Reis magos

Post on 16-Apr-2017

489 views 0 download

Transcript of Reis magos

Os 4 Reis Magos

Hai máis de 2000 anos, unha estrela brillante cruzou o

precioso ceo de Belén

Viña de moi lonxe. 4 “sabios” magos encontrárona e

sabendo que esa estrela significaba que un novo rei ía

nacer, decidieron seguila.

Melchor, Gaspar e Baltasar, levábanlle ao neno ouro,

incenso e mirra, pero… quen era o 4º mago? Que lle levaba

ao neno?

Achín era o 4º mago, e leváballe ao neno unha cesta

chea de comida e cueiros novos e limpos. Seguro que

lles serviría de grande axuda a Xosé e a María este agasallo!

No seu camiño encontráronse con mulleres, nenos …

pastores e pastoras. E a todos lles daba Achín algo da súa

cesta para compartir.

De repente … Apareceu un anxo!

Non temades, díxolles o anxo, porque en Belén naceu o

Salvador do mundo. Encontrarédelo nun

presebe, envolto entre panos.

A Achín díxolle: Vaste quedar sen agasallo para o neno Deus.

Todos se puxeron en camiño mentres a brillante estrela os

acompañaba

Chegaron a un portaliño, e alí viron a Xosé, María e ao neno, recostado nun presebe, e quentado polo alento dun boi e unha mula.

Que neno máis feitiño!

Eu traio mel. Eu un mazapán. Eu unha pel de ovella. Eu queixo e unha galiña…

Eu son Gaspar. Aquí traio o incenso.Veño decir: A vida é pura e bela.Existe Deus. O amor é inmenso.Seino todo pola divina estrela!

Eu son Melchor. A miña mirra fai que todo recenda. Existe Deus. El é a luz do día.A branca flor ten os seus pés na lamae no pracer está a melancolía!

Eu son Baltasar. Traio o ouro. Aseguro que existe Deus. El é o grande e forte. Seino todo polo luceiro puroque brilla no diadema da Morte.

e alí estaban todos

Pero Achín non tiña nadaEu son Achín e non che traio nada. Ben, si que traía, pero son moi distraído e o teu agasallo perdino polo camiño.

O neno óllao e sorrí, e María dílle: Que agasallo máis

grande podes traer? Mira detrás de ti e vólvenolo dicir.

Todos aqueles aos que Achín axudou, foron ver o neno e a darlle todo o seu amor.

¡Feliz e compartido Nadal!