Matemáticas de libro

21
MATEMÁTICAS DE LIBRO

description

 

Transcript of Matemáticas de libro

Page 1: Matemáticas de libro

MATEMÁTICASDELIBRO

Page 2: Matemáticas de libro

Matemáticas de libro

ALEX EN EL PAIS DE LOS NÚMEROSAlex Bellos – Grijalbo – 2011

O primeiro libro de matemáticas que non poderás deixar de ler. Finalista do prestixioso

BBC Samuel Johnson Price 2010. Faite un favor a ti mesmo e percorre o máxico mundo do

país dos números. A aqueles que o colexio lles deixou fobia polas matemáticas, Alex en el

país de los números non espertará eses malos recordos. Todo o contrario, namoraraste da

materia e desexando que Bellos tivese sido o teu profesor de mates.

Page 3: Matemáticas de libro

Matemáticas de libro

CARNAVAL MATEMÁTICO

Jaime García Serrano – Guines records – 1998

Jaime García Serrano, o calculista máis rápido do mundo, segue abraiando a todos. É aúnica persoa do mundo con cinco rexistros mundiais no libro de Records Guinness. Dendeos sete anos, este colombiano disciplinado, introvertido e intelixente, patentou unmétodo, exento de misterios e esoterismos, que busca fortalecer e revivir a memoria,mediante o proceso da nemotecnia.Nela está o seu selo persoal: solucións a problemas sinxelos, adiviñas, cálculos mentais. Asúa linguaxe é elemental, accesible a todos: a nenos, a adultos e anciáns

Page 4: Matemáticas de libro

Matemáticas de libro

EL ASESINATO DEL PROFESOR DE MATEMÁTICASPablo Núñez e Jordi Sierra i Fabra – Anaya Infantil e Xuvenil – Col. Duende Verde – 2007

2º ESOUn profesor propón a tres alumnos, non especialmente bos en matemáticas, un xogo como exame para poder aprobar a materia. O venres pola tarde , o profesor morre, pero, antes de falecer, coméntalles aos seus alumnos que o sobre que hai no seu peto indicaralles como buscar o seu asasino. Non deben fallarlle…

Page 5: Matemáticas de libro

Matemáticas de libro

EL CLUB DE LA HIPOTENUSAClaudi Alsina Catalá – Ariel – 2008

Por que os números foron anteriores ás letras? Quen inventou o cero? Por que contar cos dedos supuxo un grande avance para a humanidade? Que matemático grego morreu de forma non precisamente prácida por culpa dunha raíz cadrada? Quen foi a primeira muller matemática da historia? A que se retaron cando se coñeceron Unamuno e Gaudí? Que xenio dos números homenaxea a mazá de Apple?... Un divertido paseo pola historia das matemáticas a través das anécdotas máis substanciosas e sorprendentes.

Page 6: Matemáticas de libro

Matemáticas de libro

EL CRIMEN DE LA HIPOTENUSAFran Bravo e Emili Teixidor – Planeta & Oxford – Colección Camaleón – 2004

Cando Andrés chega ao colexio unha mañá, encóntrase coa noticia de que a Hipotenusa, a profesora de Matemáticas do centro, desapareceu. Pronto chega á conclusión de que pode tratarse dun asasinato. Con el, sete son os sospeitosos: aqueles que suspenderon a materia. Todos son interrogados e Andrés é elixido para escribir a crónica do proceso...

Page 7: Matemáticas de libro

Matemáticas de libro

EL CRIMEN DEL TRIÁNGULO EQUILÁTEROVV.AA. - Oxford – 2010

Judith relata o caso do crime do triángulo equilátero que sucedeu no seu colexio, un centro moi prestixioso en competicións deportivas. Unha serie de roubos comezan a afectarlle ao colexio. A pista que ten que seguir, un triángulo equilátero invertido. Os trofeos comezan a desaparecer das vitrinas. A organización dunha partida homenaxe os campións do 52 (cuxo trofeo foi o primeiro en ser subtraído) axudaralle ao lector a comprender este caso e as motivacións do culpable. Un misterioso caso que captará a atención do lector sen darlle un respiro.

Page 8: Matemáticas de libro

Matemáticas de libro

EL DIABLO DE LOS NÚMEROSHans M. Brizensberger - Siruela– Colección Las tres edades – 2006

1º BACHARELATO

A Robert non lle gustan as matemáticas, como lle sucede a moitas persoas, porque non as acaba de entender. Pero unha noite soña cun trasno que pretende inicialo na ciencia dos números. Naturalmente, Robert pensa que é outro dos seus frecuentes pesadelos, pero en realidade é o comezo dun percorrido apaixonante a través do mundo das matemáticas.

Page 9: Matemáticas de libro

Matemáticas de libro

EL PAÍS DE LAS MATES PARA EXPERTOSL.C. Norman - Nivola - Colección El rompecabezas nº2 – 2000

3º ESO

Un xogo de aventuras con problemas matemáticos do tipo "constrúe a túa propia historia". As solucións son parciais a xeito de pistas, onde cada unha delas nos vai levando a diferentes páxinas do libro. Resulta moi entretido e practicamente imposible chegar directamente á solución. Igual que " O país das mates para novatos" pero con problemas de maior dificultade.

Page 10: Matemáticas de libro

Matemáticas de libro

EL PAÍS DE LAS MATES PARA NOVATOSL.C. Norman - Nivola - Colección El rompecabezas nº1 – 2000

1º ESO.

Un xogo de aventuras con problemas matemáticos do tipo "constrúe a túa propia historia". As solucións son parciais a xeito de pistas, onde cada unha delas nos vai levando a diferentes páxinas do libro. Resulta moi entretido e practicamente imposible chegar directamente á solución.

Page 11: Matemáticas de libro

Matemáticas de libro

EL SEÑOR DEL CEROMª Isabel Molina – Santillana – Colección Alfaguara – 2002

3º e 4º ESO

José é un mozo mozárabe que ten que fuxir de Córdoba, pola envexa que esperta a súa facilidade para o cálculo. Refuxiado no mosteiro de Ripoll, explicará alí as vantaxes da numeración arábica, ao tempo que é testemuña das loitas dos condes e bispos cataláns para independendizarse dos francos. Alí coñece a Enma e intenta axudala cando está en perigo. Pero a ciencia de José resulta sospeitosa.

Page 12: Matemáticas de libro

Matemáticas de libro

EL TEOREMA DEL LORODenis Guedj - Anagrama – 2000

2º BACHARELATO

Un percorrido moi peculiar pola historia das matemáticas acompañando a un vello libreiro de París mentres resolve o misterio que encerra "a biblioteca da selva" (completa biblioteca matemática), herdanza que lle legou un amigo xunto cun loro. A solución do misterio pode que lle axude a comprender o porqué da herdanza e as circunstancias da morte do seu amigo en Sudamérica.

Page 13: Matemáticas de libro

Matemáticas de libro

LA SELVA DE LOS NÚMEROSRicardo Gómez – Santillana – Colección Alfaguara – 2002

1º ESO

Unha vez unha vella e sabia tartaruga descubriu algo sorprendente que servía, entre outras cousas, para poñer orde na selva que habitaba: os números. Compartindo a súa sabedoría foi ensinándolle o seu invento ao resto dos animais.

Page 14: Matemáticas de libro

Matemáticas de libro

LOS MATEMÁTICOS NO SON GENTE SERIAClaudia Alsina, Miguel de Guzmán Ozamiz – Rubes – 2015

Primeira recompilación de máis de duascentas anécdotas sobre matemáticos, a partir de material autobiográfico e inédito, que se complementa cunha variedade de historias, documentadas ou atribuídas, de «autores» clásicos. Texto didáctico en clave recreativa, e con moito sentido do humor, que relata, lonxe do rigor e o enigma que se adoitan asociar ás matemáticas, como os matemáticos souberon achegar a esa ciencia calor e imaxinación. A obra, proxectada para divertir e estimular a curiosidade do lector, constitúe un excelente material de apoio pedagóxico.

Page 15: Matemáticas de libro

Matemáticas de libro

MALDITAS MATEMÁTICAS. ALICIA EN EL PAÍS DE LOS NÚMEROSCarlo Frabetti – Santillana – Colección Alfaguara – 2002

2º ESO

Alicia detesta as matemáticas e considera que non serven para nada. Un día, mentres está a estudar no parque, un estraño personaxe que resulta ser Lewis Carroll, autor de Alicia no país das marabillas, invítaa a dar un paseo polo país dos números. Alí tras correr as máis incribles peripecias comprenderá que as matemáticas non só son útiles senón ademais divertidas.

Page 16: Matemáticas de libro

Matemáticas de libro

MÁS MORTÍFERAS MATESKjartan Poskitt – Molino – 1999

Jimmy el Pulgar e o resto da súa banda volven demostrarche o catastróficas e perigosas que poden ser as matemáticas. Descobre como escapar das trampas endemoñadas do Profesor Diabólico, por que as mates poden evitar a absoluta destrución da vida na Terra e decátate de que o perigoso Pitágoras se enfadou tanto por culpa das matemáticas que foi capaz de cometer un asasinato.

Page 17: Matemáticas de libro

Matemáticas de libro

NÚMEROS PARES, IMPARES E IDIOTASJuan José Millas, Forges – Alba editorial – 2001

O mundo dos números é tan complicado, incomprensible e cheo de prexuízos como o dos humanos. Os números viven nunha escuridade terrible respecto de si mesmos, e foxen dos matemáticos como da peste, por medo a ser sumados, restados, multiplicados.

Page 18: Matemáticas de libro

Matemáticas de libro

¿ODIAS LAS MATEMÁTICAS?Cristina Belmonte, J.L. Guijarro e Alejandra Vallejo Nájera – Martínez Roce – 2000

1º ESO

Que teñen que ver as matemáticas cun biscoito de chocolate?, e coa rapaza ou o rapaz máis guapo do instituto? Este libro está cheo de ideas coas que coñecerás cantas cabezas lle caben no corpo ao peor dos teus inimigos, gañarás un montón de apostas nun tempo record e todos pensarán que es un xenio xenial. Non importa que odies as matemáticas.

Page 19: Matemáticas de libro

Matemáticas de libro

PALILLOS, ACEITUNAS Y REFRESCOS MATEMÁTICOSVV.AA. - Rubes – 1997

A recompilación máis completa realizada ata agora de xogos matemáticos con escarvadentes. Xogos con escarvadentes (e ás veces oliveira) doados (pero non sinxelos) de realizar e expostos nunha prosa atractiva e divertida, case en clave de humor e con toques de aventura. Non obstante, tras a forma amable, escóndese un mundo de paradoxos matemáticos cheos das dificultades que adoitan facer cóxegas no cerebro, especialmente aos entusiastas de gozar as matemáticas como unha actividade manual. Texto con vocación pedagóxica en clave recreativa, ten como principal aliciente divertir e estimular as calidades matemáticas do lector. Excelente material de apoio didáctico.

Page 20: Matemáticas de libro

Matemáticas de libro

PLANILANDIA Edwin A. Abbott - Torre de viento – 1999

2º ciclo de ESO e BACHARELATO

Como sería a vida nun mundo que só tivese dúas dimensións? Respóndese á devandita pregunta nesta encantadora narración de Abbott, eclesiástico inglés e estudoso de Shakespeare, cuxa vocación eran as matemáticas. O seu libro, ademais de expoñer claramente multitude de conceptos xeométricos, fai unha crítica mordaz do mundo xerárquico da Inglaterra vitoriana.

Page 21: Matemáticas de libro

Matemáticas de libro

PÓNGAME UN KG. DE MATEMÁTICASCarlos Andradas Herranz – S.M. – Colección El Barco de Vapor – 2000

4ºESO

Pequeno relato ambientado en Bagdad, durante o século XII, onde dous alumnos conseguen descubrir o gran segredo de Al-Khowarizmi, despois de descifrar o resultado dun cadrado máxico, e utilizando algunha que outra ecuación e o teorema de Pitágoras.