C:UsersDataLib SDDownloadsCARTEL (5) (1) · 11:00 “Xela Arias, unha aproximación á súa obra e...

4

Transcript of C:UsersDataLib SDDownloadsCARTEL (5) (1) · 11:00 “Xela Arias, unha aproximación á súa obra e...

Page 1: C:UsersDataLib SDDownloadsCARTEL (5) (1) · 11:00 “Xela Arias, unha aproximación á súa obra e vida ... 3/19/2021 12:08:14 PM ...

E M I L I A P A R D O B A Z Á N • X E L A A R I A S •

M A R C I A L V A L L A D A R E S • Á L V A R O

C U N Q U E I R O • F A U S T I N O R E Y R O M E R O

E S C E N A : A C T O R E S E H O M E S D E

P A P E L • M E M O R I A F A M I L I A R E C R E A C I Ó N

L I T E R A R I A • C R Í T I C A E C O N T R A C R Í T I C A •

P O É T I C A S I N S U B M I S A S • B D ' 2 0 2 0 • T E A T R O

I N T E R R U P T U S • R E S I L I E N C I A C U L T U R A L • S L A M

P O E T R Y

B O O K T R A I L E R S • P R E S E N T A C I Ó N S E D I T O R I A I S • E N T R E V I S T A S

D O 2 6 A O 2 8 D E M A R Z O

# R E F L E X O D A C U L T U R A # F L I V 2 1

W W W . F L I V . G A L

U N A N O D E A C T U A L I D A D E

C U L T U R A L

p r e s e n t a

O R G A N I Z A : C O L A B O R A :

F o t o g r a f í a d o c a r t e l d e j u d i t c e n d ó n

Page 2: C:UsersDataLib SDDownloadsCARTEL (5) (1) · 11:00 “Xela Arias, unha aproximación á súa obra e vida ... 3/19/2021 12:08:14 PM ...

VENRES 26

11:30 Pregón inaugural. Abren esta edición

do FLIV21 xs representates das entidades

colaboradoras e Mercedes Corbillón en

representación da organización.

12:00 200 anos con Marcial Valladares (1821-1903): Un recordatorio da súa vida e da súa obra desde a ollada experta de Xosé Antonio Fernández Salgado (filólogo e profesor na

UVigo).

12:30 A literatura infantil e xuvenil galega éatrevida. Mesa redonda con Eva Mejuto(escritora e coordinadora do Salón do libro

Infantil e xuvenil); Antía Yáñez (escritora e

docente); Nee Barros (escritor e divulgador

cultural) e Irene Pérez (@surfeandolibros)(divulgadora cultural). A LIX non é só unha

prescipción facultativa para as aulas, pero

pode ser o camiño para comprender a

necesidade da lectura e as achegas da

literatura para cada persoa. Non hai idade

para ler LIX, ser novxs non condiciona a

escolla literaria. Ou si? E se falamos de

calidade e temática? Somos xs galegxs

afortunados ou botamos algo en falta?

14:00 Novidades editoriais Rinoceronteeditora. Moisés Barcia presenta as propostas

máis senlleiras do que vai de tempada

editorial para lectorxs de todxs os gustos e

idadxs. Non sabes que ler a continuación?

Déixate engaiolar, hai un libro para ti.

17:45 Novidades editoriais Hércules edicións.Ánxela Gracián presenta a súa tradución de

Bruxas, a forza invencibles das mulleres, de

Mona Chollet. Non sabes que ler a

continuación? Déixate engaiolar, hai un libro

para ti.

18:00 “Son unha radical feminista” EmiliaPardo Bazán desde a ollada experta de

Marilar Aleixandre (escritora, investigadora e

académica da RAG).

19:00 Novidades editoriais Laioventoedicións. Rocío Viéitez presenta a nova

colección da editora, Candemaia, que

traducirá ao galego grandes autoras da

literatura universal. O primeiro título é

Mociñas, de Louisa May Alcott. Non sabes

que ler a continuación? Déixate engaiolar, hai

un libro para ti.

19:15 Entrevista de Nacho Alonso a ÉricaEsmorís. Patio de luces (editorial Xerais, con

ilustracións de Juan Berrio) é unha das últimas

publicacións da autora. Premio cidade de

Málaga no que coñeceremos os habitantes do

edificio onde traballa o avó de Lea.

19:45 Novidades editoriais Através editora.Presentación das novidades de Através. Non

sabes que ler a continuación? Déixate

engaiolar, hai un libro para ti.

20:00 “Álvaro Cunqueiro corenta primaverasdespois”; desde a ollada experta de ArmandoRequeixo (crítico e investigador literario).

Page 3: C:UsersDataLib SDDownloadsCARTEL (5) (1) · 11:00 “Xela Arias, unha aproximación á súa obra e vida ... 3/19/2021 12:08:14 PM ...

SÁBADO 27 Día internacional do teatro

11:00 “Xela Arias, unha aproximación á súaobra e vida” desde a ollada experta de ChusNogueira (ensaísta, crítica e profesora da

USC).

12:00 Recital: Slam Poetry. A palabrafalada é

unha achega poética que combina o ritmo

literal co ritmo musical que se acada coa voz e

a xestualidade. Parte do colectivo galego desta

disciplina ofrece un recital para non perder.

Brais Nogueira, Andrea Valle, Pompa&Boato,Peter Brea, Diego Horchovski.

12:30 Novidades editoriais Banda Deseñada.

Eduardo Maroño leva anos lendo BD e

falando de BD. Desta volta achéganos unha

panorámica sobre a produción artística galega

nesta disciplina. Non sabes que ler a

continuación? Seguro que hai unha proposta

de BD para ti.

13:00 Intervencións poéticas, poéticasinsubmisas. Mesa redonda con AranchaNogueira, Emma Pedreira, Carlos Negro e

Carlos da Aira. A poesía en papel e a poesía

na pel. O directo, as formas de comunicación

da poesía e os formatos de contacto. A

emoción nas palabras lidas e sentidas. A

resaca dos movementos poéticos dos

noventa, os festivais, a necesidade de

interpretar a normalidade (nova, vella,

emprestada ou azul).

18:00 Novidades editoriais Galaxia. FranciscoCastro presenta as propostas máis senlleiras

do que vai de tempada editorial para lectorxs

de todxs os gustos e idadxs. Non sabes que ler

a continuación? Déixate engaiolar, hai un libro

para ti.

18:15 TEATRO INTERRUPTUS. En colaboración

coa publicación especializada en artes

escénicas Erregueté varixs dxs dramaturgxs

len os seus textos: Xesús Pisón, Teté García,Diana Mera, Merche Pérez, Tito Asorey, AnaCarreira, Francisco Oti, Julio Fer, Zé Paredes,Carlos Santiago, Olivia Pena. Lembramos o

labor de Xosé Manuel Pazos a través da

lectura dun extracto de María Soliña na voz

de Casilda Alfaro.

19:15 Ser actor é cousa de homes. Mesa

redonda con Camilo Franco, MontiCastiñeiras, Fran Lareu e Óscar Allo. Que pasa

cando os homes teñen que facer de homes.

Como é a condición masculina da

interpretación e que piden hoxe como

requisito para pasar por un. Tres actores

galegos de teatro, cine ou televisión explican

as vantaxes e dificultades dos roles de home

de ficción, as circunstancias que corresponden

a ser actor e galego e cal é a situación dunha

ficción que se resiste a abandonar os vellos

prototipos.

20:15 Recital: Editorial Medulia. AndreaFernández Maneiro, Manuel LópezRodríguez, Raúl Gómez Pato e Xosé HenriqueRivadulla Corcón ofrecen un recital.

21:00 Entrevista de Nacho Alonso a MaríaRei. Flores de ferro (editorial Galaxia, premio

García Barros 2021) é a novela debut da

autora. Unha historia de silencios, do horror;

pero tamén de memoria, de resiliencia, de

sororidade.

Page 4: C:UsersDataLib SDDownloadsCARTEL (5) (1) · 11:00 “Xela Arias, unha aproximación á súa obra e vida ... 3/19/2021 12:08:14 PM ...

DOMINGO 28

11:15 “Cen anos do poeta e crego FaustinoRey Romero” desde a ollada experta de XoséRicardo Losada Diéguez (escritor e docente).

12:15 A novela desde a memoria do propio.Mesa redonda con Suso de Toro, Xesús Fraga,Berta Dávila e Esther Gómez. Un señor

elegante (Xerais), Virtudes (e) Misterios

(Galaxia) e Illa decpeción (Galaxia) son tres

exemplos da construción da ficción narrativa

desde a ficción do persoal. Hai orde na

autorrepresentación? Condiciona a contorna

pandémica a visión narrativa? Somos

universos de experiencias comúns ou illas de

excepcionalidade?

13:30 Recital: Binomio poético: con OrianaMéndez e Manuel López Rodríguez.

14:00 Novidades editoriais Aira. Dende Allariz

César Lorenzo presenta as propostas máis

senlleiras do que vai de tempada editorial

para lectorxs de todxs os gustos e idadxs. Non

sabes que ler a continuación? Déixate

engaiolar, hai un libro para ti.

18:00 Novidades editoriais Xerais.Presentación das obras gañadoras dos

premios Xerais 2020.

18:15 Entrevista de Nacho Alonso Fala co

autor da realidade e da traxedia que supón os

naufraxios na obra de Rivadulla Corcón.

19:00 Criticar a crítica. De criterios e outraspeneiras. Mesa redonda con Inma LópezSilva, Xina Vega, Afonso Becerra e ManuelForcadela. Catro críticxs expertxs dialogan

arredor da comunicación entre crítica, autorxs

e comunidade lectora e espectadora. A

función da crítica, a súa necesidade, a súa

calidade e presenza en redes ou o impacto dos

premios literarios na narrativa/poesía/e teatro

a debate.

20:30 Cultura segura, cultura resiliente. Mesa

redonda con Anna R. Figueiredo, MaríaArmesto (autora e Directora Artística daMostra Internacional de Teatro Cómico eFestivo de Cangas), Camilo Franco (escritor,crítico e xornalista), Maribel Tato (libreira edivulgadora cultural) e Anxo Lorenzo (músico,coordinador do Festival Intercéltico doMorrazo). Catro expertxs na creación e

promoción cultural dialogan sobre a

construción da cultura galega desde o teatro,

a literatura e a música tradicional nos

escenarios pre-pandremia; 2020 e de cara ao

futuro. A cultura é segura, pero sabemos que

ofrece a cultura? Que definimos como tal?