TEMA 1

18
TEMA 1 A TERRA NO UNIVERSO

description

TEMA 1. A TERRA NO UNIVERSO. 1.- TEORÍAS SOBRE A SITUACIÓN DA TERRA NO UNIVERSO .-. Teoría xeocéntrica: Sitúa a Terra no centro do universo. O Sol e os planetas xiran arredor da Terra. Teoria heliocéntrica: Situa o Sol no centro do universo. A Terra e os planetas xiran arredor do Sol. - PowerPoint PPT Presentation

Transcript of TEMA 1

Page 1: TEMA 1

TEMA 1

A TERRA NO UNIVERSO

Page 2: TEMA 1

1.- TEORÍAS SOBRE A SITUACIÓN DA TERRA NO

UNIVERSO.-

Teoría xeocéntrica: Sitúa a Terra no centro do universo. O Sol e os planetas xiran arredor da Terra.

Teoria heliocéntrica: Situa o Sol no centro do universo. A Terra e os planetas xiran arredor do Sol.

Page 3: TEMA 1

2.- As distancias no universo

Os astróno mos empregan as seguintes unidades: Unidade astronómica (UA). É a distancia media entre a

Terra e o Sol. Equivale a 149 600 000 km, aínda que esta cifra acostuma a se redondear a 150000000 km.

Ano luz (al). É a distancia que percorre a luz nun ano propagán dose á velocidade de 300000 km por segundo.

Pársec (pc): 1 pc = 3,26 anos luz. As distancias planetarias acostuman a se expresar en

UA, mentres que as dimensións galácticas ou as distancias a outras galaxias ou obxectos afastados do universo exprésanse en anos luz.

Page 4: TEMA 1

3.- As galáxias.

As galaxias defínense como enormes agrupacións de estrelas e gas e pó interestelares. Poden conter billóns ou trillóns de estrelas que, á súa vez, posúen en moitas ocasións sistemas planetarios.

O universo está formado esencialmente por billóns ou trillóns de galaxias.

As galaxias agrúpanse, en xeral, en cúmulos de galaxias. A Vía Láctea, por exemplo, atópase no chamado «Grupo Local» xunto coa galaxia de Andrómeda, as Nubes de Magalláns, etcétera

Page 5: TEMA 1

3.1.- Nebulosas e cúmulos estelares Nebulosas. Son concentracións de gas

(principalmente hidróxeno e helio) e pó interestelar. Cúmulos estelares. Son agrupacións máis ou

menos compactas de estrelas fisicamente próximas entre si. Cando son moi densos reciben o nome de cúmulos globulares e acostuman a se atopar no halo da galaxia. Cando non son tan compactos chámanse cúmulos abertos e localízanse no interior da galaxia.

Page 6: TEMA 1

3.2. A Via Láctea.

Trátase da nosa propia galaxia. Componse de varios centenares de miles de millóns de

estrelas, entre as que se atopa o Sol. Na Vía Láctea distínguense as seguintes partes:

Núcleo central: É a zona central da galaxia, formada por unha gran cantidade de estrelas vellas.

Brazos espirais ou disco galáctico: Eiquí atópanse as estrelas máis xoves. O noso Sol sitúase nun deses brazos, o chamado Brazo de Orión.

Halo: Envolve o núcleo e o disco, e componse fundamentalmente de

estrelas illadas e cúmulos globulares.

Page 7: TEMA 1

4.- As estrelas.-

As estrelas son grandes esferas de hidróxeno e helio que liberan enerxíafusión nuclear partículas de hidróxeno helio + enerxía

4.1.- Características das estrelas:Son o brillo e a cor.

Brillo. Está relacionado coa distancia, coa cantidade de enerxía emitida pola estrela e, en consecuencia, co seu tamaño.

Cor. Depende da temperatura superficial da estrela.

Page 8: TEMA 1

4.2.- O Sol

O Sol é unha estrela mediana de tipo G, que acada unha temperatura superficial duns 5 500 ºC.

Componse, aproximadamente, dun 75 % de hidróxeno, un 25 % de helio e unha pequena porcentaxe de osíxeno, carbono, ferro e outros elementos.

O Sol xira sobre si mesmo no sentido contrario ao das agullas do reló.

Page 9: TEMA 1

5.- O Sistema Solar:

Denomínase sistema solar o conxunto de planetas, planetas ananos, satélites, asteroides e cometas que orbitan de maneira regular arredor do Sol.

Page 10: TEMA 1

5.1.- Compoñentes do Sistema Solar.- Unha estrela mediana: o Sol. Un conxunto de planetas, planetas ananos e satélites. Os planetas

orbitan arredor do Sol e, os satélites, arredor dos planetas. Planetas. Son: Mercurio, Venus, Terra, Marte, Xúpiter, Saturno,

Urano e Neptuno. Planetas ananos. Nesta categoría inclúense Plutón, Ceres e Eris,

ademais doutros planetas ananos menores e máis afastados. Satélites. Un cinto de asteroides. Cometas. Corpos formados por rochas, xeo e po procedentes do

cinto de Kuiper ou da nube de Oort.

Page 11: TEMA 1

5.1.- Compoñentes do Sistema Solar.-

Esquema gráfico sistema solar

Page 12: TEMA 1

5.2.- Características do Sistema Solar: Denomínase movemento de translación o movemento que realizan

os planetas arredor do Sol. Denomínase movemento de rotación o movemento que efectúan

moitos planetas arredor do seu eixe. As órbitas que todos os planetas describen arredor do Sol, excepto

a de Plutón, atópanse aproximadamente no mesmo plano. Os planetas xiran arredor do Sol en sentido contrario ao das agullas

do reloxo (sentido antihorario). O tempo que tardan en dar unha volta completa arredor do Sol é o que chamamos ano.

A maioría dos planetas xiran sobre si mesmos arredor dun eixe case perpendicular ao plano da súa órbita arredor do Sol, agás Urano, cuxo eixe de rotación está practicamente deitado sobre o plano orbital

O tempo que un planeta inviste en xirar sobre si mesmo é o que chamamos día.

Page 13: TEMA 1

5.3.- Características dos planetas:

Planetas ananos: Plutón, Ceres e Iris. Planetas interiores: Mercurio: É o máis próximo ao Sol. Non posúe atmosfera. Ten un

período de rotación moi lento. Non ten satélites, Venus: Ten un tamaño e unha densidade similares á Terra. A súa

atmosfera é moi densa e está formada por dióxido de carbono e ácido sulfúrico. Rota en sentido contrario ao resto dos planetas e é o que ten unha maior temperatura superficial. Non ten satélites.

Terra: É coñecido como o planeta azul. Ten auga líquida e unha atmosfera moi variada coa presenza de gases indispensables para a existencia de vida. A súa rotación dura un día e a súa translación ao redor do Sol, dura un ano. Ten un satélite, a Lúa.

Marte: É o máis parecido á Terra. Ten unha delgada capa atmosférica formada maioritariamente por dióxido de carbono. Ten dous satélites, Fobos e Deimos.

Page 14: TEMA 1

5.3.- Características dos planetas:

Planetas exteriores: Xúpiter: É un xigante gasoso constituído principalmente por

hidróxeno e helio. Pénsase que o seu núcleo é rochoso.Ten catro grandes satélites e outros máis pequenos.

Saturno: Planeta gasoso formado na súa maior parte por hidróxeno. O seu trazo máis característico é que está rodeado por un sistema de aneis. Ten dezanove satélites coñecidos.

Urano: É un planeta gasoso formado por hidróxeno, helio e metano. É un planeta xeado, con temperaturas superficiais moi baixas. Xira, xunto con Venus, en sentido contrario aos demais planetas. Ten cinco satélites coñecidos.

Neptuno: É un planeta gasoso formado por hidróxeno, helio e metano. É un planeta xeado, con interior quente. Ten dous satélites coñecidos.

Page 15: TEMA 1

6.- O sistema Terra-Lúa.-6.1. Os movementos da Terra: A terra efectúa dous movementos: o de translación e o de rotación.

Movemento de translación. ATerra trasládase arredor do Sol describindo unha órbita plana que recibe o no me de eclíptica. Tarda 365 días en completar esta órbita, perío do que se denomina ano.Deste movemento derivase a existencia das catro posicións características da Terra, coñecidas como solsticios e equinoccios, así como as estacións do ano.

Movemento de rotación. É o movemento que realiza o planeta Terra arredor do seu eixe cada 24 horas. Debido a isto, sucédense o día e a noite.

As estacións do ano son períodos nos que as variacións de temperatura dependen da inclinación con que incidan os raios de Sol sobre a Terra.

A rotación regular da Terra arredor do seu eixe cada 24 horas é a causa da

sucesión do día e da noite.

O movemento de rotación do noso planeta, visto desde o polo Norte, prodúcese en sentido contrario ás agullas do reloxo, é dicir, de Oeste a Leste.

Page 16: TEMA 1

6.- O sistema Terra-Lúa.-

6.2.- Os movementos da lua.- Un movemento arredor da Terra, no que emprega, aproximadamente, 28

días (período lunar). Un movemento arredor do seu eixe, no que inviste tamén 28 días.

6.3.- As fases da lúa: Lúa nova, cuarto crecente, lúa chea, cuarto minguante.

6.4.- As mareas.- As mareas son subidas e baixadas do nivel do mar. Este movemento, que

se repite de forma periódica, débese, principalmente, á atracción que a Lúa e, en menor medida, o Sol exercen sobre a Terra. Esta atracción é causada pola gravidade.

Cando o nivel do mar se eleva, prodúcense as chamadas mareas altas. Polo contrario, cando descende o nivel do mar, danse as mareas baixas.

Page 17: TEMA 1

6.- O sistema Terra-Lúa.-

6.5.- Os eclipses.-

Eclipse de Sol: o Sol é ocultado pola Lúa, que se interpón entre el e a Terra.

Eclipse de Lúa: aTerra interponse entre o Sol e a Lúa, de xeito que impide que esta reciba luz solar.

Para que se produza un eclipse, a Lúa, a Terra e o Sol débense atopar aproximadamente sobre a mesma liña.

Page 18: TEMA 1

7.- A Terra, ¿é plana ou redonda?.-

Procedementos que dendê antigo permitiron saber que a Terra era redonda:

A Estrela Polar vese a menor altura sobre o horizonte cando se viaxa desde o norte cara ao sur.

A sombra que aTerra proxecta sobre a lúa nos eclipses lunares é redonda.

Outra razón de peso que confirmaba a esfericidade do noso planeta baseábase en que tanto a Lúa como o Sol son redondos e, por semellanza, a Terra debíao ser tamén.