Palmeiras

Post on 12-Apr-2017

164 views 1 download

Transcript of Palmeiras

PALMEIRAS

A familia das arecáceas está formada por 205 xéneros e 2.780 especies. Son plantas perennes, arborescentes, e ocasionalmente poden ser lianas ou rizomatosas. Son monocotiledóneas (a semente está nunha única peza). Algunhas especies poden acadar grandes alturas.Distribúense por todo o mundo, especialmente polas rexións tropicais e subtropicais, desde ambiente moi húmidos a desertos.

CLASE: liliópsidas

ORDE: arecales

FAMILIA: arecáceas

(antes coñecidas como Palmae ou Palmaceae)

O xénero máis común da familia é Areca, e a especie máis coñecida é a Areca catechu, unha palmeira de Malasia.

Colombia está considerado un dos países con maior variedade de especies de palmeiras, con 209 especies de 44 xéneros; e conta co maior número de endemismos (33 especies). 30 especies están en perigo de extinción, das que 17 son endémicas.

A árbore nacional de Colombia é a palma de cera do Quindío, unha especie endémica que se atopa ao noroeste do país.Pode acadar ata 80 m de altura (a máis alta do mundo) e vivir máis de 100 anos).

Val de Cocora (Colombia)

Claire Taylor

RAÍCESFasciculadas (todas as ramificacións iguais, a xeito de feixe.

TALOXeralmente cilíndrico, non ramificado, (estípite). Non son verdadeiras árbores pois o seu toro e febroso e non medra en aneis.

O Rattan, unha palmeira gabeadora do xénero Calamus ten o talo aéreo máis longo, con 172 m de lonxitude.Estas palmeiras non se sosteñen por si mesmas, van divagando pola selva e apoiándose noutras árbores.

FOLLASSimples e divididas; ou compostas, grandes, pinnuladas ou palmadas. De disposición alterna ou espiral e xeralmente nunha mouta no remate do talo.

Phoenix dactylifera

Licuala grandis

A  Raphia regalis ten unhas follas (compostas-pinnuladas) de ata 25 m de lonxitude.

A Corypha umbraculifera, ten un ha folla composta-palmeada cunha lámina de 8 m de diámetro e un peciolo de 5 m.

AS FOLLAS MÁIS GRANDES

FLORESSon numerosas, pequenas, unisexuais ou hermafroditas, agrupadas en espigas ou en panículas. Xeralmente teñen 3 sépalos, 3 pétalos, 6 estames e ovario súpero.

A inflorescencia máis grande que se coñece é a da Corypha umbraculifera.Pode medir ata 8 m de altura e conter ata 24 millóns de flores. Florece só unha vez na vida, entre os 30 e os 80 anos de idade.Din que da boa sorte ver florecer a esta palmeira.

FROITOSDrupas e raramente bagas. As sementes teñen un endosperma rico en aceites ou carbohidratos. Non teñen almidón.

"Chek Jawa 7, Aug 07" by Sengkang - Own work. Licensed under CC BY-SA 3.0 via Commons

Nipa Coqueiro

O coco de mar (Lodoicea maldivica), unha palmeira nativa das illas Seychelles e Maldivas produce os froitos e as sementes máis grandes do mundo. O coco pode acadar os 25 kg e ten tres sementes que poden chegar aos 20 kg.

USOSEn moitos países tropicais as palmeiras subministran material para construír as vivendas, vestidos, sombreiros, recipientes, alimento, medicinas...Hai numerosas especies de importancia económica: cocoteiro, palmeira datileira, palmito, ratán, cera de carnaúba, rafia... e algunhas son obxecto de cultivo.Moitas empréganse como plantas ornamentais en interior ou exterior.A saiba dalgunhas especies emprégase para producir “meles” e bebidas alcohólicas: sura (Mozambique), marufo (Angola), buriti...O betel, froito de Areca catechu, emprégase en Asia mastigado como estimulante.

Obxectos feitos con sementes de palmeiras

Moitas especies de palmeiras cultívanse como plantas ornamentais para interiores ou para xardíns e parques.

O coqueiro é unha das palmeiras máis útiles. Á polpa seca chámanlle copra e contén un 60-70% de lípidos; dela obtense aceite, utilizado na elaboración de margarina e xabrón. Tamén ten moitas aplicacións en repostería e cosmética.A madeira do coco emprégase para a construción. O zume consúmese fresco ou fermentado.As febras que arrodean a noz de coco utilízanse para facer cepillos, colchóns e cordas. No mundo prodúcense 59 983 908 toneladas de cocos, os principais produtores son Indonesia, Filipinas e India.

O ratán é unha das palmas máis empregadas para elaborar mobles, cestas, bastóns, parasois, recipientes... 

As febras das palmeiras do xénero Raphia teñen múltiples aplicacións: tecidos para roupa, sombreiros, zapatos, obxectos decorativos...

«PendeMunganji» de Nick Hobgood - Flickr [1]. Disponible bajo la licencia CC BY 2.0 vía Wikimedia Commons -

Un Munganji, usado en ceremonias Bapende na rexión Gungu (República Democratica do Congo) 

Raphia australis

A cera de carnaúba obtense das follas da Copernicia prunifera que medra no noroeste do Brasil. A planta cubre as súas follas cunha cera para protexerse da seca. As follas córtanse e sécanse para que se desprenda a cera.É a cera co punto de fusión máis alto (78 a 85 °C) e ten moitas aplicacións: alimenticias (chicles chocolates confitados), betúns e graxas para o calzado, ceras para pisos e automóviles, cremas e cosméticos, encerado de froitas...

Butia brasileiraButia capitatapalmera capitata

Jelly Palmarbre à laque

bútia capitata maior

Palmeira do xénero Butia orixinaria de Sudamérica (Uruguai e Brasil). Acada uns 5 m de altura, con follas compostas pinnuladas de ata 1,7 m de lonxitude, de cor verde-gris. O froito maduro é de forma oblonga, de cor amarela e cunha febra densa e pulposa no interior.

Pazo de Castrelos (Vigo)Catro exemplares.A máis grande acada os 9,5 m de altura.

Coqueiro de ChileJubaea chilensis

Palma chilenachilean wine palmcocotier du Chilipalmeira do Chile

É a única especie do xéneo Jubaea. É nativa do suroeste de América do Sur, onde é endémica dunha pequena área de Chile central.Pode acadar os 25 m de altura e ter toros de 1,3 m de diámetro. As follas son pinnuladas de 3 a 5 m de lonxitude. Os froitos son pequenos (chamados “coquitos” en Chile) e empréganse en confitería. Do seu toro extráese o mel de palma, un almibre empregado como sobremesa.Está considerada unha especie ameazada e en Chile está protexida.

O palmeiral de Ocoa está incluído no Parque Nacional “La Campana” (Chile). É un dos últimos bosques naturais de coqueiro de Chile e conta cunha 70.000 exemplares.

"Jubaeachilensis". Licensed under Public Domain via Commons - https://commons.wikimedia.org/wiki/File:Jubaeachilensis.JPG#/media/File:Jubaeachilensis.JPG

Pazo de Meirás. (Sada, A Coruña)-18 m de altura e 3,60 m de perímetro.INCLUÍDA NO CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA.

Livistona de Australia

Livistona australisPalma col

Cabbage tree PalmPertence ao xénero Livistona. É nativa de Australia. É alta e delgada e pode acadar os 25 m de altura. As follas son palmeadas, con forma de abano, con peciolos de 2 m de lonxitude. O froito é de cor negra ao madurar.

Pazo de Castrelos (Vigo)-15 m de altura

Pazo Torres de Agrelo (Redondela)

-20 m de altura

Palmeira azul mexicanaBrahea armata

palma blancamexican blue palm

palmier bleuPertence ao xénero Braea. É nativa da Baixa Califonia (México). Pode acadar 15 m de altura. As follas son palmeadas de cor verde-azul, de ata 2 m de ancho e cun peciolo longo, e forman unha cuberta febrosa no toro. As inflorescencias acadan os 5 m de lonxitude e os froitos son de forma ovoide e de cor castaña.Moi empregada como especie ornamental.

Pazo de Sta. Cruz de Ribadulla(Vedra)-9,5 m de altura

Palmeira das CanariasPhoenix canariensis

palmera canariaCanary Island date palm

dattier des CanariesPalmeira das Canárias

Pertence ao xénero Phoenix (11 especies). É nativa das Illas Canarias, onde está protexida. Pode acadar os 30 m de altura. Ten o toro groso e coirento, as follas son pinnuladas e poden acadar os 3 m de lonxitude. Os froitos son ovais, pequenos e de cor laranxa. En Galiza é moi común nos parques e xardíns. Os froitos empréganse como alimento. Na illa de La Gomera, extráese o zume chamado guarapo para producir o mel de palma.

Flores femininas

Palmeiral dos Xardíns Méndez Núñez. (A Coruña)A máis grande mide 27,2 m de altura e 3,52 m de perímetro.INCLUÍDO NO CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA.

Xardíns de Noia Mosteiro de Samos.-13,50 m de altura

Casa de Oya (Lourenzá)-22 e 21 m de altura.

Parque de Castrelos (Vigo)

Xardíns de Vincenti (Pontevedra)

Pazo Baión (Vilanova de Arousa)

Caldas de Reis

A Toxa (O Grove)Praza de Alfredo Brañas (Cambados)

Palmeira datileiraPhoenix dactylifera

palmera datilera, palma comúndate palm

palmier dattiertamareira, datileira

Pertence ao xénero Phoenix e probablemente é nativa dos surleste asiático. Pode acadar os 30 m de altura. As follas son pinnuladas, espiñentas, de ata 7 m de lonxitude, de cor verde-glauca. Os froitos son ovoides, de 3 a 9 cm de lonxitude, de cor laranxa e castaños ao madurar, coa polpa carnosa e doce.

Flores femininas Flores masculinas

Froitos

Os froitos empréganso como alimento, as follas para elaborar palmas de Pascua, Os froitos, as sementes, a saiba e as raícese teñen varias aplicacións medicinais.No mundo prodúcense máis de 7.000.000 toneladas de dátiles. Os principais países produtores son Exipto, Arabia Saudita e Irán. «Phoenix (botanical) финики» de

Mariluna. Disponible bajo la licencia CC BY-SA 3.0 vía Wikimedia Commons -

Froitos maduros e sementes

«Date-seller» de Trammell Hudson (autopilot) - Trabajo propio. Disponible bajo la licencia CC BY-SA 3.0 vía Wikimedia Commons -

O Palmeiral de Elx (País Valenciano) conta con máis de 200.000 exemplares de datileira. Crese que foron os árabes os que o plantaron. Os mellores exemplares atópanse no “Horto do Cura”, algúns con máis de 300 anos.

«Palmera-imperial». Publicado bajo la licencia CC BY-SA 3.0 vía Wikimedia Commons -

Pazo de Mariñán (Bergondo)-14,5 e 11,5 m de altura.

Mosteiro de Herbón (Padrón)-19,80 m de altura.INCLUÍDA NO CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA.

Palmeira do SenegalPhoenix reclinata

palmera del Senegalwild date palm

tamareira do Senegal

Nativa do norte de África, Península Arábiga, Madagascar e as Illas Comores. Produce talos múltiples de ata 15 m de altura. As follas son pinnuladas, de ata 7,5 m de lonxitude, cun peciolo de ata 50 cm, de cor verde brillante, con espiñas na base. É dioica.Os froitos e o miolo da palma (palmitos) empréganse como alimento. Co zume faise viño de palma. As febras das folla novas empréganse para tecer e as raíces para extraer un colorante marrón. Tamén produce unha goma comestible.

Xardín de Padrón (Padrón)-12,2 m de altura.INCLUÍDA NO CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA.

QuentiaHowea forsteriana

kentia kentia palm

Pertence ao xénero Howea, formado por dúas especies nativas da illa Lord Howe (no Océano Pacífico). Pode acadar os 15 m de altura. As follas son pinnuladas, de cor verde escura. Os froitos son ovoides, de cor vermella ao madurar.Está considerada unha especie vulnerable.Cultívase como planta ornamental para interiores.

"Endemic Howea forsteriana Palms- Neds Beach,Lord Howe Island" by Black Diamond Images - originally posted to Flickr as Endemic Howea forsteriana Palms- Neds Beach,Lord Howe Island. Licensed under CC BY 2.0 via Commons

Quentias na illa de Lord Howe.

Xardíns Méndez Núñez (A Coruña)-14 e 15,5 m de altura.

WasintoniaPalmeira de CaliforniaWashingtonia filiferaWashingtonia de California

desert fan palmpalmier de Californie

palmeira de saia

Pertence ao xénero Washingtonia formado por seis especies. É nativa das áreas subdesérticas de California. Pode acadar os 23 m de altura. O toro é longo e estreito e adoita estar cuberto polas febras das follas. As follas son compostas e palmadas, a xeito de abano. Os froitos son ovais, pequenos e de cor negra.

"Washingtonia filifera in Palm Canyon" by Stan Shebs. Licensed under CC BY-SA 3.0 via Commons -

Washingtonia filifera en Palm Canyon (Santa Rosa and San Jacinto Mountains National Monument).

Praza de Compostela. (Vigo). -22,5 e 23 m de altura. Pazo de Lourizán (Pontevedra)

Xardíns de Vicenti (Pontevedra)Dous exemplares-18 m de altura

Palmeira de abano mexicana Washingtonia robustapalmera de abanico mexicana

mexican fan palmPalmeira de leque do México

É nativa do sur da península da Baixa California (México). Pode acadar os 35 m de altura. O toro é simple e esvelto, revestido polos restos das follas secas.As follas son compostas-palmeadas, en forma de abano, divididas case ata a metade, con peciolos longos de beiras espiñentas. Os froitos son ovoides, de cor negra de 0.5 cm de diametro.

Washingtonia robusta © Giuseppe Mazza

Pazo de Santa Cruz de Ribadulla. (Vedra)-27 e 26 m de alturaINCLUÍDAS NO CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA.

Xardíns do Posío (Ourense)-20 m de altura

Pazo Fefiñáns (Cambados)-23 e 22 m de altura. Casa Pomares (Fefiñáns, Cambados)

Alameda (Pontevedra)

Palmeira de abanoTrachycarpus fortunei

palmera excelsachusan palm

palmier de Chine

Pertence ao xénero Trachycarpus, formado por nove especies. É nativa da China central e oriental. Pode acadar 12 m de altura. O toro é longo e estreito e queda recuberto polas vaíñas das follas caídas o que lle da un aspecto febrosos. As follas son compostas-palmadas, de 75 cm de lonxitude, cun peciolo de marxes serradas e un pouco máis longo que o limbo. O froito é unha drupa en forma de ril de ata 12 mm de lonxitude, de cor negra ao madurar.

Parque de Castrelos(Vigo)

MONTAXE: Adela Leiro IMAXES: Adela Leiro, Mon Daporta, Internet

Agosto 2015