Comarca O Ribeiro

122
O RIBEIRO A NATUREZA Vides en Beade

Transcript of Comarca O Ribeiro

Page 1: Comarca O Ribeiro

O RIBEIROA NATUREZA

Vides en Beade

Page 2: Comarca O Ribeiro

A Arnoia

O territorio da comarca sitúase ao abrigo das últimas serras da Dorsal Galega (O Suído e o Faro de Avión) e ocupa unha parte do val do Miño, o val do Avia e o curso baixo de Arnoia. As variacións de altitude e no releve determinan a existencia de áreas diferenciadas: os vales dos ríos e zonas próximas e as áreas de montaña, que chegan ata alturas superiores aos 1.000 m. Os principais valores naturais sitúanse nos cumes das serras e nos ríos, onde se conserva unha rica flora e fauna.

Page 3: Comarca O Ribeiro

SUPERFICIE: 107,1 km2 POBOACIÓN:20.250 habitantes CONCELLOS: Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia.ESPAZOS PROTEXIDOS:Monumento Natural Pena Corneira

Page 4: Comarca O Ribeiro

CLIMAAs variacións de altitude e no releve determinan a existencia de áreas con climas diferenciados: os vales dos ríos e zonas próximas son abrigados, con clima oceánico-mediterráneo, cunhas medias anuais de 14ºC e unha forte seca estival; as áreas de montaña, que chegan ata alturas superiores aos 1.000 m teñen o clima oceánico de montaña.

Cortegada, á beira do Miño

Page 5: Comarca O Ribeiro

ACTIVIDADESServizos, agricultura (viticultura), industria...

A viticultura no Ribeiro está acollida á Denominación de Orixe do “Ribeiro”, a máis antiga de Galiza, que data do 1957.

Page 6: Comarca O Ribeiro

PATRIMONIOO Ribeiro é unha comarca que foi poboada desde tempos moi antigos e conserva restos históricos e etnográficos de todas as épocas: castros, mosteiros, pazos, cruceiros, castelos, pontes, hórreos, muíños, chozos... A estes atractivos hai que engadir toda a cultura relacionada co cultivo da vide.

San Xés de Francelos Ribadavia), unha igrexa prerrománica do século XI.

Page 7: Comarca O Ribeiro

Igrexa do Convento de San Domingos (Ribadavia). Construída a partir do século XIII e declarada Monumento Nacional en 1931

Page 8: Comarca O Ribeiro

Igrexa de San Cristovo de Regodeigón (Ribadavia)Igrexa de Santiago (Ribadavia)

Page 9: Comarca O Ribeiro

Igrexa de Santa María de Beade

Page 10: Comarca O Ribeiro

Igrexa de Muimenta (Carballeda de Avia)Igrexa de Lodairo (Carballeda de Avia)

Page 11: Comarca O Ribeiro

Igrexa de Abelenda das Penas (Carballeda de Avia)

Page 12: Comarca O Ribeiro

Igrexa de Prado (Castrelo de Miño)Igrexa de Santa María de Castrelo de Miño

Page 13: Comarca O Ribeiro

Igrexa de Razamonde (Cenlle) Igrexa de Sadurnín (Cenlle)

Page 14: Comarca O Ribeiro

Igrexa de Lebosende (Leiro)

Igrexa de Lamas (Leiro)

Page 15: Comarca O Ribeiro

Igrexa de Serantes (Leiro)

Page 16: Comarca O Ribeiro

Igrexa de Gomariz (Leiro)

Page 17: Comarca O Ribeiro

Cruceiros e hórreos de Quins (Melón)

Page 18: Comarca O Ribeiro

San Clodio (Leiro)

Hórreos en Muimenta (Carballeda de Avia)

Page 19: Comarca O Ribeiro

Casa da Inquisición (Ribadavia)

Porta da muralla de Ribadavia. As murallas foron construídas a partir do século XIII.

Fonte Arrastrada (Ribadavia)

Page 20: Comarca O Ribeiro

Ribadavia

Page 21: Comarca O Ribeiro

Museo etnolóxico de Ribadavia

Page 22: Comarca O Ribeiro

CONCELLOS

SUPERFICIE: 20,68 km2 POBOACIÓN: 1.040 habitantes (2014)PARROQUIAS: San Salvador da Arnoia

Vista do val do Arnoia desde as abas do Coto Novelle. As vides dominan na paisaxe.

A ARNOIAÉ un pequeno concello situado ao sur da comarca, na zona onde o Arnoia se xunta ao Miño. O territorio sitúase no curso baixo do río Arnoia, nun estreito e fértil val, e linda co Miño, polo oeste. As maiores alturas sitúanse ao leste, no linde con Castrelo de Miño e a comarca de Celanova, onde o cume máis alto é o Coto Novelle, con 718 m.

Pementos da Arnoia

Page 23: Comarca O Ribeiro

Vista da capital do concello de Arnoia, Outeiro Cruz, coa Torre do Reloxo dominando o conxunto.

É un concello eminentemente rural, con pequenos núcleos de poboación. A capital do concello está en Outeiro Cruz. As principais actividades son a agricultura, especialmente o cultivo do viñedo (D.O. O Ribeiro) e o “pemento da Arnoia”; e os servizos, sobre todo a hostelería asociada ao turismo rural e termal.É un concello de grandes valores naturais asociados aos ríos Arnoia e Miño. Hai varias áreas de lecer integradas na natureza (A Reza, A Ínsua, As Poldras, Campo da Queixeira, Vila Termal) e unha Vila Termal.

Igrexa de Outeiro Cruz

Page 24: Comarca O Ribeiro

Vista de Avión coa serra do Suído como fondo

AVIÓNEstá situado ao noroeste da comarca, separado da provincia de Pontevedra polas serras do Suído e Faro de Avión, onde se atopan as maiores alturas do concello e das terras do Ribeiro.O territorio é moi irregular e está moi dividido polos vales do río Avia e os seus afluentes que baixan da serra do Suído, desde alturas superiores aos 1.000 m, e escavan profundos vales. O clima é oceánico de montaña, máis suavizado na parte baixa dos vales.

SUPERFICIE: 129,43 km2 POBOACIÓN: 1.962 habitantes (2015) PARROQUIAS: Abelenda, Amiudal, Avión, Baíste, Barroso, Córcores, Cortegazas, Couso e Nieva.

Page 25: Comarca O Ribeiro

Hórreos en Beresmo.En Beresmo hai tres eiras con hórreos ou cabaceiros, case todos abandoados. O máis numeroso está composto por 24.

As principais actividades son os servizos, as pequenas industrias relacionadas co sector forestal e, en menor medida, a agrogandaría. Teñen moita importancia os emigrantes retornados que contribuíron a elevan de forma importante a renta do concello.Avión acolle importantes valores naturais e etnográficos relacionados coa serra do Suído e co río Avia, nos que se poden percorrer varias rutas de sendeirimo sinalizadas: ruta dos Chozos, ruta de Valderías, ruta do Castro, ferevenza da Fraga...

Praia fluvias no río Valdeiras

Page 26: Comarca O Ribeiro

SUPERFICIE: 6,39 km2 POBOACIÓN: 451 (2015)PARROQUIAS: Beade e As Regadas.

Vista do concello de Beade desde Esposende, na outra banda do val do Avia

BEADESituado na parte central da comarca na marxe dereita do río Avia. É o concello máis pequeno da provincia de Ourense. O territorio é moi irregular e de escasa altitude, vai gañando altura desde o val do río Avia cara ao oeste onde se atopan os cumes máis grandes que acadan os 308 m. Está regada polo río Avia e o seu afluente, o rego de Signadas que marca o linde con Carballeda de Avia. O clima é oceánico con marcadas características mediterráneas, con fortes picos de calor e seca no verán.

Page 27: Comarca O Ribeiro

Vides. No Ribeiro as vides cultívanse soltas apoiadas en estacas e as plantacións modernas en arxóns. Tamén se poden atopar algunhas parras ou latas.

A superficie cultivable está dedicada case por completo ao viñedo (D.O. O Ribeiro), e a viticultura é a pricipal actividade da poboación.Os valores naturais están centrados nas ribeiras do río Avia, xa que é un concello practicamente ocupado polos cultivos. Acolle importantes mostras histórico-artísticas (igrexas, pazos, cruceiros...) e etnográficas.

Paisaxe de Beade coa Igrexa Parroquial de Santa María. Conserva mostras do románico, gótico, plateresco e barroco. Sobresae tamén a torre con dobre balconada e a súa fachada-retábulo. No seu interior hai retábulos de Francisco Moure.

Page 28: Comarca O Ribeiro

SUPERFICIE: 46 km2 POBOACIÓN: 1.390 habitantes (2014) PARROQUIAS: Abelenda, Balde, Beiro, Carballeda, Faramontaos, Muimenta, Santo Estevo de Nóvoa e Vilar de Condes.

CARBALLEDA DE AVIA Situado no centro da comarca. O relevo é moi accidentado e descende en altitude desde os contrafortes orientais da serra do Faro de Avión (Portela de Pau, con 1.010 m) ata os vales dos ríos. No centro e leste do concello atópanse unha sucesión de vales separados por elevacións de 300 a 500 m. No leste, no linde co concello de Leiro, destaca a Pena Corneira. Os ríos máis importantes son o Rego da Serra, o Irexe, o Signadas e o Carballeda, todos afluentes pola marxe dereita do Avia. As grandes variación de altitude e a disposición do relevo determinan variacións climáticas desde o oceánico de montaña, ata o oceánico con matices mediterráneo, nos vales, con precipitacións escasas (entre 800-1000) e unha temperatura media anual de 14º C.

Laceiras, o pé da Portela de Pau, onde conflúen os concellos de Melón, Carballeda e Avión (O Ribeiro) e Covelo (Pontevedra).

Page 29: Comarca O Ribeiro

Igrexa de San Miguel en Carballeda

As principais actividades son os cultivos de viñedos, a gandaría porcina e os servizos.Acolle interesantes paraxes naturais. Destaca Pena Corneira, declarada Monumento Natural.

Pena Corneira

Page 30: Comarca O Ribeiro

SUPERFICIE: 39,71 km2

POBOACIÓN: 1.620 habitantes (2014).PARROQUIAS: Astariz, Barral, Castrelo de Miño, Macendo, Ponte Castrelo, Prado de Miño e Vide de Miño.

Paisaxe de Castrelo de Miño co encoro

CASTRELO DE MIÑOEstá situado na marxe esquerda do Miño. O territorio está diferenciado en dúa áreas. Unha zona baixa, nas ribeiras do Miño, retido no encoro de Castrelo de Miño que anegou unha grande parte do val; e unha área montañosa, ao sur e leste, cos cumes máis altos en Coto Novelle, Cerdeiriñas e Muradella.O clima é oceánico con matices mediterráneos e unha prolongada seca no verán.

Page 31: Comarca O Ribeiro

A capital municipal é Barral.Unha grande parte das terras están ocupadas por viñedos da Denominación de Orixe O Ribeiro. Outras actividades do concello son os servizos e as pequenas industrias.Os atractivos naturais de Castrelo de Miño atópanse na controna do río Miño e nos cumes dos montes desde os que se poden contemplar unha vistas excepcionais da comarca.

Igrexa de Santa María de Castrelo de Miño. Conserva importantes restos románicos e pinturas do século XVI.

Castrelo de Miño

Page 32: Comarca O Ribeiro

SUPERFICIE: 29 km2 POBOACIÓN: 1.235 habitantes (2014)PARROQUIAS: A Barca de Barbantes, Cenlle, Esposende, Laias, Osmo, A Pena, Razamonde, Sadurnín, Trasariz, e Vilar do Rei.

Esposende, asentada sobre penedos graníticos. A súa igrexa, de estilo románico-gótico conserva pinturas murais e uns fermosos canzorros que representan músicos e figuras eróticas.

CENLLESituado no centro-leste da comarca, lindando coa de Ourense e na beira dereita do río Miño. O territorio é de releve moi irregular. Ocupa parte dos vales dos ríos Miño e Avia e unha zona intermedia con alturas de 300 a 500 m.O clima é oceánico-mediterráneo con veráns secos e calorosos, o que o fai moi propicio para o cultivo das vides, que ocupan unha grande parte dos terreos do concello.

Page 33: Comarca O Ribeiro

Mazarocas de millo nunha solaina en Cenlle

A capital do concello é Xuvín.As principais actividades son as relacionadas co cultivo da vide, as pequenas industrias e os servizos.Conta con importantes valores naturais asociados aos ríos Miño e Avia. Tamén ten importancia o turismo de balneario asociado ás instalacións de Laias.

Laias e o balneario na beira do encoro de Castrelo de Miño.

Page 34: Comarca O Ribeiro

SUPERFICIE: 26,87 km2 POBOACIÓN: 1.184 habitantes PARROQUIAS: Cortegada, Louredo, Meréns, Rabiño, Refoxos, Valongo e Zaparín.

Vista de Cortegada desde Crecente

CORTEGADAEstá situado ao sur da comarca, separado polo río Deva da comarca de Terra de Celanova. Ten un terreo de releve moi irregular repartido entre os vales do Miño, Deva e Arnoia e un grupo de pequenas montañas de 300 a 350 m de altura. As altitudes máximas do territorio do concello atópanse no oeste co punto máis alto en Vilariño do Val (523 m). As partes baixas están ocupadas por viñedos e as altas por plantacións de piñeiros. Só nalgúns lugames menos accesibles se conservan bosques autóctonos.

Page 35: Comarca O Ribeiro

Balneario de Cortegada.As augas termais de Cortegada son sulfurosas e ferruxinosas e están indicadas para as enfermedades hepáticas, da pel, respiratorias, gastrointestinais e xenito-urinarias. Segundo a tradición teñen grande fama de curación da esterilidade nas mulleres.

As pricipais actividades son a agricultura (cultivo do viñedo), as explotacións forestais, pequenas industrias de transformación da madeira e os servizos. Ten gran interese o turismo asociado coas augas termais e conta con dous balnearios.Os espazos naturais de maior interese atópanse nos vales dos ríos onde se conservan bosques de ribeira. O Miño está afectado polo encoro de Frieira, construído en 1969.

Escudo de Meréns, na casa do conde Ximón

Page 36: Comarca O Ribeiro

SUPERFICIE: 38,25 km2

POBOACIÓN: 1.630 habitantes (2015)PARROQUIAS: Berán (entidade menor), Bieite, Gomariz, Lamas, Lebosende, Leiro, Orega, San Clodio e Serantes.

San Clodio. A ponte medieval foi construída a mediados do século XV e reparada máis tarde

LEIROEstá situado no centro-norte da comarca. O territorio tén dúas áreas diferenciadas: as bocarribeiras do Avia e os restos dunha superfice de aplanamento moi fragmentada polos ríos. A máxima altura atópase en Pena Corneira (667 m), no linde con Carballeda de Avia.O clima é oceánico con matices mediterráneos, con temperaturas altas e unha acusada seca no verán.

Page 37: Comarca O Ribeiro

Mosteiro de San Clodio. Fundado no século VI. Ocupado primeiro por benedictinos, despois por cistercienses e despois de novo por benedictinos. Na actualidade é un hotel. A igrexa é románica, do século XIII.

As principais actividades son a agricultura, en especial o cultivo da vide da D.O. O Ribeiro, e os servizos.É un concello que acolle importantes valores naturais, histórico-artísticos (mosteiros, igrexas, pontes, cruceiros...) e etnográficos.Compartido con Carballeda de Avia atópase o espazo protexido declarado Monumento Natural “Pena Corneira”.

Fonte de Berán, onde hai un antigo balneario (de 1963) e un recentemente construído coas máis modernas instalacións.As augas son sulfurado-sódicas, bicarbonatadas, cloruradas, cálcicas e silicatadas e saen a unha temperatura de 16 a 29 ºC. Está indicadas para a pel, o reuma e os problemas dixestivos e hepáticos.

Page 38: Comarca O Ribeiro

SUPERFICIE: 53,32 km2 POBOACIÓN: 1.340 habitantes (2014)PARROQUIAS: Melón e Quins.

Vista de O Covelo co val do Brul que nace nas abas do Faro

MELÓNEstá situado ao sur-leste da comarca entre a serra do Faro de Avión e o río Miño. O relevo é moi accidentado e pódense distinguir tres áreas. A primeira é a zona da Dorsal, na serra do Faro de Avión, facendo linde con Pontevedra (A Cañiza), onde se atopan altitudes de 800 a 1.000 m. A segunda é o centro do concello, un terreo con elevacións de tamaño medio escavado polos vales dos ríos Cerves e Brull. A terceira é o val do Miño, un terreo que cae bruscamente con grandes pendientes.O clima é oceánico de transición, con veráns secos.

Page 39: Comarca O Ribeiro

En Vivenzo, nas abas da serra do Faro consérvase o mellor conxunto de canastos de Galiza, formado por 17 exemplares, case todos abandoados e algúns en condicións moi precarias.

As principais actividades son a agricultura, as explotacións forestais, as pequenas industrias (obradoiros) e os servizos.É un concello con paraxes naturais de excepcional interese: os cumes da serra do Faro de Avión, as fervenzas e pozas dos ríos Cerves e Brull, as beiras do Miño. Ten ademais un grande interese histórico-artístico (mosteiro de Melón) e etnográfico (canastros, muíños...).Varias rutas de sendeirismo indicadas permiten visitar os lugares máis interesentes: Ruta da Auga, Ruta dos Muíños, Camiño Real.

Mosteiro de Santa María de Melón. Fundado no século XII, durante o reinado de Alfonso VIII, por monxes cistercienses.

Page 40: Comarca O Ribeiro

SUPERFICIE: 25,15 km2

POBOACIÓN: 5.112 habitantes (2015)PARROQUIAS: Campo Redondo, Esposende, Francelos, Ribadavia, San Cristovo de Regodeigón, Sanín e Ventosela.

Vista de Ribadavia desde o río Avia. O centro histórico de Ribadavia conserva importantes mostras artísticas (igrexas, castelos, pazos) e rúas medievais entre as que destaca a xudería. Durante o mandato de García I, a finais do século XI, foi capital do Reino de Galiza, e máis tarde importante centro de comercio arredor das exportacións de viño do Ribeiro a Inglaterra.

RIBADAVIAEstá situado no centro da comarca do Ribeiro na confluencia do Miño e o Avia. A maior parte do territorio do concello está ocupado polo val dos ríos. O Miño percórreo polo leste, facendo de linde con Castrelo de Miño e A Arnoia; o Avia atravésao de norte a sur, e o Cerves e o Brull ou Outeiro teñen tamén aquí o último tramo do seu curso.

Page 41: Comarca O Ribeiro

As principais actividades son os servizos, a industria e a agricultura (viñedos).Acolle importantes valores naturais asociados aos ríos, especialmente o Avia (pozas de San Cristovo).En Ribadavia sitúase a capital do concello e da comarca, sé dos servizos administrativos e do Consello Regulador da Denominación de Orixe do Viño do Ribeiro. Conserva un importante centro histórico declarado Ben de Interese Cultural e Conxunto de Interese Histórico-Artístico (1978).

Castelo dos Sarmiento en Ribadavia. Foi construído no século XV. No recinto consérvase unha antiga necrópole do século IX e unha antiga capela con sartegos antropoides. Igrexa románica de San Xoán

Page 42: Comarca O Ribeiro

RELEVO

Serra do Faro desde o Suído

O territorio da comarca do Ribeiro é moi irregular e está moi fragmentado polos numerosos ríos que circulan polas fallas do terreo e aproveitan as áreas de debilidade das rochas.As maiores alturas, que superan os 1.000 m sitúanse no oeste, nas serras do Suído e Faro de Avión que separan a comarca e a provincia de Ourense da de Pontevedra. As zonas máis baixas son os vales dos ríos e no intermedio atópanse os restos dunha superficie de erosión moi fragmentada entre os 400 e os 500 m de altitude, na que se encaixan os ríos, salvando en moitos casos, grandes desniveis.

Page 43: Comarca O Ribeiro

Penedos graníticos na área de Pena Corneira, entre Carballeda de Avia e Leiro.

A composición das rochas é moi variada, ao oeste predominan os granitos e ao leste as rochas metamórficas máis brandas.

Page 44: Comarca O Ribeiro

Serra do Suído

As diferenzas de altitude e de orientación determinan unha grande diversidade vexetal con mestura de especies características do clima atlántico (carballos, bidueiros) con especies tipicamente mediterráneas (rebolos, sobreiras, érvedos...). Unha grande parte do territorio está ocupado por plantacións forestais de piñeiros e abondas as mimosas, unha especie invasora. A fauna é tamén moi rica, en especial nas grandes serras nas que se refuxian mamíferos, aves e réptis de grande interese.

Page 45: Comarca O Ribeiro

As sobreiras (Quercus suber) son moi comúns nas abas dos montes mesturadas con outras árbores.

Breixos

Xensá (Gentiana pneumonante)

Page 46: Comarca O Ribeiro

Papuxa (Sylvia communis)

Carricanta (Ephippigera ephippiger)

Bolboreta (Hyponephele lycaon)

Page 47: Comarca O Ribeiro

Cabalos en libertade

Page 48: Comarca O Ribeiro

Nas serras consérvase un rico patrimonio etnográfico: chozos, cabanas, chozos do lobo...

Chozo no Suído

Page 49: Comarca O Ribeiro

Panorámica da Serra do Suíd desde a serra do Faro

SERRA DO SUÍDOSituada no linde entre as provincias de Ourense e Pontevedra. É unha serra de formas suaves con orientación N-S. O pico de máis altura é o Coto da Puza con 1.027 m, onde nace o río Avia. Na Serra do Suído nacen tamén os seus afluentes Baluga, Couso, Cubela, Folosa e Cardelle que se xuntan antes do encoro de Albarellos. Os seus cumes son unha zona de contacto entre as rochas metamórficas precámbricas que se atopan ao leste (xistos, cuarcitas) e o granito de dúas micas de gran groso que domina na vertente oeste.

Page 50: Comarca O Ribeiro

Val do Avia, preto do nacemento

O Suído é unha das áreas que recolle máis precipitacións de Galiza (nalgúns puntos superiores aos 2.500 l/m2), aínda que a vertente ourensá é moito máis seca que a pontevedresa debido ao efecto Fohen.Accedese desde Avión por Hedreira, Nieva, Oroso ou Abelenda

Page 51: Comarca O Ribeiro

Cumes da serra do Suído

A vexetación dominante nos cumes é o monte baixo con mato denso de toxos, uces, carqueixas, breixos, xestas, piornos, e fentos. Nas zonas chans e nas depresións hai brañas e nos vales consérvanse carballeiras e bosques de ribeira como os das cabeceiras do río Avia. Moitas áreas están repoboadas con piñeiros e eucaliptos. Conserva especies de fauna de gran interese como o lobo, gato bravo, bufo real, águia real, falcón abelleiro, gatafornela...

Page 52: Comarca O Ribeiro

OS CHOZOS DO SUÍDOA Serra do Suído conserva importantes restos etnográficos entre os que destacan os chozos, construcións empregadas polos pastores no verán.As construcións máis grandes (chozos) servían de vivenda para os pastores. As máis pequenas (cortellos) estaban destinadas á protección dos becerros.Unha ruta sinalizada permite percorrer os chozos máis representativos restaurados pola Escola Obradoiro: Mangüeiro, Rodeiro, Abelenda, Oroso, San Vicente, San Xusto e Cernadas. O Punto de partida é a área recreativa á que se chega desde Avión (por Nieva ou Abelenda).

Cortellas Interior dun chozo

Chozo en Cernadas

Page 53: Comarca O Ribeiro

Chozos e cortellas en Mangueiro, no alto do Suído

Page 54: Comarca O Ribeiro

Cumes do Faro de Avión

SERRA DO FARO DE AVIÓNCon orientación N-S, situada ao sur da Serra do Suído e separada dela polo val do río Valdeiras (afluente do Avia). Fai de linde entre as provincias de Ourense (Melón, Carballeda de Avia e Avión) e Pontevedra (concellos de O Covelo e A Cañiza).É unha serra granítica, con algunhas bandas de gneis. Ten aspecto dun macizo fracturado afectado pola tectónica. O cumes máis altos no Ribeiro son o Coto do Xuíz (1.087 m), o Coto do Paso (1.082 m) e o Coto Agudo (1.077 m).

Page 55: Comarca O Ribeiro

Vista desde o Coto da Mama sobre a serra de Pena Corneira

Page 56: Comarca O Ribeiro

A Pena Corneira destaca entre os penedos que coroan esta pequena serra, prolongación da serra do Faro.

Page 57: Comarca O Ribeiro

Portela de Pau e val do Brul. Neste cume, de 1.044 m conflúen os concellos de Avión, Carballeda e Melón.

Nesta serra nacen varios afluentes do Miño: Cortella, Cerves, Brul... No alto consérvanse restos dun pequeno glaciar da última fase do período Cuaternario que favoreceu o modelado suave que presenta actualmente. Desde os cumes hai unhas vistas impresionantes sobre toda a contorna. Accedese desde Melón ou desde Avión (por Cortegazas).

Page 58: Comarca O Ribeiro

Carballeira nas abas ourensáns do Faro de Avión

Nos montes a vexetación máis comun é o mato de toxos, uces, carqueixas, breixos, xestas, piornos, fentos... Entre os catro cumes do faro de Avión hai unha turbeira rodeada de piñeiro silvestre. Nas partes baixas consérvanse pequenas manchas de carballos e rebolos, algunhas en moi bo estado, e nas beiras dos ríos amieiras, salgueiros... A maioría do espazo está ocupado por piñeiros e eucaliptos de repoboación.

Page 59: Comarca O Ribeiro

Vista das estribacións da serra do Faro de Avión desde o encoro de Castrelo de Miño.A serra de Faro de Avión prolóngase cara ao leste en terreos de Avión, Carballeda de Avia e Leiro nunha serie de cumes graníticos moi erosionados nos que destacan as formación de grandes bolos e penedos. Os puntos máis destacados son Pena Corneira, con 675 m, Outeiral, con 647 m; Coto do Forco, con 558 m, e Coto da Vella: 552 m.Accedese desde a estrada de Carballeda de Avia, Beade ou Leiro a Avión.

Page 60: Comarca O Ribeiro

Lagoa no Faro das Laceiras

Page 61: Comarca O Ribeiro

Gando no Faro das Laceiras

Page 62: Comarca O Ribeiro

Vista cara ao norte co encoro de Castrelo de Miño e as comarca do Ribeiro

COTO NOVELLECume de 714 m de altura situado na confluencia dos concellos de Castrelo do Miño, Cartelle e A Arnoia. Forma parte dunha aliñación que se estende con dirección N-S desde o Miño polos lindes dos concellos de Arnoia (O Ribeiro) e Cartelle (Terra de Celanova).A vexetación dominante son as plantacións de piñeiros de repoboación. Nas partes máis abruptas consérvanse carballos, rebolos, sobreiras e érvedos.Desde o alto domínase toda a comarca do Ribeiro, grande parte do val do Miño, as Terras de Celanova e as serras do sur, no linde con Portugal.Accedese desde Castrelo de Miño ou A Arnoia.

Page 63: Comarca O Ribeiro

Coto Novelle e A Arnoia desde o Miño

Page 64: Comarca O Ribeiro

Vista desde o cume de Coto Novelle cara ao oeste (Val do Miño e Crecente)

Page 65: Comarca O Ribeiro

OS RÍOS

Curso alto do río Cerves, en Tourón

(Melón)

Toda a comarca está drenada polo Miño e os seus afluentes: Avia, Cerves e Brul.O Miño é o río máis importante do Ribeiro e percorre o territorio polo sur con dirección NE-SO. Os ríos teñen, en xeral, uns tramos altos e medios encaixados e escavan vales profundos con grandes desniveis nos que son frecuentes as pozas, rápidos e fervenzas.

O Miño no encoro de Castrelo de Miño

Page 66: Comarca O Ribeiro

Macho e dúas femias de lavancos (Anas platirhynchos) no encoro do Miño. Os lavancos son as aves máis comúns no ríos de augas calmas.

Nas beiras dos ríos consérvanse espazos de grande interese natural acobillados polas árbores dos bosque de ribeira nos que abondan os salgueiros, amieiras, freixos e, máis alonxados da auga carballos e rebolos. Unha boa parte do val do Miño está invadido polas mimosas, árbores de orixe australiana que se estenden con moita facilidade.A fauna é rica e variada, sobre todos as aves acuáticas, os anfibios e os insectos.

Libeliña (Sympetrum sanguineum)

Page 67: Comarca O Ribeiro

Fentos palla real (Osmunda regalis) no outono

Xabroneira, albatorno ou bataneira (Saponaria officinalis). Florecen de maio a agosto en terreos húmdos e na beira dos ríos. As follas soltan escuma ao fregalas e pódense empregar como xabrón.

Salgueiros e espadanas

Page 68: Comarca O Ribeiro

Ponte de San Clodio, sobre o Avia, en Leiro. Construído no século XV e reformado no XVIII.

Na comarca do Ribeiro os ríos son eixos arredor dos que se desenvolveron as comunicacións e numerosas actividades produtivas que deixaron um importante legado histórico-artístico e etnográfico: pontes, pasais, muíños, lavadoiros...

Page 69: Comarca O Ribeiro

Lavadoiro en Paredes (Leiro)

Ponte no rego de maquiáns (Avia) en Ribadavia Muíño no Arnoia na área de lecer das Poldras

Muíño no Avia en Ribadavia

Page 70: Comarca O Ribeiro

Vales do Miño e Avia desde a serra do Faro. O frío da noite impide que se eleve a auga que se evapora do río, mantenna en forma de néboa que cobre os vales durante as primeiras horas da mañá.

RÍO MIÑOEntra na comarca do Ribeiro por Castrelo do Miño, onde ten a maior parte do curso retido no encoro. Máis abaixo comeza a encaixarse entre granitos e despois dun curto tramo de augas libres volve a ser encorado na Frieira entre A Arnoia e Cortegada, pola marxe esquerda e Melón pola dereita. Recibe pola dereita o Avia o Brul ou Outeiro e o Cerves, e pola esquerda o Arnoia e o Deva (facendo linde con Pontedeva).

Page 71: Comarca O Ribeiro

O Miño entre Castrelo de Miño e Cenlle

Page 72: Comarca O Ribeiro

O Miño no encoro de Castrelo de Miño, entre os concellos de Castrelo de Miño e Ribadavia

Page 73: Comarca O Ribeiro

O Miño no encoro de Castrelo de Miño. Ao fondo Ventosela e o monte San Cibrao

Page 74: Comarca O Ribeiro

Encoro de Castrelo de Miño, construído en 1968. Anegou unha boa parte do val do Miño en terras do Ribeiro. Na actualidade é un importante centro de práctica de deportes acuáticos e conta cun clube fluvial.

Page 75: Comarca O Ribeiro

O Miño na ponte de ferro entre Castrelo do Miño e Ribadavia

O Miño en Ribadavia vólvese a encaixar en rochas graníticas

Page 76: Comarca O Ribeiro

Confluencia do Miño e o Avia

Page 77: Comarca O Ribeiro

O Miño entre A Arnoia e Ribadavia

Page 78: Comarca O Ribeiro

Embarcadoiro do catamarán no Miño na Arnoia, ao pé da Vila Termal. O Miño pode percorrerse nun catamarán ao longo do encoro de Frieira.

Page 79: Comarca O Ribeiro

O Miño na Arnoia, no punto onde se xunta co seu afluente, o río Arnoia

Page 80: Comarca O Ribeiro

O Miño en Cortegada, desde o mirador de Filgueira, en Crecente

Page 81: Comarca O Ribeiro

FERVENZA DE XUBÍNNo lugar de Xubín da parroquia de Razamonde (Cenlle). Ten un desnivel de 40 m en rochas graníticas e neis. A controna está moi deteriorada por unha canteira.COMO CHEGAR: na estrada N-120 de Ourense a Vigo, en Xubín, cóllese unha estrada á dereita que remata na entrada dunha canteira de propiedade privada. So se pode acceder polo interior da canteira. Vese desde a autovía.

RÍO DE XUBÍNChamado tamén Lavandeira ou da Freixa. É un afluente do Miño que nace en Salamonde (San Amaro), percorre este concello e entra en Cenlle onde se xunta co Miño. No tramo final cae desde o planalto e forma rápidos, pozas e fervenzas.

Page 82: Comarca O Ribeiro

RÍO AVIANace en Fonte Avia, na serra do Suído (Abelenda-Avión). Percorre os concellos de Avión, Beade, Boborás, O Carballiño, Cenlle, Leiro e Ribadavia ata se xuntar ao Miño.Ten un percorrido encaixado no seu curso alto, forma unha ampla veiga en Leiro, Beade e Ribadavia e volve a encaixarse antes de se xuntar co Miño. Os afluentes pola esquerda son o Cardelle, Couso, Viñao e Arenteiro e pola dereita o Valdeiras.

Curso alto do Avia en Avión

Page 83: Comarca O Ribeiro

REGO DAS FRAGAS Na vertente oriental da Serra do Suído (Abelenda-Avión), varios regos que forman parte das nacentes do río Avia. A fervenza das Fragas é a máis alta e cae dun desnivel de 60 m. Accedese desde Boeixos.

Page 84: Comarca O Ribeiro

REGO DE RIOBÓUn afluento do rego das Fragas, en Mouriscados (Abelenda- Avión).

Page 85: Comarca O Ribeiro

RODEIROEn Rodeiro (Abelenda- Avión).Nun rego afluente do Baluga (Avia) que cae do Suído nun forte desnivel no que hai dúas caídas de gran altura, unha de case cen metros e outra de máis de 50.Vese detrás da Casa do Pobo e desde a estrada que vai ao Suído

Page 86: Comarca O Ribeiro

POZO NEGRONo lugar de Cernadas (Avión). No río Cubelo ou Valdeiras, que forma un estreito e fondo canón no que hai varios saltos e rápidos. O máis importante é o que cae no Pozo Negro.

Page 87: Comarca O Ribeiro

REGO DE FAXÓNUn rego de curto percorrido que cae no Avia desde os montes de Pena Corneira. Forma dous saltos, un en Paredes e outro debaixo de Lebosende. Paredes

Lebosende

Page 88: Comarca O Ribeiro

Salto no río de Couso, un afluente do Avia que se une a el nas proximidades de Amiudal

Ponte sobre o río Couso en Amiudal

Page 89: Comarca O Ribeiro

Área de lecer en Vilar de Condes, nun afluente do rego das Fermosas

Page 90: Comarca O Ribeiro

Encoro de Albarellos

Page 91: Comarca O Ribeiro

Área de lecer do Salgueiral en Leiro

Ponte das Poldras sobre o Avia en Leiro

Page 92: Comarca O Ribeiro

POZAS DE SAN CRISTOVOVarios quilómetros antes de xuntarse co Miño en Ribadavia o río Avia discorre por un terreo chan onde se forman amplas superficies aluviais que se anegan nos tempos de augas altas.As pozas de San Cristovo son un conxunto de lagoas artificiais de diferentes tamaños que ocupan unha superficie aproximada de 8 ha que se orixinaron por explotacións de áridos abandoadas nos depósitos aluviais do Avia. Actualmente están abandoadas e naturalizadas. A vexetación está dominada por espadanas, amieiros e salgueiros, e rebolos nas partes máis secas. Destaca a presenza de aves acuáticas: corvo mariño grande, garza real, parrulo choupón, alavanco real, galiña de río, becacina cabra, galiñola negra, martiño peixeiro, anduriña das barreiras... Nidifica a garza pequena (Ixobrichus minutus). Tamén é moi importante a poboación de sapoconchos.

Page 93: Comarca O Ribeiro

O Avia en Ribadavia

Page 94: Comarca O Ribeiro

O Avia en Ribadavia

Page 95: Comarca O Ribeiro

O Avia en Ribadavia

Page 96: Comarca O Ribeiro

Confluencia do Avia co Miño Ribadavia

Page 97: Comarca O Ribeiro

RÍO BRUL ou OUTEIRONace na serra do Faro de Avión (Portela de Pau) percorre terreos de Melón (parroquia de Quins) e Ribadavia, onde se xunta co Miño na parroquia de Francelos. No último tramo coñécese co nome de río de Outeiro. Ten un curso con moitan pendentes onde abondan os rápidos, as fervenzas e as pozas.

Ponte sobre o o río do Outeiro en Francelos

(Ribadavia)

Cunca alta do Brul entre Covelo e Vivenzo (Melón)

Page 98: Comarca O Ribeiro

RÍO CERVESNace na serra do Faro de Avión (Coto do Xuíz), percorre terreos de Melón e desemboca no Miño entre Melón e Ribadavia. Ten un percorrido moi encaixado entre rochas graníticas no que abondan os rápidos e as fervenzas. No seu curso baixo, antes de se xuntar co Miño, atópanse as burgas de Prexegueiro, unha zona onde hai numerosas surxencias de augas termais no leito do río.

O Cerves en Melón

O Cerves no balneario do Prexigueiro. No río Cerves hai surxencias de augas termais a 41 ºC ricas en sulfuros e bicarbonato sódico. Da súa importancia hai referencias en documentos do século XVI.

Page 99: Comarca O Ribeiro

FERVENZAS DE TOURÓNNo río Cerves (Melón). Tres saltos que en total salvan un desnivel de 100 m.

Page 100: Comarca O Ribeiro

FERVENZAS DE TOURÓN

Page 101: Comarca O Ribeiro

FERVENZAS DE TOURÓN

Page 102: Comarca O Ribeiro

FERVENZAS DE TOURÓN

Page 103: Comarca O Ribeiro

AS MESTASNo río Cerves (Melón). Cae dun desnivel de 20 m. Chégase seguindo a “Ruta das Pozas”, sinalizada. Ao longo de todo o percorrido vanse sucedendo, rápidos, escorregadeiras, saltos e pozas.

Page 104: Comarca O Ribeiro

FEIXA DE SANTA CRUZ (CODESÁS)Entre as parroquias de Melón e Quins (Melón).O Cerves forma unha fervenza de 40 m nunha gorxa que só pode transitarse pola súa parte alta. Está 1 Km por baixo da presa da central.

Page 105: Comarca O Ribeiro

A FEIXAEn Melón. O regato da Cortella (afluente do Cerves) salva un desnivel de máis de cen metros en sucesivos saltos e pozas, algunhas de máis de 15 m de altura, ás que é imposible achegarse.Pode verse seguindo unha ruta desde Cimadevila (800 m), cando o río leva auga e as árbores están sen follas.

Page 106: Comarca O Ribeiro

Ponte Arnoia

RÍO ARNOIABaixa da serra de San Mamede e despois de percorrer as comarcas de Allariz-Maceda e Terras de Celanova, entra no Ribeiro por terras do concello de Arnoia, onde se encaixa nun profundo canón en penedos graníticos (no linde entre A Arnoia, Cortegada e Gomesende) e pouco antes da súa desembocadura forma unha fértil veiga.Hai varias áreas de lecer e rutas sinalizadas que percorren os lugares de maior interese do río.

Canón do Arnoia

Page 107: Comarca O Ribeiro

A PENEDANo río Arnoia, entre os concellos de Arnoia e Gomesende. O río escava un fondo canón con rochedos e grandes bosques de cerquiños, érvedos e sobreiras. A fervenza da Peneda salva unha altura de 7-8 m entre un penedo granítico para caer nunha inmensa poza. Toda a zona atópase moi afectada pola existencia de varias instalacións de centrais eléctricas no cauce e nas marxes do río.

Page 108: Comarca O Ribeiro

Área de lecer do Inquiau no concello da Arnoia

Page 109: Comarca O Ribeiro

O Arnoia na área de lecer das Poldras (A Arnoia)

Page 110: Comarca O Ribeiro

Confluencia do Arnoia e o Miño

Page 111: Comarca O Ribeiro

O Deva preto da súa desembocadura no Miño, en terreos de Cortegada.

RÍO DEVANace na serra do Leboreiro e desemboca no Miño entre Cortegada (O Ribeiro) e Pontedeva (Terras de Celanova).

Page 112: Comarca O Ribeiro

AS ÁRBORES

Carballos e rebolos na zona de Pena Corneira

En boa parte das áreas montañosas da comarca do Ribeiro as árbores predominantes son os piñeiros en grandes plantacións que ocupan as partes altas e as abas dos montes. As formacións autótonas máis representadas son as carballeiras nas que hai mesturados rebolos, sobreiras, érvedos e castiñeiros. Nas proximidades dos ríos hai salgueiros, amieiras, chopos, freixos, lidoiros e ailantos.Nos parques e xardín das vilas e nos pazos atópanse exemplares destacados de especies exóticas.

Page 113: Comarca O Ribeiro

As mimosas, árbores invasoras de orixe australiana, ocupan grandes áreas nesta comarca.

Page 114: Comarca O Ribeiro

Carballos (Quercus robur) do parque de Melón. O máis grande mide 21 m de altura e 5, 9 m de perímetro.

Page 115: Comarca O Ribeiro

Sobreira (Quercus suber) de Castrelo de Miño. Atópase ao pé da pista que sube desde Castrelo do Miño a Toedo e Freixedo. É un exemplar de grande porte cun toro de 4,05 m de contorno.

Page 116: Comarca O Ribeiro

Aciñeira (Quercus ilex) de Pontenovo. Melón. -16 m de altura e 3,8 m de contorno.

Castiñeiro (Castanea Sativa) na Coiñeira (A Arnoia)

Page 117: Comarca O Ribeiro

Tilleiras (Tilia platyphylos) do adro do convento de San Domingos (Ribadavia). Hai varias tilleiras de grande porte, a máis grande mide case 4 m de perímetro.INCLUÍDAS NO CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA

Page 118: Comarca O Ribeiro

Alcipreste mediterráneo (Cupressus sempervirens) do Mosteiro de Melón

Page 119: Comarca O Ribeiro

ESPAZOS PROTEXIDOS

Hai unha ruta sinalizada desde Leiro cunha lonxitude de 8,7 km. Parte do paseo fluvial e pasa pola área etnográfica “Regato do Foxo”.

En Lamas, ao pé da igrexa románica, hai unha área de lecer a e varios sendeiros que percorren as proximidades do cume de Pena Corneira.

O antigo camiño de Beade cruza o bosque de Ridiomoas e chega tamén Bosque de carballos e cerquiños no contorno de Pena Corneira.

PENA CORNEIRAEspazo de 998 ha situado entre os concellos de Leiro, Avión e Carballeda de Avia declarado Monumento Natural o 10 de xaneiro de 2008.É unha montaña de 675 m de altura coroada por grandes penedos graníticos (granodiorita porfídica tardía) entre os que destaca o que lle da o nome, a xeito dun gran menhir vertical. É unha prolongación cara ao nordeste da serra do Suído. Nos arredores hai bosques de carballos, rebolos, piñeiros e castiñeiros. Na súa base Houbo unha fortaleza do século XII hoxe desaparecida. Accedese desde a estrada de Carballeda de Avia, Beade ou Leiro a Avión.

Área de lecer en Lamas

Page 120: Comarca O Ribeiro

Carballeira na contorna de Pena Corneira

Na área de Pena Corneira a erosión creo formas caprichosas nos penedos graníticos

Page 121: Comarca O Ribeiro

Contan cun itinerario educativo de 4 km de percorrido (Inicio na Igrexa de Beade) que transcurre por bosque de ribeira, carballeira, piñeiral, zona monumental, camiños antigos e zonas de viñedo.

O BOSQUE DE RIDIMOASÉ propiedade da asociación do mesmo nome fundada en 1988 que conta na actualidade con máis de 1.000 socios/as. Controlan un unhas 300 hectáreas acollidas a figura de protección de Refuxio de Fauna. O labor conservacionista levado a cabo por Ridimoas nos seus anos de existencia foi recoñecido con moitos premios, entre os que destacan: Unesco, Bandeira Verde de Galiza e Félix Rodríguez de la Fuente. Está formado por carballeira de Quercus robur e Quercus pyrenaica con sobosque de rascacú (Ruscus aculeatus), érbedo (Arbutus unedo), distintas especies de fentos; con pés relictos de cerdeira de acios (Prunus padus).

Fotos Xan Dos Mudos

Page 122: Comarca O Ribeiro

MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta febreiro 2017