Informe sobre operacións especulativas no bairro das Galeras

4
O Concello puxo o bairro das Galeras no epicentro de varias operacións especulativas de máximo nivel dentro dun proxecto urbano lesivo para a veciñanza Destruir estacionamento en superficie para que gañen as empresas privadas En 22 de maio de 2013, o alcalde Ángel Currás cedeu parte do parque público das Galeras ao em- presario de Autos Carballo José Luis Liñares. Este señor é representante legal da empresa Tugalu, que á súa vez é a propietaria do aparcadoiro La Catedral. A entrega a Liñares dunha parte do par- que compensaríase, segundo Raxoi, co alarga- mento deste á zona próxima a Santa Isabel que hoxe é un aparcamento de carros. O Concello e Autos Carballo lograrían así dous obxectivos: por unha parte, transmitir que a superficie total de par- que se mantén estábel, debilitando eventuais move- mentos de protesto. Por outra, eliminar, de novo, estacionamento en superficie e xustificar, así, a “necesidade” do parking subterráneo. Unha xogada redonda. A vontade recadatoria desta medida é obvia nunha zona con clientela segura, dada a presenza de oficinas municipais, Seguranza Social, as insta- lacións desportivas de Santa Isabel e, nun futuro A construción de duas rotondas e unha nova entrada ao estacionamento subterráneo (pri- vado) no parque público das Galeras é a noticia que nas últimas semanas levou o bairro aos titulares informativos dada a forte oposición veciñal con que conta o proxecto. Con esta ini- ciativa, Raxoi segue a destruír estacionamento en superficie, entrega á iniciativa privada a xestión de parkings subterráneos que poderían ser municipais, e agrede unha zona verde, co agravante de incrementar ruidos e fumes na área se permitimos que o proxecto vaia adi- ante. Se este deseño é, en si propio, lesivo para os intereses da inmensa maioría da veciñanza e merece a contestación unánime que o paralice, tamén é certo que sobre As Galeras cérnese un proceso máis profundo de reconfiguración, con fortes intereses urbanísticos, especula- tivos e comerciais en xogo, que pon en perigo a conformación actual do bairro e o benestar dos seus e súas habitantes e afonda nun cuestionábel modelo de cidade. Este proceso pìvota sobre a construción do novo parking privado e as operacións especulativas da Finca do Espinho e o solar do Hospital Vello nas que o Concello é parte implicada. Veciños durante unha das protestas contra as obras

description

A Candidatura do Povo está a distribuir e buzonear nas últimas semanas un extenso informe de denuncia das operacións especulativas que, co apoio institucional do Concello, se están a desenvolver no bairro das Galeras. O interés empresarial conta cunha corporación local rendida á lóxica do máximo lucro a conta das necesidades colectivas de veciñas e veciños. A privatización do parque público das Galeras, o solar do vello hospital, a finca do Espinho aparecida na Operación Patos e o edifício de Fenosa son os catro peares da reconfiguración do bairro contra a súa veciñanza.

Transcript of Informe sobre operacións especulativas no bairro das Galeras

Page 1: Informe sobre operacións especulativas no bairro das Galeras

O Concello puxo o bairro das Galeras no epicentro de

varias operacións especulativas de máximo nivel dentro

dun proxecto urbano lesivo para a veciñanza

Destruir estacionamento en superficie para quegañen as empresas privadas

En 22 de maio de 2013, o alcalde Ángel Curráscedeu parte do parque público das Galeras ao em-presario de Autos Carballo José Luis Liñares. Esteseñor é representante legal da empresa Tugalu,que á súa vez é a propietaria do aparcadoiro LaCatedral. A entrega a Liñares dunha parte do par-que compensaríase, segundo Raxoi, co alarga-mento deste á zona próxima a Santa Isabel quehoxe é un aparcamento de carros. O Concello e

Autos Carballo lograrían así dous obxectivos: porunha parte, transmitir que a superficie total de par-que se mantén estábel, debilitando eventuais move-mentos de protesto. Por outra, eliminar, de novo,estacionamento en superficie e xustificar, así, a“necesidade” do parking subterráneo. Unha xogadaredonda.

A vontade recadatoria desta medida é obvianunha zona con clientela segura, dada a presenzade oficinas municipais, Seguranza Social, as insta-lacións desportivas de Santa Isabel e, nun futuro

A construción de duas rotondas e unha nova entrada ao estacionamento subterráneo (pri-vado) no parque público das Galeras é a noticia que nas últimas semanas levou o bairro aostitulares informativos dada a forte oposición veciñal con que conta o proxecto. Con esta ini-ciativa, Raxoi segue a destruír estacionamento en superficie, entrega á iniciativa privada axestión de parkings subterráneos que poderían ser municipais, e agrede unha zona verde,co agravante de incrementar ruidos e fumes na área se permitimos que o proxecto vaia adi-ante.

Se este deseño é, en si propio, lesivo para os intereses da inmensa maioría da veciñanza emerece a contestación unánime que o paralice, tamén é certo que sobre As Galeras cérneseun proceso máis profundo de reconfiguración, con fortes intereses urbanísticos, especula-tivos e comerciais en xogo, que pon en perigo a conformación actual do bairro e o benestardos seus e súas habitantes e afonda nun cuestionábel modelo de cidade. Este procesopìvota sobre a construción do novo parking privado e as operacións especulativas da Fincado Espinho e o solar do Hospital Vello nas que o Concello é parte implicada.

Veciños durante unhadas protestas contra asobras

Page 2: Informe sobre operacións especulativas no bairro das Galeras

cercano, o centro de saúde. Ademáis, pensemos nainmediata peonalización das rúas Carretas e AsHortas, que liquidará novas prazas de estaciona-mento. Raxoi crea as condicións para que unha em-presa privada faga o seu agosto.

Posíbel contrato ilegal na Finca do Espinho

A Finca do Espinho foi obxecto dunha operaciónespeculativa. Nesta operación, o defraudador fiscale predecesor de Ángel Currás no cargo de alcalde,Gerardo Conde Roa, quixo modificar o conveniourbanístico do solar mudando o seudestino inicial, que era a construcióndun xeriátrico, para a máis lucrativaedificación de andares de luxo. Lo-grar tal mudanza supuxo que o PPde Compostela fichase un novo xefede Urbanismo permisivo coa promo-tora Layetana e afín aos interesesespeculativos en xogo. A operaciónveuse abaixo coa descoberta de queo ex alcalde, tamén imputado naOperación Pokémon, cometera undelito de fraude fiscal.

Ambos proxectos foron estacionados. No entanto,a Finca que está ao pé da residencia oficial do pres-idente da Xunta non se librou das gadoupas empre-sariais: O Espinho é citado na documentación daOperación Patos -caso de concesións públicasfraudulentas- como posíbel contrato para a em-presa CESPA que, por 800.000 euros, se encar-

garía do axardinamento e mantenza da finca. Oproxecto da compañía é abertamente agresivo paraesta área de grande valor ecolóxico, dado que seconstruirá unha lagoa artificial e talarán árborescentenarias. A veciñanza non foi consultada ennengún momento sobre este deseño.

Operación especulativa no solar do HospitalVello

O solar do vello hospital das Galeras é outro dosespazos sobre os que paira unha importante op-

eración especulativa. Agora mesmo,o inmóbel está destinado a uso so-ciocomunitário. No entanto, desde2013, o alcalde Ángel Currás, oConselleiro de Medio Ambiente, Ter-ritorio e Infraestruturas AgustinHernández e o reitor da Universi-dade e antigo director xeral da Con-sellería de Medio Ambiente na épocade Manuel Fraga, Juan CasaresLong, pretenden mudar esta cualifi-cación para a de uso residencial ur-banístico e argallar así unha nova

pelotada. O proceso está en curso.

Explicámonos. Unha vez recalificado o solar, aUSC venderíao á iniciativa privada, destinando acantidade recebida pola venda a paliar a súa fortedívida e construir o novo Campus da Saúde xuntoao Hospital Clínico e, alén da estrada de Noia, noextremo do Campus Sul e entre a estrada de San

Sobre As Galeras cér-

nese un proceso máis

profundo de reconfig-

uración, con fortes in-

tereses urbanísticos,

especulativos e com-

erciais en xogo

Zona verde nas Galeras

Page 3: Informe sobre operacións especulativas no bairro das Galeras

Lourenzo e o río Sarela, afectandoos edificios do Banco do Pobre. Asexpropiacións das veciñas e ve-ciños para construir ese novo Cam-pus son praticamente seguras.Ademáis, como “agradecemento”, aUniversidade cedería ao Concello ouso das actuais faculdades de Med-icina e Odontoloxía

Nestas novas condicións, ficarían abertas as por-tas para que o solar do vello hospital acollese aconstrución dun hotel de luxo con tendas deluxo, previa demolición do inmóbel actual. A edilade Turismo, Reyes Leis, declarou despois dachegada a Compostela da compañía Turkish Air-

lines, que transporta turismo de calidade ruso exaponés, que este necesitaría “comercio, hoteis erestaurantes de luxo, dos que a cidade é deficitaria”.A realidade é unha vez máis ao revés: Compostelaconta com catro hotéis de cinco estrelas, doscales o NH Obradoiro e o Hostal dos Reis Católi-cos aplicaron cadanseu ERE que afectou 60 trabal-lador@s. O Concello, en vez de apostar noaloxamento local, que revertiría na economía da ve-ciñanza, faino nas grandes cadeias. Así, a reper-cusión negativa da proliferación de hotéis de luxona cidade, coa incorporación do das Galeras, é se-gura.

Modelo antisocial de cidade

O pano de fundo de todos estes movementos épreocupante. Desde o Concello pretenden xustificaro proxecto hostaleiro alegando que permitirá que aZona Vella, da que é parte As Galeras, free a perda

de povoación. É mentira. Trátasedunha coarctada para facilitar onegocio: se do que se tratase fosede fixar e aumentar povoación naZona Velha, Raxoi debería pensar naredución dos prezos dos alugueres,a habilitación de liñas municipais eautonómicas de financiamento paraa rehabilitación de vivendas, a penal-

ización da posesión de vivendas valeiras ou o de-senvolvemento de políticas que paliasen odesemprego estrutural que padece a cidade e que,despois de anos de incremento do sector turísticono PIB local, co apoio de PSOE; PP e BNG, con-tinúa a medrar.

No entanto, non é a situación demográfica daZona Velha o que preocupa a Currás mais servircomo ariete aos empresarios do sector turístico. Asolución ao déficit demográfico e o desempregonon é “máis hotéis e tendas de luxo”. Que au-mente este suporá máis beneficio para as firmase cadeias hostalerias dun sector que se carac-teriza pola instabilidade laboral e os baixossalarios, mais de nengún modo a fixación de ve-ciñanza na Zona Velha, porque as causas do crackdemográfico non residen aí. O que sí suporá concerteza a construción desta instalación é un novopaso no monocultivo turístico de Compostelaque, como o tempo demostrou, foi incapaz de re-solver as altas taxas de desemprego, emigraciónxuvenil e miseria estruturais que padece estacidade.

Novas agresións ao pequeno comercio

Raxoi segue a destruir

estacionamento en su-

perficie para favore-

cer o negocio privado

de empresas amigas

Antigo Hospital Provincial

Page 4: Informe sobre operacións especulativas no bairro das Galeras

A aterraxe de novas grandes firmas en Com-postela fai parte dun proxecto estratéxico decidade posto en andamento polo Concello,agora co PP, antes cos gobernos bipartitosPSOE-BNG, que procura incrementar tendencial-mente o peso do turismo no PIBlocal, concentrar a distribución com-ercial en grandes firmas -Carrefour,

Hipercor, Alcampo, etc.- e configurarCompostela como referente turísticointernacional lucrativo para impor-tantes grupos económicos.

É innecesario dicir que, neste de-seño, o pequeno comercio local, quefoi sempre un dos sectores económi-cos capaces de crear emprego eriqueza na comarca, foi condenadoa morte. Agora, na súa actual situación de debili-dade, con centos de negocios que botaron a reixae a hostalaría pensando en abandonar a ZonaVelha polo alto prezo dos alugueres, se reforzaráesta tendencia negativa, coa zona histórica en víasde se converter nun parque de atraccións aoservizo do visitante mais en absoluto funcional paraveciños e veciñas a nivel habitacional ou laboral. Aposibilidade de compra de inmóbeis históricosenteiros na Zona Velha, que xa foi garantidacunha normativa municipal do PP, fala con clari-dade de por onde van os tiros nestes momentos.

Que pasa co noso patrimoniohistórico?

A equipa de Currás desrespons-abilízase da restauración e ocuidado do noso patrimoniohistórico e, en particular, dos seusedificios referenciais, cando afirmaque estas só son posíbeis se seceder a propriedade a poderosas fir-mas multinacionais. Descoñecemos,a día de hoxe, se esta política de venda do nosopatrimonio implica o cobro de sobres por parte deCurrás, María Pardo, Reyes Leis, etc. Contodo, doque sí estamos certas, é de que unha cidade comoa nosa, que é Patrimonio Histórico da Humanidade,non pode estar en mans de multinacionais, corrup-tos e delincuentes. O patrimonio histórico-artísticodun país só pode ser propriedade pública.

Existen alternativas máis económicas

Todos os movementos urbanísticos programadosno noso bairro –incluida a construción do novo ed-ificio do centro de saúde- serían innecesarios se

non houbese estas operacións es-peculativas. O inmóbel do vello hos-pital podería albergar perfectamenteese novo centro cunha posta apunto moito máis económica paraas arcas municipais. Ademáis,dadas as enormes dimensións do in-móbel que foi durante décadas Hos-pital Universitario, este poderíaintegrar tamén oficinas municipais,aulas da USC, etc., evitando a con-strución de novos edificios,achegando novos servizos que nece-

sita o bairro e impedindo a pelotada urbanísticaproxectada sobre o solar que só interesa a grandesfirmas hostaleiras.

Ángel Currás e a súa equipa, para alén de consti-tuiren un poder ilexítimo sobre a que pesan gravesacusacións de corrupción e financiamento ilegal,xogan a ser -como Sánchez Bugallo no seu día- oCabalo de Troia da entrada de poderosos intere-ses empresariais que pretenden converter Com-postela nun enorme parque turístico de luxo. DaCandidatura do Povo atrevémonos a afirmar, á vistada experiencia de décadas nesta aposta errónea,

que aínda neste caso o desemprego,os baixos salarios e a emigraciónseguirán acompañando a veciñanzacomo o fixeron nestas décadas.

Nós esiximos a non modifi-cación do Plano Especial da ZonaVelha, o cesamento das op-eracións especulativas no bairrodas Galeras e un novo plano dedesenvolvemento local que recti-

fique o deseño dos últimos anos, limitando atendencia para o monocultivo turístico dacidade, diversificando as nosas fontes deriqueza e pondo en valor sectores produtivos lo-cais con capacidade para xerar emprego e ben-estar (produción de alimentos, pequenocomercio, industrias a partir de producións lo-cais, etc.).

Trás a operación es-

peculativa co solar do

vello hospital está o

proxecto dun hotel de

luxo que o bairro non

necesita

candidaturadopovo.org / info@ candidaturadopovo.org / @CandidaturaPovo

O Espinho é citado na

documentación da Op-

eración Patos como

posíbel contrato

fraudulento para a

empresa CESPA por

800.000 euros