Onde a terra manda no aire - Inicio - MeteoGalicia · terra chÁ ais vales do ouro e masma val do...

1
www.meteoroloxia.org TERRA CHÁ SERRAS ORIENTAIS VALES DO OURO E MASMA VAL DO XUBIA VAL DO EUME VALES DO ULLA VAL DE OURENSE VALDO TAMBRE VAL DO LÉREZ VAL DO VERDUGO F O S A P A D R Ó N - T U I LEMOS - SARRIA MACEDA D O R S A L G A L E G A S E R R A S S E P T E N T R I O N A I S S E R R A S S U D O R I E N T A I S Onde a terra manda no aire Rías Baixas Costas recortadas. Brisas de pouco alcance. Masas de aire húmido do océano teñen que concentrarse e elevarse repentinamente, arrefríanse e fanse inestables; prodúcense chu- vias. Ás zonas máis interiores o aire chega seco. Rías Altas Relevo máis suave; chegan ao inte- rior as perturbacións atlánticas, man- tendo clima oceánico. Precipitacións máis graduais. As brisas chegan ata 5 km terra adentro, refrescan e hume- decen a terra, diminúen contrastes térmicos e aumentan as nubes. En Galicia atopamos climas diferentes en función das características xeográficas e atmosféricas locais: a orografía, a distancia ata o mar, a presenza das rías, a latitude. Costa No verán a calor desprendida pola terra produce cúmulos ou cúmulo-nimbos. A diferencia de tempera- tura entre mar e terra favorece a formación de brisas. As masas de auga quecen en contacto coa costa, transmitindo enerxía á atmosfera. O aire móvese de onde hai máis presión a onde hai menos; a brisa ma- riña vai cara o interior do continente polo día. Á noite invírtese a situación, aparecendo as brisas terrais. Montañas Coa altura descende a temperatura (0,65 ºC por cada 100 m) pero aumenta a radiación solar. Variacións térmicas grandes e fortes ventos. Vertente norte (ou de sombría) máis húmida e fría cá vertente sur (ou de solana), onde a radiación solar incide máis vertical. As frontes cálidas sofren unha brusca freada. Unha cuña de aire frío oprímese entre a fronte e a montaña, polo que a fronte cálida avanza na horizontal moi lentamente, sendo obrigada a subir enerxicamente formando nubes e precipitacións. Nas frontes frías o aire cálido comprímese entre a terra e a fronte sufrindo un ascenso forzado, desestabilizando a situación atmosférica e producindo chuvascos intensos, baixada de presións, refoleadas de vento. O aire arrefría ao subir a montaña, acadando e rebordando o nivel de condensación da auga. O aire húmido capta calor do ambiente, aumenta a súa enerxía e condensación, provocando tormentas. Se o arrefriamento é moi intenso non acumula enerxía e só chovería. Cando o aire descende das montañas vaise quentando pouco a pouco, dificultando as precipitacións. Serras Canalizan os fluxos de aire, distribuín- do precipitacións, gradientes de hu- midade e regulando temperaturas. A Dorsal Galega actúa de barreira permeable entre as chairas de inte- rior (Terra Chá, Lemos, A Limia...) e as terras da fachada litoral atlántica. Vales Lérez, Verdugo, Eume, Xubia, Ouro e Masma. Reparten as masas de aire oceánico permitindo que se acheguen á Dorsal. Ulla e Tambre. Vales grandes que conectan a costa co interior. Vales fluviais interiores. A radia- ción solar e a temperatura varían moito dunha vertente á outra. Xun- to coa humidade propia dos ríos favorece as brisas de val, as inver- sións térmicas e as néboas de es- tancamento. Fosas tectónicas Padrón, Caldas e Tui-Budiño, Terra Chá. Depresións no terreo de norte a sur, flanqueadas por fortes penden- tes; son as fosas tectónicas. Preto da costa non inflúen apenas no clima, pero no interior (especialmente no sudeste) presentan unha maior am- plitude térmica e frecuentes néboas, así como chuvias escasas. LIMIA MONTERREI VALDEORRAS CHANTADA O BOLO SERRA DO SUÍDO MONTES DO TESTEIRO SERRA DO FARO SERRA DO LABOREIRO SERRA DO XURÉS SERRA DE QUEIXA SERRA DO EIXE SERRA DO COUREL SERRA DOS ANCARES SERRA DO XISTRAL

Transcript of Onde a terra manda no aire - Inicio - MeteoGalicia · terra chÁ ais vales do ouro e masma val do...

Page 1: Onde a terra manda no aire - Inicio - MeteoGalicia · terra chÁ ais vales do ouro e masma val do xubia val do eume vales do ulla val de ourense valdo tambre val do lÉrez val do

w w w . m e t e o r o l o x i a . o r g

T E R R AC H Á

SE

RR

AS

OR

I EN

TA

I SVALES DO OURO E MASMA

VAL DO XUBIA

VAL DO EUME

VALES DO ULLA

VAL DE OURENSE

VALDO TAMBRE

VAL DO LÉREZ

VAL DO VERDUGO

FO

SA

P

AD

N-

TU

I

LEMOS - SARRIA

MACEDA

DO

R

SA

L

GA

LE

GA

S E R R A S S E P T E N T R I O N A I S

S E R R A S S U D OR

I EN

TA

IS

Onde a terra manda no aireRías BaixasCostas recortadas. Brisas de pouco alcance. Masas de aire húmido do océano teñen que concentrarse e elevarse repentinamente, arrefríanse e fanse inestables; prodúcense chu-vias. Ás zonas máis interiores o aire chega seco.

Rías AltasRelevo máis suave; chegan ao inte-rior as perturbacións atlánticas, man-tendo clima oceánico. Precipitacións máis graduais. As brisas chegan ata 5 km terra adentro, refrescan e hume-decen a terra, diminúen contrastes térmicos e aumentan as nubes.

En Galicia atopamos climas diferentes en función das características xeográficas e atmosféricas locais: a orografía, a distancia ata o mar, a presenza das rías, a latitude.

CostaNo verán a calor desprendida pola terra produce cúmulos ou cúmulo-nimbos. A diferencia de tempera-tura entre mar e terra favorece a formación de brisas. As masas de auga quecen en contacto coa costa, transmitindo enerxía á atmosfera. O aire móvese de onde hai máis presión a onde hai menos; a brisa ma-riña vai cara o interior do continente polo día. Á noite invírtese a situación, aparecendo as brisas terrais.

MontañasCoa altura descende a temperatura (0,65 ºC por cada 100 m) pero aumenta a radiación solar. Variacións térmicas grandes e fortes ventos. Vertente norte (ou de sombría) máis húmida e fría cá vertente sur (ou de solana), onde a radiación solar incide máis vertical.

As frontes cálidas sofren unha brusca freada. Unha cuña de aire frío oprímese entre a fronte e a montaña, polo que a fronte cálida avanza na horizontal moi lentamente, sendo obrigada a subir enerxicamente formando nubes e precipitacións.

Nas frontes frías o aire cálido comprímese entre a terra e a fronte sufrindo un ascenso forzado, desestabilizando a situación atmosférica e producindo chuvascos intensos, baixada de presións, refoleadas de vento.

O aire arrefría ao subir a montaña, acadando e rebordando o nivel de condensación da auga. O aire húmido capta calor do ambiente, aumenta a súa enerxía e condensación, provocando tormentas. Se o arrefriamento é moi intenso non acumula enerxía e só chovería. Cando o aire descende das montañas vaise quentando pouco a pouco, dificultando as precipitacións.

SerrasCanalizan os fluxos de aire, distribuín-do precipitacións, gradientes de hu-midade e regulando temperaturas. A Dorsal Galega actúa de barreira permeable entre as chairas de inte-rior (Terra Chá, Lemos, A Limia...) e as terras da fachada litoral atlántica.

ValesLérez, Verdugo, Eume, Xubia, •Ouro e Masma. Reparten as masas de aire oceánico permitindo que se acheguen á Dorsal.Ulla e Tambre.• Vales grandes que conectan a costa co interior.Vales fluviais interiores.• A radia-ción solar e a temperatura varían moito dunha vertente á outra. Xun-to coa humidade propia dos ríos favorece as brisas de val, as inver-sións térmicas e as néboas de es-tancamento.

Fosas tectónicasPadrón, Caldas e Tui-Budiño, Terra Chá. Depresións no terreo de norte a sur, flanqueadas por fortes penden-tes; son as fosas tectónicas. Preto da costa non inflúen apenas no clima, pero no interior (especialmente no sudeste) presentan unha maior am-plitude térmica e frecuentes néboas, así como chuvias escasas.

LIMIA

MONTERREI

VALDEORRAS

CHANTADA

O BOLO

SERRA DO SUÍDO

MONTES DO TESTEIRO

SERRA DO FARO

SERRA DO LABOREIRO

SERRA DO XURÉS

SERRA DE QUEIXA

SERRA DO EIXE

SERRA DO COUREL

SERRA DOS ANCARES

SERRA DO XISTRAL