FANZINE 2010

6
ENDL IES LAGOA DE ANTELA 2009-2010 CHOVE pra que eu soñe… ENDL IES LAGOA DE ANTELA 2009-2010 CHOVE pra que eu soñe…

description

ARTIGOS E FOTOS

Transcript of FANZINE 2010

Page 1: FANZINE 2010

E

ND

L I

ES

LA

GO

A D

E A

NT

EL

A 2

00

9-2

01

0

CHOVE pra que eu soñe…

EN

DL

IE

S L

AG

OA

DE

AN

TE

LA

20

09

-20

10

CHOVE pra que eu soñe…

Page 2: FANZINE 2010

E

ND

L I

ES

LA

GO

A D

E A

NT

EL

A 2

00

9-2

01

0

CHOVE pra que eu soñe…

EN

DL

IE

S L

AG

OA

DE

AN

TE

LA

20

09

-20

10

CHOVE pra que eu soñe…

LENDAS DA BISBARRA LIMIÁ

Nun lugar que pertence a Sandiás hai unha torre chamada

Torre do Castro e nela atópase un pozo que comunica tres torres:

a do Castro, a de Porqueira e a da Pena. A lenda narra que se na

Torre do Castro tiras un ave de curral coma unha pita ou un pavo

nese intre aparecerache o demo para levarte ao mundo das som-

bras, máis coñecido coma o INFERNO.

Miguel García

Conta a lenda que unha vez hai moito tempo un home pasou

cabalgando por diante do Penedo de Nocelo da Pena e viu unha

moura que estaba escollendo unhas pebides de ouro que tiña no

chan sobre unha manta. Ela díxolle que se detivese e preguntou-

lle se quería un pouco, o home asentiu e a moura preguntoulle se

quería un puñado ou unha fanega e el, que era moi avarento,

díxolle que prefería a fanega. Foi por esa medida ´casa e, cando

voltou, a moura xa desaparecera.

Roi Salgado

O Penedo do Arangaño

Conta a lenda que no penedo situado no monte do Arangaño,

na aldea de Perrelos, vivía unha moura á que chamaban Doura-

da. A todo aquel que pasara por alí e non lle botara nada de va-

lor, a moura iríao visitar pola noite e levaríao con ela e non o vol-

verían ver nunca máis.

Belén Sotelo

A Raíña Loba

Era unha muller metade loba e metade muller. Vivía nun

penedo onde tiña de escravos os mouros, e se algún destes a

traizoaba eran sacrificados no Penedo das fatigas. Para comer

os veciños debíanse pór de acordo porque cada semana un

deles debíalle dar unha vaca. Os veciños, fartos da tiranía dela,

decidiron darlle morte. Morreu asasinada polos de Peixeiros.

Brandon Barreiro, José Antonio Andrade

A Raíña Loba

Lembran que hai moitos anos na miña aldea había unha

muller chamada a Raíña Loba. Esta tiña tanto poder que con-

seguía o que quería. Un día os veciños preguntáronlle cando

se marcharía e ela díxolles “o día que a Serra do Larouco dea

centeo”. Os veciños araron un anaco da serra e plantaron alí o

centeo pero non naceu. E entón un día cargaron os carros con

centeo para subilos á serra e á mañá baixaron para chamala e

que vise os carros cheos de centeo e crese que a serra dera

centeo. Así o fixeron e ela creuno e díxolles que marcharía

porque así o dixera e marchou para unha aldea chamada A

Magdalena”.

Álvaro Moure

Page 3: FANZINE 2010

E

ND

L I

ES

LA

GO

A D

E A

NT

EL

A 2

00

9-2

01

0

CHOVE pra que eu soñe…

EN

DL

IE

S L

AG

OA

DE

AN

TE

LA

20

09

-20

10

CHOVE pra que eu soñe…

Ola a todos! Quixemos neste último ano de instituto facer una sín-

tese das que nos pareceron as mellores marabillas que soltaron aquí os nosos excelentísimos profesores e compañeiros. E co seu permi-so, e sen intención de ofender a ninguén, procedemos. Mantemos o anonimato de autores de certas citas debido a posibles represalias! Esas clases de bioloxía tan tan didácticas! As que máis! Os espermatozoides necesitan enerxía para desprazarse (José A.) É q os meus son algo tontos (alumno) Si, os dil saen, póñense en fila india e volven entrar! (alumna) Eso é un lagarto? (alumna) Non... é un corazón… Pobre profe, co que a il lle gusta pintar… Oroxenos da península? Os andes! (alumna) Que é o magmatismo? É isto dos imáns… Magmatismo, non magnetismo… Que é iso que recobre os réptiles, branquias?(a alumna do lagarto-

Non muller, escamas… Non son máis perigosas as avalanchas de lava que as coadas de lava? (alumna)

Pero as avalanchas non son as dos elefantes?(a esta alumna ídela ver moi a miúdo, hehe)

Escoitando o submarino amarelo en ccmc, (tiña relación coa nano-tecnoloxia) – boh! Estes fano fatal (alumno) Pois estes homes foron un exemplo de boa música…(Mar) Pero se non son os Beatles!(alumno) Ai non?(Mar) (-os Beatles non deixaban bigote (alumna)) As clases de galego e os debates que nela se discuten deixaron gran-des pegadas nas nosas cabezas. A ver, que sería che no enunciado échevos una película de mer…

Da!(alumna) De medooo! (alumno) É que todo está pensado, e para que prestedes atención!(profe) Esta mesma escusa cando soltou esta perla. Pero vós nunca vos debanastes os sexos…? O bloque occidental, León, Asturias, Zamora… Andalucía! (o alumno do baleiro!)

A filosofía da Conchi deixaba moita oportunidade para que os propios alumnos as botásemos grandes! E ela tamén!

O fragmento é un pouco difícil de entender por esta última frase que puxeches. Se non puxeras esta ultima frase non teriamos dúbi da…(alumna)

Bueno, que eu non puxen esto, eh? Que o puxo o paisano este! (pobre Rosseau!)

E agora variados… Tenho vontade de fazer chi chi (una muller nun coche co seu mari-do no medio dun deserto) Mas não tem…(stora)

Papel!(alumna) Casa de banho! (stora) Que imaxe escollerías para a portada dun periódico? Si (c en ingles) Como que si, elíxea!(alumno dos espermatozoides lentos…) Eso non é unha correa? Polea! Correr voute correr eu a ti!(Eulalia) E estas faltas? Fun facer una vacuna (alumna prodixio) With c (si) or D (di)? Di di dido!(alumna facéndolle a punheta a outra) Cando un barco naufraga, os náufragos tenden a beber a auga do mar, cando se non queren deshidratarse o que tenhen que facer é beber os ourinhos.

E como colles os ourinhos no mar? Que levas, un frasco?

Eso si, se houbo una clase na que non parabas de rir, esa era lingua castelá!

Sabéis lo que es la movie road? É eso das películas de Hollywood de ir dúas pijas en descapota-

ble… Bueno, pues eso lo inventó Cervantes con don Quijote! Ah...

E un apartado especial para os castelanismos! Por eso se lle bota sal as carreteiras!(Ana Sarria) Me entendedes?(Mar) Os sentementos (Luis) A análise brila pola súa ausencia (Manuel)

Page 4: FANZINE 2010

E

ND

L I

ES

LA

GO

A D

E A

NT

EL

A 2

00

9-2

01

0

CHOVE pra que eu soñe…

EN

DL

IE

S L

AG

OA

DE

AN

TE

LA

20

09

-20

10

CHOVE pra que eu soñe…

Imaxinemos que tres nenos, infantís e inocentes, dentro da falsa

inocencia dos nenos, chegasen a un instituto, que pode ser este ou outro calquera. Os rapaces están rodeados dunha burbulla, sendo esta invisible, imperceptible, case inexistente. A burbulla sepáraos de todo aquilo que os rodea, protéxeos dos problemas, proporciónalle seguridade, esperanza. Pero estes tres nenos non se dan conta de que non ven o que hai fóra, senón que o seu mundo, o mundo que lles está permitido ver, está limitado por esta fráxil capa que os reco-bre. Chegan con medo, treméndolle as pernas e coa mirada perdida, observando indecisos o territorio e tentando afincar os seus pés por algures, tentando atopar un punto de apoio. Así chegamos todos nós a este instituto. Ningún dos tres nenos sabía que estaba rodeado da burbulla, por-que ao non ter saído dela en ningún momento, non coñecían outra cousa. E dado o perfecto clima que alí dentro respiraban, separados do vento, dos fortes raios do sol e do frío do inverno, nunca supuxe-ron que houbese algo alén de onde eles se atopaban. A felicidade era, polo tanto, absoluta. Durante os primeiros anos aprenderon que o seu deber no institu-to era o de desfacerse desa burbulla para vivir o que había fóra, para afrontalo. Os nenos aceptaron que debían eliminar os seus límites, a pesar de que non eran capaces nin de ver a burbulla, porque estaban tan enfrascados nese pequeno recuncho no que se desenvolvían que o feito de saír era pedirlles demasiado, non podían saír pola forza. Mais, aínda que non a vían, remataron aceptando que estaba aí e que debían loitar por desfacela, por desintegrala. A doce inxenuidade dos rapaces fíxoos, en primeiro lugar, arras-trarse polo chan coa esperanza de que a burbulla se desfixera co ro-ce; despois, por se quedaba algo desa fina capa que tiñan ao redor, decidiron golpearse contra a parede repetidamente para facela es-tourar e liberarse. O resultado non foi outro que unha cabeza dorida

polos golpes, mentres eles seguían sen saber se a burbulla seguía ou non aí. Supuxeron que a través da forza e desa monótona tendencia a magoar o seu corpo a lixeira pompa ía desaparecer, e realmente, así o creron. Os nenos remataron afeitos a esta tendencia inútil que unica-mente os enganaba; no canto de desfacerse da burbulla aprenderon as tácticas de mentirse a si mesmos, crendo aquilo que se quere crer, e vendo todo o que se queira ver. Cando estaban a punto de rematar o seu paso polo instituto, xa supostamente maduros, nin-gún dos tres nenos podía imaxinar que a burbulla que nunca viran e que debía ter desaparecido, seguise ao seu carón, latente e en silen-cio. Ela conseguía que a mirada se centrase unicamente en si mes-mos, volvéndoos pasivos a tódolos problemas do exterior, ao mes-mo tempo que os privaba das satisfaccións coas que se puidesen atopar. Os tres nenos deixaron atrás a infancia, medraron, e a burbulla foise adaptando ós seus corpos. O meu paso polo instituto resúmese en todo este conxunto de cabe-zadas sen sentido que te ves na obriga de dar co obxectivo de rom-per a lixeira pompa da que se fala, para, xusto antes de deixalo, dar-te conta de que hai que rompela dende dentro, e non precisamente dese modo. Somos nós quen creamos a burbulla, somos nós quen debemos atopar a nosa maneira particular de desfacela. Encóntrome agora co corpo canso e coa sutil burbulla esvarándo-me entre as mans, tal e como esvara a auga, namentres intento inu-tilmente coller os pequenos anacos que dela quedan. Doume conta do fermoso e doado que era vivir dentro da burbulla, por iso vou botar de menos o instituto.

Mayte López

Page 5: FANZINE 2010

E

ND

L I

ES

LA

GO

A D

E A

NT

EL

A 2

00

9-2

01

0

CHOVE pra que eu soñe…

EN

DL

IE

S L

AG

OA

DE

AN

TE

LA

20

09

-20

10

CHOVE pra que eu soñe…

Banda Potemkin: variedade de ritmos balcánicos, afro-caribeños, funk, disco, rock e folque. Dios Ke Te Crew grupo de HIP HOP, fan Rap, Graffiti, Break, Beat Box, Scratch.

A Matraca Perversa: música “fusión”, mes-ture recursos dos más variados xéneros. Ataque Escampe: rock de serie B. Cuchufellos: unha banda multicultural, fusionan estilos coma o Ska, a Pachanga, Ritmos Balcánicos, troula…

Compañía do Ruído: mestura diferentes estilos, dende o folk ó rock, pasando polo ska, a samba ou os ritmos balcánicos... RUXE-RUXE: folk-rock, mestura de rock&roll, e música tradicional galega.

Som do galpom: o funky, o reagge e o rap. Os Festicultores: pasa-rrúas de música xitana dos balcáns, fusionada con outros ritmos coma o reggae, o ska, paso-doble, a música electró-nica, cumbia ou rumba.

GalegoZ: bases electrónicas mes-turadas con ska, reggae, funk e soul. Guezos: ritmos como o rock, a rumba, o ska ou o funk mestúran-se á perfección co folk.

BA

ND

AS

GA

LE

GA

S

http://www.komunikando.net/

http://www.aregueifa.net/

Cruzar a cancela, mudar o rumbo e iniciar unha nova travesía. Que non vos dea medo o novo destino, lembrade que o importante é a viaxe. Seis anos pasastes aquí, quizais sete, e durante ese tempo produ-círonse cambios irreversibles: deixastes a nenez para entrar na ado-lescencia, cambiouvos a voz, mudaron os corpos… Eses anos que-daranvos gravados na memoria e, cando regresen á memoria, senti-redes nostalxia. Lembraredes a ilusión ou o medo do primeiro día, os nervios polos exames, as noites insomnes, as tertulias no patio e ao pé da cancela, os tropezóns nas escaleiras, as miradas furtivas, as hormonas disparadas, os soños, a ira, o cansazo, algún amor, as ri-sas. Foron moitas as emocións vividas e, aínda que algúns se resistan a admitilo, moito tamén foi o aprendido. Todas e todos participastes dalgunha maneira na vida do institu-to, formastes parte do club de lectura, colaborastes na biblioteca, aplaudistes. Oxalá que ese interese non decaia nunca. É hora de saír ao mundo, de construír a vida, esa estrada en per-manente construción. Moitas e moitos de vós buscaredes refuxio no estudo e na investigación, outros no traballo, pero todas e todos procuraredes ideais e persoas en quen confiar e a quen confiarse. Non vos resignedes, non vos rendades nunca. Cando vos digan que nada pode cambiar, non o creades, lembrade as palabras de Bertolt Brecht “Nada é imposible de mudar”. Resistide o poder da ignominia e plantádelle cara ao infortunio. E, sobre todo, non renunciedes nunca á lingua. A mellor defensa é seguir falándoa. Que vos vaia bonito. TEMPUS FUGIT. C. G.

Page 6: FANZINE 2010

E

ND

L I

ES

LA

GO

A D

E A

NT

EL

A 2

00

9-2

01

0

CHOVE pra que eu soñe…

EN

DL

IE

S L

AG

OA

DE

AN

TE

LA

20

09

-20

10

CHOVE pra que eu soñe…

PR

OM

OC

N 2

00

4—

20

10

A V

OA

R!!

!