Tema 1. Exercicios de masa, volume e densidade con lectura 2

4
Ciencias da Natureza 1º ESO. Profesor Xacobo de Toro. CPI Conde de Fenosa 2010/11 Tema 1. Definición e propiedades da materia. Boletín de exercicios: masa, volumen e densidade. Exercicios de masa: Converte as seguintes unidades: 5 kg cg 3t kg 4,3 cg kg 3t hg 9000mg g 450g cg 9000000mg kg 90 kg g 10 dag cg 3,7 kg g 3,7 Kg hg 5356’7 kg t Exercicios de volume: 1m 3 cm 3 1000mm 3 dam 3 1m 3 dam 3 5,963Km 3 m 3 1m 3 hm 3 5dm 3 l 5,93cm 3 mm 3 3,9m 3 l 0’07dam 3 m 3 5L cm 3 1000mm 3 m 3 1ml cm 3 Lectura e Exercicios de densidade: (Sacado de visionlearning.com o 3-10-2010 e traducido por Xacobo de Toro: http://www.visionlearning.com/library/module_viewer.php? mid=37&l=s# ) Aló polo 250 a.C (máis ou menos), o matemático grego Arquímedes recibiu a tarefa de determinar se un artesán defraudara o Rei de Siracusa cando cambiou unha medida de ouro na coroa do Rei por unha de prata (sospeitando que deste xeito o orfebre se quedaba con parte do ouro). Arquímedes reflexionou sobre o problema mentres se relaxaba nunha piscina. Aí deuse conta que a auga se esparexía aos lados da piscina. Arquímedes tivo unha epifanía (unha revelación). Deuse conta que a cantidade de auga que se esparexía era igual en volume que o espazo que o seu corpo ocupaba na mesma. De súpeto! este feito deulle o método para diferenciar unha

description

Apuntamentos e Boletín de xercicios1º esoCiencias da NaturezaXacobo de Toro

Transcript of Tema 1. Exercicios de masa, volume e densidade con lectura 2

Page 1: Tema 1. Exercicios de masa, volume e densidade con lectura 2

Ciencias da Natureza 1º ESO. Profesor Xacobo de Toro. CPI Conde de Fenosa 2010/11 Tema 1. Definición e propiedades da materia. Boletín de exercicios: masa, volumen e densidade.

Exercicios de masa:

Converte as seguintes unidades:

5 kg cg 3t kg

4,3 cg kg 3t hg

9000mg g 450g cg

9000000mg kg 90 kg g

10 dag cg 3,7 kg g

3,7 Kg hg 5356’7 kg t

Exercicios de volume:

1m3 cm3 1000mm3 dam3

1m3 dam3 5,963Km3 m3

1m3 hm3 5dm3 l

5,93cm3 mm3 3,9m3 l

0’07dam3 m3 5L cm3

1000mm3 m3 1ml cm3

Lectura e Exercicios de densidade:

(Sacado de visionlearning.com o 3-10-2010 e traducido por Xacobo de Toro: http://www.visionlearning.com/library/module_viewer.php?mid=37&l=s# )

Aló polo 250 a.C (máis ou menos), o matemático grego Arquímedes recibiu a tarefa de determinar se un artesán defraudara o Rei de Siracusa cando cambiou unha medida de ouro na coroa do Rei por unha de prata (sospeitando que deste xeito o orfebre se quedaba con parte do ouro). Arquímedes reflexionou sobre o problema mentres se relaxaba nunha piscina. Aí deuse conta que a auga se esparexía aos lados da piscina. Arquímedes tivo unha epifanía (unha revelación). Deuse conta que a cantidade de auga que se esparexía era igual en volume que o espazo que o seu corpo ocupaba na mesma. De súpeto! este feito deulle o método para diferenciar unha coroa de ouro e prata dunha coroa de ouro puro. Xa que a medida da prata ocupa máis espazo que o equivalente da medida de ouro, Arquímedes puxo a coroa do artesán e outra coroa equivalente de ouro puro en dous cubos de auga. Encontrou que se esparexía máis auga do cubo cando a coroa do artesán estaba dentro. Resulta que o artesán estivera a defraudar o Rei. A lenda di que Arquímedes estaba tan entusiasmado co seu descubrimento que correu nu polas rúas de Grecia berrando Eureka! Eureka! (A palabra grega que significa “Atopeino”). Arquímedes usara o concepto de densidade para expoñer esta fraude. A densidade é unha propiedade física da materia que describe o grao de compactidade dunha substancia. A densidade describe en que medida están unidos os átomos dun elemento ou as moléculas dun composto.

Page 2: Tema 1. Exercicios de masa, volume e densidade con lectura 2

Ciencias da Natureza 1º ESO. Profesor Xacobo de Toro. CPI Conde de Fenosa 2010/11 Tema 1. Definición e propiedades da materia. Boletín de exercicios: masa, volumen e densidade.

Mentres máis unidas están as partículas individuais dunha substancia, máis densa é a substancia. Posto que as diferentes substancias teñen densidades diferentes, as medidas da densidade son unha vía útil para identificar as substancias. Por exemplo, como distinguir unha tonelada de plumas dunha tonelada de ladrillos se non puideran ser vistas? Unha tonelada de plumas ou ladrillos teñen unha masa idéntica de 1,000 Kg (unha tonelada ). Non obstante, unha tonelada de plumas ocupa un volume de case 400,000, 000 millóns cm3 (máis ou menos o tamaño de 4 tractores), mentres que unha tonelada de ladrillos ocupa só 500,000 cm3 (máis ou menos o tamaño dunha televisión grande das vellas). Os ladrillos son máis densos que as plumas porque a súa masa está contida nun volume máis pequeno. Esta relación entre masa e volume dunha substancia é o que define a propiedade física da densidade.

Vexamos un exemplo. Un ladrillo típico ten unha masa de 2,268 g e ocupa un volume de 1,230 cm3. A densidade do ladrillo é por tanto:

2,268 g/1,230 cm3 =1.84 g/cm3 Mire a táboa aquí mostrada para ver exemplos das densidades de substancias comúns.

Densidade dalgunhas Sustancias ComúnsSubstancia Densidade (g/cm3)

Aire 0.0013

Plumas 0.0025

Madeira (Carballo) 0.6 - 0.9

Xeo 0.92

Auga 1.00

Ladrillos 1.84

Aluminio 2.70

Aceiro 7.80

Prata 10.50

Ouro 19.30

1.Densidade defínese como (suliña a correcta):

Page 3: Tema 1. Exercicios de masa, volume e densidade con lectura 2

Ciencias da Natureza 1º ESO. Profesor Xacobo de Toro. CPI Conde de Fenosa 2010/11 Tema 1. Definición e propiedades da materia. Boletín de exercicios: masa, volumen e densidade.

A B C D E Fd=m/v b)d= v/m D= m.v

D DD=v.m

2. Atopa a densidade dos seguintes obxectos e ordéaos de maior a menor densidade

Obxecto: A B C Dm 5 g 1000g 8’5 g 10 gv 20 cm3 10 cm3 2,25 cm3 10 cm3

3.a) Un cubo de aluminio de 225 cm3 ten una masa de 8.775 kg. ¿Cál é a densidade do aluminio? Exprésao tamén en kg/m3 . b) Cál é a densidade dun obxecto de 5 cm3 e 500 g de masa?. C) e doutro que ten de masa 7 kg e 5 cm3?. D) Cal de todos eles ten maior densidade?.

4.A maioría dos grandes barcos se constrúen con aceiro, pese ao cal flotan no mar. ¿Cómo pensas que isto é posible?

5. Busca no libro cal é a densidade do aceite e da auga. Cando cociñas pasta na casa e engades aceite na auga, que é o que acontece? Flota ou vaise ó fondo?. A qué pensas que se pode deber isto?

6. Completa a seguinte táboa, alí onde falten os valores correspondentes:

Densidade en kg/m3

Masa en kg

Volume en m3

1200 52.5 0.005

0.136