DELAGRO Nace o Complexo Industrial Multidisciplinar para...

36
Caderno de divulgación técnica Número 117. Marzo 2014 DELAGRO Nace o Complexo Industrial Multidisciplinar para fabricación e distribución en As Pontes O porvir do sector está no mercado PAC

Transcript of DELAGRO Nace o Complexo Industrial Multidisciplinar para...

Page 1: DELAGRO Nace o Complexo Industrial Multidisciplinar para ...agaca.coop/wp-content/uploads/2015/08/revista-117wb.pdf · Caderno de divulgación técnica Número 117. Marzo 2014 DELAGRO

Caderno de divulgación técnica

Número 117. Marzo 2014

DELAGRO Nace o Complexo Industrial Multidisciplinar para fabricación e distribución en As Pontes

O porvir do sector está no mercadoPAC

Page 3: DELAGRO Nace o Complexo Industrial Multidisciplinar para ...agaca.coop/wp-content/uploads/2015/08/revista-117wb.pdf · Caderno de divulgación técnica Número 117. Marzo 2014 DELAGRO

Hai 30 anos, os produtos das cooperativas agrarias no mercado non eran valorados polos consumidores como produtos de cali-dade. As cooperativas arrastraban imaxe de teren un produto pouco renovado ou anticuado, de seren entidades falsamente protexidas nun mercado moi intervido polo Estado. Isto provocaba que estiveran distanciadas dos intereses dos seus socios, e por ende, moi criticadas polos mesmos, con hábitos de xestión pouco acordes cos novos movementos sociais da incipiente democracia e con prácticas de xestión pouco transparentes que proviñan de períodos predemocráticos.

Moitos agricultores e gandeiros xa comprendían daquela a necesidade de transformar e comercializar os produtos dos seus socios para captar valor dos mercados e distribuílo entre os mesmos. Pero, precisamente pola mala imaxe das cooperativas cara ao mercado e mesmo cara aos socios, houbo nesa época unha enorme proliferación de sociedades agrarias de transformación (SATs), aso-ciacións ou mesmo sociedades limitadas con reparto igualitario das participacións societarias, sociedades anónimas, etc. Daquela, sacar unha marca dun alimento calquera e resaltar o nome cooperativo era pouco comercial, xeraba mala imaxe para o produto e restaba valor de mercado aos alimentos a vender.

Pouco ou nada queda daquel cooperativismo nado no anterior réxime. A entrada na Unión Europea, a liberación e desprotección dos mercados agroalimentarios, a competencia feroz polo beneplácito dos consumidores, a profesionalización e modernización da xestión, mesmo a globalización que nos empurra cara á crecente internalización das empresas fixo que as cooperativas que sobreviviron ou naceron mudaran co mercado e coas esixencias do consumidor. Neste intre, moitas cooperativas usan e destacan o seu xeito de organización cooperativo coma un valor positivo para captar o interese e a aprobación dos seus clientes e consumidores.

Un alimento transformado e comercializado por unha cooperativa é produto “veciño como os de quilómetro cero, próximo, fresco por ser próximo, con orixe garantida”; pero, en xeral, con marca pouco coñecida polos consumidores. Por iso, cremos que algunhas tendas de distribución poden chegar a usar “stopper” ou banderolas coa finalidade de identificar o produto cooperativo no lineal, para que o consumidor atope o produto na zona da tenda onde habitualmente se dirixe a buscalo. Sabemos que están moi ben valorados por parte do consumidor produtos cooperativos nos que a rexión de orixe ten fama, como as laranxas de Valencia, o leite de Galicia, o aceite de Andalucía, a carne de Galicia, ...

Queda moito camiño por percorrer neste campo da promoción dos produtos coo-perativos de cara ao consumidor e no punto de venda. Pero, é un camiño que as cooperativas deberían facer unidas baixo criterios de complementariedade e sinerxías de esforzos, tratando de trasladar os valores sociais e mesmo esenciais do propio cooperativismo (a ligazón co produtor, a trazabilidade do produto, a reversión do beneficio no agricultor e na sociedade rural, o funcionamento demo-crático, a solidariedade,...). Pero, sempre tendo presente que o consumidor nos vai esixir unha calidade, unhas garantías, unha solvencia empresarial que avalen ó produto que merca para consumo propio ou da súa familia.

Temos que esforzarnos en dar a coñecer os produtos que comercializan as cooperati-vas mediante campañas de promoción cara o consumidor e na distribución. Por iso é importante impulsar a presenza en feiras e eventos de tipo comercial trasladando o papel social importante que desenvolven as cooperativas. Comprometémonos a impul-sar sinerxías entre as empresas evitando localismos e protagonismos excluíntes, e animando a mentalización de cara a colaboración entre todos nesta inxente tarefa de reconquista dos mercados.

EDITA

COORDINACIÓN:Rosa Vázquez Segade

REDACCIÓN, ADMINISTRACIÓN,SUBSCRICIÓN E PUBLICIDADE

Rúa Tomiño, 22 EntrechánTeléfonos: 981 584 783 e 981 584 911

15703 Santiago de Compostela (A CORUÑA)e-mail: [email protected]

web: www.agaca.coop

CONSELLO DE REDACCIÓNDA REVISTA

Higinio Mougán BouzónMario Fernández Redondo

Loli Couso CostaTomás Gómez VázquezCarlos Ares Fernández

Marta Nuñez Martínez-CorbalánRuth Rodríguez Ferreiros

David Vila LópezNazaret Bolaño Couselo

Secretarias de RedacciónOlalla Rocha Fraga

Mª Teresa Porto Rey

CONSELLO REITOR AGACAPresidente

José S. Montes PérezVicepresidente

José Ramalleira VázquezSecretario

Emilio Rodríguez FelipeTesoureiro

M. Carlos Gómez DíezVogais

Rafael Tejeda VázquezAlberto Amil Chaves

Javier Iglesias SendínAlbino López Rodríguez

Ramón Barral MaquieiraXerente

Higinio Mougán Bouzón

DESEÑO E IMPRESIÓNGRÁFICAS GARABAL, S.L.Santiago de Compostela

PUBLICIDADEAnúnciese en AGACA. Revista da

Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias

Información:Teléfonos: 981 584 783 e 981 584 911

Fax: 981 571 730 e 981 558 275

TIRADA10.000 Exemplares

Dep. Legal: C-752/90

Queremos agradecer a colaboración de todas as persoas que contribuíron co seu traballo á saída desta Revista. AGACA non se identifica necesariamente coas

opinións e contidos publicados neste número.

Distribuída en colaboración con:

Consumo, Cooperativismo e Calidade

3

Page 4: DELAGRO Nace o Complexo Industrial Multidisciplinar para ...agaca.coop/wp-content/uploads/2015/08/revista-117wb.pdf · Caderno de divulgación técnica Número 117. Marzo 2014 DELAGRO

s u m a r i o

BoletÍn de suBsCriCiÓn*PREZO DE SUBSCRICIÓN ANUAL: 18 g * EDICIÓN: 5 revistas ao ano

* DATOS DO SUBSCRITOR: Nome/particular, empresa, entidade:

C.I.F./N.I.F. Enderezo Poboación

Provincia CP Tlfno.

Recorte este boletín e envíeo a: Unión de Cooperativas AGACA - Rúa Tomiño, nº 22, Soto - 15703 Santiago de Compostela - A Coruña

Tamén pode facelo a través da páxina web: www.agaca.coop

Eficacia reprodutiva comparada das granxas leiteiras galegas. O exemplo dunha cooperativa

Nº 117 - Marzo 2014Caderno de Divulgación Técnica

editorial3 Consumo, cooperativismo e calidade

tema Central6 DELAGRO revoluciona o sector dos fertilizantes coa creación dun Complexo Industrial

Multidisciplinar para fabricación e distribución en As Pontes

actualidade10 Fertilizantes bisannia, a tecnoloxía aplicada ao crecemento12 PAC. O porvir do sector está no mercado14 Rede Natura, a cara da protección e a cruz da indefensión18 O Programa Integrado “HORTACOOP EMPREGA”, en funcionamento para favorecer a creación

de emprego19 A montaña en fase de mudanza22 Seguro para explotacións de gando vacún: novidades que melloran o custe a cargo do gandeiro24 Os gandeiros de Val do Toxa valoran gratamente o asesoramento en coberturas de UCOGA

mundo Cooperativo26 Bodega Cooperativa Virgen de las Viñas cumpre 50 anos

difusión técnica28 Necesidades e prácticas de cultivo do grelo (II PARTE)

en Breve31 AGACA impartirá cursos de fitosanitarios, benestar animal e aforro enerxético 31 Máis Obradoiros de Emprendemento Cooperativo a través da Rede Eusumo31 AGACA impulsa a Comercialización e Internacionalización nas cooperativas31 AGACA e La Caixa asinan un convenio de colaboración32 En XANTAR 2014 degustáronse produtos de cooperativas socias 32 Fórum Gastronómico Coruña’14 acolle unha degustación de produtos cooperativos32 Viña Costeira continúa apoiando accións solidarias33 Albariño Pazo Baión distinguido co Gran Oro pola Guía de Viños, Destilados e Bodegas de

Galicia33 Os temporais en Galicia provocaron importantes danos33 Bodegas Martín Códax crece un 14% en 2013 cunha facturación de 18 millóns de euros33 FEIRACO animou a vivir o Entroido dun xeito especial34 MAKHTESHIM AGAN crea a marca ADAMA a nivel mundial34 SIGFITO premia o aforro en papel coa utilización do Albará Dixital34 Cooperativas Agro-alimentarias de España aplaude o enfoque do Plan Nacional de

Desenvolvemento Rural de cara á integración cooperativa

4

mar

zo 1

4

Page 6: DELAGRO Nace o Complexo Industrial Multidisciplinar para ...agaca.coop/wp-content/uploads/2015/08/revista-117wb.pdf · Caderno de divulgación técnica Número 117. Marzo 2014 DELAGRO

Boceto dos exteriores do complexo

delaGro revoluciona o sector dos fertilizantes coa creación dun

Complexo industrial multidisciplinar para fabricación e distribución,

en as pontes6

mar

zo 1

4t e m a c e n t r a l

Page 7: DELAGRO Nace o Complexo Industrial Multidisciplinar para ...agaca.coop/wp-content/uploads/2015/08/revista-117wb.pdf · Caderno de divulgación técnica Número 117. Marzo 2014 DELAGRO

o Complexo

Non existe, en España, ningún Complexo Industrial especializado en fertilizantes que se poida comparar. Dotado coa tecnoloxía máis avanzada e punteira do mercado, foi deseñado integramente por enxeñei-ros expertos en plantas de envasado e produción, tras analizar outras plantas de Europa ou do sur de España e integrar unha estrutura optimizada ao máximo en todos os niveis.

O seu emprazamento, no Polígono Industrial de Penapurreira, en As Pontes de García Rodríguez (A Coruña), é estratéxico: pola súa proximidade a algún dos principais centros industriais e comerciais de Galicia e Asturias, unha boa rede de infraestruturas viarias e un acceso rápido e doado co porto de Ferrol, importante pola recepción de mercancía a través de transporte marítimo.

Cunha extensión de 36.000 m2, a

capacidade operativa supera as 50.000

t. Supuxo un investimento de preto de 6 millóns de euros e xerará 16 postos de

traballo directos

Cun investimento que rolda os 5.800.000 euros e unha capacidade operativa que supera as 50.000 t, en 36.000 m2 de terreo emprázase unha planta de almacenamento,

mesturado e envasado de fertilizantes de máis de 6.000m2 de superficie construída, e outra de 3.300m2, destinada a almacena-mento de produto finalizado e mercancías complementarias.

Prevese a contratación dunhas 16 persoas como persoal fixo e, puntualmente, durante as campañas produtivas, entre catro e seis máis, repercutindo, de xeito indirecto na posible xeración duns 40 ou 50 postos de traballo máis.

O Complexo dispón dun sistema de comunicacións asentado sobre fibra óptica integrando voz e datos (VOIP) e a xestión do almacén baséase na implantación dun sistema por radiofrecuencia que permite integrar o ciclo loxístico ao completo, mediante localización e extracción actuali-zada dos stocks en tempo real; seguimento e trazabilidade dos lotes e das súas cadu-cidades; xestión FIFO (First In First Out) e FEFO (First Expires First Out), dos stocks e o seguimento dos envíos ata o destinatario final.

iniciativa de éxito

Unha dilatada experiencia na compra de materias primas, o emprego de produtos só de máxima calidade e a preocupación por atopar as mellores solucións técnicas

especializadas foron factores que xunto, co interese pola innovación e a fabricación propia de fertilizantes, confluíron na ansiada posta en marcha desta iniciativa empre-sarial que dota a DELAGRO da necesaria independencia para xestionar o procesado e envasado dos fertilizantes e obter un óptimo rendemento das terras.

“non concibo a falta de éxito desta iniciativa; coñecemos o mercado, fixemos números conservadores, estudos moi rigorosos en custes de loxística, posuímos datos dos consumos históricos actualizados; valoramos firmemente a fidelidade das cooperativas socias. non nos desviamos do plan financeiro practi-camente nin un milímetro”.

“o plan de viabilidade estimaba un punto morto financeiro practicamente en menos da metade do que xa esta-mos movendo. para que a estrutura perda cartos terían que circular menos de 9 millóns de euros por aquí, e nestes momentos movemos entre 23 e 25 millóns. tería que desmembrarse delaGro para que isto saíse mal”.

Carlos Castro,director de delaGro s. Coop

Os estantes, de 12 m de altura, contan con códigos de barras que especifican a situación da mercancía

7

Page 8: DELAGRO Nace o Complexo Industrial Multidisciplinar para ...agaca.coop/wp-content/uploads/2015/08/revista-117wb.pdf · Caderno de divulgación técnica Número 117. Marzo 2014 DELAGRO

Javier Taboada, presidente de DELAGRO, expresa a súa satisfacción por ter alcanzado esta antiga aspiración das cooperativas de poder dar un servizo integral de subminis-tros aos gandeiros e matiza que ademáis de traducirse en beneficios económicos para gandeiros e cooperativas, este feito suporá un impulso para seguir dando pasos na liña de defender e xerar valor ás cooperativas e aos seus asociados.

Actualmente agricultores, gandeiros, téc-nicos e dirixentes das cooperativas están formando parte dun calendario de visitas guiadas para coñecer o Complexo e a súa incipiente actividade con resultados enormemente positivos, en palabras dos responsables, xa que ademais de fomentar o sentimento de pertenza, conciénciase aos produtores da importancia de coñecer

e comparar cómo traballan os distintos operadores.

A iniciativa está respondendo ás expectati-vas xeradas xa que, pola propia inercia de mercado, adiantouse a actividade a esta campaña.

“Cumprimos as expectativas, os pra-zos adiantáronse sobre o previsto. non contabamos con abrir as insta-lacións neste exercicio e xa estamos ao 90% das nosas capacidades para afrontar esta campaña con folgura”

a competencia

Segundo Castro, a competencia está dando paus de cego para contrarrestar esta iniciativa, implementando solucións

No proceso de envasado empréganse láminas plásticas soldadas, non cosidas

DELAGRO é partner autorizado de YARA, o maior fabricante mundial de fertilizantes

Interior dunha das naves

Carlos Castro, director de DELAGRO S.COOP., explica a representantes da cooperativa CAMPOASTUR as características do Complexo durante unha visita guiada ás instalacións

O director da cooperativa destaca tamén, o gran valor da participación, no deseño do Complexo, “dunha das maiores eminencias do mundo no ámbito da enxeñería, que supervisa o deseño e a implantación de todas as plantas de envasado e produción que son propiedade, ou das que é partner, YARA, a maior multinacional de fertilizantes mundial, como vén sendo DELAGRO”.

Os principais beneficiarios van ser os gandeiros

e agricultores. Os produtores, a través da canle das cooperativas,

van conseguir resultados directos e reducións de custes cunha fertilización

óptima

Enfatiza a idoneidade do emprazamento do proxecto e as múltiples facilidades achegadas, neste senso, polo concello de As Pontes, ao que a entidade está moi agra-decida, e remarca a fortaleza da fidelidade ao apoio das cooperativas socias, xa que practicamente o 100% do seu consumo xa estaba centralizado en DELAGRO e existe o convencemento de que vai seguir así, “porque o principal beneficiario vai ser o gandeiro e o agricultor”.8

mar

zo 1

4t e m a c e n t r a l

Page 9: DELAGRO Nace o Complexo Industrial Multidisciplinar para ...agaca.coop/wp-content/uploads/2015/08/revista-117wb.pdf · Caderno de divulgación técnica Número 117. Marzo 2014 DELAGRO

Pero as posibilidades van máis aló, como recoñece o director de DELAGRO, quen aspira a conseguir que o 70-80% dos fer-tilizantes dispensados dende o Complexo estean elaborados a medida. Un soño persoal, a curto prazo, é buscar solucións tecnolóxicas que favorezan a calidade de vida dos agricultores e gandeiros, como o emprego de fertilizantes líquidos, algo pouco habitual en Galicia, mentres noutros países ou zonas de España é algo común. Suporía un cambio rotundo no manexo, xa que é posible transportalo en cisternas, sobrarían contedores, o agricultor non tería que cargar envases e podería servirse das infraestruturas que xa ten na explotación, como as pulverizadoras de aplicacións fitosanitarias.

Outra actividade complementaria do Complexo xira en torno á optimización dos inmobilizados financeiros das cooperativas, empregando as instalacións como almacén regulador, liberando ás cooperativas de ter que afrontar gastos moi elevados alma-cenando stocks de produtos, que, baixo petición, afrontaría DELAGRO.

proFer

En 2010, DELAGRO, en colaboración co Departamento de Edafoloxía da Escola Politécnica Superior de Lugo, o Centro de Información e Formación Agrario de Cantabria (CIFA) e o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), poñía en marcha un ambicioso proxecto que aspiraba a lograr a elaboración de fertilizantes per-sonalizados segundo as necesidades das diferentes terras e usuarios.

Durante tres anos analizáronse 3.000 parce-las de agricultores e gandeiros de Asturias, Cantabria e Galicia obtendo datos precisos das características e singularidades dos distintos solos; máis de 3.200 mostras de terras.

As necesidades nutricionais das fincas difiren considerablemente atendendo a variables como o tipo de cultivo, caracterís-ticas do solo, climatoloxía, particularidades no manexo, recursos, xurros, composición das materias primas, etc. Unha serie de condicionantes que nunca antes se tiveran en conta á hora de fabricar un fertilizante.

Todas estas variables permiten deseñar fórmulas “á carta”, adaptadas ás necesi-dades de cada explotación, afastándose así da obrigatoriedade de adquirir produtos comúns. O Complexo de As Pontes permitirá fabricar estes fertilizantes personalizados co conseguinte aforro, optimización do cultivo e coidado do medioambiente.

delaGro nace da fusión, por absorción, das cooperativas CeCoop (Galicia) e o Centro Intercooperativo del Campo de Asturias que, xunto con SERGACAN (Cantabria), fundan esta nova entidade co fin de xestionar e comercializar todos os subministros agrarios da zona norte de españa. a cooperativa, de segundo grao, está integrada por máis de 40 socios das tres comunidades autónomas que achegan 64 cooperativas con máis de 21.200 asociados.

O presidente de DELAGRO, Javier Taboada, e o responsable da área de Fertilizantes, Javier Caneda, con técnicos e directivos da cooperativa Os Irmandiños

“tecnicamente inadecuadas e legalmente dubidosas. O sector está reaccionando con chapuzas. Nós traballamos con tecnoloxía punta. Estánnolo poñendo fácil”.

As cooperativas socias de DELAGRO son as

máis fieis do cooperati-vismo de segundo grao

do Estado español

“A nivel comercial saben que as coope-rativas son moi fieis. Teñen feito algunha tentativa nos últimos anos pero sen resultado. Manteremos a nosa posición colaboradora seguindo unha liña coherente, sen estrépito, e está no noso ADN a dispo-sición a colaborar cos operadores do sector, sempre, iso si, que se respecte a máxima calidade en todos os procesos”.

liñas de negocio

Os responsables do Complexo insisten en que se ofertan produtos únicos, a medida, grazas aos estudos obtidos co proxecto PROFER: “un agricultor facilitará unha analítica e mediante os nosos programas informáticos recibirá unhas recomendacións de adubo, co aforro que lle supón empregar fertilizantes personalizados, de máxima calidade, segundo as súas necesidades. Isto non o ofrece ninguén”.

A curto prazo poten-ciaremos o emprego de

fertilizantes líquidos, o que suporá unha

importante mellora na calidade de vida do

produtor

Ademais de almacenar, envasar, procesar e dispensar fertilizantes, o Complexo, respon-dendo a peticións, ten aberta outra liña de negocio dirixida á realización de mesturas, envasados e paletizacións demandados por outros operadores. 9

Page 10: DELAGRO Nace o Complexo Industrial Multidisciplinar para ...agaca.coop/wp-content/uploads/2015/08/revista-117wb.pdf · Caderno de divulgación técnica Número 117. Marzo 2014 DELAGRO

Fertilizantes bisannia, a tecnoloxía aplicada ao crecemento

Ata o de agora, cando un produtor da zona Norte de España, — Asturias, Cantabria, Galicia e País Vasco— buscaba un fertilizante para mellorar a produción dos seus cultivos, resignábase a adquirir produtos, de mellor ou peor calidade, de maior ou menor prezo, pero habitualmente formulacións estándar que non contemplan variables como o tipo de cultivo, manexo, solo, factores climatolóxicos e incluso, situación xeográfica da finca.

O feito de empregar fertilizantes estándar incrementa a contaminación e impide aos solos optimizar o seu rendemento, ao care-cer das proporcións necesarias de nutrien-tes para o crecemento ideal das plantacións e o mantemento dunha estrutura firme, aireada e cun humus ben protexido, o que leva perda económica.

Empresas especializadas, como DELAGRO S. COOP., a cooperativa de segundo grao e central de compras cuxa área de influenza esténdese a través do norte español, vete-rana coñecedora do mercado dos adubos e fertilizantes, ten convertido esta carencia nun reto, desenvolvendo, en colaboración con entidades de renome, proxectos de investigación, como PROFER, orientados a subsanar estas deficiencias e deseñar pro-dutos máis acordes aos cultivos, podendo variar as formulacións adoptadas entre cultivos dunha mesma explotación.

O clima e a localización, entre outros factores, evidencian grandes diferenzas nos tipos de solos existentes ao largo dunha zona tan ampla como o Norte de España, o que, por pura lóxica, determina a efectividade do fertilizante usado se se limita á aplicación de adubos tipo, en lugar de escoller o axeitado a cada cultivo.

Unha explotación con diferentes cultivos usará formulacións diferente se aspira a obter o máximo rendemento da súa

produción10

mar

zo 1

4i n f o r m a c i ó n c o m e r c i a l

Page 11: DELAGRO Nace o Complexo Industrial Multidisciplinar para ...agaca.coop/wp-content/uploads/2015/08/revista-117wb.pdf · Caderno de divulgación técnica Número 117. Marzo 2014 DELAGRO

O etiquetado de bisannia coincide

ao 100% coa formulación e contido do produto en cada

envase

Froito da especialización xorden marcas como bisannia, fáciles de recoñecer para o usuario polo seu su vistoso e colorido envase, deseñadas con materias de primas de alta calidade que lle outorgan un aspecto uniforme e unha alta solubilidade que reverte nunha sinxela aplicación en terreo e unha valiosa relación calidade-prezo.

Manipulados con maquinaria e sistemas informáticos de última xeración, os pro-dutos bisannia son envasados con sumo coidado, empregando láminas plásticas sol-dadas (non cosidas), cun enfundado retráctil plástico que se axusta perfectamente aos distintos formatos de produto, evitando a

coa oferta dunha ampla gama de produto adaptada segundo o tipo de cultivo. bisan-nia dispón así de fertilizantes diferentes en función de se se trata de cultivos de primavera ou inverno, millo, patacas e horta ou viñedo. Existen, así mesmo os denominados PROFER+ e Bólido, ricos en nutrientes específicos en función dos obxectivos perseguidos polo produtor.

Ademais, a recente posta en marcha dun avanzado Complexo Industrial Multidisciplinar para fabricación e distribu-ción de fertilizantes en As Pontes (A Coruña), nunha localización estratéxica, dotado da máis precisa e punteira tecnoloxía, permite realizar subministros a granel, en sacos de 40 kg agrupados en 50 unidades e palés con triplo bigbag de 600kg.

En definitiva, bisannia é o lóxico reflexo da tecnoloxía aplicada ao crecemento sostible dos cultivos, respectando e coidando o medioambiente dende a seguridade que achega ofrecer a cada produto o que nece-sita en cada momento.

Maquinaria de preparación do ensacado dos produtos Bisannia O proceso de enfundado (retráctil) plástico axústase aos palés evitando a aparición de humidades no produto

filtración de humidades e garantindo unha óptima conservación durante o traslado e almacenaxe, ao tempo que respectan ao 100% os datos que figuran no etiquetado. O rigor no cumprimento das normativas e os controles de calidade, fundamentais no proceso de trazabilidade garante unha calidade destacable na produción.

bisannia posúe unha gama de fertilizantes diferentes en función

de se se trata de cultivos de primavera

ou inverno, millo, patacas e horta ou

viñedo

A preocupación pola calidade das materias primas utilizadas —DELAGRO é partner autorizado do maior operador mundial, YARA—, e o seu procesado, combínase 11

Page 12: DELAGRO Nace o Complexo Industrial Multidisciplinar para ...agaca.coop/wp-content/uploads/2015/08/revista-117wb.pdf · Caderno de divulgación técnica Número 117. Marzo 2014 DELAGRO

A PAC (Política Agraria Común) preocupa, e moito, a todas as persoas vinculadas dalgún xeito co contorno agrogandeiro polas múltiples repercusións que as súas medidas acadan na economía do sector agroalimentario.

O subsector leiteiro e o de vacún de carne son dos que máis inquedanzas amosan en Galicia, xa que os ingresos dos gandeiros galegos proceden, maioritariamente da venda do leite, e por extensión, do mercado. Si ben é certo que unha parte da súa renda provén directamente da PAC —mediante pago único (1º Piar) e a través das axudas aos plans de mellora nas explotación (2º Piar), entre outros—, en realidade, a porcentaxe máis elevada dos seus ingresos está directamente vinculada aos ingresos provenientes dos mercados.

Sabendo que esta porcentaxe pode esti-marse arredor do 80%, (máis alto en vacún de carne e máis baixo en leite) e que, de cara ao futuro, o mercado vai ser o principal responsable —con tendencia a converterse no único— da renda dos gandeiros, cómpre reflexionar sobre os aspectos máis relevan-tes para o porvir dos gandeiros, deixando a un lado as valoracións sobre as vantaxes ou inconvenientes dos acordos acadados.

A reivindicación da posta en marcha de mecanismos que dificulten a entrada de leite foráneo a prezo máis baixo do que reci-

ben os produtores no seu país de orixe ou a aposta polos contratos de aprovisionamento entre produtores e industrias, así como as chamadas ás distintas Administracións para que doten ao sector das ferramentas precisas para fortalecer unha ordenación na oferta xa vén de vello, pero por iso mesmo, é o momento de retomalo con decisión, neste intre en que se determina a PAC.

É o momento de repensar en dotar ao

sector das ferramentas axeitadas para

fortalecer ao sector fronte aos mercados

No Plan Lácteo presentado en xullo de 2009, a Xunta manifestaba que había unha “falta de adecuación da estrutura industrial instalada en Galicia ás necesidades do sector; excesiva rixidez da cadea de valor no ámbito do leite líquido envasado; unha inevitable dependencia de factores e decisións que non parten do propio sector lácteo galego e unha insuficiente verte-bración sectorial, cunha situación onde os criterios da distribución prevalecen de xeito case exclusivo”. O Plan definía un sector produtor desorganizado fronte a unha industria que non está ao nivel das

necesidades do sector e unha dependencia total dos mercados onde a distribución marca a pauta.

A propia Comisaria Europea de Agricultura, Mariann Fischer, evidenciaba preocupación polo funcionamento do mercado e avanzaba, naquel ano 2009, un redobramento dos esforzos por asegurar un eficiente funcio-namento da cadea de abastecemento que comprende dende o campo ata o consumi-dor final. Dicía que “debería investigarse a maneira de reforzar a posición negociadora dos agricultores —mediante, por exemplo, a creación de Organizacións de Produtores (OPs)— sen prexuízo da observancia das regras de competencia leal. Esas medidas poden enmarcarse na política de desenvol-vemento rural e no contexto máis amplo da PAC posterior a 2013”.

paC. o porvir do sector está no mercado

O Consello Reitor de Cooperativas Agro-alimentarias

co ministro de Agricultura, Alimentación e Medio

Ambiente, Arias Cañete

Os mercados son o foco clave do progreso do sector leiteiro galego12

mar

zo 1

4a c t u a l i d a d e

Page 13: DELAGRO Nace o Complexo Industrial Multidisciplinar para ...agaca.coop/wp-content/uploads/2015/08/revista-117wb.pdf · Caderno de divulgación técnica Número 117. Marzo 2014 DELAGRO

Cómpre afastarse un pouco da valoración

das axudas concedidas e centrarse na mellora

das estruturas de comercialización dos

gandeiros

Chegado o momento en que toca definir a PAC para o período 2015-2020, é básico facer un seguimento de cómo se está a desenvolver, tanto en España como en Galicia, a normativa que apoia aos agricul-tores que se constitúen en Organizacións de Produtores, a través das cooperativas, co fin de concentrar a oferta e acadar unha maior competitividade nos mercados. Cómpre afastarse, quizá un pouco, da valoración das axudas concedidas e centrarse na mellora das estruturas de comercialización dos gandeiros.

A única ferramenta que a Comisión concede

para salvar os problemas dos mercados é a das OPs. O mercado lácteo en España atópase tan pouco evolucionado que seguramente será necesario afinar este instrumento de xeito que resulte efectivo en todos os subsectores produtivos nos que proceda a súa aplicación e definir as vantaxes que supón para os gandeiros integrarse nas OPs. É preciso obter un apoio real á integración das cooperativas e dos gandeiros non asociados a través dos fondos de Desenvolvemento Rural coa pretendida misión de ordenar e estruturar ó sector para que sexa máis forte no mercado e ante a distribución.

O sistema de cotas lácteas desaparece o 1 de abril de 2015 o que se vai traducir nun mercado máis volátil e cambiante, aberto á influenza das producións do norte da Unión Europa e da presión dos países organizados dos grandes países lácteos.

O produtor galego (e maioritariamente o español tamén) atópase desorganizado, sen peso na industria, sen capacidade de negociación e de pacto de prezos, sen alternativas comercializadoras (o produtor

de leite de Galicia e de España ten un investimento en comercialización moi preto aos cero euros, aspecto radicalmente diferente no resto da UE que produce leite) fronte á industria española que transforma produtos de escaso valor engadido e á gran distribución todopoderosa que desequilibra calquera relación mercantil na cadea de valor.

Ministerios e Consellerías deben aplicarse na proposta dunha normativa propia para poñer en marcha a Lei de Integración Cooperativa, complementaria e con fondos suficientes para estruturar unha organiza-ción efectiva do sector

Por iso é tan importante orientar as axudas da PAC para organizar e estruturar aos pro-dutores; o medio axeitado e posible son as OPs comerciais. Ministerios e Consellerías deben aplicarse na proposta dunha norma-tiva propia para poñer en marcha a Lei de Integración Cooperativa, complementaria e con fondos suficientes para estruturar unha organización efectiva.

Higinio Mougán Bouzón,director xerente de AGACA

As explotacións galegas investiron moitos recursos na mellora e potenciación da fase produtiva mentres que a industrial e comercializadora quedou máis desatendida

Interior das instalacións de Clesa Reunión, en febreiro de 2013, das cooperativas constituíntes de Aprolact, a OPL das cooperativas leiteiras galegas 13

Page 14: DELAGRO Nace o Complexo Industrial Multidisciplinar para ...agaca.coop/wp-content/uploads/2015/08/revista-117wb.pdf · Caderno de divulgación técnica Número 117. Marzo 2014 DELAGRO

Dos 29.574 km2 que conforman Galicia, algo máis do 13% é zona incluída en Rede Natura. O 2 de xaneiro de 2012 a Xunta publicaba no DOG a proposta de amplia-ción da Rede ata as 528.609 ha (agora son 374.438 ha), baseada nas Decisións da Comisión Europea 2004/813 CE e na 2006/613 CE nas que se formula para o estado español a necesidade de mellorar a representatividade de determinados tipos de hábitats.

Esta ampliación, altamente positiva para o mantemento da biodiversidade, tradúcese, ao mesmo tempo, en complicacións para moitos gandeiros e agricultores das zonas implicadas, polas repercusións directas en pasteiros, montes, peches, matogueiras, etc. e, ataques ao gando das especies protexidas.

Os contrastes e variedades climáticas da nosa Comunidade Autónoma, con 1.500 km de costa, un interior de baixas montañas e multitude de ríos, conforman unha estrutura natural de ecosistemas que dan lugar a unha rica biodiversidade, que, por outro lado, é preciso conservar e protexer do paso do tempo e das accións do ser humano.

Precisamente este é o obxectivo, ampli-ficado a Europa, de Rede Natura 20001: protexer e garantir a pervivencia e a

1 Directiva 92/43/CEE do Consello de 21 de maio de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres

conservación dos hábitats naturais das distintas especies salvaxes de flora e fauna no contorno europeo.

A Configuración da Rede Natura 2000 de Galicia comeza coa designación en 2004, de 75 Lugares de Importancia Comunitaria (LIC) e das Zonas Especiais de Protección para Aves (ZEPA). Logo, nun prazo máximo de 6 anos, os LIC deberían ser declarados Zonas Especiais de Conservación (ZEC), co seu correspondente plan de xesitión.

segundo o ministerio de medio ambiente, en españa, actualmente constátanse 1.448 liC, e 598 Zepa; en conxunto, 147.000 Km2, aproximadamente o 27% de todo o territorio español, incluíndo super-ficie terrestre e mariña. a superficie comprendida, ata o de agora en Galicia, é de 3.894 km2, algo máis do 13% do territorio.

A Comisión Europea considera que algúns hábitats e especies non están suficiente-mente representadas no estado español, polo que é necesario ampliar os LIC. Así, en xaneiro de 2012 comezaba un período de participación, aberto a que os afectados puidesen remitir as súas observacións. O descoñecemento ou falta de comunicación entre as Administracións e os concellos cos afectados foi o xerme dun malestar que aínda pervive entre os propietarios das terras incluídas en Rede Natura.

O documento que se perfila como “o instru-mento de planificación, ordenación e xestión en rede dos LIC, ZEC e das ZEPA de Galicia e [...] dos hábitats das especies silvestres de flora e fauna”, é o Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia, un documento agardado con impaciencia tanto polas institucións públicas como polos colectivos e persoas afectadas, que actualmente está en mans da Asesoría Xurídica e pendente da aprobación do Consello e que servirá para achegar un pouco máis de luz —aínda que insuficiente, segundo algúns colectivos de afectados— ás moitas dúbidas que xera a aplicación das medidas e normativa xeral de ordenación e xestión.

as demandas dos gandeiros

O que nace como algo loable e necesario: a protección de espazos naturais e especies animais e vexetais choca, en ocasións, directamente cos intereses e necesidades dos gandeiros con actividade nas zonas incluídas en Rede Natura, como pode ser o caso dos municipios da zona de alta montaña lucense ou da Terra Chá que manifestan sentirse indefensos ante as múltiples restricións de que son obxecto.

A protección de especies ameazadas está a xerar importantes complicacións aos gandeiros da montaña que denuncian un incremento importante de casos de ataques ao gando e ás plantacións. Lobos, corzos ou

rede natura,a cara da protección e a cruz da indefensión

Os gandeiros atopan dificultades para compaxinar a actividade agraria sen un Plan Director de Rede Natura adaptado á

variada biodiversidade galega

14

mar

zo 1

4a c t u a l i d a d e

Page 15: DELAGRO Nace o Complexo Industrial Multidisciplinar para ...agaca.coop/wp-content/uploads/2015/08/revista-117wb.pdf · Caderno de divulgación técnica Número 117. Marzo 2014 DELAGRO

xabaríns vólvense cada vez máis confiados ao non atopar depredadores nin restricións efectivas por parte dos gandeiros, baixo presión de fortes sancións.

Propietarios de terreos con matogueiras —protexidas—, formadas por toxos, xestas, queirugas...denuncian a obriga de pagar as taxas oportunas polos terreos, pero, ao mesmo tempo, senten a indefensión de non poder utilizar as terras, non poder rozar para dedicar as terras a pastoreo ou plantar outras especies vexetais. Unha inercia de inactividade no tempo que termina por interferir na propia paisaxe e modificar, en consecuencia, a biodiversidade, se cadra con secuelas negativas porque a acción do home, a través da agricultura e da gandería non deixa de ser un elemento de axuda no control da biodiversidade, e como tal, debe ser tido en conta á hora da elaboración dos distintos Plans de Protección.

Denuncian contradicións externas

entre as propias Administracións, que lles fan perder axudas e séntense impotentes

Pero ademais denuncian as contradicións de que son obxecto e que lles prexudican directamente, coa perda de subvencións por multas dificilmente evitables, como é o caso de explotacións que, participando dos CES (Contratos de Explotacións Sustentables), suxeitos a cumprimento de requirimentos continuados en pro de respectar actuacións dirixidas á conservación da biodiversidade,

atópanse con inspeccións que lles chegan a recriminar a declaración de pastos arbusti-vos que teñen alcanzado alturas excesivas, por culpa da denegación dos permisos de Rede Natura, de poder rozar eses pastos. A consecuencia é terrible: perda das axudas e penalizacións importantes que incluso, repercuten no global dos Fondos Comunitarios destinados ao Estado e, de seguido, á Comunidade Autónoma, e por tanto, a todas as explotacións gandeiras galegas.

Por outra banda, gandeiros que precisan ampliar as súas explotacións perden a conta ante a multitude de papelame que deben cubrir e os meses e anos transcorri-dos ata recibir os permisos oportunos, e, en moitos casos, a denegación dos mesmos,

Zona de montaña pragada de matogueira

Fina Felpeto, presidenta da cooperativa Almoga (Vilalba-Lugo), denuncia a altura que están a alcan-zar variedades vexetais como o toxo ou os fieitos que están a provocar un cambio na biodiversidade

e impiden o coidado das terras

Becerro, vítima dun ataque do lobo nos Ancares. Foto facilitada por Emilio Martínez.

o que consideran é unha contradición clara ante a idea expresada habitualmente de potenciar a actividade no rural e loitar por afastar o despoboamento.

Os gandeiros comparten a

necesidade de elaborar Plans de protección pero piden deixar de ser ignorados á hora de elaboralos, solicitan unha maior

participación

Son moitos os agricultores e gandeiros que manifestan a súa impotencia; declaran entender e compartir a necesidade de Plans de Xestión, pero tamén reclaman unha maior participación, un certo consenso á hora de establecer as medidas restritivas, a consideración e escoita das súas propostas, unha petición que, en moitas ocasións, é apoiada polos propios concellos afectados.

O propio Plan Estratéxico do patrimonio Natural e da Biodiversidade, 2011-2017, publicado no Boletín do Estado (BOE) do 30 de setembro de 2011, elaborado polos ministerios da Administración Xeral do Estado e a participación das Comunidades Autónomas insiste na necesidade de inten-sificar a colaboración e voluntariedade entre os sectores agrarios e conservacionistas e, incluso, recolle a posibilidade de habilitar un sistema de incentivos fiscais. 15

Page 16: DELAGRO Nace o Complexo Industrial Multidisciplinar para ...agaca.coop/wp-content/uploads/2015/08/revista-117wb.pdf · Caderno de divulgación técnica Número 117. Marzo 2014 DELAGRO

Recoñece tamén que “se aprecia frecuen-temente unha excesiva ambigüidade, con escaseza de medidas que contribúan eficazmente a preservar a biodiversidade e respondan a obxectivos precisos e ava-liables”.

A Lei estatal 45/2007, de 13 de decembro, para o “Desenvolvemento Sostible do Medio Rural establece como obxectivos “lograr un alto nivel de calidade ambiental no medio rural [...] e fomentar a participación pública na elaboración, implementación e seguimento dos programas de desenvol-vemento sostible a través de políticas de concienciación, capacitación, participación e acceso á información”.

As reclamacións dos gandeiros van neste senso; como afectados solicitan que as actuacións sobre o territorio contemplen tamén a súa perspectiva e experiencia. Parece claro, que ningún Plan imposto, alleo aos intereses da poboación, poida acadar o éxito.

Gandeiros como Fina Felpeto, presidenta da cooperativa Almoga (Vilalba-Lugo), aseguran que, por prudencia, ante calquera petición dun propietario para unha acción en terreos afectados, sempre recibirán, da Administración, un non por resposta, o que provoca un conflito de intereses que non está a beneficiar a ninguén, ao tempo que fai calar un sentimento de rexeitamento entre a poboación.

A Asociación A Queiroga (As Pontes) pide “que haxa normas e que se saiba cáles son”, que se tome nota de accións desen-volvidas noutras Comunidades Autónomas ou noutros estados membros como Francia, onde se propón a participación dos implicados, de xeito voluntario, aca-dando acordos e incluso, compensacións económicas, inexistentes aquí. Denuncian que mentres noutras zonas como Navarra hai ata 10 Plans de Xestión; en Asturias presentáronse, para a participación pública, o ano pasado, 43, en dúas publicacións. En Galicia Galicia non hai ningún.

Consideran que o “Plan Director da Rede Natura de Galicia é un Plan Xenérico que non concreta as cuantías precisas para a

execución de mantemento e restauración que garantan o estado favorable de con-servación dos espazos, nin tampouco das partidas necesarias para facer efectivas as indemnizacións a que poidan dar lugar as limitacións a usos e actividades, así como aos contratos ambientais ou territoriais”.

Cualifican esta circunstancia como incomprensible, tendo en conta a enorme diversidade que comprende todo o territorio galego incluído en Rede Natura e as gran-des diferenzas existentes, que precisarían de Plans de Xestión Específicos.

Neste punto, destaca a figura do Contrato Territorial, recollida no Real Decreto 1336/2011 de 3 de outubro e publicado no BOE do 4 de outubro de 2011 que establece como obxectivo dos contratos territoriais “orientar a actividade das explotacións agrarias á xeración de externalidades posi-tivas que contribúan ao desenvolvemento sostible do medio rural” e recolle que “a criterio da Administración competente, poderán empregarse, co mesmo fin exen-cións e bonificacións fiscais, ou calquera outro tipo de beneficio ou prioridade que estea legalmente establecido ao efecto”.

En definitiva, a cara dunha acción protec-tora que delata unha cruz de impotencia e invita á reflexión e a un diálogo entre os implicados e a Administración.

O imparable avance desta vexetación está a afastar incluso a animais habituais dos que foron os seus hábitats naturais

Especies que proliferan sen control e sen un fin de uso na actualidade16

mar

zo 1

4a c t u a l i d a d e

Page 17: DELAGRO Nace o Complexo Industrial Multidisciplinar para ...agaca.coop/wp-content/uploads/2015/08/revista-117wb.pdf · Caderno de divulgación técnica Número 117. Marzo 2014 DELAGRO

AgroCaixa

1. Promoción válida desde o 17-2-2014 ata o 15-5-2014 ou ata esgotar existencias (48.000 unidades). Para os efectos fiscais, esta promoción ten a consideración de remuneración en especie e está suxeita a ingreso a conta segundo a normativa fiscal vixente. Oferta para domiciliacións de expedientes da PAC cun importe estimado superior a 250 €. NRI: 878-2014/09681

En ”la Caixa”, tramitámoslle a PAC e anticipámoslla no momento que o precise. E, agora, vai levar1 unha cálida manta para o sofá por domiciliar as axudas na nosa entidade.

Dobre axuda, tramitámoslle e anticipámoslle a PAC

PAC 2014

Patrocinador do Equipo Olímpico Español

Page 18: DELAGRO Nace o Complexo Industrial Multidisciplinar para ...agaca.coop/wp-content/uploads/2015/08/revista-117wb.pdf · Caderno de divulgación técnica Número 117. Marzo 2014 DELAGRO

Participantes nun curso de Incorporación á Empresa Agraria na cooperativa Horsal de Cambados

AGACA poñía en marcha este proxecto o pasado mes de outubro co obxectivo de asesorar, formar e facilitar a inserción labo-ral dos participantes mediante a creación da súa empresa hortícola, coa posibilidade de que poidan asociarse a algunha das cooperativas agrarias xa en funcionamento.

O programa conta cun total de 60 partici-pantes e a implicación de cooperativas de Cambados, Cenlle e O Rosal, tres dos núcleos máis importantes de produción hortícola en Galicia. As empresas colaboradoras son punteiras en temas de asesoramento aos socios, trazabilidade e innovación hortícola para o desenvolvemento de produtos autóctonos, adaptados ao terreo e con máis sabor. Todas as cooperativas implicadas están abertas á entrada de novos socios e precisan aumentar a produción para atender ás demandas dos clientes.

Os destinatarios son persoas en situación de desemprego con discapacidade, en risco de exclusión social, mulleres, menores de 30 anos, de longa duración e persoas desempregadas como consecuencia dunha crise empresarial. A maioría non coñecen os procedementos da produción hortícola profesional, pero valórana como opción laboral de futuro.

xa está en funcionamento para favorecer a creación de emprego

Catro eixes de acción integrados

HORTACOOP EMPREGA ofrece aos participantes información, orientación e asesoramento ao longo de todo o programa. O segundo eixe céntrase na formación, con contido teórico e práctico, que consta de tres cursos enfocados á horticultura profesional que, ademais, facilitan o acceso ás axudas públicas (Incorporación á explotación agraria; Aplicador-manipulador de produtos fitosanitarios e Autoemprego). A continuación os participantes poderán realizar 100 horas de prácticas laborais en empresas de horta.

A última fase consiste na prospección de empresas afíns e a intermediación laboral para lograr unha inserción laboral adaptada ás aptitudes e intereses dos participan-tes. Preferiblemente, recoméndaselles que creen a súa propia explotación, para despois asociarse nunha das cooperati-vas existentes, pero tamén se tratarán de buscar outras opcións laborais para aqueles alumnos que non se adapten ao autoemprego.

O programa está xestionado pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias e financiado pola Consellería de Traballo e Benestar.

o programa integrado “HortaCoop empreGa”

Ensinámoslles a producir, dámoslles a formación mínima

necesaria para desenvolver unha

actividade hortícola profesional e

aconsellámoslles que comercialicen

a través dunha cooperativa, pero son os participantes os que toman a decisión final

Loli Couso, responsable do Programa Integrado

18

mar

zo 1

4a c t u a l i d a d e

Page 19: DELAGRO Nace o Complexo Industrial Multidisciplinar para ...agaca.coop/wp-content/uploads/2015/08/revista-117wb.pdf · Caderno de divulgación técnica Número 117. Marzo 2014 DELAGRO

As áreas montañosas de Galicia perderon —nas últimas catro décadas—, máis do 50% da súa poboación, nun proceso que determina unha estrutura demográfica altamente preocupante. En paralelo ao declive demográfico tamén se reduciron as actividades económicas, ligadas basi-camente á agricultura de subsistencia e á gandería.

O cultivo tradicional de cereais en searas desapareceu e estas fóronse abandonando a mato, evolucionando a xesteiras na maioría dos casos e secundariamente, a pasteiros. Ao mesmo tempo, as explotacións que quedaron fóronse especializando na cría de gando bovino de carne, aproveitando os recursos forraxeiros da zona, xeralmente prados de regadío no fondo dos vales e de secaño nos planaltos. A pesar desta especialización na produción de carne, o número explotacións de pequeno tamaño foise reducindo a un ritmo do 3% anual, aumentando só lixeiramente o número de vacas por explotación das que permanecían activas. Outro fenómeno asociado a esta desfeita foi o da venda masiva de dereitos de prima de vacas nutrices que as maioría das veces foron parar a produtores de fóra de Galicia.

medio natural complicadoO medio natural é difícil pola irregular orografía da zona na que alternan zonas de planalto con outras de forte pendente e fondos de val, máis fértiles e parcialmente regados. Os pastos máis altos, xeralmente, secan no verán. O nivel de fertilidade é baixo pola propia estrutura dos solos, polos longos períodos de erosión provocados co laboreo e os incendios reiterados, ligados

ás prácticas tradicionais e, máis recen-temente, cando se produce a queima da biomasa combustible acumulada por mor do abandono a matogueira.

Dous aspectos que cómpre salientar son, por unha banda, o elevado grao de minifun-dio nas terras privadas e pola outra, o feito de que arredor do 50% da superficie son terreos comunais, con diferente natureza legal, ben en man común ou ben, de dereito romano.

Este panorama, bastante común a todas as áreas de montaña, podería dar a impresión de que pouco hai que facer, que a morte da montaña é inevitable e que unicamente é posible unha solución de tipo forestal e/ou estritamente conservacionista. Porén, existen exemplos de explotacións, e mesmo zonas continuas, que abranguen varias aldeas, nas que, partindo dunha situación semellante á descrita déronse, e estanse a dar, procesos de reversión da situación de abandono de cara a un mellor aproveitamento dos pastos e da

vexetación espontánea do monte (VEM), empregando diversos métodos de control, dende o simple desbaste mediante roce, o pastoreo dos arbustos e os métodos de laboreo e fertilización.

localización das mudanzas

Nas áreas limítrofes dos concellos de Cervantes e Navia de Suarna (Lugo), nas aldeas de Balgos, Sevane, Quindous, Santalla, Vilaver (Cervantes) e Cerredo (Navia de Suarna) estase a dar un proceso de expansión da produción gandeira e aproveitamento do conxunto dos recursos pastables dispoñibles (herba e arbustos). Trátase dunha superficie case continua de praderías sementadas e/ou zonas arbus-tivas e forestais pastoreadas polo gando vacún; un claro exemplo de silvopastorismo, que raramente se pode ver na montaña galega e que pode servir como exemplo a fomentar e desenvolver noutras bisbarras de Galicia.

a montaña en fase de mudanza

As vacas son un elemento esencial

na recuperación

Panorámica da zona de Santalla-Cerredo 19

Page 20: DELAGRO Nace o Complexo Industrial Multidisciplinar para ...agaca.coop/wp-content/uploads/2015/08/revista-117wb.pdf · Caderno de divulgación técnica Número 117. Marzo 2014 DELAGRO

o proceso das mudanzas principais

Tradicionalmente o gando gardábase durante a noite nas cortes amarradas e tra-dicionais, os xatos mamaban dúas veces no día e os animais suplementábanse na corte, o que implicaba un traballo considerable para obter poucos ingresos. Pero, aumentar o rabaño esixía construír novas cortes ou aumentar as existentes o que era, e segue a ser, bastante custoso e practicamente imposible de financiar para as precarias economías labregas da zona, problemas legais á parte.

A mudanza principal produciuse cando para sobrevivir se fixo necesario aumentar o número de vacas reprodutoras, máis xatos para vender e percibir máis primas. A terra aproveitada era insuficiente, polo que algúns gandeiros facían e aínda fan transhumancia no verán aos montes da provincia de León, alugando terras de pastoreo nas montañas desa provincia, próximas a Galicia. Os traslados son a pé.

Entre outros, houbo dous feitos decisivos para superar o medo ás inclemencias climá-ticas e aos predadores (lobo): a instalación,

por parte do enxeñeiro agrónomo Fernando Veiga, dunha explotación de vacas de carne que soportaban sen problemas, o aire libre —nos arredores de O Piornedo, a 1.300 m de altitude—, e as duras condicións de chuvia, vento e neve característicos dos invernos daquela localidade, coñecida polas súas pallozas e a posta en marcha, en 1999, da explotación comunitaria SAT “A Capilla” de Vilaverde (Navia de Suarna) con 150 vacas de carne totalmente ao aire libre,que permitiu comprobar que os animais sopor-taban perfectamente a intemperie. Tamén foron importantes as numerosas charlas divulgativas de técnicos da OAC (Oficina Agraria Comarcal) de Becerreá; o labor da cooperativa de comercialización de gando, “A Carqueixa” e outros.

Probablemente, por todo isto cercáronse as fincas, introducíronse os comedeiros e bebedeiros móbiles e introduciuse o gando nas matogueiras para invernar e apro-veitar e modificar a vexetación arbustiva favorecendo unha maior implantación de plantas herbáceas. Isto supuxo utilizar máis territorio, mellorar a admisibilidade das parcelas para xustificar os Dereitos de

Pago Único (DPU) da PAC (Política Agraria Común), e ademais permitiu aumentar o número de vacas, percibir máis primas por vacas nutrices etc., e por tanto, as perspectivas dunha mellora económica das familias.

No inicio do proceso tiveron gran impor-tancia os investimentos do programa de implantación de pastos en montes veciñais en man común que se realizaron en Vilaver, Sevane, Santalla e Balgos, transformando matogueiras en praderías sementadas de longa duración, o que permitiu alimentar máis gando. Así mesmo, a maior carga gandeira permitiu aumentar a presión de pastoreo e estendela ás zonas próximas non transformadas, o que favorecía ás herbáceas, polo transporte e mellora da fertilidade do solo, grazas ás dexeccións dos animais.

Estas prácticas permitiron que cada ano se foran gañando para o pastoreo, novas superficies, incluso en zonas con maior pendente nas que a maquinaria conven-cional non traballa ou faino con moitas dificultades.

Cómpre salientar que, no caso da aldea de Cerredo, con cinco explotacións activas, as 117 has do Monte de Varas (dereito romano) partiuse en porcentaxes desiguais. Logo de anos de abandono e queimas, o monte xa se comezara a reutilizar no último lustro, invernando nel o gando que non collía nas cortes, suplementándoo no monte, con silo e herba seca. Pero, os veciños propietarios, cando dispuxeron das súas parcelas, decidiron actuar pola vía rápida e implantar praderías sementadas nas partes mais chás e controlar o mato das zonas de forte pendente.

Pastizais de Sevane Silvopastoreo

Vacas durante o inverno en Cerredo20

mar

zo 1

4a c t u a l i d a d e

Page 21: DELAGRO Nace o Complexo Industrial Multidisciplinar para ...agaca.coop/wp-content/uploads/2015/08/revista-117wb.pdf · Caderno de divulgación técnica Número 117. Marzo 2014 DELAGRO

bekina® botas pu PU

un LuJo XtRa paRa Los piesCada día sus pies aguantan mucho. Desde hoy, cuenta con las botas de seguridad Bekina® en poliuretano para trabajar en condiciones seguras y cómodas.

AGARRE PERFECTO: las botas Bekina® están SRC aproba-das minimizando así el riesgo de resbalones, tropiezos y caídas.RELACIÓN CALIDAD-PRECIO: í Terminadas las piernas pesadas y cansadas después de un largo día de trabajo! Las botas Bekina® parecen hechas a medida. Este merca-do exige un producto duradero, de buena relación precio- calidad y además la bota es confortable y segura para varias horas de trabajo con cualquier tiempo.

bekina® en La agRicuLtuRa

T 985 985 827 [email protected]

T 942521098 [email protected]

www.bekina.bewww.facebook.com/bekinaboots

Terminadas las piernas pesadas y cansadas

Pies calientes garantizados

Duradero

MÁS CONFORTABLESHorma más ancha

MÁS SEGURASPuntera más alta

MÁS ANTIDESLIZANTESMejor agarre (SRC aprobadas!)

DAN UN PASO ENERGÉTICOExtra ligeras

HORMA PERFECTAMateria flexible con toque suave

MEJOR AGARREMás antideslizantes (SRC aprobadas!)

os cercados como parte esencial do sistemaUnha vez establecido o plan de manexo máis acaído para cada explotación, para manexar todo o conxunto con comodidade, son imprescindibles cercados eficaces. No programa de pastos en montes veciñais en man común, financiouse a construción de cercas convencionais, pero as explotacións individuais optaron masivamente polos cercados electrificados, moito máis bara-tos e flexibles para o seu uso. As cercas eléctricas, doadas de instalar e moito máis manexables, permitiron recuperar facil-mente para o pastoreo as antigas terras de cultivo cun investimento moi pequeno, searas que noutros lugares están cubertas de mato.

a mellora sanitariaDende que vacas e xatos están ao aire libre, a sanidade das explotacións mellorou considerablemente, especialmente no que se refire ás crías. Constátase a práctica desaparición das diarreas provocadas por “escherichia coli” e que as neumonías, tan frecuentes nos xatos estabulados, teñen agora escasa incidencia. Non todo son vantaxes pois o parasitismo pode incrementarse aínda que o consumo de arbustos pode ter efectos antiparasitario. Outro aspecto negativo é que os animais que viven libres, son menos dóciles e por tanto mais difíciles de manexar.

Consideracións finaisAs mudanzas descritas permitiron que as condicións de traballo e a autoestima das persoas mellorase, que na actualidade sobrevivan 24 explotacións e que, en cada unha das aldeas queden 2-3 granxas de 30-50 vacas. A situación fronte á reforma da PAC é boa, con bastante superficie elixible para xustifi-car os dereitos de pagamento básico e sen problemas para xustificar as esixencias do greening.O que aconteceu nesta área pode ser-vir como exemplo demostrativo de que cando hai vontade de prosperar, tamén os territorios considerados marxinais, poden recuperar as actividades agrogandeiras nun mundo no que a demanda de alimentos é cada vez maior, o que significa claras oportunidades para as persoas que viven neles.

Eloi Villada,Enxeñeiro técnico agrícola 21

Page 22: DELAGRO Nace o Complexo Industrial Multidisciplinar para ...agaca.coop/wp-content/uploads/2015/08/revista-117wb.pdf · Caderno de divulgación técnica Número 117. Marzo 2014 DELAGRO

Garantía réxime de manexo tipo de animal % redución

G. Básica Accidentes

Extensivo doado controlReprodutor e Semental con carta

10%

Extensivo difícil control 10%

Bois Bois menores e maiores 10%

G. Básica Partos Explotación láctea Reprodutor 10%

G. Adicional Enfermidades Explotación cárnica Reprodutor 20%

G. Adicional Meteorismo Todos Todos 20%

Unha das características da comunidade autónoma de Galicia é a súa gran tradición gandeira. Así, no exercicio 2013 continuou sendo a comunidade que máis contratou o seguro de Explotación de Gando Vacún Reprodutor e de Recría, con case 3.900 pólizas que daban cobertura a máis de 265.900 animais.

Segundo o último estudo realizado por Agroseguro sobre o Índice de Calidade Percibida sobre o Seguro de Explotación de Reprodutores e Recría, un 82,9% dos gandeiros están satisfeitos ou moi satisfei-tos, valorándoo globalmente cun 7,46 entre unha puntuación de 0 a 10.

En canto á puntuación recibida en aspectos máis concretos, estes gandeiros puntúan cun 8,28 o servizo que reciben na contrata-ción. Igualmente alta é a cualificación cando nos centramos na tramitación de parte do sinistro cuxo servizo valoran cun 8,22, ou na atención que os peritos lles prestan no momento da taxación, que alcanza un 7,71.

Todos estes datos revelan a enorme importancia deste Seguro para o sector; para o que ano tras ano, se sitúa como un

instrumento clave para garantir as perdas dos animais nas explotacións, tal e como manifestan os mesmos gandeiros. Por iso Agroseguro, e todos os que participan no Sistema de Seguros, continúan traballando para que os seguros se adapten, cada vez mellor, ás necesidades dos gandeiros.

novidades

Así, para o exercicio 2014, este seguro incorpora novidades que poden resultar moi vantaxosas para os asegurados:

1. Permite fraccionar a prima do seguro en tres pagos, cando o custe a cargo do tomador sexa polo menos 600 euros.

2. As explotacións rexistradas nalgunha indicación Xeográfica protexida, poderán asegurar os seus animais a un valor maior, coa mesma consideración que as explotacións ecolóxicas.

3. Revisáronse as tarifas para este seguro con reducións que varían en función da garantía, do réxime de manexo e do tipo de animal:

Ademais tamén se reduciron as tarifas de Saneamento Gandeiro e Saneamento Gandeiro Extra ao estrato mínimo para explotacións lácteas.

4. Ás garantías adicionais que xa existían na campaña anterior, inclúese, para as opcións a e B, unha nova garan-tía adicional de “brote de mamite clínica”.

5. Para a cobertura de mamite da opción C, inclúense os animais cun só cuarterón afectado, e as mamites por fungos e levaduras.

Por outro lado, hai que destacar de forma moi positiva o esforzo que realiza o Ministerio de Agricultura Alimentación e Medio Ambiente para apoiar ao Sistema de Seguros como unha ferramenta clave para a xestión dos riscos aos que se enfronta o sector agropecuario. Esta situación queda demostrada co aumento das porcentaxes de subvención que concede aos gandeiros que contraten esta liña de seguro, ata un 50% no caso de asegurar gando de leite e ata un 41% para o gando de carne.

seguro para explotacións de gando vacún: novidades que melloran o custe a cargo do gandeiro

22

mar

zo 1

4i n f o r m a c i ó n c o m e r c i a l

Page 23: DELAGRO Nace o Complexo Industrial Multidisciplinar para ...agaca.coop/wp-content/uploads/2015/08/revista-117wb.pdf · Caderno de divulgación técnica Número 117. Marzo 2014 DELAGRO

PARA SUSCRIBIR SU SEGURO DIRÍJASE A: MAPFRE SEGUROS DE EMPRESAS • SEGUROS GENERALES RURAL • CAJA DE SEGUROS REUNIDOS (CASER) • AGROMUTUA-MAVDA, SDAD. MUTUA DE SEG. • MUTRAL, MUTUA RURAL DE SEGUROS • PLUS ULTRA SEGUROS • UNIÓN DEL DUERO, CÍA. DE SEGUROS • ALLIANZ, COMPAÑÍA DE SEGUROS • MUTUALIDAD ARROCERA DE SEGUROS • CASER MEDITERRÁNEO SEGUROS GENERALES • HELVETIA CÍA. SUIZA S.A. DE SEGUROS • BBVASEGUROS, S.A., DE SEGUROS • AXA SEGUROS GENERALES • GENERALI DE ESPAÑA, S.A. SEGUROS • ASEFA, S.A. SEGUROS • SEGUROS CATALANA OCCIDENTE • FIATC, MUTUA DE SEGUROS Y REASEGUROS • MGS SEGUROS Y REASEGUROS S.A. • CAJAMAR SEGUROS GENERALES S.A. • GES, SEGUROS Y REASEGUROS, S.A. • METRÓPOLIS, S.A. CÍA. NACIONAL DE SEG. • MUSSAP, MUTUA DE SEGUROS • MUTUA DE RIESGO MARÍTIMO • OCASO, S.A. DE SEGUROS • REALE SEGUROS GENERALES • SANTA LUCÍA, S.A. CÍA. DE SEGUROS

¡Estoy agroseguro!Estoy más que seguro...

Las enfermedades, los accidentes... son

muchos los riesgos a los que está expuesta

una explotación ganadera. Riesgos que pueden

arruinar tu negocio de la noche a la mañana.

Por eso cuando me preguntan si estoy seguro,

yo siempre respondo... ¡Estoy AGROSEGURO!

El seguro de los que están más seguros

Incluye como garantía adicionalel saneamiento ganadero

Consulte con su mediador de seguros

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

vacuno din A-4.pdf 1 10/02/14 16:59

Page 24: DELAGRO Nace o Complexo Industrial Multidisciplinar para ...agaca.coop/wp-content/uploads/2015/08/revista-117wb.pdf · Caderno de divulgación técnica Número 117. Marzo 2014 DELAGRO

Para facerse unha idea das necesidades desta explotación, Val do Toxa conta con 300 vacas, 87ha e 1.300.000 kg de cota. Dispón dunha nave con corte, leitería con tanques de 10.000 e 4.500 litros, sala con 24 puntos de muxido, sala de motores, almacén para forraxe e maquinaria de aproximadamente 525m2 e oficinas. Tamén ten un tractor con remolques e unha pala telescópica.

Coberturas adaptadas e aforro

Ademais do prezo competitivo, os socios de Val do Toxa destacan a profesionalidade do servizo de asesoramento. Aseguran que os técnicos de UCOGA coñecen en profun-didade a actividade agraria e explican con detalle as coberturas necesarias para que os profesionais do campo non se atopen con sorpresas desagradables.

ausencia da cobertura de Responsabilidade Civil de traballos no Seguro de Tractor, unha cobertura voluntaria que, cun custe mínimo, protexe aos tractores no desenvolvemento dos labores agrícolas.

Actualmente o Seguro de Tractor contra-tado por Val do Toxa garante a protección polos danos causados a terceiros durante o desempeño de todos os seus labores agrarios e, con todo, os socios indican que a póliza resultou un 50% máis económica. Tamén comentan que se logrou un aforro do 40% no Seguro de Pala Telescópica, ampliando a cobertura ás parabrisas.

En canto ao gando vacún, UCOGA tramitou para a cooperativa unha liña de contratación obrigatoria que cobre a retirada e xestión de cadáveres e outra que cobre a morte das vacas por accidente ou enfermidade. Dende Val do Toxa destacan a “gran utilidade”

os gandeiros de val do toxa valoran gratamente o asesoramento en coberturas de uCoGa

a cooperativa leiteira val do toxa, situada en silleda, contactou hai uns meses con uCoGa, a corretaxe especialista no medio rural, para revisar as cinco pólizas de seguros que usan na súa actividade profesional. a través da mediación de

uCoGa, os socios indican que lograron contratar pólizas con coberturas mellor adaptadas ás súas necesidades e un aforro próximo aos 2.500€ anuais. ademais, aseguran que a corretaxe xa lles xestionou tres sinistros de xeito rápido e eficaz.

Os socios da Gandería Val do Toxa confían en UCOGA a tramitación

directa dos sinistros, pois “encárganse de

todo de xeito rápido e eficaz”

UCOGA xestionounos unha póliza de tractor

que inclúe unha garantía adicional

que non tiña o noso anterior seguro e que descubrimos

cando, o ano pasado, provocamos un dano nun farol e resultou que non estabamos

cubertos

Dende UCOGA indican que, por falta de asesoramento ou despiste, é moi habitual a 24

mar

zo 1

4i n f o r m a c i ó n c o m e r c i a l

Page 25: DELAGRO Nace o Complexo Industrial Multidisciplinar para ...agaca.coop/wp-content/uploads/2015/08/revista-117wb.pdf · Caderno de divulgación técnica Número 117. Marzo 2014 DELAGRO

danos en maquinaria por valor superior a 30.000 €, principalmente por fallos eléctri-cos, segundo indican os socios de Val do Toxa. Foron tres os partes que tiveron que emitir e optaron, sempre, pola mediación de UCOGA, da que están “moi satisfeitos” xa que foi “moi profesional e áxil”. Aseguran que en ningún dos casos se superaron os trinta días entre a emisión do parte, a peritación e o cobro.

Fácil acceso

UCOGA ofrece os seus servizos en Galicia, Asturias e Cantabria dende as súas oficinas propias, as instaladas nas cooperativas asociadas e en AGACA. Tamén é posible contactar no teléfono 981 935 004, correo electrónico [email protected] ou a través da súa páxina web www.ucoga.es

O gando vacún está asegurado ante morte por accidente ou enfermidade

O tractor e a pala están protexidos durante a realización de todos os labores

Todas as instalacións e maquinaria están cubertas ante posibles accidentes

desta segunda liña, de carácter voluntario, xa que ante un contratempo que repercuta na morte ou sacrificio de animais estarán protexidos. Entre ambas liñas os socios afirman ter aforrado un 10%.

Asegurar as instalacións é

voluntario, pero moi recomendable para estar tranquilos ante

imprevistos coma os que nós tivemos

recentemente

Por último, tanto as instalacións como a maquinaria que conteñen están cubertas a través dunha única póliza na que indican que obtiveron unha redución do 30% no prezo.

Xestión de sinistros

UCOGA é consciente de que a xestión dun sinistro, aínda que estea axeitadamente cuberto, é sempre unha situación delicada que pode provocar retrasos ou incomodi-dades no desenvolvemento da actividade. UCOGA inclúe nos seus servizos a posibi-lidade da mediación directa coa compañía aseguradora para que o afectado poida seguir cos seus labores, sen preocuparse por nada.

O clima tan adverso deste ano provocou

danos na explotación de elevada cuantía. UCOGA respondeu rápido, encargouse

de toda a tramitación dos sinistros, e

compensou as perdas correctamente

Dende a contratación das pólizas, as fortes tormentas dos últimos meses afectaron ás instalacións da cooperativa producindo

25

Page 26: DELAGRO Nace o Complexo Industrial Multidisciplinar para ...agaca.coop/wp-content/uploads/2015/08/revista-117wb.pdf · Caderno de divulgación técnica Número 117. Marzo 2014 DELAGRO

Actualmente conta con 850 viticultores propietarios de 380 hectáreas que miman as súas pequenas explotacións creando 850 fincas delimitadas ou “pagos”, que representan aproximadamente o 40% da produción da Denominación de Orixe Valdeorras.

O viño monovarietal Pingadelo (godello e mencía) e o plurivarietal Rúa (branco e tinto), son os buques insignia da bodega. “Rúa foi o primeiro en saír ao mercado e Pingadelo, primeiro monovarietal de mencía de Galicia, marcou o cambio cara á filosofía dos viños autóctonos monovarietais”, indica o enólogo da bodega Julio Ricarte. A cooperativa tamén produce o “gourmet” branco Amavía e o Marquesiño branco e tinto.

A principal fortaleza da cooperativa é o seu profundo

respecto polo froito da viña, o traballo dos viticultores e a terra, que se manifesta na

calidade dos seus viños

Pancarta do 50 Aniversario, con foto real onde posan algúns dos primeiros socios

Bodega Cooperativavirgen de las viñas cumpre 50 anos

Corría o ano 1964 cando un grupo de 468 viticultores pertencentes aos concellos ourensáns da rúa, petín, vilamartín e o Bolo asumiron o risco de apostar polo viñedo como un modo de vida digno no medio rural, con visión de futuro de cara ao desenvolvemento sostible da zona, de xeito que o proxecto vitivinícola puidese ser continuado pola súa descendencia. Confianza, convencemento, esforzo, dedicación e un investimento inicial de algo máis de 600.000 euros, unha cantidade nada despreciable para a época, deron lugar á Bodega Cooperativa virgen de las viñas, unha adega que forma xa parte da historia vitivinícola da comarca de valdeorras e de Galicia.

26

m u n d o c o o p e r a t i v om

arzo

14

Page 27: DELAGRO Nace o Complexo Industrial Multidisciplinar para ...agaca.coop/wp-content/uploads/2015/08/revista-117wb.pdf · Caderno de divulgación técnica Número 117. Marzo 2014 DELAGRO

Na súa aposta pola tradición e a sos-tibilidade, Virgen de las Viñas leva 18 anos realizando unha reestruturación do viñedo, recuperando variedades autóctonas de godello e mencía, adaptadas ao terreo, que xa se atopan a pleno rendemento. As viñas autóctonas, novas e vellas, ocupan a maioría das hectáreas de cultivo segundo indican dende a cooperativa.

pingadelo recupera a súa imaxe orixinalEntre as accións para celebrar o medio século de actividade cos seus clientes, a bodega vén de renovar a imaxe do seu Pingadelo, “o viño das grandes ocasións”, inspirándose na primeira etiqueta de 1981, deseñada polo cineasta e publicista ouren-sano Eloy Lozano, falecido en 2009.

O deseño das características pingas foi moi revolucionario na súa época, rompendo esquemas en contraste coas habituais etiquetas de tipo heráldico.

un espumoso moi especialA cooperativa leva máis dun ano ela-borando un viño espumoso con uvas da variedade godello. A edición conta con 1.000 botellas de 750 ml que se destinarán principalmente a celebrar o aniversario con socios, directivos, clientes e amigos. Tamén se comercializarán, pero serán as menos, pois apenas alcanzarán os dous centenares.

O proceso de elaboración, segundo indica o enólogo, segue un método antigo que consiste en embotellar antes de que o viño termine a fermentación alcohólica para que a remate na botella, sen engadir nada máis, o que realza as características propias da uva, a zona e a terra.

Actualmente as botellas de espumoso atópanse en fase “durminte” ou de fer-

mentación. Xa se fixo unha pequena cata para probalo con bo resultado, pero haberá que esperar a maio de 2014 para realizar o “degüelle” definitivo, no que se cambiará a chapa actual polo corcho.

premios

Entre os premios máis recentes, Ricarte destaca a Medalla de Plata que recibiu o Pingadelo Godello na cata internacional Zarzillo 2013; a de Ouro concedida ao Rúa Tinto na cata nacional Mezquita 2013; o Bacchus de Prata outorgado ao Amavía na cata internacional Bacchus 2012 e a Medalla de Prata recibida polo Pingadelo Godello na cata nacional Mezquita 2012.

Lembramos o recoñecemento de Parker con moito

cariño, pero o premio máis importante para nós é, sen dúbida, o que nos dan os nosos clientes cando elixen os nosos viños para

gozar con eles

Julio Ricarte, enólogo da cooperativa

Non se pode esquecer que, no 2011, a prestixiosa Guía Parker deu unha altísima puntuación ao Rúa Branco situándoo entre os mellores viños de España, o que dotou á marca de gran popularidade internacional. Trátase dun fito histórico xa que é un viño que se vende a un prezo económico,

algo que non adoita ser habitual na citada clasificación internacional.

A fama acadada con esta mención reper-cutiu nunha gran cantidade de pedidos do Rúa Branco, e “o que é mellor, que os clientes repiten, realizando encargos de ano en ano”, indica o enólogo. Ademais de “potenciar as vendas” en varios países europeos, Estados Unidos e Canadá, a popularidade lograda tamén lles valeu para “chegar a novos mercados como o xaponés, onde os importadores tamén repiten”.

FuturoOs socios da cooperativa Virgen de las Viñas asumen a obriga de producir viños que satisfagan completamente as expectativas dos seus clientes en todos os seus mercados, con todas as garantías de seguridade alimentaria, respectando os cada vez máis estritos controis legais. Tamén seguirán traballando na redución do impacto ambiental da súa actividade e continuarán baseando as relacións cos clientes, provedores, socios e traballadores na ética profesional e laboral.

Dende AGACA damos a noraboa á coope-rativa Virgen de las Viñas e desexámoslle éxito para o futuro.

Os viñedos de godello e mencía do Bolo son dos máis antigos da cooperativaA edición especial de viño espumoso actualmente

está en proceso de fermentación en botella

A recuperación da etiqueta

antiga de Pingadelo,

mencía e gode-llo, simboliza a súa aposta pola tradición 27

Page 28: DELAGRO Nace o Complexo Industrial Multidisciplinar para ...agaca.coop/wp-content/uploads/2015/08/revista-117wb.pdf · Caderno de divulgación técnica Número 117. Marzo 2014 DELAGRO

necesidades e prácticas de cultivo do grelo(II PARTE)

Foto1. Sementeira en liña do grelo28

mar

zo 1

4d i f u s i ó n t é c n i c a

Page 29: DELAGRO Nace o Complexo Industrial Multidisciplinar para ...agaca.coop/wp-content/uploads/2015/08/revista-117wb.pdf · Caderno de divulgación técnica Número 117. Marzo 2014 DELAGRO

O cultivo gusta de solos ricos en materia orgánica con alta fertilidade e sen inun-dacións. Debido á diversidade de tipos de solos e niveis de fertilidade de cada un deles faise imposible establecer unha “receita” xeral de plan de adubado.

A localización das fincas inflúe moito nas producións debido a que é un cultivo que soporta mal as xeadas repetidas polo que é mellor escoller sempre fincas abrigadas e con exposición ao sol nacente.

A sementeira adoita facerse sempre a volea, previo laboreo que prepare e alise a cama de sementeira. Posteriormente ao reparto da semente realízase un labor de angazado lixeiro para facilitar o contacto desta co solo pero sen afondar. No seu momento utilizouse tamén a sementeira en sucos (ver Foto 1) separados entre si 0,35-0,40 m pero actualmente está en desuso, aínda que este podería ser un sistema interesante para realizar futuros estudos sobre a mecanización da recolección.

É fundamental no momento da sementeira que o solo posúa un bo tempero (nivel de humidade) en calquera dos métodos de sementeira para facilitar a xerminación da semente porque, en caso contrario, prodúcense numerosos fallos nesta. A dose de sementeira é variable pero, en xeral, podemos dicir que se o reparto é uniforme, con 8 kg de semente/ha adoita ser suficiente; se dita dose se incrementa moito, os labores de aclareo posterior do cultivo aumentan e, polo tanto, tamén o custe de produción.

A recolección do grelo —consistente na selección de follas e lavado—, é un punto clave, xa que carrexa un gran número de horas de traballo que inflúen negativamente nos custes de produción. Ademais de todo isto, o traballo realízase nunha posición incómoda (agachado) e sempre nas pri-

meiras horas da mañá, con temperaturas xeralmente moi baixas ou chuvia.

A recolección con altas temperaturas mucha as follas rapidamente, perdendo tersura e valor comercial. Se se realiza a última hora da tarde, o ideal é poñelas en lugar fresco e húmido durante a noite e en posición horizontal para evitar dobreces no talo que deprecian o seu valor. En xeral unha persoa experimentada na recolección e posterior preparado, non pode atender ao seu cargo máis alá de 2.500 - 3.000 m2, dato obtido das sucesivas enquisas realizadas a greleiros de diversas zonas.

No que se refire á problemática de pragas, enfermidades, fisiopatías, etc.., dicir que o grelo é moi sensible á seca dende a sementeira ata as primeiras semanas de desenvolvemento, a partir de aquí os maio-res problemas poden darse polo ataque da mosca da semente, paxaros e caracois despois da xerminación. Coa nabiza ou o grelo desenvolvidos hai que estar atentos ás eirugas «verdes» dos distintos xéneros que poden atacar ao grelo e provocar danos

cuantiosos en moi pouco tempo. Non é conveniente tampouco sementar en terreos que tiveran problemas de ataques de gusa-nolados grises e brancos porque gustan das crucíferas, ás que pertence o grelo.

A mosca da col (Delia radicum) tamén pode causar importantes danos posto que a súa larva se alimenta das raíces novas e do interior dos talos, desecando posteriormente a planta. A falsa potra da col (Phyllotreta crucifera) pode producir danos pola gran voracidade do seu adulto, o escaravello negro (Foto 2).

No que atinxe ás perdas de produción polo ataque de fungos e outras enfermidades, o grelo é moi sensible á mancha negra (Alternaria brassicicola) (Foto3) que adoita confundirse moitas veces coas queimaduras por xeadas ou incluso con síntomas de seca e de golpe de sol. A potra ou hernia da col é unha enfermidade moi grave que ataca ás raíces das plantas, con difícil solución na maioría dos casos. Afortunadamente adoitan gustarlle máis outras crucíferas como as coles, coliflores, etc.

Foto 2. Ataque da falsa potra da col en crucíferas. Fonte: Forestry Images, 2006. 29

Page 30: DELAGRO Nace o Complexo Industrial Multidisciplinar para ...agaca.coop/wp-content/uploads/2015/08/revista-117wb.pdf · Caderno de divulgación técnica Número 117. Marzo 2014 DELAGRO

Outros fungos como o caso da Sclerotinia sclerotiorum que causa a podremia do talo ou bacterias como as Xanthomonas campestris pv. campestris (podremia negra) (Foto 4) poden causar tamén importantes danos se non se está atento aos primeiros síntomas.

Calidades nutricionais

De todos é coñecida a inclusión do grelo en dietas adelgazantes polo seu alto contido en auga e a súa achega calórica, ademais do seu efecto laxante. É rico en proteínas, sodio, ferro, calcio, potasio e provitamina A. Todo isto fai que sexa moi positivo para a activación das defensas inmunitarias, aumentando a resistencia a infeccións, pre-vindo catarros e enfermidades cardiovascu-lares, entre outros. Como se observa, a súa incorporación á nosa dieta leva consigo múltiples vantaxes.

Os grelos posúen un alto contido de glucosi-

natos e de compostos fenólicos antioxidan-tes, todos eles con efectos positivos para a saúde na prevención de enfermidades cardiovasculares e dalgúns tipos de cánce-res. O cociñado escaldado destes vexetais diminúe a dispoñibilidade dos glucosinatos antes citados. Téñense atopado relacións entre o menor contido de glucosinolatos nas follas do grelo, por factores ambientais e de solos, e o maior ataque de certas pragas (lepidópteros) (Cartea et al.).

opinión

É evidente o auxe do consumo do grelo en toda España en parte debido, como xa comentamos, ao gran desenvolvemento da

restauración de calidade no noso país e tamén á maior preocupación por parte da poboación en todo o referente á alimenta-ción sa, dietas, etc..

O maior problema ao que se enfronta o cultivo do grelo é a dificultade da súa recolección e preparación en campo, que xera grandes sobrecustes de explotación. Debido a isto é fundamental que, ademais da venda do grelo fresco, os produtores deriven as súas producións á comerciali-zación do grelo en conservas, desecados e outras preparacións que traian consigo un valor engadido importante ao produto ademais da facilidade para o seu consumo fóra de temporada con estes tratamentos.

Case toda a bibliografía científica existente sobre o grelo a nivel nacional baséase no estudo do seu valor nutricional; bótase de menos o desenvolvemento de estudos agronómicos serios en todo o referente a producións segundo variedades, ciclos, etc., ao igual que de extraccións de nutrientes do solo para realizar cálculos fiables de adubados e de previsións de produción para a industria. Outro capítulo pendente sería o de abordar posibles melloras na recolección mediante estudos de mecanización se fosen posibles, co fin de abaratar custes de man de obra e poder desta forma cultivar en fincas de maior extensión con mellores rendementos de traballo.

Fernando LeisEnxeñeiro Agropecuario e do Medio Rural

Foto3 Dano por alternaria en crucíferas. Fonte: Forestry Images, 2006.

Foto 4. Enfermidade do pé negro en brassicas. Fonte: Universidade de Luján, Bos Aires30

mar

zo 1

4d i f u s i ó n t é c n i c a

Page 31: DELAGRO Nace o Complexo Industrial Multidisciplinar para ...agaca.coop/wp-content/uploads/2015/08/revista-117wb.pdf · Caderno de divulgación técnica Número 117. Marzo 2014 DELAGRO

aGaCa impartirá cursos de fitosanitarios, benestar animal e aforro enerxético Continuando co seu labor na xestión e impartición de formación de calidade no medio rural, AGACA ofrece tres cursos enfocados a agricultores e gandeiros profesionais.

O carné de APLICADOR/MANIPULADOR DE PRODUTOS FITOSANITARIOS NIVEL BÁSICO é requisito obrigatorio para todos os agricultores e gandeiros que usen produtos fitosanitarios na súa actividade profesional. Tamén é obrigatorio para o manexo e transporte de gando o carné de BENESTAR ANIMAL. AGACA é entidade homologada pola

Consellería do Medio Rural e do Mar para a impartición de ambas accións formativas.

O curso básico de AFORRO ENERXÉTICO E ENERXÍAS RENOVABLES trátase dunha acción formativa novidosa que ensinará aos alumnos cómo optimizar o gasto enerxético na súa explotación agro-gandeira. Será impartido por técnicos de AGACA especialistas na realización de auditorías enerxéticas nas explotacións.

máis obradoiros de emprendemento

Cooperativo a través da rede eusumo

aGaCa impulsa a Comercialización e internacionalización nas cooperativas

AGACA impartirá o “Obradoiro de Emprendemento Cooperativo no Medio Rural: oportunidades de negocio” os próximos meses en varios centros da Rede Eusumo: Caixa Rural Lugo, Fundación Terra de Trasancos (Narón), Cámaras de Comercio de Vigo, Santiago, e na Universidade de Santiago de Compostela. Xeración e maduración de ideas, casos de éxito, plan de empresa, marketing e axudas públicas son algúns dos principais contidos.

Como novidade, organizarase o obradoiro “A fór-mula cooperativa como empresa” en Lugo, Vigo e A Coruña para tratar conceptos empresariais máis específicos, o regulamento cooperativo, as habi-lidades directivas, a participación e liderado das mulleres, a comercialización e o plan estratéxico.

Tamén se seguirá divulgando o cooperativismo en Institutos de Ensino Secundario e Ciclos Formativos de Galicia. Estas accións formativas están dirixidas a todos os interesados con espírito emprendedor e enmárcanse na Rede Eusumo, impulsada dende a Consellería de Traballo e Benestar.

aGaCa e la Caixa asinan un convenio de colaboración

O principal obxectivo deste acordo é permitir ás cooperativas o acceso a produtos financei-ros en condicións preferentes, ademais de ofrecer novas alternativas de financiamento da actividade empresarial do sector para facilitar, entre outras cousas, o acceso ao crédito. O convenio asinouse en xaneiro e plasma a aposta de “la Caixa” polo sector agrario, ao que presta atención especializada dende as súas 1.064 oficinas agrarias.

Tamén se organizou un Seminario con “La Caixa” para informar sobre os apoios financeiros á internacionalización das cooperativas.

Durante o mes de xaneiro, AGACA organizou dúas xornadas para estratexias conxuntas de promoción comercial, tanto a nivel nacional como internacional.

Entre as accións comerciais acordadas, destaca a realización dunha Misión Comercial Directa e/ou Inversa a Europa e un curso de formación profesional especializada no marco do programa “MasComex” da Universidade de Santiago de Compostela.

Estase estudando a posibilidade da distribución interna dos produtos alimentarios das cooperativas nas súas propias tendas a través da loxística desenvolvida por Máis Galicia e MercaRural. Tamén se seguirá participando en feiras gastronómicas, catálogos comerciais, etc.

31

b r e v e s

Page 32: DELAGRO Nace o Complexo Industrial Multidisciplinar para ...agaca.coop/wp-content/uploads/2015/08/revista-117wb.pdf · Caderno de divulgación técnica Número 117. Marzo 2014 DELAGRO

en Xantar 2014 degustáronse produtos de

cooperativas socias

Fórum Gastronómico Coruña’14 acolle

unha degustación de produtos cooperativos

A 15ª edición deste encontro que acolle a cidade de Ourense vén de converterse na única feira turístico-gastronómica de España que ten o selo de Feira Comercial Internacional concedido polo Ministerio de Economía e Competitividade.

Celebrada entre o 5 e o 9 de febreiro no recinto de Expourense, a Feira recibiu 20.000 visitantes e os seus 18 restaurantes ofreceron 17.000 comidas e ceas. Contou con 179 expositores e 26 talleres de cociña en directo, impartidos por cociñeiros galegos, portugueses e de Cuba, país invitado. En total súmanse máis de 130 actividades gastronómicas gratuítas.

Varias cooperativas socias de AGACA promocionaron os seus produtos no expositor habilitado polo Consello Galego de Cooperativas e ofreceron degustación dos mesmos: Bodegas Eidosela (viño), Biocoop (carne ecolóxica), Campo Capela (requeixo), Condado Paradanta (queixo e mel), Erica Mel (mel), Granxa O Cancelo (leite e xeados), Máis Galicia (distribución alimentaria) e, Jesús Nazareno (viño) e Viña Moraima (viño). A organización contou coa implicación de Coren, tamén socia de AGACA, entre outras empresas e entidades colaboradoras.

Dende hai máis de dous anos, a cooperativa Vitivinícola do Ribeiro desenvolve, en colaboración con AFAOR (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Ourense), o proxecto solidario “Viña Costeira Rural Alzheimer”. A través desta iniciativa, as instalacións da bodega en Valdepereira, Ribadavia, póñense ao servizo das familias do Ribeiro para apoialas con este problema.

Para colaborar no seu financiamento, o pasado Nadal, a bodega puxo á venda 468 botellas únicas de Lua Jazz “Brut Nature”, un viño espumoso con cinco anos de envellecemento. As placas cubre cortiza desta colección están decoradas polos enfermos de Alzheimer que participaron nos talleres de estimulación.

Celebrado entre o 23 e 25 de febreiro en Expocoruña, o evento contou con máis de 21.000 visitantes. O Consello Galego de Cooperativas facilitou un stand para a promoción dos produtos das cooperativas e organizou dúas actividades gastronómicas co fin de amosar os sabores e potencialidades dos mesmos.

A primeira foi unha cata de viños cooperativos dirixida pola sumiller Mercedes González e, a segunda, un menú degustación preparado por Flavio Morganti, cociñeiro de orixe italiana afincado en Ourense que fusiona a cociña galega coa súa experiencia noutros países.

As cooperativas participantes, na súa maioría socias de AGACA, foron: Biocoop (carne de terneira ecoló-xica); Monte Cabalar (carne de poldro); Campo Capela (requeixo e queixo); Condado-Paradanta; (queixo e mel); Jesús Nazareno (viño); Bodegas Eidosela (viño); Viña Moraima (viño); Granxa O Cancelo (leite e xeados); Vicogalo (galo celta); Frugal (froitas deshidratadas); Milhulloa (especias); Máis Galicia (peixe e marisco) e Artesáns da Pesca (peixe).

viña Costeira continúa apoiando accións solidarias

32

b r e v e sm

arzo

14

Page 33: DELAGRO Nace o Complexo Industrial Multidisciplinar para ...agaca.coop/wp-content/uploads/2015/08/revista-117wb.pdf · Caderno de divulgación técnica Número 117. Marzo 2014 DELAGRO

Unha sucesión de máis de sete borrascas afectou intensamente a Galicia durante xaneiro e febreiro provocando danos nas instalacións das explotacións agrarias, especialmente nos invernadoiros, anegando os solos e dificultando as tarefas agrícolas. Á espera da valoración definitiva, as cooperativas de horta estiman perdas directas por un valor mínimo de 300.000€.

Pola súa banda, Miguel Arias Cañete, ministro de Agricultura, valora o total de danos na Cornisa Cantábrica (Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco) en 108 millóns de euros, dos cales uns 21,5 millóns de euros afectan só a costas e deberán ser asumidos polo Estado. Os datos proveñen da análise do Consorcio de Compensación de Seguros e inclúen infraestruturas públicas e privadas.

os temporais en Galicia provocaron importantes danos

Bodegas martín Códax crece un 14% en 2013

cunha facturación de 18 millóns de euros

albariño pazo Baión distinguido co Gran Oro

FeiraCo animou a vivir o entroido dun xeito especial

O grupo Bodegas Martín Códax, con sede en Cambados, pechou o exercicio 2013 cunha facturación de 18 millóns de euros, dous millóns máis que o ano anterior, o que supón un crecemento total do 14%. Este crecemento débese especialmente ás vendas no mercado exterior, que aumentaron un 50% en 2013, supoñendo o 60% da facturación total do grupo.

Fiel á súa aposta pola cultura, a cooperativa recente-mente entregou os premios “1000 caminos”, clasifica-dos nas categorías de microrrelato, fotografía e lugar secreto, a peregrinos do Camiño de Santiago. Entre os premios recibidos máis recentes destaca a clasificación de Mara Martín para a competición de “Los Mejores Vinos Españoles”de “La Nariz de Oro”.

A Guía de Viños, Destilados e Bodegas de Galicia, dirixida por Luis Paadín, outorgaba, no pasado mes de decembro, a distinción Gran Oro ao albariño Pazo Baión. Tamén recibía 93 puntos na Guía Peñín e 93 puntos na Guía Proensa, situándose así entre os viños mellor puntuados destas guías.

Cunha produción limitada de 40.000 botellas, o exclusivo Albariño Pazo Baión elabórase baixo o concepto de viño de pago, é dicir, exclusivamente coas uvas da finca Pazo Baión (Vilanova de Arousa).

“Vive a aventura do Entroido” e “Maiores e pequeniños, todos ben disfrazadiños” foron os lemas empregados pola cooperativa leiteira na promoción lanzada con motivo da celebración do Entroido en Galicia, que tivo os seus días grandes do 1 ao 4 de marzo.

A campaña incluiu máis de dous millóns de envases “disfrazados” personaxes de aventuras, como piratas, sheriffs ou superheroes; un concurso de receitas de entroido e outras accións de publicidade exterior, en medios dixitais, web propia (www.feiraco.es) e redes sociais da cooperativa.

33

Page 34: DELAGRO Nace o Complexo Industrial Multidisciplinar para ...agaca.coop/wp-content/uploads/2015/08/revista-117wb.pdf · Caderno de divulgación técnica Número 117. Marzo 2014 DELAGRO

maKHtesHim aGan crea a marca adama

a nivel mundial

Cooperativas agro-alimentarias de españa aplaude o

enfoque do plan nacional de desenvolvemento rural de cara á

integración cooperativa

siGFito premia o aforro en papel coa utilización doalbará dixital

Makhteshim Agan Industries, líder mundial en solucións fitosanitarias, anunciou recentemente a transición á nova marca global, ADAMA a partir do mes de abril. O proceso levarase a cabo a nivel internacional, con lanzamentos graduais por países e completarase en 18 meses, período, durante o cal, a empresa pretende reducir o número de marcas locais e simplificar a estrutura de produtos.

En 2012, os ingresos da empresa superaron os 2.830 millóns de dólares estadounidenses, polo que se situou como a sétima compañía mundial no sector agroquímico.

Nunha reunión mantida en xaneiro, o Consello Reitor de Cooperativas Agro-alimentarias de España e Miguel Arias Cañete, Ministro de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, analizaron a Lei de Integración Cooperativa, a reforma da PAC, a fiscalidade, a internacio-nalización e os custes enerxéticos, entre outras cuestións que afectan directamente ás empresas cooperativas.

A Confederación recoñeceu o papel esencial do Ministro na Lei de Integración Cooperativa e trasladou a necesidade de que esta conte cun presuposto suficiente e unhas liñas de actuación axeitadas, que usen de forma intelixente os mecanismos da nova PAC. En concreto, insistiu en que será crucial que os Plans de Desenvolvemento Rurais autonómicos sexan coherentes e complementarios ao Plan Nacional de Desenvolvemento Rural para que axuden á implantación da Lei de Integración Cooperativa.

SIGFITO obsequiou con 10 Ipads mini a 10 puntos de recollida de envases agrarios que só emitiron, aos agricultores, albarás en formato dixital, conseguindo un importante aforro enerxético e económico, xa que, ademais de aforrar papel e tempo, o formato dixital permite conservar o albará na base de datos, algo útil para o agricultor xa que segundo o Real Decreto de Uso Sostible, está obrigado a gardar este documento como mínimo durante tres anos.

As empresas e cooperativas foron elixidas por sorteo de entre unha lista de máis de 400 participantes que pasaron ao sistema electrónico grazas a unha campaña de comunicación específica de SIGFITO realizada de xullo a decembro de 2012.

34

b r e v e sm

arzo

14