Comarca: Lugo

118
LUGO A NATUREZA

Transcript of Comarca: Lugo

Page 1: Comarca: Lugo

LUGOA NATUREZA

Page 2: Comarca: Lugo

A comarca de Lugo está situada no centro da provincia. Pódese considerar unha prolongación cara ao sur da Terra Cha, da que a separan unha ringleira de pequenas cotas aliñadas entre a Cordal de Ousá (739 m), no oeste, e o Monciro (861 m) no leste. Abrangue o val do Miño e os seus afluentes, o territorio entre a Dorsal (Cova da Serpe, Corno de Boi, Careón) e os montes da Vacaloura polo Oeste, e as serras do Mirador, Vaqueriza e Puñago, polo leste.

Page 3: Comarca: Lugo

SUPERFICIE: 1.363 km2

POBOACIÓN: 120.272 habitantes (2015)CONCELLOS: Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Lugo, Outeiro de Rei, Portomarín e RábadeESPAZOS PROTEXIDOS: Reserva da Biosfera “Terras do Miño”LICs: “Parga-Ladra-Támoga”, “Miño-Neira”

Page 4: Comarca: Lugo

Oceánico continental achegándose á variante de montaña nas cotas máis elevadas da zona oriental.

CLIMA

Page 5: Comarca: Lugo

A actividade do rural da comarca é principalmente agrogandeira. Nos núcleos urbáns, na capital e os seus arredores a industria e os servizos.

ACTIVIDADES

Page 6: Comarca: Lugo

É unha comarca que acolle importantes valores naturais e etnográficos relacionados, sobre todo co río Miño. Conserva un rico patrimonio etnográfico (muíños, ferrerías, noras, arte popular...) e histórico artístico de distintas épocas.

PATRIMONIO

Page 7: Comarca: Lugo

Castromaior (Portomarín)

Page 8: Comarca: Lugo

Sartegos antropomoros en Goi (Castroverde)

Page 9: Comarca: Lugo

Cova da Valiña (Bolaño, Castroverde). Descuberta en 1962. Atopáronse artefactos líticos, varias lanzas talladas en cornos de cérvidos e fragmentos fósiles de oso das cavernas, oso pardo, hiena, reno, raposo, cervo, corzo, xabaril, cabalo...

Osos de bóvidos expostos no Museo Arqueolóxico de Vilalba

Page 10: Comarca: Lugo

Igrexa de Espasande (Castroverde)

Igrexa de Fonteita (Castroverde)

Igrexa de Soutomerille (Castroverde)

Page 11: Comarca: Lugo

Igrexa de Uriz (Castroverde)

Page 12: Comarca: Lugo

Igrexa de Viladabade (Castroverde)

Page 13: Comarca: Lugo

Igrexa de Anafreita (Friol)

Igrexa de Seixón (Friol)

Page 14: Comarca: Lugo

Igrexa de Santa Cruz da Retorta (Guntín)

Igrexa de san Romao da Retorta (Guntín)

Page 15: Comarca: Lugo

Igrexa de Entrambasaugas (Guntín) Igrexa Mosteiro (Guntín)

Page 16: Comarca: Lugo

Catedral de LugoIgrexa de Bacurín (Lugo)

Page 17: Comarca: Lugo

Igrexa de Meilán (Lugo) Igrexa de Bacurín (Lugo)

Page 18: Comarca: Lugo

Catedral de Lugo

Page 19: Comarca: Lugo

Igrexa de San Pedro e Museo Provincial de Lugo

Page 20: Comarca: Lugo

Igrexa de San Pedro (Lugo). Formou parte do antigo convento de San Francisco

Page 21: Comarca: Lugo

Igrexa de San Domingos (Lugo)

Page 22: Comarca: Lugo

Igrexa de Castrillón (O Corgo)

Igrexa de Franqueán (O Corgo)

Page 23: Comarca: Lugo

Capela de Bravos (Vicinte, Outeiro de Rei)

Igrexa de Francos (Outeiro de Rei)

Page 24: Comarca: Lugo

Igrexa de Outeiro de Rei

Igrexa das Angustias de Arcos (Outeiro de Rei)

Igrexa de Robra (Outeiro de Rei)

Page 25: Comarca: Lugo

Igrexa de Castromaior (Portomarín) Igrexa de Cortapezas (Portomarín)

Page 26: Comarca: Lugo

Igrexa de San Pedro (Portomarín) Igrexa de San Xoán (Portomarín)

Page 27: Comarca: Lugo

Torre da Mota (Guntín)

Page 28: Comarca: Lugo

Torre de Taboi (Outeiro de Rei)Torre de Sobrada de Aguiar (Outeiro de Rei)

Page 29: Comarca: Lugo

Lugo, Praza Maior

Fonte da Mina a carón da Porta Miñá (Lugo)

Museo de Lugo (sala en San Paio de Narla)

Lugo, Concello

Page 30: Comarca: Lugo

Cruceiro e casa co forno adosado en San Xillao de Bocamaos (Lugo).

Cruceiro de Arcos (Outeiro de Rei).

Page 31: Comarca: Lugo

Pazo en Viladabade (Castroverde)

Pazo-Torre de Friol

Page 32: Comarca: Lugo

Bolaño (Castroverde)

Page 33: Comarca: Lugo

Hórreo en Viladabade (Castroverde)

Hórreo en Friol

Page 34: Comarca: Lugo

Pendellos da feira de Castroverde

Page 35: Comarca: Lugo

Fonte en Viladabade (Castroverde)

Fonte en Ferreira de Pallares.A pía está feita aproveitando un antigo sartego antropomorfo.

Page 36: Comarca: Lugo

CASTROVERDEEstá situado ao leste da comarca. Ocupa un terreo de transición entre a chaira e as serras que se eleva dos 500 m ao oeste, aos 1.000 nas serras do Mirador, A Vaqueriza e Puñago. No concello, entre o Monciro e o Mirador, nace o río Azúmara, que se dirixe cara ao norte, o Outeiro e o Romeán que van ao Chamoso, e o Tordea, o principal afluente do Neira.

CONCELLOS

Paisaxe de Castroverde

SUPERFICIE: 174 km2 POBOACIÓN: 2.823 habitantes (2014) PARROQUIAS:Agustín, Arcos, Barredo (San Xoán e Santo André), Barreiros, Bolaño, Cellán de Calvos, Cellán de Mosteiro, Cobelas, Espasande, Frairía, Furís, Goi, Masoucos, Meda, Miranda, Mirandela, Monte, Montecubeiro, Moreira, Paderne, Páramo, Pena, Pereiramá, Pumarega, Rebordaos, Recesende, Riomol, San Miguel do Camiño, Serés, Souto de Torres, Soutomerille, Tordea, Uriz, Vilabade, Vilalle e Vilariño (Castroverde)

Page 37: Comarca: Lugo

Castelo de Castroverde.Torre da homenaxe, única parte que se conserva da fortaleza do século XV.

Page 38: Comarca: Lugo

O CORGOEstá situado ao surleste da comarca. O terreo é chan, cunha lixeira inclinación cara ao oeste, por onde corre o Miño, e ao sur, por onde pasa o Neira e recibe as augas do Tordea e os seus afluentes que atravesan o concello. Ten as maiores alturas no nordeste, no linde con Castroverde (Monte Goi, de 640 m) e Baleira (Montes da Uceira, con 772 m).

Paisaxe do Corgo

SUPERFICIE: 157 km2 POBOACIÓN: 3.824 habitantes (2013)PARROQUIAS:O Corgo: Abragán, Adai, O Alto, Anseán, Arxemil, Bergazo, Cabreiros, Campelo, Camposo, Castrillón, Cela, Cerceda, Chamoso (San Bartolomeu, San Cristovo e Sto. André), O Corgo, Escoureda, Farnadeiros (San Pedro e Santo Estevo), Folgosa (San Martiño e Santo Estevo), Fonteita, Franqueán, Gomeán, Lapío, Laxosa, Maceda, Marei, Paradela, Pedrafita, Piñeiro, Queizán, Quinte, Sabarei, Manán (San Cosme e Santa María Madanela), Segovia e Vilachá.

Page 39: Comarca: Lugo

Ponte medieval de Lago sobre o río Tórdea na parroquia de Abragán.

Castrillón: castro e capela

Ponte sobre o Tórdea en Rubial

Page 40: Comarca: Lugo

FRIOLOcupa o oeste da comarca. O territorio ten inclinación do oeste ao leste e baixa desde os máis de 800 m da Dorsal Galega, a menos de 500 m no río. Acolle as cuncas alta e media do río Narla, que vaia cara ao leste a xuntarse co Miño, e a cunca alta do Parga, que vai cara ao norte. Ten polo norte a Cordal de Ousá (739 m) e polo sur o monte dos Croios Brancos (732 m).

Paisaxe de Friol desde O Picato (Monte Meda)

SUPERFICIE: 292 km2 POBOACIÓN: 4.004 habitantes (2014).PARROQUIAS:Friol: Anafreita, Anxeriz, Bra, Carballo, Carlín, Condes, Cotá, Devesa, Friol, Guimarei, Guldriz, Lamas, Lea, Madelos, Miraz, Narla, Nodar, Ousá, O Pacio, Prado, Ramelle, Rocha, Roimil, Pregación (Seoane e San Cibrao), Seixón, Serén, Silvela, Trasmonte, Vilalvite, Vilafiz e Xiá.

Page 41: Comarca: Lugo

Torre da fortaleza de San Paio de Narla. Habilitada como museo acolle unha colección etnográfica do museo de Lugo e elementos da vida no castelo.

Pan de Ousá. Un pan tradicional de elaboración artesanal típico da parroquia de Ousá, en Friol.

Page 42: Comarca: Lugo

GUNTÍNOcupa o centro-sur da comarca. Ten unha superficie de e 3.018 habitantes (datos 2013), repartidos en 31 parroquias. O territorio ten unha inclinación sur-oeste, na metade norte do val do río Ferreira, cara ao que baixa desde os Croios Brancos, a Pena de Fornos e o Monte Meda ou Picato. O río Miño fai de linde polo leste.

Paisaxe de Guntín desde a serra do Páramo

SUPERFICIE: 154,7 km2 POBOACIÓN: 2.833 habitantes (2016)PARROQUIAS:Guntín: Castelo de Pallares, Constante, Entrambasaugas, Ferreira de Pallares, Ferroi (Santa María e Santiago), Francos, Gomelle, Grolos, Guntín de Pallares, Lamela, Lousada (San Mamede e Santa Eulalia), Monte de Meda (San Cibrao e San Martiño), Mosteiro, A Mota, Mougán, Navallos, Ourol, Piñeiras, Pradeda, Retorta (San Romao e Santa Cruz), Santa Euxea, Sirvián, Vilamaior de Negral, Vilameá, Vilamerelle, Vilarmao e Zolle.

Page 43: Comarca: Lugo

Mosteiro de Ferreira de Pallares.

Page 44: Comarca: Lugo

LUGOSituado no centro da comarca. A superficie do territorio é chan; só presenta unhas lixeiras elevacións polo nordeste (Monte Salgueiro, con 731 m) e polo suroeste (O Picato, con 783 m) desde as que descende cara ao centro, polo que pasa o río Miño a 400 m de altitude.O Miño, que atravesa o concello de norte a sur, recolle augas do Narla, o Mera e o Portoganoi pola dereita, e pola esquerda o Fervedoira e o Chamoselo.Neste concello está a cidade de Lugo, capital da comarca e da provincia que acolle importantes vestixios arqueolóxicos de todas as épocas, en especial da romana, e que ten tamén un grande interese natural en toda a área que rodea o río Miño, protexido no LIC Miño-Neira. SUPERFICIE: 329,6 km2 POBOACIÓN: 98.560 habitantes (2014)PARROQUIAS: Lugo: Adai, Bacurín, Bascuas, Bazar, Begonte, Benade, Bocamaos, Bóveda, O Burgo, Calde, Camoira, Carballido, Coeo, Coeses, Cuíña, Esperante, Gondar, Labio, Lamas, Mazoi, Meilán, Monte de Meda, Muxa (Santa María e San Salvador), Ombreiro, Orbazai, O Outeiro das Camoiras, Pedreda, Pías, Piúgos, Poutomillos, Prógalo, Recimil, Ribas de Miño, Romeán, Rubiás, Saa, San Mamede dos Anxos, San Martiño de Piñeiro, San Pedro de Mera, San Román, San Xoán de Pena, San Xoán do Alto, San Xoán do Campo, Santa Comba, Santa María de Alta, Santa Marta de Fixós, Santalla de Bóveda de Mera, Santo André de Castro, Soñar, Teixeiro, Tirimol, Torible, O Veral e Vilachá de Mera.

Page 45: Comarca: Lugo

Restos das Termas Romanas de Lugo que se atopan no interior do actual balneario, ao pé do río Miño. Foron construídas entre os séculos I e II.

O Miño, a ponte vella e parte da cidade. A Catedral desde a Muralla

Page 46: Comarca: Lugo

A MURALLA DE LUGO (a antiga Lucus Augusti) é o elemento máis destacado do rico patrimonio histórico que podemos atopar na cidade. Foi declarado Monumento Nacional en 1921 e Patrimonio da Humanidade en novembro de 2000.É unha fortificación de máis de dous quilómetros de circunferencia que rodea todo o recinto histórico, a única de orixe romana no mundo que conserva íntegro o seu percorrido. A construción fíxose entre o ano 260 e e o 325. O perímetro ten forma case elíptica, con 2.266 m de lonxitude e unha altura que está entre os 8 e os 12 metros. O camiño sobre a muralla (adarve) ten de 4,5 a 7 m de ancho. O espesor dos muros acada nalgúns puntos os 7 metros. A muralla orixinal tiña 85 torres, das que se conservan 71 e no exterior un foxo que podía encherse de auga en caso de perigo. Está construída con laxas de lousa e bloques de granito.

Page 47: Comarca: Lugo

Na actualidade a Muralla de Lugo ten dez portas, pero na época romana contaba con cinco que coínciden coas actuais Porta Miñá, Porta Falsa, Porta de San Pedro, Porta Nova e Porta de Santiago. A Porta Miñá e, posiblemente, a Falsa son de factura orixinal, as outras tres son posteriores. As modernas son as do Bispo Aguirre, Bispo Izquierdo, A Estación, San Fernando e Bispo Odoario. Ademais había sete poternas (portas pequenas e estreitas, de difícil acceso) que se empregaban en caso de asedio.

Porta Falsa

Porta de Santiago

Porta Miñá

Page 48: Comarca: Lugo

OUTEIRO DE REISituado ao norte da comarca. O territorio é chan, con alturas comprendidas entre os 500 e 600 m. O concello é atravesado polo Miño, no que desemboca pola dereita o Ladra; e pola esquerda os rego do Piñeiro e Santa Marta. É un concello de grande interese natural e etnográfico que acolle o tramo protexido do curso do Miño e do Ladra e importantes mostras dos usos do río (muíños, caneiros). Acolle un parque con animais en Marcelle e un centro de Avifauna en Bravos. Na parroquie de Bonxe consérvase a actividade da oleiría cunha longa tradición.

Carballeira de Santa Sabela, ao pé do Miño contido pola presa do muíño, un fermoso lugar de lecer moi concurrido, sobre todo no verán, xa que se pode gozar dun amplo espazo, boa sombra e de zona de baño e paseo.

SUPERFICIE: 134 km2 POBOACIÓN: 5.083 habitantes (2014)PARROQUIAS:Aguiar (San Clodio e San Lourenzo), Arcos, Aspai, Bonxe, Caboi, Candai, Castelo de Rei, Cela, Folgueira, Francos, Gaioso (San Tomé e Santiago), Guillar, Martul, Matela, Mosteiro, Outeiro de Rei, Parada, Robra, San Fiz de Paz, Santa Mariña, Silvarrei, Sobrada de Aguiar, Taboi, Vicinte e Vilela.

Page 49: Comarca: Lugo

Interior do muíño de Santa Sabela, en Outeiro de Rei, un dos que funcionou ata hai poucos anos.

Capela de Santa Mariña Capela de Santa Sabela

Casa-Museo dedicada ao poeta Manuel María.

Page 50: Comarca: Lugo

PORTOMARÍNSituado ao sur da comarca. Ocupa un terreo cunha inclinación de oeste a leste con alturas que van desde os 800 m do monte Narón (nos montes da Vacaloura) e os 747 da Pena da Lebre (nos montes de Ligonde), aos aproximadamente 400 m no río Miño, no arranque do encoro de Belesar. O río Miño é fronteira do concello e da comarca e recibe o río Ferreira (fronteira con Guntín) e o rego de Ferreira.Ten un especial microclima, máis suave que o resto da comarca, o que permite o cultivo da viña da que se fan os famosos augardentes de Portomarín.

Cando baixan as reservas do encoro quedan ao descuberto elementos do vello pobo asolagado como a ponte que cruzaba o río.

SUPERFICIE: 115 km 2

POBOACIÓN: 1.624 habitantes (2014)PARROQUIAS:Bagude, Caborrecelle, Castro San Martiño, Castromaior, Cortapezas, Fiz de Rozas, Gonzar, León, Narón, Nespereira, Portomarín (San Nicolao e San Pedro), Recelle, Sabadelle, San Mamede de Belaz, San Mamede do Río, Soengas, Vedro, Vilarbasín e Vilaxuste.

Page 51: Comarca: Lugo

Igrexa de san Xoan de Portomarín. Única do seu estilo que se conserva en Galiza, foi das poucas cousas que se salvou, ao ser trasladada pedra a pedra, do vello asentamento da localidade que, a pesar de ser declarada conxunto histórico artístico, en 1946, foi engulida polo encoro de Belesar na década de 1960.

Page 52: Comarca: Lugo

RÁBADEEstá situado no norte da comarca. Ten unha superficie de e 1.674 habitantes (datos 2013), nunha única parroquia. É un territorio chan de dimensións reducidas, ocupado en gran parte polo núcleo urbán e o polígono industrial. É un concello de gran interese natural que acolle un tramo protexido do río Miño e a Lagoa do Rei.

Entrada a Rábade pola ponte vella.

O edificio á beira da estrada acolle o centro

de interpretación das Ínsuas do Miño.

SUPERFICIE: 5,17 km2 POBOACIÓN: 1.521 habitantes (2016).PARROQUIAS:Rábade.

Page 53: Comarca: Lugo

O Miño e a ponte vella.

Capela dos Remedios.Igrexa de Santa Mariña.

Page 54: Comarca: Lugo

O territorio é maiormente chan, con suaves ondulacións que van gañando altura cara ao leste nas serras do Mirador, Vaqueriza e Puñago, e o oeste, onde se atopan as serras da Dorsal Galega (Cova da Serpe, Corno de Boi, Careón) e os montes da Vacaloura. Ao norte da comarca atópase unha aliñación de pequenas cotas entre a Cordal de Ousá, no oeste, e o Monciro, no leste.

RELEVO

O Monte Meda desde Friol.

Page 55: Comarca: Lugo

Ao ser de pouca altitude os montes desta comarca están intensamente aproveitados pola agrogandería e as plantacións forestais. Só se conservan pequenas áreas de bosques nas ladeiras máis encostas que coínciden cos vales altos dos ríos e áreas de matogueiras nos cumes que non permiten outro aproveitamento.

As escasas diferenzas de nivel da comarca determinan un relevo uniforme de lombas suaves e unha paisaxe totalmente humanizada.

Page 56: Comarca: Lugo

CORDAL DE OUSÁÉ unha pequena serra que forma un arco de dirección E-O facendo de linde entre a Terra Cha e a comarca de Lugo. O punto máis alto é a Cordal, con 739 m.

A Cordal de Ousá desde Friol.

Os breixos, xunto cos toxos, cubren

curutos e abas nas zonas deforestadas

dos montes.

Page 57: Comarca: Lugo

SERRA DE MONCIROCon orientación N-S, está situada no limite leste da Terra Cha en terreos de Pol e Castroverde. Está formada por pelitas e calcárias. O punto máis alto é o Monciro con 861 m. Na aba occidental nacen os ríos Lea e Azúmara, afluentes do Miño.Accedese desde Castroverde ou Pol.

A Pena, na aba do Monciro, aséntase ao pé dun resalte de rochas calcárias que se explotaron ata hai poucos anos como mármore.

Herba do pobre (Clematis vitalva). Atópase asociada aos terreos calcários.

Page 58: Comarca: Lugo

SERRA DO MIRADORCon orientación N-S, é fronteira de Castroverde con Pol e Baleira. O sector occidental está formado por xistos calcárias e dolomías, a central de bandas paralelas de pelitas e areíscas envoltas por faixas de cuarcitas. A máxima altura é o Padrairo, con 1.034 m. Desde o cume domínase gran parte das chairas luguesas e das serras orientais.Na parte occidental nacen regos que van á cunca do Miño. O trazado da estrada de Castroverde a Mosteiro discorre paralela á serra pola aba oeste. Pódese acceder a ela, e percorrer os cumes, polas pistas dos parques eólicos.

Vista da serra do Mirador desde Castroverde.

Page 59: Comarca: Lugo

SERRAS DA VAQUERIZA E PUÑAGOXunto coa do Mirador, separadas por pequenas diferenzas de cota, forman unha liña recta contínua, con orientación N-S, na que apenas se diferenzan os cumes.Están formadas por faixas concéntricas de pelitas, cuarcitas, calcárias e areíscas.O Punto máis alto da Vaqueriza é o Pedrazo, con 919 m, e o do Puñago é o Lagua, con 945 m. Accedese desde a estrada que vai de Castroverde a Baleira.

Detalle da serra do Puñago, na que se aprecian os distintos aproveitamentos do monte.Serra da Vaqueriza desde Castroverde.

Page 60: Comarca: Lugo

A DORSAL GALEGAEsténdese, con orientación N-S, facendo de linde entre as provincias de A Coruña e Lugo. na comarca está incluída a serra de Corno de Boi, e pequenas partes, ao norte, da serra de Cova da Serpe e, ao sur, do Careón, de gran interese pola composición das súas rochas, que determinan á súa vez a presenza dunha flora moi especializada adaptada ás características químicas do solo.

Vista xeral da Dorsal na comarca de Lugo.

Page 61: Comarca: Lugo

SERRA DE CORNO DE BOIPequena serra situada entre os concellos de Friol (Lugo) e Toques e Sobrado (A Coruña). O monte máis alto é o Campelo, con 803 m. Na vertente leste nacen afluentes do Narla (Miño). Accedese desde a estrada de Friol a Sobrado.

O Corno de Boi.

Page 62: Comarca: Lugo

SERRA DA COVA DA SERPEEsténdese con dirección N-S facendo linde entre Friol e Sobrado.Está formada por granitos de dúas micas, gneis “ollo de sapo”, xistos, cuarcitas e granitos intrusivos. O monte máis alto é o Pico da Cova, en Friol, con 841 m. Accedese ao cume desde Anafreita.

En Friol hai unha lenda que dí que unha gran serpe que vivía na Cova da Serpe, na Pena Furada que comía ao gando e ás persoas e baixaba a beber a unha fonte situada a carón da fortaleza de San Paio de Narla. Os haitantes da zona matárona dándolle de comer un burro untado de alquitrán.

Page 63: Comarca: Lugo

MONTES DA VACALOURA Son o límite da comarca de Lugo coa da Ulloa, separando a Portomarín de Monterroso. Forman unha pequena serra de orientación N-S con estribacións cara ao leste, entre as que baixa o río Zamoelle. O punto máis alto na comarca e o monte Narón con 803 m.

A serra da Vacaloura, e Portomarín, desde O Páramo. O punto máis alto, no centro da imaxe, é o monte Narón.

Page 64: Comarca: Lugo

MONTE MEDA OU PICATOÉ o cume dunha pequena elevación que se extende entre os concellos de Friol, Guntín e Lugo.Entre as moitas e boas vistas que se poden ter desde o cume do monte Meda hai unhas fermosas panorámicas da cidade de Lugo.

Liques sobre as rochas do Monte Meda

Page 65: Comarca: Lugo

PENAS DAS RODAS Na parroquia de Gaioso (Outeiro de Rei). Son dous grandes bolos de granito de mica negra de 5 m de diámetro, en equilibrio, formadas pola erosión da auga. Están rodeadas de piñeirais e pasteiros. No contorno hai unha área recreativa.Os veciños di que son obra do demo ou dalgún trasno que está á espera dalguén que sexa quén de movelas.

Page 66: Comarca: Lugo

O río principal e eixo da comarca que a atravesa de norte a sur é o Miño, que recibe pola dereita o tramo final do Ladra, toda a cunca do Narla, do Mera ou Lavadoiro, Portoganoi e do Ferreira. Pola esquerda o rego de Piñeiro e regueiro de Santa Marta, o Fervedoira, o Chamoso e o Neira. Os ríos da comarca de Lugo, en especial o Miño, acollen unha gran riqueza natural e etnográfica. O Miño e o Neira están protexidos no LIC Miño-Neira.

RÍOS

Page 67: Comarca: Lugo

Nas zonas que o leito e o caudal o permiten aséntase unha rica e variada vexetación entre a que se atopan especies únicas ou pouco comúns. No propio cauce dos ríos atopamos lentellas de auga, brións, espigas de auga, miriofilio, oucas e outros ranúnculos, pé de boi... e nas beiras xuncos, chantaxe de auga, herba centella, amenta de lobo, espadainas, violetas, fentos, amarelles...Seguindo o curso dos ríos e nas zonas húmidas da chaira atopamos bosques de ribeira, con salgueiros amieiras, bidueiras, freixos, abeleiras, carballos, pradairos e outras árbores.

Froitos de Euonymus europaea unha pequena árbore que en Galiza só se atopa nesta zona, nas beiras do Miño

Ambroíño enano (Ninphoides peltata). En Galiza só se atopa nalgúns puntos do curso do río Miño.

Page 68: Comarca: Lugo

O cauce e ribeiras do río acollen a moitísimos animais que ocupan distintos microhábitats: na superficie da auga, debaixo das pedras, na area, nas laxes, na beira do río, no bosque... Os máis numerosos son os invertebrados, e entre eles os insectos (libeliñas, cabalos do demo, patinadores, percebellas, plecópteros, tricópteros, efémeras, ditiscos, escarabellos muiñeiros...); as arañas, os moluscos (caracois, lapas, mexillóns de río...). Entre os vertebrados destacan os anfibios (ras, pintafontes, saramaganta, sapos...), as aves acuáticas e os mamíferos ligados á auga como a lontra ou o aguaneiro.

Dous bivalvos do río: -Unio tumidus (á esquerda), de 5 a 8 cm de lonxitude. Vive en zonas de augas tranquilas e fondos de area.-Margarita margaritifera, pode acadar máis de 10 cm de lonxitude. Só se atopa en ríos coas augas limpas.

Mexillón de río (Margarita margaritifera) no substrato.

Page 69: Comarca: Lugo

As libeliñas, cabalos do demo ou gaiteiros son animais que nunca faltan na beira dos ríos xa que poñen os ovos na auga onde se desenvolven as súas larvas que se alimentan doutros animais acuáticos.

Page 70: Comarca: Lugo

O curso dos ríos desta comarca están intensamente aproveitados por muíños, mazos, caneiros para a pesca, centrais eléctricas...

Nas proximidades de Lugo hai grandes muíños que producían a fariña que consumía a cidade. Na imaxe a acea do Rei Chiquito en Meilán.

Central eléctrica do Piago

Page 71: Comarca: Lugo

RÍO MIÑOO Miño nace na Serra de Meira e despois de atravsar a Terra Cha entra na comarca de Lugo facendo fronteira entre Castro de Rei e Begonte. No comezo circula lentamente formando a gran illa de San Roque en Cela e depois de Outeiro de Rei comeza a encaixarse alternando tramos estreitos entre rochas graníticas, con rápidos, e zonas de rochas máis brandas, onde discorre mainamente formando illas ou ínsuas.Recibe pola dereita o Ladra, o Narla (Mourelle, Lodoso), o Mera, o Ferreira (Lavadoiro) e o Zamoelle; e pola esquerda o Robra ou Santa Marta, o Chamoso e o Neira (Tórdea). Está protexido nos LICs “Parga-Ladra-Támoga” e “Miño-Neira”.

Caneiro do Piago

Page 72: Comarca: Lugo

Acceso ás illas de San Pedro. Desde Rábade un sendeiro leva ata as ínsuas, permite acceder a elas e realizar un itinerario.

Bosque nas ínsuas do Miño, en Cela.

Page 73: Comarca: Lugo

O Miño en Rábade.

O Miño en Santa Sabela coa desembocadura do Ladra.

Muíño e caneiro en Santa Sabela (Outeiro de Rei).

Page 74: Comarca: Lugo

Caneiro de Piago no verán. Construído para unha central hidroeléctrica.

Page 75: Comarca: Lugo

O Miño e a ponte colgante pola que se accede á ínsua de Seivane. A ínsua de Seivane está cuberta por un bosque de carballos entre os que se atopan acivros, xilbarbeiras, estripos, silvas e árbores e arbustos propios das zonas húmidas como salgueiros, amieiras...

Page 76: Comarca: Lugo

O Miño en Ombreiro no inverno.O Miño, un río tranquilo, cando recibe no inverno as achegas das choivas de toda a Tera Cha, aumenta moito o seu caudal, reborda a súa canle e provoca enchentes nos terreos dos arredores.

Page 77: Comarca: Lugo

Caneiro e caseto de pesca (Gondai-Outeiro de Rei)

Page 78: Comarca: Lugo

Barcas tradicionais na beira do Miño.

Page 79: Comarca: Lugo
Page 80: Comarca: Lugo

Muíño do Vilar (Bocamaos-Lugo) Caneiro e caseto de pesca (Meilán-Lugo)

Muíño de Castelo (Ombreiro-Lugo)

Page 81: Comarca: Lugo

Ponte colgante sobre Miño, con Lugo ao fondo. Varios camiños permiten percorrer as beiras do río por rutas indicadas.

Page 82: Comarca: Lugo

Muíño en Lugo. Ponte sobre Miño, na estrada a Portomarín.

Clube fluvial. O río Miño é un importante centro de lecer para a cidade de Lugo.

Balneario de Lugo (no interior conserva as Termas romanas.)

Page 83: Comarca: Lugo

O Miño pasado Lugo.

Page 84: Comarca: Lugo

Caneiro e casetos de pesca nas Ínsuas de Santa Comba (Lugo).

Page 85: Comarca: Lugo

O Miño na Fervenza, entre os concellos de Lugo e O Corgo. Ata este lugar o Miño é un río tranquilo e repousado; a partir deste punto, no remate da Terra Cha, inicia un rápido descenso e escava o profundo val que chega ata pasados Os Peares.

Page 86: Comarca: Lugo

O Miño entre o Corgo, Guntín e o Páramo pouco despois de recoller as augas do Neira.

Page 87: Comarca: Lugo

O Miño en Portomarín represado polo encoro de Belesar.

Page 88: Comarca: Lugo

RÍO NARLARecolle as augas dos montes do Corno de Boi e do Cordal de Ousá. Percorre 24 km en terreos de Friol e Outeiro de Rei e xúntase co Miño en Ombreiro. Recibe pola dereita as augas do Lodoso, Portasueiro e Riazón, e pola esquerda Rego do Porto, Mourelle, dos Muíños e Cotón.

O Narla en Friol, ao pé da área de lecer do centro da vila. Na proximidade hai

muíños, unha pontella e un vao.

O Narla pouco antes da desembocadura, en Ombreiro.

Page 89: Comarca: Lugo

RÍO MERA OU LAVADOIRONace nos montes entre Friol, Guntín e Lugo e desemboca no Miño en Lugo. Nas súas proximidades, no Veral, hai unha aula da natureza, cunha exposición sobre a vida no río. Desde alí pódese facer unha ruta polo río na que se pasa polo bosque de ribeira e se poden ver varios pequenos saltos.

Aula da natureza do Veral, no río Mera.

Page 90: Comarca: Lugo

RÍO FERVEDOIRA OU RATONace no Monte Salgueiro e despois dun curto percorrido rodea polo norte e leste a cidade de Lugo antes de xuntarse co Miño. Preto da súa desembocadura hai unha área recreativa, unha aula da natureza e unha ruta de sendeirismo que segue o seu curso.

Área de lecer ás beiras do río Rato,

nas proximidades de Lugo.

Hai un paseo acondicionado e o

Centro de Interpretación das

Terras do Miño.

Page 91: Comarca: Lugo

Fervenza nun rego que cae no río Rato.

Page 92: Comarca: Lugo

Confluencia do río Rato co Miño no caneiro da Tolda (Lugo).

Page 93: Comarca: Lugo

RÍO CHAMOSOFórmase pola unión dos regos do Outeiro e Romeán, que nacen na serra do Monciro. Recolle augas de Castroverde, Lugo e O Corgo. Desemboca no Miño facendo fronteira entre O Corgo e Lugo. Recibe pola dereita o regueiro de Carballido.

Ponte medieval de Galiñeiros sobre o río Chamoso en Arxemil (O Corgo).

O Chamoso preto da desembocadura, onde está acondicionada unha área recreativa e instalacións etnográficas.

Page 94: Comarca: Lugo

Mazo de Santa Comba no río Chamoso, nas proximidades de Nadela.

Page 95: Comarca: Lugo

RÍO NEIRANace nas proximidades de Fontaneira (Baleira) e na comarca drena o concello do Corgo, no que fai de fronteira en case todo o seu percorrido. Desemboca no Miño entre os concellos de O Páramo e O Corgo. O principal afluente pola dereita é o Tórdea. Está protexido no LIC Miño-Neira, desde a súa confluencia co Miño ata A Ponte de Neira.

O Neira en Ponte de Neira (Cela), no linde entre O Corgo e O Páramo. Na zona hai unha ampla área recreativa.

Nora á beira do Neira, en Cela. Accedese desde Ponte de Neira por un camiño que hai á dereita un pouco antes de chegar á ponte.

Page 96: Comarca: Lugo

RÍO TÓRDEAÉ o principal afluente do río Neira que nace preto de Castroverde e xúntase a el na fronteira entre Corgo e O Páramo.

O Tórdea en Gomeán.

O Tórdea na ponte de Lago.

Page 97: Comarca: Lugo

RÍO FERREIRANace en Sucastro (Augas Santas-Palas de Rei). Percorre terras dos concellos de Palas de Rei, Friol, Guntín e Portomarín e desemboca no Miño no arranque do encoro de Belesar. Recibe pola esquerda ao Corda, Vilela, O Burgo, Penadedra, Portauz, Samai, Sagade, Seco e Lavadoiro e pola dereita o Camoira, Pomeda, Irixe, Lagoa, León, Mato e Cobres.

O Ferreira na área de lecer de Mexaboi en Guntín. Un paseo segue o río durante dous quilómetros aproximadamente, entre a área de lecer e a Ponte Cabalar.

O Ferreira en Portomarín, afectado polo encoro de Belesar, pouco antes de xuntarse co Miño.

Page 98: Comarca: Lugo

A Ponte Cabalar, no Ferreira, en Guntín.

Page 99: Comarca: Lugo

RÍO ZAMOELLENace na Serra da Vacaloura e ten todo o seu percorrido polo concello de Portomarín onde se xunta co Miño. Baixa por un val encaixado onde rodea varios resaltes rochosos formando un fermoso canón.

Freixos e amieiras á beira do Zamoelle, nas abas ds serra da Vacaloura.

Val do Zamoelle.

Page 100: Comarca: Lugo

LAGOA DO REIÉ unha pequena lagoa situada detrás do polígono industrial de Rábade. Acolle unha importante fauna acuática, en especial insectos, anfibios e aves. Está acondicionada para visitas cun valado de madeira e unha caseta de observación.

LAGOAS

Lavanco xuvenil. Son as aves acuáticas máis comúns en ríos de correntes calmas e lagoas.

Page 101: Comarca: Lugo

A maioría dos espazos arborados da comarca de Lugo son bosques de ribeira ou plantacións forestais, especialmente de piñeiros. Nalgunhas áreas consérvanse fragas autóctonas de pequena extensión, sobre todo carballeiras.

ÁRBORES

Carballeira de Santa Sabela á beira do Miño, no concello de Outeiro de Rei, acondicionada como área de recreo, paseo e

praia fluvial.

Page 102: Comarca: Lugo

Carballeira da ínsua de Seivane, un espazo que conserva o seu estado silvestre, con exemplares de bastante portee un sotobosque mesto e variado.

Page 103: Comarca: Lugo

Carballo de Cerracín (Vilalvite-Friol). Mide 24 m de altura e 6,50 m de perímetro troncal. Conta entre 250 e 500 anos.COMO CHEGAR: na estrada de Friol a Lugo cóllese o desvío a Vilalvite e ao rematar a localidade un cruce de terra á esquerda, ao pé dun muro de pedra que leva a unhas casas. Pasada a última, á esquerda do camiño vese o carballo.

Carballos dos contos (Vilameá-Friol). COMO CHEGAR: desde a estrada de Guntín a Lugo cóllese, á esquerda, o desvío a Vilameá. O carballo atópase ao entrar na poboación

Page 104: Comarca: Lugo

Carballos do Campo de Golf (Portoganoi-Lugo). Dous carballos que se achegan aos 500 anos. O máis groso mide 7,83 m de perímetro.COMO CHEGAR: desde a estrada Lugo-Santiago cóllese o desvío a Portomarín e séguese as indicacións do Campo de Golf.

Carballo do Campo de Santa Marta de Fixós. (Lugo). Mide 17,50 m de altura e 6,75 m de perímetro. Ten máis de 250 anos.COMO CHEGAR: desde a estrada Lugo-Santiago cóllese o desvío a Portomarín e o desvío á esquerda a Santa Marta de Fixós. O carballo atópase ao pé da igrexa..

Page 105: Comarca: Lugo

Carballo da Casa de Bravos. (Outeiro de Rei). Situado á beira da capela da Nosa Señora do Rosario. Ten 25 m de altura, 5,60 de perímetro.COMO CHEGAR: na estrada de Lugo-A Coruña cóllese en Ramil, á esquerda, o desvio a Hombreiro e Friol. En Vilalvite cóllese o cruce á dereita que leva a Vicinte e pásase por Bravos, ao pé dos carballos.

Carballo de Bravos. (Outeiro de Rei). Situado nas proximidades do anterior.

Page 106: Comarca: Lugo

Carballo de Vicinte. (Outeiro de Rei) . Mide 18, 5 m de altura e 5,20 de perímetro. COMO CHEGAR: séguese a ruta dos anteriores ata chegar a Vicinte e atópase á beira da estrada no interior dunha propiedade.

Carballo de Marcelle. (Outeiro de Rei) Mide 24 m de altura e 4,60 de perímetro. Atópase no interior do parque zoolóxico de Marcelle (Outeiro de Rei-Lugo).COMO CHEGAR: na estrada de Lugo-A Coruña cóllese en Ramil un cruce á esquerda e séguense os indicadores de “Marcelle Natureza”.

Page 107: Comarca: Lugo

Carballo da Fervenza (O Corgo): 5 m de perímetro. COMO CHEGAR: Seguindo os indicadores da Casa da Fervenza (casa rural e conxunto etnográfico) desde Lugo ou O Corgo. Un pouco antes de chegar á casa atópase o carballo á dereita do camiño.

Carballo de Bergazo (O Corgo). Mide 5,20 m de perímetro e está en bastante mal estado. COMO CHEGAR: nunha estrada que sae do Corgo a Bergazo, pásase o pobo e antes da última casa á esquerda da estrada está o carballo.

Page 108: Comarca: Lugo

Carballo na beira do Miño (Bocamaos-Lugo).COMO CHEGAR: Seguindo unha ruta pola beira do Miño desde a ponte de Ombreiro ao Piago, por Bocamaos.

Carballo na beira do Miño (Ombreiro-Lugo).COMO CHEGAR: Seguindo unha ruta pola beira do Miño desde Ombreiro a Adai.

Page 109: Comarca: Lugo

Carballo na Ínsua de Seivane (Outeiro de Rei): COMO CHEGAR: COMO CHEGAR: Seguindo unha ruta pola beira do Miño desde Ombreiro ao Piago

Page 110: Comarca: Lugo

Castiñeiro, Carocha de O Regueiro (Guntín). COMO CHEGAR: na estrada N-550 depois de Guntín á altura da PK9 cóllese cara a Bazar e a 1,5 km do cruce chégase a O Regueiro. O castiñeiro atópase á entrada á beira dun camiño, nas primeiras casas.

Castiñeiro de Bolaños (Castroverde). Mide 8 m de perímetro.COMO CHEGAR: en Castrovesde cóllese a estrada a Mosteiro (Pol), e aproximadamente a 1 km á dereita da estrada atópase o castiñeiro.

Page 111: Comarca: Lugo

Castiñeiro de Adai (Lugo).Na área recreativa de Adai, á beira do Miño.

Piñeiro de Cuíña. (Ourol de Arriba -Guntín de Pallarés). É un dos máis antigos de Galiza, con máis de 100 anos. Mide 33 m de altura e 4,35 m de perímetro. COMO CHEGAR: desde Guntín cóllese a estrada que vai a Santa Uxía e a Grolos e desde alí o cruce a Ourolde Arriba. Un pouco antes de chegar ao luga hai un camiño que leva á casa onde está o piñeiro.

Page 112: Comarca: Lugo

PARQUESNa cidade de Lugo hi varios parques e xardíns nos que podemos gozar dunha gran variedade de especies, algunhas de interese monumental.

Placa en recordo do olmos da Praza Maior de Lugo que morreron afectados pola grafiose. Desde hai cen anos, e sobre todo entre 1960-80 a grafiose, unha enfermidade producida por un fungo que se transmite por un insecto coleóptero, está facendo desaparecer gran cantidade de olmos.

Parque Rosalía de Castro.

Page 113: Comarca: Lugo

Secuoia xigante (Sequoiadendrom giganteum) no Parque Rosalía de Castro (Lugo). Hai varios exemplares desta árbore orixinaria de California que acada grandes dimensións. O máis grande do parque mide 31, 5 m de altura.

Page 114: Comarca: Lugo

RESERVA DA BIOSFERA: TERRAS DO MIÑOUn espazo de 363.668,9 hectáreas repartidas en 26 concellos da provincia de Lugo. Nesta comarca están incluídos Rábade, Outeiro de Rei, Lugo, Friol, Castroverde, Guntín e O Corgo. O río Miño é o centro ecolóxico e económico da área. A zona de maior protección contén escosistemas de gran valor ecolóxico, pouco afectados pola acción humana e inclúe o río Miño e os seus afluentes, os humedais e os bosques aluviais.

ESPAZOS PROTEXIDOS

Foi declarado pola UNESCO Reserva da Biosfera o 7 de novembro de 2002.Na comarca hai varios centros de interpretación ou aulas da natureza: Illas do Miño (Rábade), Río Fervedoira (Lugo) e O Veral (río Mera-Lugo).

Río Fervedoira ou Rato.

Page 115: Comarca: Lugo

Moitos dos proxectos que se están a desenvolver nesta comarca van encamiñados a poñer en valor o mediambiente e a etnografía para fomentar o turismo rural e ecolóxico: museos etnográficos e aulas de interpretación da natureza, rutas fluviais, recuperación de instalacións etnográficas (muíños, mazos...), conservación de oficios e recursos artesanais...

Indalecio LombaoOs oleiros de Bonxe traballan cun barro local de cor vermella e decoran as pezas tradicionais con cor branca.

OLEIRÍA DE BONXEObradoiro de Pepa Lombao en Bonxe, que continúa a tradición artesanal familiar.

Page 116: Comarca: Lugo

LIC: PARGA-LADRA-TÁMOGAProtexe os ríos en terreos dos concellos de Outeiro de Rei, Rábade, Lugo e Friol. Inclúe parte do curso do Miño (entre Lugo e Xustás) e os seus afluentes Ladra (co Parga, Requeixo, Labrada e Trimaz), Támoga e Narla.

Page 117: Comarca: Lugo

LIC MIÑO-NEIRAAbrangue 842 ha no curso do río Miño desde o Caneiro de Santalla, aguas abaixo da cidade de Lugo, ata a localidade de Leboriz, e o río Neira, desde a súa confluencia co Miño ata A Ponte de Neira; en terreos dos concellos de Guntín, Lugo, O Corgo e O Páramo,

Ínsua de Santa Comba entre Guntín e O Corgo. Accedese a ela desde un caneiro e unha ponte situados pola marxe do Corgo, pouco antes da desembocadura do río Chamoso.

Page 118: Comarca: Lugo

MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta Abril 2017