicir, defendía conceder liberdades e dereitos aos cidadáns. Foi publicada o 19 de marzo de 1812.

O NACEMENTO DO LIBERALISMO

Page 29: CCSS. TEMA 3. INICIOS DA IDADE CONTEMPORÁNEA

Tras a guerra, Fernando VII volveu ao trono español.

Este suprimiu a Constitución e recuperou o poder absoluto. Por esta razón, durante os anos seguintes sucedéronse enfrontamentos entre liberais e absolutistas, que se prolongarían tras a morte do monarca.

Os habitantes de América, descontentos pola situación en España, proclamaron a súa independencia.

VOLTA AO ABSOLUTISMO

Page 30: CCSS. TEMA 3. INICIOS DA IDADE CONTEMPORÁNEA

ESPAÑA NO S.XIX

Diferenciamos entre: Unha guerra polo trono Reinado de Isabel II Período de democracia Restauración

Page 31: CCSS. TEMA 3. INICIOS DA IDADE CONTEMPORÁNEA

Fernando VII cambiou a lei de sucesión ao trono. A nova lei permitía que reinase a súa filla Isabel, que foi declarada herdeira.

Despois dá morte do rei o infante Carlos, irmán de Fernando VII, non aceptaba a nova lei de sucesión e reclamou o trono. Carlos foi apoiado polos absolutistas, chamados carlistas. Pola súa banda, a raíña rexente buscou o apoio dos liberais, que puideron aprobar a Constitución de 1837.

Os absolutistas enfrontáronse aos isabelinos na primeira guerra carlista.

UNHA GUERRA POLO TRONO

Page 32: CCSS. TEMA 3. INICIOS DA IDADE CONTEMPORÁNEA

Isabel tiña tan só trece anos, pero as Cortes proclamárona raíña.

Durante o seu reinado, os políticos liberais organizáronse en dous partidos: Os moderados, que contaban co apoio das clases

acomodadas e defendían un liberalismo limitado ou conservador. Durante o seu goberno aprobouse a Constitución de 1845.

Os progresistas que agrupaban as clases medias e populares. Defendían ampliar as liberdades e que estas favorecesen máis sectores da poboación.

REINADO DE ISABEL II

Page 33: CCSS. TEMA 3. INICIOS DA IDADE CONTEMPORÁNEA

O reinado de Isabel II prolongouse ata 1868 e un grupo de militares alzouse contra a raíña, que tivo que exiliarse en Francia.

A caída de Isabel II abriu un proceso democrático en España. A nova Constitución de 1869 estableceu unha monarquía parlamentaria, é dicir, había un rei pero non gobernaba. O rei elixido foi Amadeo I e afrontou numerosos problemas, que o levaron a renunciar ao trono.

Proclamouse entón a Primeira República Española, é dicir, o primeiro goberno sen monarca. Porén, un novo levantamento militar levou á restauración da monarquía en 1874.

PERÍODO DE DEMOCRACIA

Page 34: CCSS. TEMA 3. INICIOS DA IDADE CONTEMPORÁNEA

Afonso XII de Borbón, fillo de Isabel II, foi restaurado no trono.

Nese período aprobouse a Constitución de 1876, máis conservadora ca a anterior, e un novo sistema de Goberno permitiu a alternancia dos dous partidos dominantes.

O sistema da Restauración perdurou tras a morte do rei. Cun fillo acabado de nacer, a súa esposa, María Cristina de Habsburgo, foi nomeada rexente.

Durante a súa rexencia perdéronse as últimas colonias españolas en América: Cuba, Porto Rico e Filipinas.

A RESTAURACIÓN

Page 35: CCSS. TEMA 3. INICIOS DA IDADE CONTEMPORÁNEA

A burguesía logrou certo enriquecemento. Ademais esixiu dereitos políticos e chegou a converterse na clase social dominante.

As clases obreiras sufrían duras condicións laborais e gran pobreza. Estas desigualdades impulsaron as súas reivindicacións políticas.

No campo, os labregos tamén vivían en situación de pobreza extrema.

COMO ERA A SOCIEDADE DE CLASES?

Page 36: CCSS. TEMA 3. INICIOS DA IDADE CONTEMPORÁNEA

A maioría da poboación era analfabeta e unha minoría gozaba dunha importante vida cultural.

Os artistas e escritores reflectiron os cambios do momento:A comezos do século XIX destacaron as obras

de Francisco de Goya. Os artistas e escritores do romanticismo reflectiron o ambiente revolucionario e a vida burguesa.

A mediados de século, os escritores e pintores do realismo reflectiron a realidade e retrataron a sociedade industrial.

CULTURA FRONTE O ANALFABETISMO

Page 37: CCSS. TEMA 3. INICIOS DA IDADE CONTEMPORÁNEA

A finais do século XIX, os pintores impresionistas víronse influídos polos avances técnicos: a velocidade dos transportes de vapor, as primeiras fotografías… e plasmáronos nas súas obras.

Xa no paso ao século XX, escritores como Machado, Unamuno e Baroja formaron a Xeración do 98. Xuntos denunciaron os males da sociedade española e pediron a modernización do país e o seu acercamento a Europa.

CULTURA FRONTE O ANALFABETISMO