Moemia outubro 2013
-
Upload
aula-ocupacional -
Category
Documents
-
view
227 -
download
4
description
Transcript of Moemia outubro 2013
Revista mensual gratuíta realizada en el Programa de Formación Ocupacional para personas condiscapacidad física gravemente afectadas.
COGAMI - CRD-FINGOI
Índice
O Artigo
Deportes
Recuncho Literario
O Noticiero
Carteleira
Enlaces de interese
Poesía
Edita:
COGAMI - CRD-FINGOI - Lugo.
Consello de Dirección:
Directora:
Rosa M. Pías Salgado
Coordinadora:
Purificación Salvador Rebolo
Maquetación:
Enrique Sanmartín
Redactores de sección:
Juan Antonio García
José Manuel Ramil
José Luis Vázquez
Luis Fernández Trinidad
Enrique Sanmartín
Ana Varela
Jose Rodiño
Roberto Camba
Manuel Paz
Francisco Gullón
Ricardo Lamazares
Nieves Gayoso
Antonio Fernández
Ana Cristina Piñeiro
Manuel Rosón
Óscar Vigo
Jose Luis López
José Carlos Vázquez
Luis Alberto García
Ramón Veiga
Miguel Regueiro
Arturo Fojón
Francisco J. Solana
Gustavo Latorre
Manuel Álvarez
José Manuel Ulla
Ana Novo
Colaboración Externa:
José Ángel Vázquez
Revista mensual gratuíta realizada en el Programa de Formación Ocupacional para personas condiscapacidad física gravemente afectadas.
COGAMI - CRD-FINGOI
Revista mensual gratuíta realizada no Programa de Formación Ocupacional para persoas congrandes discapacidadesCOGAMI - CRD-FINGOI
3
4
9
10
12
13
13
3
8
9
11
12
13
13
3 ARTIGO
PROGRAMA OPERATIVO FSE - GALICIA 2007 - 2013 Curso cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Xunta de GaliciaConsellería de Traballo e Benestar- e impartido por COGAMI a persoas con discapacidade
Secretaría Xeral de Política Social
Persoas con discapacidade de Bueu (Pontevedra), Ferrol (A Coruña) e Celanova (Ourense), fórmanse coa finalidade de acadar a súa inserción laboral
Financiados pola Consellería de Traballo e Benestar – Secretaría Xeral de Política Social da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo no
marco do convenio de Formación Profesional e Formación Ocupacional para as persoas con discapacidade que residan na comunidade
galega (PROGRAMA OPERATIVO FSE-GALICIA 2007-2013), se están desenvolvendo tres accións formativas en tres puntos distintos da
xeografía galega, as que asisten 40 persoas con discapacidade.
En Bueu (Pontevedra), o curso é de Ofimática Básica de 200 horas no que se forman
10 persoas, 8 homes e 2 mulleres, procedentes dos concellos de Moaña, Cangas,
Bueu e Marín. Os contidos que se traballan son os de Sistema Operativo, Procesador
de Textos, Folla de Cálculo, Presentacións Gráficas e Internet.
En Ferrol (A Coruña), nas instalacións que a entidade ten en Ferrol (rúa Sánchez
Calviño, 56-58 baixo), estase impartindo un curso de Telefonista-Recepcionista de
240 horas. Un grupo de 15 persoas, 3 homes e 12 muller reciben formación en
técnicas de comunicación oral, aspectos administrativos de recepción, informática
básica, procesador de textos e follas de cálculo. Estas persoas proceden dos
concellos de Ferrol, Narón e Pontedeume.
Na provincia de Ourense, no concello de Celanova, impartese un curso de
Teleoperador/a no que 15 alumnos/as con discapacidade física, 13 homes e 2 mulleres,
un da comarca da Baixo Limia e o resto da de Celanova, fórmanse durante 210 horas en
contidos como Ofimática Básica, Procesador de textos, Folla de Cálculo, Técnicas en
Comunicación Oral e Aspectos Administrativos de Recepción.
A inserción ao mercado de traballo é un dos aspectos primordiais na busca da integración social das persoas con discapacidade. Para
conseguir este obxectivo é fundamental a formación. Por iso, COGAMI préstalle unha grande importancia á posta en marcha de
diferentes ciclos formativos (xa sexan de forma presencial ou a través de internet).Nieves Gayoso
4 NOTICIEIRO
Máis de 80 persoas usuarias de COGAMI Lugo e Down Lugo participaron no Día Internacional Do Voluntariado de Telefónicaredescubrindo a cidade de Lugo
O pasado, 4 de outubro, persoas con discapacidade usuarias de COGAMI Lugo, xunto
con persoas usuarias de Down Lugo, acompañadas por membros da Asociación Sénior
de Telefónica de Lugo (ASTELU), tomaron como punto de encontro a Praza de Santa
María para participar na actividade “REDESCUBRINDO A NOSA CIDADE” que contou
co apoio de Fundación Telefónica para o seu desenvolvemento.
As persoas participantes organizáronse en 6 grupos de 14 persoas, e distribuíronse
segundo os roles de “guías” e “turistas”. Os guías estiveron situados de maneira
permanente en 6 puntos de interese da cidade de Lugo: Praza de Campo Castelo,
Praza de Santa María, Rúa Bispo Aguirre, Praza do Campo, Praza da Soidade e Praza
Maior.
Cada grupo de “guías” preparou unha visita da zona na que se atopaba e tiveron que
explicar ao grupo de “turistas” os aspectos máis relevantes dos distintos monumentos
presentes na súa zona. Para a mesma, contaron con megáfonos coa finalidade de que o
maior número de persoas da comunidade puidera unirse á actividade.
En cada localización, contouse cunha bandeira identificativa e un mapa, que realizaron
as persoas usuarias das entidades participantes de maneira artesanal, coa finalidade
de prestar información sobre o traballo que se leva a cabo dende FUNDACIÓN
TELEFÓNICA, COGAMI, e DOWN.
Mais tarde as persoas participantes reuníronse de novo na Praza de Santa María para
continuar esta xornada de convivencia na caseta de Manolo de Marce coa tradicional
pulpada das festas de San Froilán. Tralo xantar puideron participar nalgunha das
actividades propostas no programa de festas.
Co material fotográfico resultante da actividade organizarase posteriormente unha
exposición de fotografía no Centro Sociocultural Uxío Novoneira de Lugo,
propiciando desta maneira unha nova xornada de convivencia co fin de que as
persoas participantes poidan intercambiar opinións sobre a experiencia.Nieves Gayoso
5 NOTICIEIRO
Igualdade de oportunidades en educación
COCENFE (Confederación Española de Persoas con
Discapacidade Física e Orgánica), incide en recordar a
obligatoriedade que teñen as diferentes institucións
educativas e administracións públicas na promoción da
igualdade de oportunidades e a eliminación de calquera tipo
de discriminación cara ás persoas con discapacidade, nas
diferentes etapas da educación.
Foron detectados varios casos en que se dificultou o acceso á
educación obligatoria a nenos e nenas con Discapacidade.
Ante estes feitos COCEMFE incide en que tanto na
Convención de Nacións Unidas sobre os Dereitos das
Persoas con Discapacidade, como a Constitución Española e
a Lei Orgánica 2/2006 de Educación garanten a igualdade de
oportunidades e a non discriminación deste colectivo no
sistema educativo.
Ponse de manifesto por parte de COCEMFE que os axentes involucrados na inclusión educativa deben asegurar que durante toda a
súa vida, as persoas con discapacidade, teñan dereito a un acceso á educación sen discriminación e en igualdade de condicións.
Dende COCEMFE pídese que non se toleren actuacións excluíntes e discriminatorias de ningún tipo e que de darse estas actuacións
se denuncien ante os diferentes recursos públicos de tramitación de queixas e denuncias. Alejandro Carballeira
Nova forma de movilidade PSP CarsharingDispoñer dun coche en propiedade supón un gasto medio
anual de 4.000 euros. Actualmente en España un vehículo
permanece aparcado o 95% do tempo. Ao identificar esta
situación, os fundadores de SocialCar.com, apostaron por un
sistema innovador de aluguer de vehículos entre particulares
en España. Este servizo bautizado como P2P carsharing
permite mediante unha plataforma online a propietarios de
vehículos ofrecelos en aluguer obtendo a cambio diñeiro
extra con toda a seguridade e garantías.
Para este servizo de aluguer Social Car conta cunha ampla
flota de vehículos de todas as marcas e modelos disponibles;
turismos, furgonetas de carga, pasaxeiros, monovolúmenes,
campers, coches eléctricos e ata coches adaptados para
persoas con discapacidade. O aluguer destes últimos é unha
novidade moi importante xa que a oferta dos mesmos é
prácticamente inexistente no noso país.
Os vehículos con posibilidade de aluguer atópanse repartidos
por toda a península, atomizados por distintos puntos de máis
de 20 cidades, para ofrecer ao usuario dos mesmos a
máxima comodidade e proximidade.
Para ser usuario destes vehículos os condutores só deben de
rexistrarse no portal habilitado sen necesidade de depositar ningún
tipo de abono ou cota. Tanto o contrato de aluguer dun vehículo
como o pago do mesmo efectuarase íntegramente online, aínda
que ante calquera posible contratempo a empresa dispón de
atención personalizada.
Social Car no seu ano e medio de funcionamento conta cunha
comunidade de 15.000 usuarios de consumo colaborativo.
Francisco Gullón
6 NOTICIEIRO
Persoas usuarias de COGAMI en Mos aprenderoneducación viaria coa Policía Local de Vigo
Durante dúas xornadas de outubro, persoas con Discapacidade usuarias do centro de recursos que a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade ten en Mos aprenderon pautas sobre seguridade viaria.
En COGAMI-Mos xa non poden dicir que descoñecen como ser un peón ou un condutor responsable. Disto encargáronse axentes da Policía Local de Vigo que, durante estas xornadas, impartiron unhas clases teóricas e prácticas sobre educación viaria.
A idea partiu dende a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, propoñéndolle aos axentes locais a impartición dunhas sesións formativas de seguridade viaria a persoas usuarias do centro, con idades comprendidas entre 18 e 65 anos e con discapacidades tanto físicas como cognitivas, entre os que se encontran persoas que conducen vehículo e outras que non.
Debido á heteroxeneidade nas características das quince persoas que formaron parte do primeiro grupo que participou nas xornadas formativas, nestas tratáronse contidos como cruzar a estrada con obstáculos de visibilidade como colectores, vehículos ou árbores; evitar atravesar en lugares de tramos curvos, como cruzar a estrada con semáforo regulado, con só paso de peóns, con vías pouco visibles ou con ausencia de espazos destinados á circulación de peóns.
Como boa parte das persoas participantes son usuarias de cadeira de rodas, tamén os axentes lles ofreceron pautas sobre a circulación en cadeira, os tipos de vehículos adaptados que hai e como viaxar en transportes colectivos.
A segunda xornada de formación foi unha clase de educación viaria , na que a primeira hora impartiuse a clase teórica nas instalacións da aula da Xefatura da Policía Local de Vigo e as clases prácticas nas rúas dos arredores do Concello.
Ana C. Piñeiro
Oscar Vigo
O pasado 11 de outubro, o centro de recursos que COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) ten en Fingoi (rúa da Luz, nº4) recibiu a visita do DJ Paskal Kleiman.
Paskal Keiman é un exemplo de superación persoal. Este pincha francés naceu sen brazos pero esta carencia non supuxo unha barreira para dedicarse profesionalmente ao que lle gusta e que logrou ter moitos seguidores. Paskal pincha en discotecas utilizando os pés.
Aproveitando que actuou nas festas de San Froilán, aceptou a invitación que lle brindaron dende o centro de recursos que COGAMI ten en Lugo, onde puido contar a súa experiencia ás persoas usuarias do centro.
O coñecido DJ Paskal Kleiman visitou as instalacións de COGAMI para compartir a súa experiencia de superación coas persoas usuarias do centro de Fingoi
7 NOTICIEIRO
Foi distinguido co Premio Especial Fundación ONCE no” XXVI Certamen de Jóvenes Investigadores”, un proxecto sobre a accesibilidade aos asentos dos vehículos.
Os autores do proxecto Sergio García, Juan José Teba e Francisco Solano, do IES Mediterráneo de Cartagena (Murcia), recibiron unha dotación de 3.000 euros polo deseño de”Helper-Seat”que facilita a manobra de subir e baixar dos asentos dos vehículos a persoas con movilidade reducida.
La entrega deste premio efectuouse en clausura do XXVI Congreso de Mozos Investigadores celebrado no municipio malagueño de Mollina.
Este galardon entregado pola Fundación ONCE ten o obxectivo de premiar o mellor traballo de investigación que contribúa á mellora da calidade da vida de persoas con discapacidade en aspectos tales como a accesibilidade, a inclusión educativa e as axudas técnicas.
Na entrega de premios e clausura do congreso estiveron presentes o Secretario Xeral de Universidades, Federico Morán; o Director Xeral do INJUVE, Rubén Urosa; o Vicepresidente Adxunto de Programación Científica do CSIC, José Naranjo; e o Subdirector Xeral de Formación e Mobilidade do Profesorado e Innovación Docente do Ministerio de Edución, Cultura e Deporte, Alejandro Cremades.
Por outra banda asistiron o Vicerrector de Persoal Académico da Universidade Politécnica de Madrid, José Luís Montañés, o Vicepresidente da Sociedade Ciéntifica de Informática de España, Miguel Touro; e o Director da ONCE en Malaga, Cristobal Martínez.
Juan García
Juan García
Premio Fundación ONCE do Certamen de Mozos Investigadores para un proxecto de accesibilidade en vehículos
Por considerarse máis respetuosa coa dignidade dos cidadáns, a disposición oitava da Lei da Promoción da Autonomía Persoal e Atención á Dependencia estableceu en decembro de 2006, que as referencias que nos textos normativos se efectúén a los Minusválidos e a persoas con minusvalía, entenderanse realizadas a Persoas con Discapacidade, prescripción que entraría en vigor en xaneiro de 2007, recollendo así unha demanda tradicional do colectivo.
Tres anos máis tarde o Consello de Ministros que presidía José Luís Rodríguez Zapatero aprobou o real decreto que recoñecía a denominación de grado de discapacidade, o cal substituía a expresión Minusválido.
Ademais, a comisión Estatal para o seguimiento do grado de minusvalía pasou a chamarse, de discapacidade. A organización mundial da saúde, abandonou a denominación minusválido por considerala peyorativa no ano 2001.Sen embargo, o actual goberno de España segue mantendo o término minusválido; así no informe financeiro e económico que o ministro de Facenda e Administracións públicas, Cristóbal Montoro, rexistrou no Congreso dos Deputados, xunto ao proxecto de Orzamentos do Estado, utilizou o cualificativo Minusválido para referirse a Persoas con Discapacidade, ata en sete ocasiones, e utiliza o término discapacitados noutras tres, incumpliendo o establecido por lei.
Antonio Fernández
O goberno de España segue utilizando o término minusválido
8 NOTICIEIRO
Luis A. García
Solicitado por parte do Congreso ao Goberno a adaptación do certificado de discapacidade a un tamaño parecido ao do DNI
A Comisión de Discapacidade do Congreso aprobou unha iniciativa na que pide ao Goberno a
adaptación do certificado de discapacidade, actualmente en tamaño folio en gran parte das
comunidades autónomas, a un formato parecido ao DNI.
A iniciativa, que foi aprobada polo PP e co respaldo de UPYD, recorda que en 2009 presentouse
ante a Comisión de Discapacidade unha proposición non de ley sobre a conveniencia de adaptar o
certificado de minusvalía, hoxe chamado “certificado de discapacidade” (un documento oficial, expedido pola
Administración Pública, que demostra que unha persoa con discapacidade ten un grado de discapacidade
igual ou superior ao33 %) a un formato máis funcional.
Ata a data este certificado expídese ante a solicitude do interesado, polas comunidades autónomas, en formato
“DIN A4” e concede dereitos, como a posibilidade de solicitar vivendas de protección pública especiais para persoas con discapcidade
ou axudas para a adaptación da vivenda; descontos en transportes ou o acceso a determinadas becas.
A Presidenta do Parlamento xunto a deputadas e deputados e máximos responsables da Rede Galega
contra a Pobreza (EAPN Galicia), CERMI Galicia e Coordinadora Galega de ONGD, inauguraron a
exposición fotográfica Prioridade 1: Pobreza e Exclusión Social
A exposición tivo lugar no Vestíbulo principal do Parlamento de Galicia, e foi inaugurada pola Presidenta,
Pilar Rojo. A exposición fotográfica co título Prioridade 1: Pobreza e Exclusión SOCIAL, recolle 27 das 85
fotografías presentadas ao Concurso de Fotografía Inclusiva organizado por EAPN Galicia, e que reflicten a
realidade da pobreza e exclusión social na nosa comunidade autónoma. O 17 de outubro foi o Día
Internacional para a Erradicación da Pobreza. Esta exposición percorrerá Galicia nos vindeiros meses
tentando facer visibles situacións de exclusión social ante a cidadanía galega e ante os poderes públicos,
poñendo as persoas máis vulnerables no primeiro plano da axenda política e afirmando que non cremos na
división entre pobres de aquí e pobres de alá.
O Parlamento e as ONG galegas unidas para que a pobreza e a exclusión social sexan a prioridade no Debate do Estado de Autonomía
Miguel Regueiro
Os transplantados de ril da provincia de Pontevedra constitúen unha asociación: Alcer Pontevedra
O pasado 22 de setembro constituíuse, no salón de actos do Hospital provincial de
Pontevedra, a Asociación de Loita contra as enfermidades de ril (Alcer Pontevedra).
O acto, que estivo aberto á participación tanto de persoas trasplantadas como de familiares,
amigos e demais cidadanía foi o primeiro paso para que bote a andar Alcer en Pontevedra,
se ben xa está consolidada como entidade en A Coruña, Lugo e Ourense.
Durante esta primeira xuntanza, elixiuse xunta directiva e aprobáronse os estatutos que
definen as pautas que deberá seguir a entidade.J. Manuel Ulla
9 DEPORTES
O circuíto Nacional de Carreiras por Montaña 2013 para Cegos e Deficientes Visuales, celebrouse este ano nas cidades de Madrid e Segovia. Esta edición transcorreu de forma paralela á celebración da carreira “IV Madrid - Segovia”, na que conxuntamente participaron deportistas sen discapacidade e os equipos da FEDC, de todos os puntos de España, e nomes de referencia do estranxeiro. Dos 1000 corredores que tomaron a saída, só 598 chegaron á meta.
O equipo de montañeiros formado polo deportista murciano Juan Roldán, con discapacidade visual, e os seus guías Fernando Torrero e Regino Rodríguez, alzáronse coa vitoria absoluta na Proba Nacional de Longa Distancia.
Este equipo de tres compoñentes, en representación da Federación Española de Deportes para Cegos (FEDC), segundo informou a ONCE, impúxose con claridade na linea de meta, situada na praza do acueducto de Segovia. Realizaron un tempo de 12:42:00, cunha vantaxe de máis de 30 minutos sobre o segundo clasificado e con máis dunha hora sobre o terceiro equipo.
José M. Ramil
J Carlos Vázquez
Juan Roldán leva varios anos participando en carreiras por montaña, cunha especial proxección nas probas de máis de 100 quilómetros. A vitoria nesta proba foi grazas ao esforzo de todos ao centrar a tempada en prepararse para a longa distancia.
A proba forma parte do Circuíto Nacional de Carreiras de Montaña que organiza todos os anos a Federación Española de Deportes para Cegos (FEDC). Tras unha primeira edición de proba de longa distancia, celebrada en Calcena en 2012, esta competición pretende consolidarse dentro do calendario estatal.
Na comunidade de Madrid, en concreto no encoro de O Atazar, disputouse o I Circuito Iberdrola de Vela Paralímpica 2013. A flota 2.4mR puxo punto final trala celebración da quinta proba no encoro de O Atazar e a cancelación da última. Así, o podio definitivo do circuito ocuparono Paco Llobet, Rafael Andarias e Antonio Maestre.
Según informou o Comité Paralímpico Español, o catalán Paco Llobet (CN Arenys de Mar), o javiense Rafa Andarias (CN Jávea) e o cartagenero Antonio Maestre (C.A.R. Infanta Cristina) ocuparon as tres primeiras posicións da clasificación. Paco Llobet arrancou con triunfo na Copa de España en Valencia, a finais de abril.
O subcampionato de España levouno Paco Lobet, en aguas de Girona, mientras que en Benalmádena (Málaga) concluiu a súa participación con un cuarto posto. Mellorou en Baiona (Pontevedra), ao lograr o seu segundo triunfo no circuíto. En Madrid, o regatista paralímpico firmou un segundo posto.
O alicantino Rafa Andarias, pola súa parte, só logrou un triunfo nas cinco probas, idéntico bagaxe que Antonio Maestre. O de Xábia lograba subir ao máis alto do caixón na segunda cita: L`Escala, mentras que o murciano o facía en Madrid. Tras Andarias e Maestre, ocupando a cuarta e quinta praza, clasificaronse o malagueño Javier Contreras (RCM Málaga), cun triunfo conseguido en Benalmádena, e o gallego Fran Piñeiro (CV Escota), con tres cuartos postos como mellores parciais.
A flota 2.4mR segue a súa preparación e posta a punto na Base de Valencia e xa ten as miras postas no Trofeo Internacional
Na Proba Nacional de Longa Distanciaimponse o equipo montañeiro condiscapacidade visual
Tres españois copan o podio do I CircuitoIberdrola de Vela Paralímpica 2013
10 CARTELEIRA
Argumento: A pasar de que pasaron os anos, a amizade entre Roz e Lil non cambiou.
Coñecéndose desde a infancia, o destino une de novo as súas vidas e danse conta que a confianza e o agarimo que se teñen segue aí. Tras uns matrimonios que fracasaron, as dúbidas comezan a xurdir e déixanse envolver por elas.
No seu mundo de agarimo e lealtad, a súa relación verase afectada pola aparición dos seus fillos adolescentes, que non só convivirán con elas, senón que espertarán o apetito sexual da amiga da súa nai. Enfrontándoas e recordándolles o que se sente ao ser queridas, esta preciosa historia será unha viaxe polas súas emocións e as súas
Fran Solana
Argumento: A humanidade convive cos “Retornados” , xente de aparencia normal que foi
infectada por un virus devastador. Só a inyección diaria dunha Proteína evita que se transformen en zombis. Kate traballa nunha unidade de investigación intentando atopar urxentemente unha vacina definitiva que impida que a epidemia se expanda. Ademais, oculta unha poderosa razón: a súa parella, Álex, é un “retornado”.
O caos desátase cando o Goberno anuncia a escaseza da Proteína e a paralización das investigacións, obrigando a todos os infectados a ingresar nun centro militar de alta seguridade. Temendo o peor, Kate y Álex deciden non acatar as ordes e fuxir. A súa conta atrás pola supervivencia comezou.
Ricardo Lamazares
Ficha TécnicaDirector: Anne Fontaine
Reparto: Robin Wright, Naomi Watts, Xavier Samuel, Ben Mendelson, James Frecheville
Ficha TécnicaDirector: Manuel Carballo
Reparto: Emily Hampshire, Kris Holden -Ried, Shawn Doyle, Claudia Bassols, Mark Schardan
RETORNADOS
DÚAS NAIS PERFECTAS
Argumento: Nun futuro próximo, unha raza alienígena chamada os Insectores atacou
a Terra. De non ser por un heroe lenxendario, o Comandante da Flota Internacional Mazer Rackham, todo se perderia. Preparándose para o próximo ataque, o estrito Coronel Hyrum Graff e o Exército Internacional adestran só aos mellores mozos para atopar ao futuro Mazer.
Ender Wiggin, un mozo tímido pero brillante estratega, é reclutado para unirse á élite. Á súa chegada a Escola de Batalla, Ender supera rápidamente retos cada vez máis difíciles, gañándose o respecto de todos ata chegar á Escola Dragón. Unha vez alí, Ender será adestrado polo mismísimo Mazer Rackham para liderar aos seus compañeiros soldados nunha épica batalla que determinará o futuro da Terra e a salvación da raza humana.
Luis Fernández
Ficha TécnicaDirector: Gavin Hood
Reparto: Asa Butterfield, Harrison Ford, Abigail Breslin, Ben Kingsley, Hailee Steinfeld, Viola Davis, Moises Arias, Nonso Anozie, Brandon Soo Hoo
O XOGO DE ENDER
11 CARTELEIRA
Argumento: ” Chámome Alassane Diakite, teño 22 anos, son de Mali. Con 15 anos
uns axentes de fútbol enganaron á miña familia para traerme a Europa. Diamantes Negros é unha película baseada na miña historia real”.
Chegaron a Europa desde Africa con 15 anos e a promesa de que serían estrelas do fútbol. Amadou e Moussa, amigos da infancia son captados en Mali por un olleador, separados das súas familias e traídos a Madrid para triunfar. Unha viaxe por España, Portugal e o norte de Europa, ensínalles de primeira man as sombras do chamado deporte rei, un negocio que deixará de tratalos como nenos para velos como “Diamantes Negros”.
O realizador cinematográfico Ridley Scott e o autor galardoado co Premio Pulitzer, Cormac
McCarthy, uniron as súas forzas no thriller cinematográfico “O Conselleiro”, no que
entretecen co enxeño e o humor negro característicos do escritor, un escenario de
pesadelo no que os antigos descoidos dun respectado avogado a propósito dun acordo
comercial ilegal, se descontrolan por completo. Contada con enxeño e, ao cabo, con
violencia e patetismo, esta película, é un conto con sentenza sobre o erro de tentar ao
destino. "Trata", di Cormac McCarthy, "de persoas que se ven envoltas en algo do que
deberían terse mantido á marxe".
Ana Novo
O CONSELLEIRO
Unha coñecida familia mafiosa americana trasládase á rexión francesa de Normandía
baixo un programa de protección de testemuñas do FBI.
Aínda que fan o posible para adaptarse ao seu novo estilo de vida, deseguida se verán
obrigados a utilizar os vellos métodos para solucionar os problemas da familia.
Gustavo Latorre
Ficha TécnicaDirector: Miguel Alcantud
Reparto: Carlos Bardem, Guillermo Toledo, Carlo D´ursi, Santiago Molero, Ana Risueño, Antonio Barroso
A FAMILIA
Ficha TécnicaDirector: Luc Besson
Reparto: Robert De Niro, Michelle Pfeiffer, Tommy Lee Jones, Dianna Agron, Domenick Lombardozzi
Roberto Camba
DIAMANTES NEGROS
Ficha TécnicaDirector: Ridley Scott
Reparto: Michael Fassbender, Penélope Cruz, Cameron Diaz, Javier Bardem, Brad Pitt, Natalie Dormer, Rosie Perez, Rubén Blades, Bruno Ganz
12 RINCÓN LITERARIO
O outro día fun ver a mostra fotográfica de Xosé Reigosa, titulada Entre Marbella e
Torremolinos. Imaxes do manicomio, que rematou na Deputación de Lugo. A mostra
é un percorrido pola historia do Hospital Psiquiátrico de San Rafael de Castro
Riberas de Lea (Castro de Rei), inaugurado en 1953.
O Hospital psiquiátrico de Castro é unha referencia para toda a provincia de Lugo, ao
igual que o de Coruxo é unha referencia para A Coruña ou o do Rebullón para Vigo.
Castro funcionou dende 1954 xestionado pola Deputación Provincial, chegando a ser
o segundo gran centro de reclusión para enfermos mentais de Galicia.
O título da exposición reflicte a existencia de dous pavillóns, o das mulleres,
chamado Marbella, e o dos homes chamado Torremolinos. Os pavillóns estaban
incomunicados, podendo acceder dun ao outro por un nucleo central onde confluían
ambos sexos. En contra das ideas da sociedade, os coidadores saben que había
moita humanidade entre Marbella e Torremolinos, sentimentos e emocións recluidos
(con ou sen razón) que ainda eran capaces de soñar en liberdade e que reflicten
unha consciencia do enfermo mental sobre a súa propia situación, en contra da idea
estereotipada da sociedade.
Tratábase de excluir, de afastar, de esquecer a aquelas persoas con enfermedades mentais, que eran condenadas ao encerro
perpetuo e con el a máis terrible soidade. Ao longo da exposición queda de manifiesto unha carencia afectiva permanente do enfermo
mental , ás veces paliada tenuemente polos coidadores e polos mesmos internos que incluso estableceron relacións amorosas entre
Marbella e Torremolinos, entre homes e mulleres. No entanto, Castro era o lugar no que a cordura esquecia o medio a través da
reclusión da demencia.
A pesares desta intención reclusiva presente na propia estrutura do edificio, débense mencionar experiencias integradoras ao longo
dos anos, como a existencia dun piso tutelado onde os enfermos en mellor estado gozaban de certa autonomía. Xunto con isto, tamén
hai que mencionar a integración dos internos na vida de Castro, que lonxe de excluílos, naturalizounos no seu propio balbordo. Era
frecuente ver persoas do San Rafael comendo o polbo nas feiras ou dando paseos polo pobo. Ninguén lles tiña medo aos “tolos de
Castro”, porque todos sabían que eran una parte fundamental do seu entorno.
Cos anos o San Rafael foi unha autentica comunidade humana que viviu en réxime de interdependencia, os enfermos apoiábanse
mutuamente para a satisfacción das súas necesidades. Esta comunidade humana ía incluso máis ala da morte, como se amosa no
feito de que o manicomio tivera o seu propio cemiterio para honrar a memoria dos esquecidos pola propia familia. Isto déixase sentir
no feito de que, ante o peche, moitos internos perden o eixo central e fundamental da súa vida, véndose obrigados a unha
reestructuración forzosa non exenta de difilcutades.
Reigosa consegue nestas imaxes o gran obxetivo de humanizar a tolemia, dándolle voz a aqueles que foron expropiados dela, a
través da infravaloración dos seus pareceres. Ao facelo, atopámonos coa consciencia da propia enfermidade, con xente que non se
nega a si misma , senón que se recoñece máis alá da súa propia historia. Parece que a hipocrisía quedou arredada dos muros de
Castro, e a razón penetrounos ata o máis profundo. Polo que cabe reflexionar sobre o que é e o que non é normal, sobre o que é e
non é aceptable, e sobre o esquecemento ao que sometemos a esta xente sen pensar no irracional xeito de vida que nos impón esta
sociedade. Estaremos todos tolos?
Entre Marbella e Torremolinos
Iago SantallaEx-usuario Aula de NN.TT. COGAMI CRD- Fingoi ( Lugo)
13 POESÍA
Noticia
EN INTERNET
- Blog DISINCREIBLES de Fingoi:
- Proyecto Retadis:
- Polibea Turismo: e-mail:
Federación Española De Ortesistas Protesistas (FEDOP): e-mail:
- Canal Discapacidade:
- Información Discapacidade:
- Portal Solidario:
- Blog Amica:
- Cogami:
- Cocemfe:
- Cermi:
- Sin Barreras:
- Socialia:
- Lugo Accesible:
- Voluntariado Galego:
http://www.disincreibles blogspot.com
http://www.retadis.es
http://www.polibea.com [email protected]
http://www.fedop.org [email protected]
http://www.risolidaria.org
http://www.discapnet.es
http://www.portalsolidario.net
http://www.sotileision.blogspot.com
http://www.cogami.es
http://www.cocemfe.es
http://www.cermi.es
http://www.telepolis.com/comunidades/sinbarreras/
http://www.socialia.org
http://www.lugoaccesible.net
http://www.voluntariadogalego.org/web/
-
(Único portal gallego dirigido específicamente al 3° sector.)
Enrique Sanmartín
Espertar dende o ceo
José Ángel Vázquez CirizaUsuario de Cogami Monterroso
Que dicir
Non sabemos que dicir...
nin sabemos que pensar...
pero é o teu "Cumpre" Sofía
e desexámosche felicidade.
Todo nos parece pouco,
non sabemos que regalar.
Acompañámolo con estas palabras,
que esperamos chéguenche a gustar.
Palabras sen forma
que non teñen moito sentido.
E aínda que parezan un pouco "coña"
felicitámoste como é debido.
Espertarte baixo
un ceo de
auroras, e despois
direiche que
estou namorado de
ti, aínda que non
sirva para nada,
porque os dous
sabemos que o noso
amor é imposible,
e ningén pode
facer nada ante
esta situación de
respecto, cara ao
amor que sinto
por ela.
PROGRAMA OPERATIVO FSE-GALICIA 2007-2013
COFINANCIADO POLO FONDO SOCIAL EUROPEO E A XUNTA DE GALICIA
CONSELLERIA DE TRABALLO E BENESTAR- SECRETARIA XERAL DE POLITICA SOCIAL E IMPARTIDO POR COGAMI A PERSOAS CON DISCAPACIDADE