Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media

8
TEMA 6 A ALTA IDADE MEDIA 1. A RUPTURA DA UNIDADE DO MEDITERRÁNEO 1.1. A FIN DO IMPERIO ROMANO O Imperio romano estendeu as súas conquistas polas beiras do mar Mediterráneo, ao que chamaban Mare Nostrum. Incluía boa parte de Europa, o norte de África e Asia Menor o que fixo que o Mediterráneo fose un espazo unido gobernado desde Roma. As dificultades para administrar un territorio tan extenso conduciron a unha grave crise política, económica e social no século III. Ademais, os pobos xermánicos -que vivían fóra das fronteiras (limes) do Imperio e aos que os romanos chamaban bárbaros- asentáronse nos dominios do Imperio. Como consecuencia destes problemas, tras a morte do emperador Teodosio no ano 395, produciuse a división do Imperio en dúas partes: Imperio romano de Oriente: con capital en Constantinopla, gobernado polo emperador Arcadio. Imperio romano de Occidente: con capital en Roma, gobernado polo emperador Honorio. A división do Imperio supón a primeira ruptura da unidade no Mediterráneo. A crise continuou a agudizarse e no ano 476 asistimos á desaparición do Imperio Romano de Occidente coa caída de Roma. A partir dese momento cada espazo evolucionou de forma diferente: O Imperio romano de Oriente, ao non verse afectado polas incursións xermánicas, sobrevivirá durante case mil anos máis (ata 1453) baixo a denominación de Imperio bizantino. A súa capital establécese na cidade de Constantinopla, que pasará a chamarse Bizancio. O Imperio romano de Occidente, tras a caída de Roma foi ocupado e reorganizado polos pobos xermánicos. Ostrogodos, francos, suevos ou visigodos asentáronse neste territorio e formaron os primeiros reinos xermánicos medievais. 1.2. O NACEMENTO DO ISLAM No século VII, un novo poder aparece no Mediterráneo: o islam. A partir das doutrinas relixiosas predicadas polo profeta Mahoma na península de Arabia, os musulmáns irrompen na historia e comezan a espallarse por Oriente Próximo e o norte de África durante os séculos VII e VIII. No seu avance chegarán á península ibérica, onde formarán Al Andalus. O xurdimento e expansión do islam constitúe a segunda ruptura do Mediterráneo. A comezos da Idade Media esta é a situación: ao leste o Imperio bizantino, ao oeste os reinos xermánicos e ao sur os musulmáns. 2. OS REINOS XERMÁNICOS NA EUROPA OCCIDENTAL 2.1. A CHEGADA DOS POBOS XERMÁNICOS A debilidade do Imperio romano a partir do século III permitiu aos pobos xermánicos introducirse progresivamente nas súas fronteiras. Estes pobos protagonizaron grandes migracións desde o norte de Europa na busca de novas terras nas que asentarse, debido ao crecemento demográfico e á presión dos hunos desde o leste. Expandíronse a través de invasións do territorio, pero tamén chegaron a pactos (foedus) Xeografía e Historia – 2º ESO ©RPV 1

Transcript of Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media

Page 1: Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media

TEMA 6A ALTA IDADE MEDIA

1. A RUPTURA DA UNIDADE DO MEDITERRÁNEO1.1. A FIN DO IMPERIO ROMANO

O Imperio romano estendeu as súas conquistas polas beiras do mar Mediterráneo, ao quechamaban Mare Nostrum. Incluía boa parte de Europa, o norte de África e Asia Menor o que fixoque o Mediterráneo fose un espazo unido gobernado desde Roma.

As dificultades para administrar un territorio tan extenso conduciron a unha grave crisepolítica, económica e social no século III. Ademais, os pobos xermánicos -que vivían fóra dasfronteiras (limes) do Imperio e aos que os romanos chamaban bárbaros- asentáronse nosdominios do Imperio.

Como consecuencia destes problemas, tras a morte do emperador Teodosio no ano 395,produciuse a división do Imperio en dúas partes:

• Imperio romano de Oriente: con capital en Constantinopla, gobernado polo emperador Arcadio.

• Imperio romano de Occidente: con capital en Roma, gobernado polo emperador Honorio.

A división do Imperio supón a primeira ruptura da unidade no Mediterráneo.

A crise continuou a agudizarse e no ano 476 asistimos á desaparición do Imperio Romano deOccidente coa caída de Roma. A partir dese momento cada espazo evolucionou de formadiferente:

• O Imperio romano de Oriente, ao non verse afectado polas incursións xermánicas,sobrevivirá durante case mil anos máis (ata 1453) baixo a denominación de Imperiobizantino. A súa capital establécese na cidade de Constantinopla, que pasará achamarse Bizancio.

• O Imperio romano de Occidente, tras a caída de Roma foi ocupado e reorganizado polospobos xermánicos. Ostrogodos, francos, suevos ou visigodos asentáronse nesteterritorio e formaron os primeiros reinos xermánicos medievais.

1.2. O NACEMENTO DO ISLAMNo século VII, un novo poder aparece no Mediterráneo: o islam. A partir das doutrinas relixiosaspredicadas polo profeta Mahoma na península de Arabia, os musulmáns irrompen na historia ecomezan a espallarse por Oriente Próximo e o norte de África durante os séculos VII e VIII. Noseu avance chegarán á península ibérica, onde formarán Al Andalus.

O xurdimento e expansión do islam constitúe a segunda ruptura do Mediterráneo.

A comezos da Idade Media esta é a situación: ao leste o Imperio bizantino, ao oeste os reinosxermánicos e ao sur os musulmáns.

2. OS REINOS XERMÁNICOS NA EUROPA OCCIDENTAL2.1. A CHEGADA DOS POBOS XERMÁNICOS

A debilidade do Imperio romano a partir do século III permitiu aos pobos xermánicosintroducirse progresivamente nas súas fronteiras. Estes pobos protagonizaron grandes migracións desde o norte de Europa na busca de novasterras nas que asentarse, debido ao crecemento demográfico e á presión dos hunos desde oleste. Expandíronse a través de invasións do territorio, pero tamén chegaron a pactos (foedus)

Xeografía e Historia – 2º ESO ©RPV 1

Page 2: Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media

co Imperio polos que se lles permitía a entrada e mesmo se lles concedía a cidadaníaromana. No ano 476 o xefe xermano Odoacro entra en Roma e destitúe a Rómulo Augústulo, últimoemperador de Occidente. Este feito histórico, a caída de Roma, supón a fin do Imperio romanode Occidente e o comezo da Idade Media en Europa.Os reinos xermánicos formaron os primeiros reinos medievais. Os máis destacados foron:

• O reino ostrogodo ocupaba a península Itálica e Dalmacia.

• O reino visigodo estendeuse polo Sur da Galia e Hispania.

• O reino franco e o burgundio ocupaban o Norte e o Nordés da Galia, respectivamente.

• O reino dos alamanos formouse ao redor do río Rin.

• O reino anglosaxón espallouse por Inglaterra.

2.2. CARACTERÍSTICAS DOS REINOS XERMÁNICOS

• Clima de inseguridade: Desde o século V producíronse violentos enfrontamentos entreos pobos xermánicos. Ademais, durante os séculos IX e X Europa sufrirá asdenominadas segundas invasións:

◦ Os viquingos xunto cos normandos protagonizaron incursións marítimas desdeEscandinavia ao norte de Europa.

◦ Polo leste, presionaban os eslavos, os húngaros maxiares ou os ávaros.

◦ No sur os árabes ameazaban as rutas comerciais que atravesaban o Mediterráneo.

• Economía agraria e ruralización:

◦ O clima de inseguridade supuxeron a paralización dos intercambios comerciais e oafundimento das cidades.

◦ Moita poboación trasladouse ao espazo rural, onde era máis fácil a supervivencia, ebaseou a súa economía na agricultura e na gandaría de subsistencia producindo onecesario para vivir.

• Fragmentación do poder político:

◦ O poder político en Europa occidental disgregouse en diferentes reinos nos que unmonarca posuía o mando político e militar. A corte non tiña un lugar fixo.

◦ Os reis contaron co apoio dunha nobreza guerreira coa que compartían o poder.

• Sociedade:

◦ Unha aristocracia (alta nobreza) laica e eclesiástica acumulou grandes extensiónsde terra en propiedade: os latifundios.

◦ Baixo o seu dominio estaban os campesiños, que dependían dos propietarios parao seu sustento e recibían destes seguridade.

• Fusión romano-xermánica: moitos xermanos convertéronse ao catolicismo, foronasimilando o dereito romano e o latín era a lingua oficial.

3. O IMPERIO CAROLINXIO E AS ORIXES DO FEUDALISMO3.1. A FORMACIÓN DO IMPERIO CAROLINXIO

• Os francos eran un pobo de orixe xermánica que expulsou aos visigodos da Galia(Francia) e formaron o reino máis poderoso de Europa occidental: o Regnun francorum(Reino dos francos).

• Entre os séculos V e VIII gobernou a dinastía merovinxia que ampliou as fronteiras.Estes territorios eran considerados patrimonio persoal do rei, que ademais comezou atransmitir o cargo de pai a fillo, o cal aseguraba que todo ese patrimonio se mantivese na

Xeografía e Historia – 2º ESO ©RPV 2

Page 3: Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media

mesma familia. No 732, un nobre franco da dinastía dos merovinxios, Carlos Martel,enfrontouse a un exército de musulmáns que conquistara o reino visigodo de Toledo, ederrotounos preto de Poitiers.

• No século VIII unha poderosa familia da nobreza franca logrou impoñerse sobre a dinastíareinante. Pipino o Breve recluíu nun mosteiro o último rei merovinxio e inaugurou adinastía carolinxia. O novo rei foi recoñecido e apoiado polo papa, é dicir, produciuseunha alianza entre a Igrexa e o Estado carolinxio.

• O seu fillo Carlomagno (Carlos o Grande, 768-814), creou un imperio que abranguía casatoda a Francia actual, o leste de Alemaña, o norte de Italia e Austria.

• Carlomagno converteuse no protector do Papa. Grazas a esta alianza foi coroadoemperador no ano 800. Carlomagno e o papado aspiraban a construír o ImperiumChristianum (Imperio cristián), unha nova unidade de Europa semellante á do Imperioromano antes da súa descomposición.

• Tras a morte de Carlomango, a coroa pasou ao seu fillo Ludovico Pío (Luis o Piadoso),que máis tarde dividiu as terras do Imperio entre os seus tres fillos (Tratado de Verdún,843). Fracasaba así o derradeiro intento de reconstruír a unidade do Imperio romano deOccidente. A desaparición do Imperio carolinxio acentuou a inseguridade en Europa.

3.2. CARLOMAGNO E AS ORIXES DO FEUDALISMO

• Nun contexto de inseguridade provocado polas invasións de normandos, maxiares emusulmáns xurdiron dificultades para gobernar de forma efectiva un imperio tanextenso como era o Imperio Carolinxio

• Ante esta situación, o emperador comezou a establecer fortes lazos coa nobreza paraasegurar a defensa do territorio. Carlomagno e os seus sucesores estableceron ocostume de ceder terras (feudos) aos nobres como pagamento polos servizosmilitares prestados.

• Os nobres que recibían estas terras pasaban a converterse en vasalos do rei, ao queprestaban un xuramento de fidelidade que os comprometía a prestarlle axuda militar econsello. A cambio, estes nobres tiñan autoridade sobre os campesiños quetraballaban as súas terras e que debían entregarlles unha parte da colleita comorenda por explotalas.

• Entre os séculos IX e XII o modelo feudal estendeuse por Europa, polo que a nobrezafoi progresivamente administrando territorios cedidos directamente polo rei (feudos).Xorden así as marcas, condados e ducados, gobernados por marqueses, condes eduques. Estes nobres eran vasalos do rei pero tamén tomaban como vasalos oscampesiños que vivían nos seus dominios, feito que os convertía en señores feudais.

• Os feudos comezaron a ser herdados de pais a fillos, polo que se perpetuaban dexeración en xeración.

• A Igrexa integrouse no sistema. Os membros do clero recibiron doazóns reais, poloque pasaban a administrar un territorio e se convertían en vasalos do rei.

4. O FEUDALISMO4.1. DEFINICIÓN E TRAZOS BÁSICOSFeudalismo: Sistema económico, político e social característico da Idade Media europea.Orixinouse entre os séculos VI e IX e consolidouse entre os séculos IX e XII en EuropaOccidental. O nome procede de foedus (pacto) ou feudo (terras).

Xeografía e Historia – 2º ESO ©RPV 3

Page 4: Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media

Trazos básicos:

• A actividade dominante era a agricultura, de subsistencia e con escasodesenvolvemento tecnolóxico.

• A posesión da terra era a principal fonte de riqueza e marcaba a categoría social.

• A sociedade estaba organizada de forma piramidal e relacionada por lazos dedependencia que convertían unhas persoas en señores e outras en vasalos ou enservos:

◦ A nobreza e o clero formaban parte do estamento privilexiado, fóronse facendodonos das terras e comezaron a facer xustiza nelas, converténdose en señoresfeudais.

◦ Os campesiños dependían dos señores e estaban obrigados a pagarlles numerososimpostos.

• O poder político estaba moi fragmentado, pois os reis outorgáballes aos señoresfuncións de goberno nos territorios que lles concedía (feudos).

• As mentalidades estaban dominadas polo sentido relixioso da vida.

4.2. O SISTEMA SEÑORIAL: SEÑORES E VASALOS

Nos séculos IX-X o poder dos monarcas era moi feble. Para poder gobernar e manter unido oseu reino, tiveron que apoiarse nos nobres (ou señores) cos que estableceron un sistema derelacións persoais chamado Vasalaxe, consistente nun pacto de fidelidade mutua entre doushomes libres que se establecía mediante unha dobre cerimonia:

• Homenaxe: O vasalo (nobre) prometíalle ao rei fidelidade, consello no goberno e axudamilitar e económica.

• Investidura: O monarca entregáballe ao vasalo (nobre ou señor laico ou eclesiástico) unfeudo (na maioría das veces terras e persoas que vivían nelas) con carácter hereditario,para que o gobernase e explotase, e así compensar a obediencia, a fidelidade e a axuda.

Da suma da entrega dun feudo e da existencia de vasalos xurde a monarquía feudo-vasalática.Uns señores, polo xeral cabaleiros, tamén podían facerse vasalos doutros máis poderosos(condes, marqueses) aos que lles proporcionaban servizo militar a cambio de sustento.Formouse así a alta nobreza e a baixa nobreza.Bispos e abades tamén foron posuidores de feudos cedidos polo rei, terras nas que actuabancomo señores feudais, e a cambio xuráronlles fidelidade polo que se convertían en vasalos dorei. Igualmente hai que diferenciar entre o alto e o baixo clero. O termo vasalo acabou por aplicarse tamén aos campesiños que dependían dos seusseñores, aos que acudían en busca de protección, converténdose moitos en servos (neste caso adependencia era hereditaria).

4.3. O FEUDO, MARCO DE RELACIÓNS ENTRE SEÑORES E CAMPESIÑOS

Un feudo eran terras entregadas polo rei ou por un nobre a outro señor feudal (nobre oueclesiástico). Podíanse transmitir en herdanza aos descendentes pero non se podían mercarnin vender. O feudo dividíase en dúas partes:

• Reserva era a terra que o señor explotaba directamente e onde estaba a súa residencia(castelo ou mosteiro), así como os principais establecementos (cociña, forno, muíño,...),

• Mansos eran as porcións de terra que o señor cedía aos campesiños, a cambio do pagode rendas e traballo nas terras da reserva.

• Á parte existían os bosques comunais, que os campesiños podían aproveitar para obter

Xeografía e Historia – 2º ESO ©RPV 4

Page 5: Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media

leña, froitos ou para levar o gando a pastar.Os campesiños sometidos ao réxime feudal mantiñan certas obrigas co seu señor (señoríoterritorial):

• Algúns días de traballo na reserva señorial (corveas).

• Porcentaxes da colleita que debían entregar á Igrexa (décimo) ou á nobreza (talla).

• Impostos polo uso das instalacións do feudo como o muíño, o forno, o celeiro ou as pontes (pontazgo).

Os señores feudais convertéronse en gobernantes dentro dos seus feudos, nos que exercíana autoridade sobre os campesiños (señorío xurisdicional); ademais de cobrar impostos, posuíana facultade de impartir xustiza e ditar ordes e leis. Isto significaba na práctica que o rei cedía opoder sobre un territorio aos nobres, polo que podemos dicir que o poder na Idade Mediafragmentouse.

4.4. A SOCIEDADE FEUDAL

A sociedade feudal quedou dividida en tres grupos denominados ordes ou estamentos, grupossociais cerrados aos que se pertencía por razón de nacemento ou función e para toda a vida:a nobreza, o clero e o terceiro estado.

• O Rei (monarca):

• Ocupaba o cume da pirámide social, considerábase un Primus inter pares (Primeiroentre iguais). Eran un señor feudal máis.

• Tiña terras sobre as que exercía directamente a súa autoridade e das que erapropietario: terras de realengo.

• O rei tiña que compartir o goberno do reino coa alta nobreza e co alto clero.

• A Curia ou Consello Real axudáballe a gobernar e tomar decisións. O séquito depersoas que o acompañaba era a Corte.

• Privilexiados: Posuían terras, non tiñan que traballar, non pagaban impostos, cobrabanrendas, eran xulgados por leis especiais e tiñan reservados os altos cargos do reino.

◦ Nobreza (Bellatores): Condes, duques, marqueses, baróns, cabaleiros. Encargábanseda defensa militar da sociedade.

▪ Dedicábanse fundamentalmente á guerra, á caza e á celebración de torneos.

▪ Os máis poderosos (alta nobreza) vivían en castelos: construcións fortificadas(murallas, torres, foxos) que eran, ao mesmo tempo, residencia do señor, lugar derefuxio para os habitantes do feudo en caso de invasión ou guerra e centrosadministrativos das terras do señor. As estancias do castelo estaban distribuídasarredor dun patio central e en altura destacaba a torre da homenaxe. Tiñancabaleiros (baixa nobreza) ao seu servizo.

▪ Foron frecuentes as loitas entre nobres por conseguir máis terras e poder ou,mesmo, que desafiasen o poder dos reis.

◦ Clero (Oratores): Dedicábanse a rezar pola salvación espiritual da humanidade.

▪ Gozaba dun gran poder económico xa que posuían terras e ademais recibían docampesiñado o décimo.

▪ O alto clero (bispos e abades) procedía de importantes familias nobres e acumulougrandes propiedades; pola contra, o baixo clero (sacerdotes e monxes) proviñade familias campesiñas e vivía de forma máis modesta.

▪ Os mosteiros eran importantes centros económicos e culturais. A edificaciónprincipal era a igrexa, xunto co claustro, o comedor ou refectorio, as celas dos

Xeografía e Historia – 2º ESO ©RPV 5

Page 6: Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media

monxes, a cociña e a biblioteca, onde se escribían e copiaban manuscritos. Cadamosteiro rexíase por unha orde ou regra, un conxunto de normas que debíancumprir de forma disciplinada e estrita. A máis importante foi a dos beneditinos,difundida por Bieito de Nursia no século VI, que propoñía unha forma de vidaaustera organizada arredor da oración e o traballo (ora et labora).

• Non privilexiados (laboratores): Traballaban e mantiñan aos outros dous estamentos,carecían de dereitos e estaban sometidos a fortes impostos. Eran o Terceiro estado:campesiños (os máis numerosos), artesáns, comerciantes e grupos marxinais.

◦ A maioría dos campesiños estaba sometida aos señores laicos ou eclesiásticos,traballaban as súas terras e non podían abandonalas sen o seu permiso, eran osservos. Unha minoría eran os campesiños libres ou alodiais, propietarios da súaterra, podían abandonala sen permiso do señor.

◦ A súa vida xiraba arredor do traballo no campo marcado polo ritmo das estacións: arar,sementar, segar, vendimar, facer a matanza, etc.

◦ As súas condicións de vida foron difíciles: deficiente alimentación, casas pequenas sóco máis imprescindible e falta de hixiene que con frecuencia producía enfermidades.

5. O IMPERIO BIZANTINOO Imperio bizantino foi o Estado herdeiro do Imperio romano de Oriente. Recibe estadenominación pola súa capital, Bizancio. Coñecida actualmente como Istambul (Turquía).Bizancio logrou resistir a chegada de pobos bárbaros. Será un dos imperios máis lonxevos dahistoria, con máis de mil anos de vida (ata 1453).

5.1. EVOLUCIÓN

O Imperio bizantino pódese dividir en 3 etapas:

• Esplendor con Xustiniano (s. VI). O emperador aspiraba a reconstruír o Imperioromano. Por iso iniciou unha serie de conquistas polo Mediterráneo occidental. Foiademais un período de esplendor cultural, destacando en ámbitos como o dereito(Código de Xustiniano) ou a arte (Santa Sofía de Constantinopla).

• Repregamento (s. VII-VIII). Moitos territorios no Mediterráneo caeron en poder dosmusulmáns.

• Declive e desaparición (s. XI-XV). Profunda crise. As ofensivas dos cruzados eprincipalmente dos turcos provocou a toma de Constantinopla e a desaparición doImperio no 1453.

5.2. ORGANIZACIÓN

• O emperador bizantino (basileus) concentraba na súa persoa o poder político e orelixioso (cesaropapismo), polo que tiña un carácter sagrado. Para gobernar apoiábasenun corpo de funcionarios encargados das tarefas administrativas (burocracia), noexército e na Igrexa.

• A sociedade estaba xerarquizada e distribuíase en 3 niveis:

◦ Os grupos dominantes foron a aristocracia e os altos cargos da Igrexa.

◦ Nun nivel inferior situábanse os campesiños libres, o baixo clero, os artesáns e oscomerciantes.

◦ Privados de liberdade e sometidos aos traballos máis duros vivían os campesiñosservos e os escravos.

• Relixión:

◦ O cristianismo en Bizancio tiña algunhas particularidades que o diferenciaban do

Xeografía e Historia – 2º ESO ©RPV 6

Page 7: Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media

cristianismo occidental.

◦ O enfrontamento entre o máximo líder da Igrexa de Occidente, o papa de Roma, e oda Igrexa de Oriente, o patriarca de Constantinopla, concluíu co Cisma de Oriente(1054), que supuxo a separación da Igrexa católica occidental e a Igrexa ortodoxaoriental (pervive na actualidade)

• A actividade económica fundamental continuou a ser a agricultura. Tamén tiveronimportancia a artesanía baseada na fabricación de produtos de luxo (seda, tapices,marfil,etc) e o comercio.

• Cultura: a partir do Cisma de Oriente, Bizancio adoptou o grego como lingua oficial.

6. NACEMENTO E EXPANSIÓN DO ISLAM6.1. A ORIXE DO ISLAM

• A relixión islámica tivo a súa orixe en Arabia, unha península desértica situada en OrienteMedio na que os seus habitantes eran politeístas e se organizaban en tribos.

• Mahoma naceu na Meca no ano 570 e, segundo a tradición, aos 40 anos, recibiu unharevelación do arcanxo Gabriel na que lle anunciou que era o novo profeta elixido por Alá(Deus en árabe) para predicar unha nova relixión: o Islam.

• As autoridades da Meca perseguírono polas súas ideas, xa que defendía unha relixiónmonoteísta: “non hai máis Deus que Alá”, e no ano 622 tivo que fuxir da Meca e refuxiarsena cidade de Medina: foi a chamada Héxira ou fuxida, e esta data marca o comezo da eramusulmá (Equivalente ao nacemento de Cristo). Mahoma conquistou A Meca e tras asúa morte (632), a relixión islámica expandírase por toda Arabia.

• As verdades que Alá lle revelou a Mahoma foron recollidas e escritas, despois da súamorte, no Corán, o libro sagrado dos musulmáns .

6.2. DIVISIÓN NO ISLAM: SUNNITAS

• Logo da morte do profeta, a comunidade de fieis foi guiada polos califas, xefes relixiosose políticos. Os seguidores de Mahoma dividíronse en dúas grandes tendencias que até aactualidade dividen aos musulmáns:

◦ Sunitas: seguidores dos primeiros califas sucesores de Mahoma.

◦ Xiitas: seguidores do xenro de Mahoma.

• Os musulmáns seguen unhas normas ditadas polo Corán e a tradición (Sunna). Estasnormas, conforman a lei islámica ou sharia.

6.3. A DOUTRINA ISLÁMICA

• Islam significa submisión, entrega total a Alá, o unico Deus.

• Os musulmáns (crentes no Islam) seguen unhas normas ditadas polo Corán e atradición (Sunna). Estas normas, conforman a lei islámica ou sharia.

• Todo bo musulmán debe seguir os chamados cinco piares do Islam:

◦ A profesión de fe en Alá como único Deus.

◦ O rezo diario cinco veces ao día.

◦ A esmola, aos necesitados.

◦ O xaxún no mes do Ramadán.

◦ A peregrinación á Meca (onde de atopa a Kaaba), polo menos unha vez na vida.

• Doutra banda, ten prohibido consumir bebidas alcohólicas e carne de porco. Permítesea poligamia.

• O edifico relixioso dos musulmáns é a mesquita e o encargado de dirixir a oración é o

Xeografía e Historia – 2º ESO ©RPV 7

Page 8: Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media

imán. Os ulemas son os responsables de estudar e interpretar os textos sagrados.

6.4. EXPANSIÓN DO ISLAM. A FORMACIÓN DO IMPERIO ISLÁMICO

• En tempos de Mahoma (622-632). Os musulmáns impuxeron a súa autoridade en Arabia.

• O califato ortodoxo (632-661). Goberno dos catro califas sucesores de Mahoma desde acidade de Medina. Espallaron o islam cara ao leste, polos territorios de Mesopotamia ePersia, e cara ao oeste, ocupando Siria, Palestina e Exipto.

• O califato dos Omeia (661-750). Coa chegada ao poder da familia dos omeias a capitaltrasladouse a Damasco (Siria). O islam expandiuse e os musulmáns ocuparon o Norte deÁfrica e cruzaron a Península Ibérica (711) fundando Al Andalus, pero foron freados noseu avance cara o norte de Europa, na batalla de Poitiers (732). Cara ao leste, ocuparonIrán e Afganistán, e chegaron a Asia central e ao actual Paquistán

• O califato Abasida (750-1258). A familia dos omeia foi destronada por unha novadinastía, os abasidas, que trasladaron a capital do califato a Bagdad (Iraq). Desde oséculo IX comezou o período de decadencia abasida, de fragmentación e loitas internas.

• Novos imperios (s. XIII-XX). En 1258 os mongois poñen fin á dinastía abasida. Este poboislamizouse e espallou o islam por Asia Menor, Asia Central e a India . En 1453 osturcos toman Constantinopla e constitúen o Imperio turco otomán, que dominou omundo islámico até o século XIX. Desapareceu en 1923.

6.5. ORGANIZACIÓN DO IMPERIO ISLÁMICO

• O califa ostentaba a máxima autoridade e concentraba o poder relixioso e político. Peropara administrar un territorio tan extenso, os califas delegaron parte do seu poder nun visir, unha persoa de confianza que os asesoraba, a modo de primeiro ministro. O territorio foi dividido en provincias, á fronte das cales un emir ou un valí gobernaba en representación do califa. Un cadí ou xuíz administraba xustiza.

• Os musulmáns permitíronlles conservar aos pobos conquistados (cristiáns, xudeus) asúa relixión, manter as súas leis a cambio do pagamento dun tributo.

• Os elementos que unían aos habitantes por onde se expandiu o islam eran a relixión(islam), a lingua (árabe) e a moeda (dinar de ouro e dirhem de prata).

6.6. ECONOMÍA E SOCIEDADE

A maioría da poboación dedicábase á agricultura na que lograron importantes avances:

• A rotación de cultivos permitiu obter máis dunha colleita cada ano.

• Inventaron sistemas de rega: nora, canles, muíños hidráulicos ou de vento, etc.Isto permitiu aumentar a produtividade e vender os excedentes no mercado. Polo tanto, pasousedunha agricultura de subsistencia a unha agricultura comercial. Cidades como Damasco, O Cairo e Bagdad convertéronse en centros artesanais e comercias.Nos mercados (zocos) vendíanse todo tipo de produtos: perfumes, produtos de coiro, de metal,téxtiles ou cerámica.Unha extensa rede de cidades serviron de base para unha intensa actividade comercial(economía urbana). Rutas terrestres e marítimas conectaban o Mediterráneo co Índico, comopor exemplo a Ruta da Seda que se estendía até a India e China.Foi unha sociedade diversa desde o punto de vista étnico -árabes, beréberes, escravos negros- e relixioso -musulmáns, cristiáns, xudeus- convivían nunha mesma sociedade.A riqueza estaba ligada á posesión da terra, xeralmente en mans da aristocracia de orixe árabe.Na escala social máis baixa atopábanse os escravos.

Xeografía e Historia – 2º ESO ©RPV 8