Unidade 6 coord solucions

11
CPI AS REVOLTAS - 3º ESO BIOLOXÍA E XEOLOXÍA Actividades unidade 6 : Sistemna nervioso e horrmonal UNIDADE 6: SISTEMA NERVIOSO E HORMONAL 1. Completa a seguinte táboa. Indica se a vía de transmisión da información é un nervio (N) ou unha hormona (H): 2. Completa a seguinte táboa. FORMADO POR MENSAXEIRO (Transmisión da información) TIPO DE RESPOSTA SISTEMA NERVIOSO Encéfalo Medula espiñal Nervios Impulso nervioso (pola neurona) Neurotransmisores (na sinapse) Rápida Pouco duradeira SISTEMA ENDÓCRINO Glándulas endócrinas Hormonas (substancias químicas liberadas no sangue) Lenta Máis duradeira 3. Que tipo de células hai no sistema nervioso? Cal é a súa función? Neuronas: reciben e transmiten sinais mediante impulsos eléctricos e a liberación de substancias químicas: os neurotransmisores Células da glía: intercaladas entre as neuronas, ás que protexen, illan ou alimentan 4. a) Completa o seguinte debuxo indicando brevemente a función das distintas partes : 1 RECEPTORES SENSORIAIS 1-Órganos sentidos 2-Neuronas sensoriais CENTROS DE CONTROL Sistema endócrino Sistema nervioso H N N N EFECTORES ESTÍMULO Glándulas endócrinas Glándulas exócrinas Músculos Células de Schwann (Vaina de mielina) Núcleo Axón Corpo celular Dendritas

Transcript of Unidade 6 coord solucions

Page 1: Unidade 6 coord solucions

CPI AS REVOLTAS - 3º ESO BIOLOXÍA E XEOLOXÍA Actividades unidade 6 : Sistemna nervioso e horrmonal

UNIDADE 6: SISTEMA NERVIOSO E HORMONAL

1. Completa a seguinte táboa. Indica se a vía de transmisión da información é un nervio (N) ou unha hormona (H):

2. Completa a seguinte táboa.FORMADO POR MENSAXEIRO

(Transmisión da información)TIPO DE

RESPOSTA

SISTEMA NERVIOSO EncéfaloMedula espiñal

Nervios

Impulso nervioso (pola neurona)Neurotransmisores (na sinapse)

RápidaPouco duradeira

SISTEMA ENDÓCRINO Glándulas endócrinas Hormonas (substancias químicas liberadas no sangue)

Lenta Máis duradeira

3. Que tipo de células hai no sistema nervioso? Cal é a súa función?

Neuronas: reciben e transmiten sinais mediante impulsos eléctricos e a liberación de substancias químicas: os neurotransmisores

Células da glía: intercaladas entre as neuronas, ás que protexen, illan ou alimentan

4. a) Completa o seguinte debuxo indicando brevemente a función das distintas partes:

1

RECEPTORES SENSORIAIS1-Órganos sentidos2-Neuronas sensoriais

CENTROS DE CONTROL

Sistema endócrino

Sistema nervioso

H

N

N

N

EFECTORES

ESTÍMULO

Glándulas endócrinas

Glándulas exócrinas

Músculos

Células de Schwann(Vaina de mielina)Núcleo

Axón

Corpo celular

Dendritas

Page 2: Unidade 6 coord solucions

CPI AS REVOLTAS - 3º ESO BIOLOXÍA E XEOLOXÍA Actividades unidade 6 : Sistemna nervioso e horrmonal

Dendritas: a través delas recibe a neurona o impulso eléctrico

Corpo celular: nel se atopa o núcleo celular e os orgánulos que regulan o funcionamento celular

Núcleo: posúe o ADN coa información para o funcionamento celular

Axón: A través del a neurona envía o impulso eléctrico

Célula Schwann (mielina): actúa a modo de illante do axón, impedindo que o impulso nervioso perda intensidade

4. b ) Como se transmite a información por unha neurona?

A través do IMPULSO NERVIOSO, que é unha corrente eléctrica que é capaz de xerar e transmitir a neurona consecuencia de cambios na súa membrana plasmática

5. Contesta o seguinte:a) Que mostran as seguintes imaxes (indica o nome)? Quen foi o seudescubridor?As neuronas non están en contacto entre si, senón que entre elas existeunha zona de separación denominada SINAPSE, que establécese entreo axón dunha neurona e as dendritas doutras.

Foi descuberta por Santiago Ramón y Cajal. Que recibiu polos seusestudios sobre o sistema nervioso o Premio Nóbel en 1906

b) Como se comunica unha neurona con outra?

Por medio de substancias químicas, os NEUROTRANSMISORES, cando o impulso nervioso chega a o extremo do axón libéranse os neurotransmisores ao espazo sináptico, onde se unen á membrana da dendrita iniciando un novo impulso nervioso

c) Existe algunha relación co efecto das drogas e estas conexións

Moitas drogas actúan como neurotransmisores en zonas determinadas do encéfalo, ben estimulando ou inhibindo certas neuronas.

Co uso continuado destas drogas estas neuronas deixan de producir o neurotransmisorpasando a depender para o seu funcionamento da droga que chega vía sanguínea.

2

Page 3: Unidade 6 coord solucions

CPI AS REVOLTAS - 3º ESO BIOLOXÍA E XEOLOXÍA Actividades unidade 6 : Sistemna nervioso e horrmonal

Por iso cando non se consume a droga, as neuronas xa non producen o neurotransmisor,producíndose o síndrome de abstinencia por un funcionamento inadecuado desas neuronas

6. Que función realiza a vaíña de mielina? Por qué está formada? Indica unha enfermidade nerviosa relacionada coa perda da vaíña de mielina.

Forma unha cuberta illante sobre o axón que impide que se distorsione o impulso eléctrico facilitando a transmisión do impulso nervioso.

Está formada por un tipo especial de células da glía: as células sde Schwann

A esclerose múltiple que é unha enfermidade neurodexenerativa. Nesta enfermidade aparecen focos de desmielinización no sistema nervioso central causados polo ataque do sistema inmune contra a vaíña de mielina que recubre os nervios. Como resultado, as neuronas perden parcial ou totalmente a capacidade de transmisión, causando os síntomas típicos de adormecemento, cosquilleo, espasmos, parálise, fatiga e alteracións na vista.

7. Segundo a súa función as neuronas poden ser (indica a súa función):

Sensitivas: transmiten impulsos producidos polos receptores dos sentidos

De asociación ou interneuronas: unen entre si neuronas de diferentes tipos

Motoras ou efectoras: as que transmiten os impulsos que levan as respostas cara ós órganos encargados de realizalas (músculos eglándulas).

8. O sistema nervioso esta formado por:

9. COMPLETA O SEGUINTE DEBUXO:

3

Encéfalo

S.N.P. Sistema nervioso periférico

S.N.C. Sistema nervioso central

Medula espiñal

CerebroCerebeloBulbo raquídeo

Nervios craniais

Nervios espiñais

Page 4: Unidade 6 coord solucions

CPI AS REVOLTAS - 3º ESO BIOLOXÍA E XEOLOXÍA Actividades unidade 6 : Sistemna nervioso e horrmonal

10. Indica as principais funcións do cerebelo, cerebro, bulbo raquídeo

Bulbo raquídeo : control de funcións involuntarias como o ritmo cardiaco e respiratorio.

Cerebelo : coordinación dos movementos

Cerebro : centro de control superior no que reside o control dos actos voluntarios, intelixencia e a memoria

11. Por qué a cortiza cerebral humana está repregada

A parte máis externa do cerebro está constituída pola substancia gris, encargada darealización da maioría das funcións superiores do cerebro.

Ao longo da evolución o ser humano repregando a súa superficie aumentou a cantidade desubstancia gris e polo tanto a súa intelixencia , sen aumentar o volume craneal (xa queeste está limitado por diversos factores, como o canal do parto da pelve)

12. Por qué existen persoas destras ou zurdas

4

Órgano:Órgano:

Page 5: Unidade 6 coord solucions

CPI AS REVOLTAS - 3º ESO BIOLOXÍA E XEOLOXÍA Actividades unidade 6 : Sistemna nervioso e horrmonal

O cerebro a súa vez está dividido en2 metades (hemisferios) cada undos cales controla o movementoda metade contrario do corpo. Ainformación de todas as neuronasdo cerebro conflúe nunha zonarelativamente pequena,o corpocaloso, un dos dous hemisferiodurante o desenvolvemento tomaráprioridade nas vías de saída, por isosegún que hemisferio sexadominante as persoas seremosdiestras ou zurdas.

13. Debido á importancia e fraxilidade do sistema nervioso central está protexido por estruturas óseas como o .cranio.. e a .....columna vertebral... . ademais de tres membranas denominadas ..meninxes.. Entre estas membranas atópase o líquido cefalorraquídeo que amortece o efecto dos golpes

14. No sistema nervioso central diferéncianse 2 zonas de aspecto distinto:a) A substancia gris formada por .....corpos neuronais...... que constitúen ....centros de control..b) A substancia branca formada por ..axóns. e que debe a súa cor á ..mielina..

15. Cales son as 3 funcións da medula:

A medula esta formada polo conxunto de corpos neuronais (substancia gris) e axóns (substancia branca) situada na columna vertebral: Posúe 3 funcións:

Transmitir a información dende o encéfalo ao resto do corpo

Control involuntario de visceras

Control dos actos reflexos que son as respostas máis sinxelas fronte a un estímulo

16. Que é un acto reflexo e cal é a súa función? Que elementos interveñen?

Un acto reflexo é a resposta máis sinxela que pode elaborar o sistema nervioso. Os actos reflexos son elaborados na medula espiñal, por iso son involuntarios, e a súa finalidade é producir respostas rápidas ante estímulos coñecidos que así o requiren. (Para que os actos sexan voluntarios deberán elaborarse no cerebro, sendo respostas máis lentas)

Nun acro reflexo interveñen 3 neuronas: unha neurona sensitiva que recolle o estímulo, unha interneurona que une dosu neuronas e unha neurona motora que conecta cos músculos e produce o movemento

17. Os nervios poden clasificarse (indica a súa función)a) Segundo o punto do sistema nervioso central onde parte

5

Page 6: Unidade 6 coord solucions

CPI AS REVOLTAS - 3º ESO BIOLOXÍA E XEOLOXÍA Actividades unidade 6 : Sistemna nervioso e horrmonal

o Craniais:parten do encéfaloo Raquídeos: parten da medula espiñal (tamén chamada raquis)

b) Segundo o sentido en que transmiten o impulso nervioso:o .Sensitivos: formados por axones que recollen estímulos dos receptores e os conducen cara o

sistema nervioso central (SNC)o .Motores: formados por axones que transmiten información dende o SNC cara os efectores

(glándulas ou músculos)o Mixtos: posúen axones tanto de neuronas sensitivas e motoras

18. Que é o sistema nervioso autónomo? Que tipos existen e cal é a súa función.

Son un grupo de neuronas situadas no bulbo raquídeo do encéfalo e na medula espiñal. Encárgase do control autónomo (non voluntario) dos órganos do corpo.

Esta formado por dous grupos de neuronas de acción antagónica (contraria). O sistema nervioso simpático que prepara o corpo para situacións de estrés ou alta actividade, e o parasimpático que actúa en situacións de repouso e durante o proceso dixestivo.

19. Qué tipo de medicamento é un simpático mimético? Que efectos produciría no corpo? Sabes un exemplo de medicamento que o leve e por que?

Son medicamentos que estimulan o sistema nervioso simpático. Entre os principais efectos están dilatar os bronquios, aceleran o ritmo cardiaco e producen sequedade de boca. Aparecen en moitos medicamentos contar os catarros e alerxias para mellorar a respiración.

20. Por que a información das vísceras non é consciente? Por que é entón necesaria esta información?Para que unha información sexa consciente ten que ser procesada no cerebro. A información das vísceras é procesada pola medula espiñal e o bulbo raquideo e polo tanto non somos conscientes. Pero ainda que non sexamos conscientes desta información si é necesaria para poder regular o seu funcionamento.

21. Que é unha hormona? Indica 3 características delas.Son diversas substancias químicas producidas polas glándulas endócrinas (existen moitos tipos de glándulas polo corpo que producen a súa vez distintas hormonas) que son liberadas no sangue e que van a producir certas accións en células concretas chamadas células diana.

Tres características son:- Producidas nas glándulas endócrinas- Son liberadas e transportadas polo sangue- Producen acción en células ou tecidos concretos do órgano chamadas células dianas.

22. Que entendemos ao falar do sistema endócrino de células ou órganos diana?Son aquelas células ou órganos sobre o que actúa cada tipo de hormona

23. Indica unha glándula endócrina, hormonas que produce e función.(ver táboa do exercicio 24)

6

Page 7: Unidade 6 coord solucions

CPI AS REVOLTAS - 3º ESO BIOLOXÍA E XEOLOXÍA Actividades unidade 6 : Sistemna nervioso e horrmonal

24. Completa a seguinte táboa:GLÁNDULA ENDÓCRINA

HORMONA FUNCIÓN

HIPÓFESE

Hormona crecemento ou hormona somatotropina (STH) ou growth hormone (GH)

Estimul o crecemento, reprodución e rexeneración celular

Hormona luteotropa (LTH) Estimula la secreción de progesterona por el cuerpo lúteo y la secreción de leche por la mama

Hormona folículo estimulante(FSH)e Hormonaluteizante(LH)

Actúan sobre las gónadas (testículos no home e ovarios na muller) estimulando o seu desenvolvemento, e produción de gametos e hormonas sexuais.

Hormona estimulante del tiroides o tirotropa(TSH)

Estimula la producción de la hormona tiroxina por la glándula tiroides

Hormona adenocorticotropa(ACTH)

Estimula a actividade das cápsulas suprarrenais favorecendo a formación e liberación das súas hormonas.

Hormona estimulante melanocitos (MSH)

Estimula a formación dos melanocitos que son as células da pel responsables da producción da melatonina (pigmento da pel)

Oxitocina A súa principal función é estimular as contraccións do útero durante o parto e estimular a expulsión do leite das mamas.

Hormona antidiurética (ADH)

Inhibe a eliminación de auga coa urina

CÁPSULASUPRARRENAIS

Adrenalina É a hormona do estrés. En resposta a situacións estresantes como o exercicio físico ou perigos producindo efectos como aumento da frecuencia cardiaca, dilatación dos bronquios, aumento do metabolismo...

Corticoesteroides Aumenta a disponibilidade de enerxía e as concentracións de glicosa nosangue. Ademáis ten propiedades antiinflamatorias.

Aldosterona Regula la liberación de minerais como o sodio e potasio na urina

PÁNCREASInsulina Diminúe a concentración de glicosa no sangue

Glicagón Aumenta a concentración de glicosa no sangue

TIROIDES Tiroxina Regula o metabolismo celular

PARATIROIDES Calcitonina Regula a cantidade de calcio no sangue

TESTÍCULOS

Testosterona Ten un papel fundamental no desenvolvemento dos tecidos reprodutivos masculinos (como testículo e próstata).

Desencvolve os caracteres sexuais secundarios masculinos (incremento de masa muscular e ósea, crecemento da vellosidade corporal).

Ademáis é esencial para a saúde e bienestar xeral e afecta aos sistemas musculoesquelético (prevén contra a osteoporose),, cardiovascular, e cerebro.

OVARIOS

Estróxenos Ten un papel fundamental no desenvolvemento dos tecidos reprodutivos femininos (como útero, ovarios e mamas)

Desencvolve os caracteres sexuais secundarios femininos (vello púbico e axilar,, distribución graxa corporal en cadeira e mamas)

Ademáis é esencial para a saúde e bienestar xeral e afecta aos sistemas musculoesquelético (prevén contra a osteoporose),, cardiovascular, e cerebro.

Proxesterona A súa función é acondicionar o endometrio para facilitar a implantacióndo embrión e urante o embarazo axuda a o seu mantemento .

Durante a lactancia axuda a preparar as glándulas mamarias aumentando o tamaño dos senos para a segregación deo leite.

7

Page 8: Unidade 6 coord solucions

CPI AS REVOLTAS - 3º ESO BIOLOXÍA E XEOLOXÍA Actividades unidade 6 : Sistemna nervioso e horrmonal

25. Que explica o seguinte esquema?

26. Que é o estrés?Que respostas produce no sistema nervioso ? Que beneficios aporta ao noso organismo? Cando pode chegar a ser un problema?

O estrés é una reacción fisiolóxica (normal) do organismo no que entran en xogo diversos mecanismosde defensa para afrontar unha situación que se percibe como ameazante ou de máximo esferzo.

O corpo responde ante o estrés mediante a activación do sistema nervioso simpático que da lugar á unharesposta que prepara o corpo ante situacións de sobreesforzo físico (aumento ritmo cardiaco,respiratorio, actividade cerebral...) beneficiosos para a supervivencia. Debido a que o corpo non podemanter este estado durante longos períodos de tempo, o sistema parasimpático tene tendencia a hacerregresar al cuerpo a condiciones fisiológicas más normales (homeostasis).

Ao longo da evolución do ser humano estas situacións de tensión eran curtas no tempo como pode serde loita, caza..... resultando estos cambios na actividade de diversos órganos breves no tempo,activándose ao finalizar esta causa o sistema nervioso parasimpático que fai regresar ao corpo acondicións fisiolóxicas máis normais.

Na actualidade na vida diaria danse situacións de tensión prolongada, aparecendo entón o estrés, que éun estado de cansancio mental provocado por la esixencia de forma prolongada dun rendemento moisuperior ao normal; que pode provocar diversos transtornos físicose mentais.

27. Que 2 tipos de efectos produce calquera clase de droga? Que é o síndrome de abstinencia?O consumo de calquera tipo de droga produce dous tipos de efectos:

- Tolerancia: a medida que o organismo se adapta á droga necesítase unha maior cantidade desubstancia para conseguir os mesmos efectos.

8

HIPOTÁLAMO

-

-

O esquema representa a regulación do sistema endócrino. A maioría das glándulas endócrinas do corpo estan reguladas por unha pequena glándula da base do encéfalo, a hipófese.

A hipófese produce hormonas estimulantes de moitas glándulas endócrinas. Estas hormonas estimulantes chegan vía sanguínea as glándulas estimulando a produción da súa hormona que producirá no corpo unha acción específica.

O sistema endócrino ten a súa vez varias vías de autoregulación.

- O exceso de hormona inhibe a produción da propia hormona na glándula e da hormona estimulante da hipófese. Así evitarase que ante un estímulo contínuo se disparen os niveis hormonais

- Ademáis a hipófese está controlada polo sistema nervioso, concretamente por unha rexión chamada hipotálamo. Esto produce que estímulos que chegan vía sistema nervioso como a luz, ou estados de ánimo, estrés, etc poida afectar aos niveis hormonais. Un exemplo é o ciclo ovárico

Page 9: Unidade 6 coord solucions

CPI AS REVOLTAS - 3º ESO BIOLOXÍA E XEOLOXÍA Actividades unidade 6 : Sistemna nervioso e horrmonal

- Adicción: É a dependencia tanto física coma psicolóxica que producen as drogas. Despois do consumode calquera tipo de droga, a persoa necesita consumila de novo, para volver experimentar as sensaciónsque lle produce.

Tras a dependencia, a supresión brusca da droga pode producir un conxunto de signos e síntomas demalestar físico, coñecido como síndrome de abstinencia, que ten unha intensidade e un curso quedependen, entre outros factores, do tipo de droga e a frecuencia e cantidade coa que se consumía.

1

Page 10: Unidade 6 coord solucions

CPI AS REVOLTAS - 3º ESO BIOLOXÍA E XEOLOXÍA Actividades unidade 6 : Sistemna nervioso e horrmonal

28 – Define:

- Tetraplexia:

- Paraplexia:

- Alzheimer

- Parkinson

- Aansiedade:

- Déficit de atención e hiperactividade:

- Depresión

- Esquizofrenia

- Trastorno obsesivo compulsivo

2

Page 11: Unidade 6 coord solucions

CPI AS REVOLTAS - 3º ESO BIOLOXÍA E XEOLOXÍA Actividades unidade 6 : Sistemna nervioso e horrmonal

29 -Nomea 5 hábito saudables relacionados co sistema nervioso::

30 – Explica en que consiste a diabetes e as enfermidades tiroideas

3