A RECEPCIÓN DA OBRA DE ALICE VIEIRA EN GALICIA E ESPANAE, en segundo lugar — vencellado e...

24
A RECEPCIÓN DA OBRA DE ALICE VIEIRA EN GALICIA E ESPANA MIGUEL VÁZQUEZ FREIRE Agradecementos: Á Escola Superior de Educação de Beja, Câ mara Municipal e Biblioteca Municipal de Beja, e á APPLIJ, sección portuguesa do IBBY, organizadores deste Encontro sobre Literatura para Crianças e Jovens, por convidarme a participar. Agradezo á Fundación Germán Sánchez Ruipérez, a revista CLIJ, a editorial SM, Maria Xesús Fernández e o arquivo de La Voz de Galicia, a colaboración prestada para a redacción desta conferencia. Permítaseme que comece esta exposición, de título tan académico, cunha anécdota persoal. Corria o verán do ano 1986 — ou poida que fose de 1985, a estas alturas un ano arriba, un ano abaixo, xa non é nada no inseguro arquivo da mina me mória — e eu participaba na cidade asturiana de Xixón nun en contro sobre o que por entón chamabamos Pedagoxía da Imaxe, unha das minas teimas recorrentes, xusto ó lado da literatura infantil e a filosofia. Xuntabámonos alí educadores procedentes de varias comunidades espanolas e alguns — menos — doutros países europeos, unidos todos no común anceio de introdu- cirmos nas aulas o traballo coas novas tecnoloxías audiovisuais. Entre aqueles educadores, dous ían ser determinantes para a mina posterior relación coa literatura portuguesa para crianças, e, como resultado, para o meu inevitable descubri- mento da obra de Alice Vieira. Dun a penas lembro a memória do seu nome — Guilherme Figueiredo —> avogado da cidade

Transcript of A RECEPCIÓN DA OBRA DE ALICE VIEIRA EN GALICIA E ESPANAE, en segundo lugar — vencellado e...

Page 1: A RECEPCIÓN DA OBRA DE ALICE VIEIRA EN GALICIA E ESPANAE, en segundo lugar — vencellado e derivado do primei ro —, a xeración dun novo lector, posiblemente máis feminino cá

A RECEPCIÓN DA OBRA DE ALICE VIEIRA EN GALICIA E ESPANA

MIGUEL VÁZQUEZ FREIRE

Agradecementos: Á Escola Superior de Educação de Beja, Câ­mara Municipal e Biblioteca Municipal de Beja, e á APPLIJ, sección portuguesa do IBBY, organizadores deste Encontro sobre Literatura para Crianças e Jovens, por convidarme a participar.Agradezo á Fundación Germán Sánchez Ruipérez, a revista CLIJ, a editorial SM, Maria Xesús Fernández e o arquivo de La Voz de Galicia, a colaboración prestada para a redacción desta conferencia.

Permítaseme que comece esta exposición, de título tan académico, cunha anécdota persoal. Corria o verán do ano 1986 — ou poida que fose de 1985, a estas alturas un ano arriba, un ano abaixo, xa non é nada no inseguro arquivo da mina me­mória — e eu participaba na cidade asturiana de Xixón nun en­contro sobre o que por entón chamabamos Pedagoxía da Imaxe, unha das minas teimas recorrentes, xusto ó lado da literatura infantil e a filosofia. Xuntabámonos alí educadores procedentes de varias comunidades espanolas e alguns — menos — doutros países europeos, unidos todos no común anceio de introdu- cirmos nas aulas o traballo coas novas tecnoloxías audiovisuais.

Entre aqueles educadores, dous ían ser determinantes para a mina posterior relación coa literatura portuguesa para crianças, e, como resultado, para o meu inevitable descubri- mento da obra de Alice Vieira. Dun a penas lembro a memória do seu nome — Guilherme Figueiredo —> avogado da cidade

Page 2: A RECEPCIÓN DA OBRA DE ALICE VIEIRA EN GALICIA E ESPANAE, en segundo lugar — vencellado e derivado do primei ro —, a xeración dun novo lector, posiblemente máis feminino cá

98 NO BR nNCO DO 3UL .- 5 CORES DOo LI' 'ROS

de Porto e animador do cine clube local. A outra segue ainda hoxe sendo unha grande amiga: Maria José Vitorino Gonçalves, bibliotecaria na actualidade en Vila Franca de Xira, daquela mestra en Coimbra. Nunha desas espontâneas tertúlias que se forman traias sesións formais neste tipo de encontros, Maria José e mais eu descubrímo-lo noso común interese pola litera­tura infantil. Foi alí onde eu formulei aquela estúpida pregunta que me había levar a unha persoal e xa definitiva viaxe ata á literatura para crianças portuguesa. A pregunta debeu ser máis ou menos deste estilo:

— (jComo é posible que unha literatura tan rica, que ten dado autores como Pessoa ou Miguel Torga (naquelas datas ainda non comezara en Espana o fenómeno Saramago), non tena unha literatura infantil comparable?

Estúpida pregunta, claro, porque o único que eviden- ciaba era a ignorância de quen a formulaba. Ainda que — debo precisar na mina desculpa — non era senón unha ignorância compartida entre a práctica totalidade de quen tanto en Galicia como en Espana nos interesabamos pola literatura infantil. Coneciamos moi ben os máis destacados autores contemporâ­neos britânicos e norteamericanos, franceses e italianos, alemás ou austríacos, e mesmo escandinavos. De todas estas linguas e nacionalidades había polo menos un nome destacado que con- taba con traduccións nas principais coleccións espanolas, no­meadamente na importantísima Alfaguara juvenil que dirixía Michi Strausfeld. Pero de Portugal nada.

A mina amiga Maria José reaxiu con lóxico escândalo. ,;Como que nada? E de contado tirou de caneta e libreta e fixo- me unha longa lista de máis de vinte autores coas súas respec- tivas obras. Foi alí, en Xixón e naquela lista, cando batín pola primeira vez co nome de Alice Vieira, que ocupaba lugar des­tacado. Beiras do seu nome, aparecían os títulos da triloxía protagonizada pola Mariana, que a mina amiga me louvou como a obra que tina suposto o grande suceso e mesmo revolu- ción na nova literatura infantil portuguesa.

Page 3: A RECEPCIÓN DA OBRA DE ALICE VIEIRA EN GALICIA E ESPANAE, en segundo lugar — vencellado e derivado do primei ro —, a xeración dun novo lector, posiblemente máis feminino cá

i.ilGUEL' “-ZOUEZ FFiEIF.E 99

As minas pescudas posteriores non fixeron senón confir­ma-lo xuízo da mina amiga: Rosa, minha irmá Rosa semella marcar un punto de inflexión no desenvolvemento da moder­na literatura portuguesa para a xuventude, e non tanto pola introducción dun novo xénero literário, ata entón pouco ou nada cultivado, senón por dous factores quizais en certo xeito quase extraliterarios, máis propios da socioloxía da literatura que da análise literaria mesma, pero que, como intentarei máis adiante probar, tenen tamén unha indubidable relevância litera­ria e, especialmente, explican a transcendência que a súa obra vai ter non só en Portugal.

Son estes dous factores, en primeiro lugar, a irrupción no espacio literário de nenos protagonistas — raparigas principal­mente, na maioria dos relatos da nosa autora —, habitantes do mesmo contorno social que habitan os seus potenciais lectores, e que por iso mesmo van permitir que estes — os rapaces lectores — atopen nas suas lecturas un reflexo próximo ás suas propias vidas. A literatura infantil deixa de ser con Alice Vieira o território case exclusivo de personaxes irreais, ben sexan her­deiros dos fabulosos heroes dos contos marabillosos, ou ben heroes de aventuras obrigatoriamente extraordinárias. Con Ali­ce Vieira, diria, a vida cotiá trócase en autentica aventura lite­raria, e un dos seus grandes méritos está na súa capacidade de convencer ó lector de que o tal troco é certamente posible.

E, en segundo lugar — vencellado e derivado do primei­ro —, a xeración dun novo lector, posiblemente máis feminino cá masculino (hipótese que seria bo contar con datos empíricos que puidesen permitir probala), un lector preadolescente ou adolescente e urbano, que require un novo tipo de relatos e que amplia o lectorado tradicional tanto en cantidade como no tipo de esixencia cualitativa que como lector vai reclamar das suas obras de lectura.

Pero regresemos á mina anécdota inicial. A partir da lis­ta de Maria José Vitorino Gonçalves, propúxenme un proxecto: viaxar a Portugal, mercar aqueles libros e, tras formarme o meu

Page 4: A RECEPCIÓN DA OBRA DE ALICE VIEIRA EN GALICIA E ESPANAE, en segundo lugar — vencellado e derivado do primei ro —, a xeración dun novo lector, posiblemente máis feminino cá

100 NO BR -,NCO DO SUL 3 CORES DOÍ LI' ROS

propio xuízo, seleccionar alguns autores para desenvolver unha serie de reportaxes na prensa galega coa que entón colaboraba — El Faro de Vigo, xornal diário, e Revista Galega de Educación, publicación trimestral de carácter pedagóxico, posteriormente tamén La Voz de Galicia — que servisen como un panorama da situación da literatura infantil portuguesa, daquela practica- mente desconecida en Galicia.

Foi así como comecei a viaxar a Porto e Lisboa na pro­cura de ricos botins literários. E traia súa demorada lectura, fixen unha selección de autores — non moi desviada da que de principio me propuxera a mina amiga Maria José — ós que vi­sitei e entrevistei. Todos eles — agás Sophia de Mello Breyner Andresen, quen declinou a petición coa habitual fórmula de que nada tina que dicir porque xa na súa obra dixera canto queria dicir — recibíronme con enorme xenerosidade e agari- mo, e entre eles Alice Vieira, que desde entón non deixou de facerme chegar regularmente, malia os meus constantes câm­bios de enderezo, as novas publicacións coas que foi enrique­cendo a súa magnífica obra.

O resultado de aquelas entrevistas e lecturas foi unha serie de entregas aparecidas no suplemento educativo A Pizarra, do Faro de Vigo, baixo a rúbrica Viaxe pola literatura infantil portugue­sa. A primeira, aparecida en decembro de 1986, co título de En Portugal, moito, tomou a forma dun artigo de carácter xenérico no que compartia cos lectores do diário vigués o meu «descubrimen- to» dos autores e obras portugueses. Logo seguiu a publicación das entrevistas cos autores, entre as cales a mantida con Alice Vieira apareceu o 18 de febreiro de 1988 en La Voz de Galicia.

Seria presunción pola mina parte dicir que estas foron as primeiras referencias aparecidas en Espana sobre a obra e per­sonalidade de Alice Vieira. Tan só podo dicir que son as primei­ras das que eu teno noticia. O indubidable é que os ecos da excelencia da triloxía protagonizada por Mariana xa comezaran a espallarse entre os sectores editoriais espanoles, porque ese mesmo ano de 1988 a editora SM incluiu na súa prestixiosa e

Page 5: A RECEPCIÓN DA OBRA DE ALICE VIEIRA EN GALICIA E ESPANAE, en segundo lugar — vencellado e derivado do primei ro —, a xeración dun novo lector, posiblemente máis feminino cá

11IGUEL ’ -.ZQUEZ FREIRE 101

popular colección El Barco de Vapor o primeiro dos títulos, Rosa, minha irmá Rosa, que foi editado en castelán e despois en gale­go, xa que esta colección traduce alguns dos seus títulos. A par­tir de entón, a obra de Alice Vieira foise dando a conecer de forma regular, tanto en castelán como en galego:

— En 1990, de novo SM, esta vez dentro da colección Gran Angular, publica Úrsula, versión castelá de Úr- sula, a maior, mentres que en El Barco de Vapor apare­ce A vueltas con mi nombre, título castelán de Viagem à roda do meu nome.

— Ese mesme ano a editora galega Galaxia publica A lúa non está a venda na colección Árbore.

— En 1991, Siruela, unha editorial madrilena que se ca- racteriza pola coidada presentación externa dos libros que edita, publica Flor de miei.

— 1991 é tamén o ano da versión galega de Paulina ó pia­no, aparecida en Árbore de Galaxia. Ese mesmo ano, SM presenta a traducción ó galego de Viagem á roda do meu nome co título Viaxe arredor do meu nome.

— En 1992, a editora catalana Edebé publica Chocolate con lluvia, traducción da terceira parte da triloxía de Mariana, na colección Periscópio.

— Tamén en 1992 aparece a versión galega de Úrsula a maior, na mesma colección de SM.

— En 1993, de novo SM en El Barco de Vapor publica Los ojos de Ana Marta, que ese memo ano tamén aparece­rá traducida ó galego.

Page 6: A RECEPCIÓN DA OBRA DE ALICE VIEIRA EN GALICIA E ESPANAE, en segundo lugar — vencellado e derivado do primei ro —, a xeración dun novo lector, posiblemente máis feminino cá

102 NO BR -.NCO DO SUL ^.S CORES DOS LI' ROS

— En 1997, Anaya selecciona Cuaderno de agosto para a súa nova colección Sopa de Libros.

— Teno noticia ainda de que este mesmo ano Edicións Xerais de Galicia pensa edita-la versión galega desta última novela na súa colección Fóra de xogo.

Unha ollada a estes títulos, e outra paralela á obra com­pleta da autora, evidencia a alta acollida que Alice Vieira está a obter en Espana. Tomando como referencia os completos datos bibliográficos incluídos en Introdução à obra de Alice Vieira, o opúsculo preparado por José António Gomes para Caminho, entendo que a obra da nosa autora pode ser dividida en tres grandes grupos: o primeiro seria o das novelas de carácter pre­dominantemente realista e ambientadas no tempo actual; en segundo lugar, estarían aquelas obras con pretensión didáctico- -histórica, que incluirían tanto a A Espada do Rei Afonso e Este Rei que Eu Escolhi como Promontório da Lua; e en terceiro lugar teríamo-lo grupo dos textos que recrean contos populares tra­dicionais, grupo no que tamén cabe integra-la antoloxía de poesia popular Eu bem Vi Nascer o Sol e mesmo Graças e Des­graças da Corte de El-Rei Tadinho. Fóra desta clasificación practi- camente tan só quedaria o texto teatral Leandro, Rei da Helíria, que eu ainda non conezo.

Pois ben, do primeiro destes grupos contan con edicións espanolas, nalgunha das distintas linguas do Estado (ainda que aqui non as cito, por non ser un espacio editorial que eu con­trole debidamente, cónstame a existência tamén de traduccións ó catalán das obras citadas, nomeadamente de algunha das editadas por SM), a case totalidade das obras que o componen. Cabe logo comezar preguntándose por que esa fixación nese grupo ou por que a postergación dos outros dous.

A resposta semella obvia. As obras de carácter didáctico histórico presentan supostamente un interese predominante­mente local e son de facto non facilmente interpretables por un

Page 7: A RECEPCIÓN DA OBRA DE ALICE VIEIRA EN GALICIA E ESPANAE, en segundo lugar — vencellado e derivado do primei ro —, a xeración dun novo lector, posiblemente máis feminino cá

11IGUEL' -ZQUEZ FREIRE 103

lector que ignora os personaxes e feitos máis destacados da historia de Portugal. Dito doutro xeito: se os conecementos his­tóricos non estivesen tan sectorializados en función dos espa- cios dos Estados, quizais un neno ou unha nena galegos ou manchegos poderían seguir con igual atención a historia de Afonso Henriques ou de D. João I, como un menino ou unha ra­pariga portugueses poderían face-lo propio coa vida de Xelmí- rez e dona Urraca, ou de EI Cid e Alfonso VI de Castela. Non é así, sen embargo, e desde logo un neno calquera espanol seria con toda probabilidade incapaz de cita-lo nome dun só rei português... a non ser, desde logo, o de Felipe II. Non sei se algo semellante seria atribuíble a un neno português.

Por certo, incidentalmente caberia preguntarse polas no­vas esixencias reclamables do curriculum escolar no marco da construcción europea. A actual situación de ignorância das his­torias respectivas e — o que é ainda máis grave — a construcción das propias identidades nacionais sobre a base da mitificación dos conflictos bélicos que enfrontaron a uns países cos outros, son posiblemente un lastre non despreciable para a formación dunha autêntica cidadania europea. De algún xeito, os progra­mas europeos Sócrates, Comenius e Erasmus tenden a paliar esta eiva mediante a promoción de encontros entre alumnos e pro- fesores dos distintos niveis educativos da Union Europea. Paralelamente, seguramente non estaria de máis que alguén potenciase unha literatura histórica capaz de apoiar ese proceso. Penso, por exemplo, na posibilidade dunha colección, editada nos distintos idiomas europeos e distribuída en tódolos Estados, onde, por exemplo, A Espada do Rei Afonso de Alice Vieira pui- dese aparecer acompanada de algunha das magníficas novelas históricas da espanola Concha López Narváez, máis outras de autores de cada un dos países participantes. Sonar pouco custa...

Entre tanto, polo momento os editores amosan un claro temor cara ó xénero histórico, escasamente cultivado en Espa­na, e que, en todo caso, practicamente só aparece representado por autores locais que narran historias locais.

Page 8: A RECEPCIÓN DA OBRA DE ALICE VIEIRA EN GALICIA E ESPANAE, en segundo lugar — vencellado e derivado do primei ro —, a xeración dun novo lector, posiblemente máis feminino cá

104 NO BR.-.NCO CO 3UL /- 3 CORE3 DOG LIVF.Oj

En canto ó terceiro dos grupos, a explicación é semellan- te. Malia o feito ben probado de que os contos populares pre- sentan estreitas coincidências en tódolas linguas e países, os editores resístense a difundir nas coleccións infantis as recrea- cións dos contos que non son orixinarios do propio espacio linguístico, fóra dos incorporados xa definitivamente ó acervo universal, como son os de Perrault e os irmáns Grimm. Esta resistência é ata certo punto razoable, xustamente polas propias coincidências que vimos de citar. Así, por exemplo, en Espana as estupendas recreacións que Antonio Rodríguez Almodóvar vén facendo nos seus Cuentos de la media lunita, cumpren unha función semellante ás Histórias tradicionais portuguesas de Alice Vieira. Recentemente en Galicia tamén un grupo de escritores investigadores está a facer outro tanto cos contos populares galegos: a colección O cabalo Bulirán, que edita Edicións Xerais. E naturalmente, no caso da poesia popular o problema acrecén- tase pola dificultade da traducción.

Queda, pois, o primeiro grupo. Agora ben, non se pode dicir que os protagonistas e os contidos das novelas que com- ponen este grupo sexan «menos portugueses». De feito, a Alice Vieira semella que lie acontece o mesmo que á nai da protago­nista de Caderno de Agosto quen, cando o flamante editor Ale­xandre Ribeiro lie pregunta se fixo que a acción da novela que está a escribir acontecera en Malibd, responde:

— Passa-se em Lisboa, que foi o destino máis exótico que con­segui inventar.

Tamén nas novelas de Alice Vieira, os barrios lisboetas constitúen o summum de exotismo que a autora parece conce- derse. Pero isto non está a ser óbice para que a súa obra sexa perfectamente comprendida e admirada por lectores e críticos en Espana.

É este un punto que merece unha reflexión especial. Po­

Page 9: A RECEPCIÓN DA OBRA DE ALICE VIEIRA EN GALICIA E ESPANAE, en segundo lugar — vencellado e derivado do primei ro —, a xeración dun novo lector, posiblemente máis feminino cá

í 1IGUEL' -.ZQUEZ FREIRE 105

los datos de que dispono, desde hai algún tempo asistimos a un fenómeno de aparente «particularización» da literatura infantil. Por «particularización» entendo a tendencia dos âmbitos cultu­rais linguísticos a consumir case preferentemente obras de au­tores e temática exclusivas dese âmbito. Así, por exemplo, as obras que adquiren maior difusión no espacio galego están a se­la de autores galegos que ofrecen ós lectores relatos ambienta­dos en Galicia, mentres que as obras traducidas tenen en xeral unha difusión sensiblemente menor. O mesmo semella estar a pasar nos outros âmbitos linguísticos espanois e, por outro lado, un fenómeno similar prodúcese tamén en Francia, Italia, Gran Bretana ou Alemana. E desde logo tamén en Portugal, como confirma a propia Alice Vieira na entrevista publicada pola revista Peonza, entrevista da que falaremos máis adiante:

«Cuando empecé a escribir, los ninos portugueses leían solamente libros de autores extranjeros, porque no exis- tían autores nacionales o los que había eran muy maios. Ahora ocurre exactamente lo contrario, los ninos y jóve- nes leen sólo libros de escritores portugueses y no se lee nada de los clásicos, ni libros de autores espanoles, ale- manes, franceses o ingleses. Esto también me parece muy negativo.»

Como reacción a este fenómeno, ténense escoitado xa voces que advirten contra os riscos de provincianismo e o con- secuente empobrecemento cultural que o devandito fenómeno poderia estar a provocar, fronte á pretensión universalista atri­buída habitualmente á gran literatura. Unha crítica que semella estar presente tamén nas palabras de Alice Vieira, pero que eu, referida á situación espanola, non podo compartir. Desde a perspectiva espanola, é posible lembrar que a finais dos anos setenta, cando timidamente se iniciaba o chamado boom da li­teratura infantil e xuvenil, a colección máis prestixiosa (Alfa- guara Juvenil, dirixida pola xa citada Michi Strausfeld, agora en

Page 10: A RECEPCIÓN DA OBRA DE ALICE VIEIRA EN GALICIA E ESPANAE, en segundo lugar — vencellado e derivado do primei ro —, a xeración dun novo lector, posiblemente máis feminino cá

106 NO BFUNCO DO SUL Aú CORE_ DOS LI' ’ROS

Siruela) nutríase case exclusivamente de títulos traducidos. Agora sucede o contrario (predomínio case absoluto dos auto­res e obras locais e excepcionalidade dos estranxeiros) na prác- tica totalidade das coleccións existentes, multiplicadas durante estes anos ó calor do boom, que non ten deixado de medrar des­de entón.

Na mina opinión, este xiro (discutible, por outra parte, se se atribúe á totalidade das editoriais, como veremos máis adiante) «particularista» ou «localista» non se explica como re­sultado de ningunha vontade predeterminada dos dirixentes editoriais, senón como producto perfectamente previsible (ain­da que non inexorable) de dous factores concorrentes: a deman­da por parte dos novos lectores (producto estes dos câmbios orixinados no sistema educativo espanol, tanto no nivel curri­cular, cunha maior atención á lectura de textos próximos ós intereses do alumnado, fronte ó vello modelo que impuha o conecemento — máis que a lectura — das obras canónicas da «gran» literatura, así como no nivel estrictamente cuantitativo, como resultado da ampliación da escolarización obrigatória) dun tipo de obras que lies falen duns protagonistas e unha rea­lidade próxima á súa; e a mellora da calidade media dos textos escritos polos autores locais, producto este do propio e simul­tâneo aumento da demanda por parte das editoriais. É dicir, hai vinte anos non era posible (ou era moi difícil), para un editor esixente espanol (e ainda con maior razón se restrinxímo-lo campo, e falamos dun editor galego, catalán ou vasco), poder manter unha colección de literatura infantil con autores maiori­tariamente locais (é dicir, que escribiran en galego, catalán, vasco ou castelán). Hoxe si é posible.

Outra cousa é preguntarnos: ^Debería isto conducir a unha restricción na traducción de obras e autores doutros idio­mas? Compre dicir, respecto deste punto, que esta restricción no se está a producir. Nun estúdio de Fernando Cendán, publi­cado no ano 1986, pola contra, sinálase a tendencia contraria, ata o punto de advertir o autor: «... las traducciones de libros

Page 11: A RECEPCIÓN DA OBRA DE ALICE VIEIRA EN GALICIA E ESPANAE, en segundo lugar — vencellado e derivado do primei ro —, a xeración dun novo lector, posiblemente máis feminino cá

11IGUEL' -ZQUEZ FREIRE 107

para la infanda y la juventud se van imponiendo en nuestro país de forma lenta y progresiva, aun cuando el predomínio de las edidones de autores espanoles en su mayoría es bastante notorio, pero existe el gran riesgo de que, si no cambia la ten­dência, el mayor ritmo de crecimiento de las traducciones pue- da dejar sin efecto el predomínio a que hacemos mención» (’).

E posible que esta tendencia se tena invertido nos últi­mos anos, pero ainda así nada xustifica as reaccións «antipro- vincianistas»; os editores espanoles en xeral mantenen unha política editorial atenta á recepción das principais obras e au­tores do panorama internacional. O caso de Alice Vieira, que aqui analizamos, é xustamente un bo exemplo. E semella razoa- ble que esta atención se combine cunha maior presencia dos autores locais, pola natureza da demanda dos lectores, que an­tes sinalamos.

Os mesmos detractores insisten nesa dirección median­te un argumento complementario: a natureza limitada, por «provinciana» ou «localista», dos textos maioritarios dos ac- tuais autores espanois evidenciaríase pola súa escasa reper- cusión alén das nosas fronteiras. Do que se deduciría que un texto de ambientación local non seria un texto exportable, ou, dito doutro xeito, que a dimensión universalista á que debe aspirar toda gran literatura é, se non imposible, difícil de acadar mediante relatos que falan do máis próximo.

Descúlpeseme esta digresión que, como espero poder probar de contado, é sen embargo pertinente para a nosa refle- xión sobre a propia obra da autora que aqui nos convoca, e para mellor comprender tanto os aspectos favorables como os posi- bles atrancos na recepción da súa obra en Galicia e Espana. Des- conezo se esta polémica arredor da dialéctica universalismo / / localismo tamén se está a producir — ou se ten producido no pasado — en Portugal. Trátase, en todo caso — e na mina opi- nión —> dunha falsa polémica porque a historia da literatura proporciona suficientes contraexemplos demostrativos de que falar do próximo non está en absoluto renido coa pretensión de

Page 12: A RECEPCIÓN DA OBRA DE ALICE VIEIRA EN GALICIA E ESPANAE, en segundo lugar — vencellado e derivado do primei ro —, a xeración dun novo lector, posiblemente máis feminino cá

108 NO BF -.NOO DO CUL ,-C CORE. DOC LI' ROS

interesar a todos. Mesmo ó contrario: escoitei, atribuído ó gran Miguel Torga, o lema segundo o cal se un escritor quere ser universal debería describi-la súa aldea. Quizais algún dos asis- tentes me poida confirmar e mesmo precisa-la cita. De calquera maneira, non seria a única testemuna aportable nese sentido. O escritor en lingua yidish e Prémio Nóbel Isaac Bashevis Singer escribe nun comentário ós seus Contos xudeos (2):

«... non existe unha literatura sen raíces. Non se pode escribir boa ficción acerca do home en xeral. Na literatu­ra, como na vida, todo é específico. Todo ser humán ten uns sinais reais e outros artificiais. E se é certo que en certas fábulas o lugar específico non é necesario, mesmo é supérfluo, tamén o é que non toda a literatura é unha fábula. Canto máis enraizado no seu contorno estea un escritor, canto máis o comprenda o seu pobo, canto máis nacional sexa, máis internacional será á vez» (3).

Non hai dúbida de que son estas condicións que Alice Vieira satisfai plenamente e non me cabe dúbida tampouco de que nelas sostén os potenciais de comprensión e aceptación in­ternacional que as progresivas edicións das súas obras noutros idiomas e a súa candidatura ó Andersen están xa a actualizar.

Isto non exclúe reconecer que, en certos casos, determi­nados factores excesivamente localistas poden entorpece-la comunicación co lector. Caberia falar, en primeiro lugar, dun entorpecemento de carácter eminentemente estético que é o que habitualmente se califica como costumismo. O pecado do cos- tumismo consiste, como é sabido, na compracencia do escritor coa descrición de aspectos pintorescos e curiosos — personaxes, ambientes, lugares — que xeralmente precisan da complicidade favorable do lector, polo que, para que funcione como mecanis­mo literário, require un tipo de lector que pertenza ó propio contexto descrito polo autor. Xustamente o seu aparente contra­rio seria o exotismo, que converte o pintoresco en raro e distan­

Page 13: A RECEPCIÓN DA OBRA DE ALICE VIEIRA EN GALICIA E ESPANAE, en segundo lugar — vencellado e derivado do primei ro —, a xeración dun novo lector, posiblemente máis feminino cá

r tIGUEL' -ZQUEZ FREIRE 109

te e alimenta a curiosidade do lector nesa mesma condición de rareza: é a atracción do distante en tanto que diferente, unha atracción meramente externa que non adoita ir acompanada do afondamento necesario para que chegue a implicar autentica comprensión. Tanto o costumismo como o exotismo — caras opostas dunha moeda que finalmente vén sendo a mesma, por iso o calificativo de «aparentes» opostos — son modos literários xustamente denostados, polo que tenen de superficialidade, de falta de compromiso do autor coas suas creaturas — sempre necesariamente máis complexas do que o fácil debuxo costu- mista ou exótico autorizan — e de enganosa compracencia co lector, de quen non se esixe outra cousa máis que a observación externa e descomprometida propia do vecino contineiro ou do turista vacacional.

Son estes pecados seguramente frecuentes na literatura infantil e xuvenil, debido ó erro de interpretar que os lectores pequenos ou mozos non permiten o tratamento literário de psicoloxías complexas, conflictos difíciles ou contextos espaciais e sociais cambiantes. Pero de ningún destes vicios peca a obra de Alice Vieira. Moi ó contrario, ela pertence á caste das escri­toras que, sen mingua ningunha da súa capacidade para se comunicar cos lectores novos, esixe destes a entrega necesaria para enfronta-lo desvelamento da máxima complexidade da alma humana, ofrecida as veces en carne viva, como adoita suceder nesa idade terrible que é a adolescência. Non, non hai compracencia ningunha da escritora cos seus lectores, malia que alguén poida confundir con esta o hábil e eficaz uso do humor, sempre presente nos textos de Alice Vieira. Certamente as veces chegamos a pensar que, sen o contrapunto humorís­tico, algunha das suas historias poderia chegar a facérsenos insoportable de tan dura, e seguramente tendemos a pensar que máis ainda o serían para os rapaces lectores. Falo desas famílias tradicionalistas e abafantes das máis das suas novelas: falo, por exemplo, de Águas de Verão. Falo desas raparigas des- graciadas, marcadas por unha perda fatal que non poden en­

Page 14: A RECEPCIÓN DA OBRA DE ALICE VIEIRA EN GALICIA E ESPANAE, en segundo lugar — vencellado e derivado do primei ro —, a xeración dun novo lector, posiblemente máis feminino cá

110 NO BRANCO DO SUL .-.3 CORES DOS LIVROS

tender e contra a que parecen non poder nada: falo de Flor de Mel ou de Os Olhos de Ana Marta. Sen dúbida nestes textos, por veces durísimos, o lector — neno, mozo ou adulto — agradece as pingas de humor intelixente que a autora deixa caer. Pero en ningún caso se trata dunha risa evasiva ou escapista. Trátase, en todo caso, dun humor compensador e necesario, ese tipo de humor moitas veces autoparódico, como ten posto de relevo José António Gomes, mercê o cal as mocinas adolescentes ou mesmo preadolescentes de Alice Vieira son quen de atura-la propia imaxe no ingrato espello dunha idade certamente difí­cil — perdóeseme o inevitable tópico — e dun tempo e un mun­do, coma todos, escasamente xenerosos.

Hai outros posibles factores potencialmente entorpe- cedores da recepción dunha obra nun contexto cultural diferen­te de aquel para o que foi creada. Factores xa non de natureza estrictamente estética, senón sociolóxica. Agora ben, desde este punto de vista compre dicir que cada vez ten menos sentido falar de espacios socioculturais diferentes cando nos referimos a países integrados nas sociedades occidentais industrializadas. O que, por certo, ten os seus aspectos positivos e tamén outros negativos. Pero non é agora este un tema ó que poidamos de­dica-la nosa atención.

Si o é significar que xustamente a obra de Alice Vieira, para alén dos seus indiscutibles valores estéticos, proporciona unha visión valiosísima e sumamente perspicaz de certas trans- formacións características do paso dunha sociedade tradicional, autoritaria e eminentemente rural a outra modernizada, demo­crática e en proceso de rápida industrialización. Neste sentido, non nos pode sorprende-la boa aceptación das obras da nosa autora en Espana, e moi particularmente en Galicia. A realida­de sociolóxica en proceso de cambio que Alice Vieira tan ben nos soubo retratar na triloxía da Mariana é case estrictamente a mesma que poderia estar a vivir unha mocina da mesma ida­de nunha familia galega habitante dos novos barrios das aforas de Vigo ou A Coruna.

Page 15: A RECEPCIÓN DA OBRA DE ALICE VIEIRA EN GALICIA E ESPANAE, en segundo lugar — vencellado e derivado do primei ro —, a xeración dun novo lector, posiblemente máis feminino cá

f 1IGUEL' -ZQUEZ FREIRE 111

Como nas famílias portuguesas das máis das novelas de Alice Vieira, tamén as famílias galegas tenen a maioria orixes rurais próximas, seguramente máis dun familiar vivindo ainda nunha aldea ou unha vila pequena. E coma elas, tamén as famí­lias galegas pasaron nun curto período de tempo de ser famílias extensas, coa avoa e o avó (xeralmente maternos) vivindo na mesma morada que a súa filia e o seu xenro mailos netos, a familias constituídas estrictamente polo matrimonio e os fillos, case nunca máis de dous. E ainda tamén coma elas, a crise de valores derivada do paso do autoritarismo (o Portugal de Sala- zar e Caetano tina, como é sabido, na Espana de Franco o seu equivalente ideolóxico) á democracia, manifestarase tamén en moitas familias galegas na aparición de novos conflictos e cho­ques xeracionais: o abraio das avoas ó descubiren que as suas netas chámanlle de ti ós profesores ou profesoras; o novo pa­pel da muller incorporándose decididamente ó mundo laborai; e, naturalmente, o divorcio, vivido como definitiva traxedia pola mentalidade tradicional pero aceptado como posibilidade cada vez máis normal entre as novas xeracións.

Eu case diria que a obra de Alice Vieira estaba predesti­nada a atopar un natural território de acollida tanto en Galicia coma en toda Espana.

Pero falemos xa de como ten sido — mellor seria dicir: como está a ser, porque se trata dun proceso ainda aberto — esta acollida. Respecto disto, deberemos comezar sinalando que o que agora se dá en denominar academicamente «o subsis­tema literário da literatura infantil e xuvenil» dispón dunhas estructuras moi febles en Espana, incluída Galicia. A crítica da literatura infantil é case inexistente nas seccións literárias da inmensa maioria dos xornais e, cando aparece, faino as máis das veces cunha dimensión notoriamente menor, tanto pola extensión (case sempre limitada a simple resena, que non per­mite unha verdadeira análise crítica) como polo tratamento que raramente adquire unha dimensión plenamente literaria. Non é extrano que o comentário das obras de literatura infantil e

Page 16: A RECEPCIÓN DA OBRA DE ALICE VIEIRA EN GALICIA E ESPANAE, en segundo lugar — vencellado e derivado do primei ro —, a xeración dun novo lector, posiblemente máis feminino cá

112 NO BRANCO DO 3UL AC CORES DOS LI' 'ROS

xuvenil quede relegado ás seccións educativas (sucede agora mesmo no xornal galego La Voz de Galicia, que só no suplemen­to La Voz de la escuela se ocupa regularmente das novidades en literatura infantil).

En canto ás revistas literárias, acontece algo semellante ó sinalado no caso das seccións literárias dos xornais: a litera­tura infantil, ou ben non existe, ou recibe un tratamento certa­mente marxinal e case extraliterario. Compre sinalar que en Galicia venen de aparecer dúas publicacións adiçadas a comen­ta-las novidades editoriais que ofrecen un esperanzador cambio de actitude: tanto Eidos do libro, revista bimensual aparecida en outubro de 1998, como Guia dos libros novos, publicación tamén mensual xurdida a finais do pasado (o tópico pide falar de «fe­liz coincidência», pero non sei se é de aplicación ó caso: seria mágoa que despois de pasar tanto tempo sen dispor de ningu- nha revista literaria en Galicia, a súbita existência de dúas deri- vase nunha competência que afogase a necesaria sobrevivência de polo menos algunha das dúas), adican unha atención regu­lar e en principio rigurosa á literatura infantil e xuvenil.

En Galicia non dispomos na actualidade de ningunha revista especializada en literatura infantil, unha vez desapare­cida Papeies de Literatura Infantil, publicación bilingue (castelán e galego) que editaba, con periodicidade irregular, o concello da Coruna. Esta publicación naceu da iniciativa dun animoso gru­po de mestras e mestres, que foron tamén os responsables da posta en marcha do Salón do Libro Infantil, este si felizmente vivo, acudindo con regular puntualidade á súa cita anual. Nas páxinas dos Papeies tivo notoria acollida a obra de Alice Vieira, quen tamén foi convidada a participar como figura principa- lísima nun dos Salóns do Libro. No número de Papeies apareci­do con data do mes de abril de 1993, Maria Xesús Fernández asina un artigo que, co sinxelo título de Alice Vieira, desenvol­ve unha completa (a autora prefire falar de «breve») análise das cinco novelas da autora por entón traducidas ó galego. Coido que paga a pena le-los párrafos cos que Maria Xesús Fernández

Page 17: A RECEPCIÓN DA OBRA DE ALICE VIEIRA EN GALICIA E ESPANAE, en segundo lugar — vencellado e derivado do primei ro —, a xeración dun novo lector, posiblemente máis feminino cá

r 1IGUEL' AZQUEZ FREIRE 113

— na actualidade sen dúbida a crítica máis atenta ó seguimen­to da actualidade na literatura infantil e xuvenil en lingua ga­lega — conclúe o seu artigo: «Cinco novelas que son como unha crónica da infancia e da adolescência portuguesas de hoxe en dia, feita por unha escritora que ademais de crear e dar vida a singulares personaxes, proxecta en cada un dos seus relatos á nena que leva dentro e que contempla asombrada un comple­xo mundo familiar no que moitos adultos son á vez seres frus­trados e frustradores, pero á que nunca abandona un intelixente sentido do humor, unha fina sensibilidade e, sobre todo, unha visión optimista e esperanzadora da vida representada polas novas xeracións.»

En canto ó âmbito espanol, sen dúbida a revista especia­lizada de maior difusión é CLIJ (Cuadernos de Literatura Infantil y Juvenil). Nacida inicialmente como suplemento dos Cuadernos de Pedagogia, revista adiçada a temas educativos, independi- zouse moi pronto ata se trocar nunha publicación totalmente. A atención á obra de Alice Vieira nas páxinas de CLIJ redúcese ata este momento ás resenas dos libros A lúa non está á venda (ainda que a lingua vehicular de CLIJ é o castelán, mantén unha atención constante ás publicacións nas outras linguas faladas en Espana), Flor de miei e Cuaderno de agosto, ademais das impres- cindibles referencias ó conxunto da súa traxectoria nas análises xerais sobre a situación da literatura infantil e xuvenil portu­guesa aparecidas nos números 13 e 106, en artigos asinados, respectivamente, por min mesmo e por José António Gomes.

Fóra de CLIJ, existen pequenas publicacións de difusión moito máis restrinxida, e en moitos casos de frecuencia de apa- rición imprecisa. Así, a asociación Amigos del libro, vencellada á OEPLI (a sección espanola do IBBY), edita a súa propia publi­cación, como tamén a sección catalana, que dispón dunha revis­ta máis consolidada (Faristol). Estas publicacións, como era previsible, conceden atención predominante ós autores e obras do seu âmbito linguístico. Ademais, existen pequenas asocia-

Page 18: A RECEPCIÓN DA OBRA DE ALICE VIEIRA EN GALICIA E ESPANAE, en segundo lugar — vencellado e derivado do primei ro —, a xeración dun novo lector, posiblemente máis feminino cá

114 NO BR ^NCO DO SUL AS CORES DOS LI' 'F.G3

cións ou grupos de animación á lectura que editan as súas propias publicacións, como son os casos de Platero, revista astu- riana, Peonza, promovida por un grupo santanderino, ou Igan- degin, revista vasca. Nestas tres últimas publicacións, a obra de Alice Vieira ten sido comentada favorablemente, fundamental­mente en forma de resenas de algún dos seus libros. Ademais, no caso de Platero e Peonza, ámbalas duas tenen tamén incluí­do unha entrevista coa autora (n.°89, ano 1996; e n.°45, ano 1998, respectivamente). As preguntas formuladas nesta última entrevista inclúen implicitamente unha avaliación da obra da autora, da que se salienta a personificación da rebeldia fronte á sociedade nos xóvenes, quen protagonizan a capacidade críti­ca mentres os adultos adoitan adoptar actitudes máis confor- mistas, a loita pola propia identidade, a análise realista do âmbito familiar, o predominio das figuras femininas, a cen- tralidade do afectivo e o predominio do realismo sobre a fan­tasia.

Cumpriria falar finalmente das publicacións promovidas polas propias entidades editoras, non moi abundantes en Espa­na dentro do campo da literatura infantil, pero entre as que destaca particularmente Alacena, do grupo editorial SM, edito­ra maioritaria, como xa vimos, das obras de Alice Vieira publi­cadas en Espana. No n.°32, aparecido no outono de 1998, a nosa escritora aparece en magnífica companía, nun artigo asinado polo crítico cubano Enrique Pérez Díaz co título Estética del dis­curso femenino, pouco afortunado na mina opinión, pero que en definitiva reflicte ben a intencionalidade do artigo: establecer unha suposta continuidade no discurso feminino dentro da li­teratura infantil.

Malia tódalas protestas que unha e outra vez o autor do artigo reitera, entendo que non hai dúbida de que este tipo de enfoques englobadores de obras e estilos diversos mediante o denominador común da autoria feminina, responden a un certo critério entre minusvalorizador e protector da figura da escri­tora muller. Critério que, na mina opinión, se evidencia cando

Page 19: A RECEPCIÓN DA OBRA DE ALICE VIEIRA EN GALICIA E ESPANAE, en segundo lugar — vencellado e derivado do primei ro —, a xeración dun novo lector, posiblemente máis feminino cá

í .IGUEL • -2QUEZ FREIRE 115

Enrique Pérez Díaz, por unha parte, afirma que «(p)or su cer­cania al nino [...] como nadie la mujer cuenta con recursos sufi­cientes para abordar cualquier realidad dolorosa y entretejer obras de modo admirable, sensitivo y veraz», para logo sen embargo engadir que «(t)al vez pocos personajes concebidos por mujeres hayan alcanzado aún la trascendencia y el carác­ter paradigmático de un Robinsón, un Pinocho, un Mowgly...». Eu, pola contra, penso que só a ausência de suficientemente distanciamento histórico nos impiden proclamar que a Mariana da nosa Alice, ou o Elvis de Maria Gripe, por non falar da Pippi creada por a Astrid Lindgren, que o mesmo Enrique Pérez se sente obrigado a citar, ou non digamos xa o Nils Holgerson de Selma Lagerloff, constitúen personajes paradigmáticos definiti­vos perfectamente consolidados no imaxinario literário adiçado á infancia.

Certamente, eu entendo que esta tendencia a unir auto­ras diversas tan só pola súa idêntica condición feminina, nin supón ningunha contribución á superación da ainda presente discriminación da muller — por outra banda, felizmente pouco influínte no âmbito da literatura infantil —•, nin axuda á mellor comprensión de obras e estilos moi diferentes, forzadamente obrigados a aparecer unidos por unha relación que a miudo se limita á coincidência da devandita condición feminina da auto­ria. Debo confesar, non obstante, que a revisión deste artigo me fixo decatarme do vínculo temático e estilístico existente entre certas obras que comezan a publicar, aproximadamente a par­tir dos anos 70 e en diferentes países europeos, un reducido número de escritoras: é o caso de Campos grises, campos verdes da alemana Úrsula Wõlfell, os Elvis da sueca Maria Gripe ou as protagonistas adolescentes de alguns dos relatos da austríaca Christine Nõstlinger. En todos estes casos, estas autoras con- tribúen a construir unhei corrente realista fortemente reno­vadora, que por un lado se afasta da fantasia tradicional (que certamente por eses anos estaba a sufrir un serio acoso crítico do que só a viria sacar o êxito inesperado da Historia intermi-

Page 20: A RECEPCIÓN DA OBRA DE ALICE VIEIRA EN GALICIA E ESPANAE, en segundo lugar — vencellado e derivado do primei ro —, a xeración dun novo lector, posiblemente máis feminino cá

116 NO BRANCO DO SUL -S CORES DDS L I''R O Í

nable de Ende), pero por outro tamén da nova fantasia humo­rística ó estilo Rodari que por daquela parecia tender a conver- terse no estilo dominante na mellor literatura infantil.

Pois ben, penso que a obra de Alice Vieira debe situarse estilisticamente dentro desta corrente, que eu me atreveria a calificar de realismo psicolóxico, unha corrente ainda plenamen­te viva nestes momentos, e que non só rompeu coas diversas correntes fantásticas, como veno de sinalar, sino tamén coas modalidades realistas ata entón máis presentes na literatura infantil e xuvenil, nas que o retrato psicolóxico e a indagación nos conflictos emocionais característicos da infancia e a adoles­cência raramente tinan ocupado o lugar central que si acadan nesta nova corrente. Por suposto, eu non pretendo conceder ningunha significatividade especial ó feito de que as principais representantes desta tendencia sexan ata este momento mulle- res. Nin sequera descarto que unha análise máis polo miudo, que agora mesmo non estou en condicións de efectuar, permi­tira atopar algun relevante nome masculino tamén integrable nesta corrente: anticipo, por exemplo, que seguramente o ale- mán Peter Hartling encaixaria perfectamente.

Máis interesante me pareceria reflexionar sobre o feito de que esta tendencia apareza aparentemente vencellada á existên­cia de sociedades urbanizadas e democráticas. Neste sentido, a figura de Alice Vieira cobra de novo particular relevância, en tanto adiantada na introducción dunha corrente estilística ano- vadora dentro dun contexto sociolóxico que ainda no ten con­solidado as características que deben permiti-la formación do tipo de lectorado que esa corrente vai reclamar. Isto salienta ainda máis a excepcionalidade da nosa autora, pois parece anticiparse á demanda dos lectores, ata o punto que, en certo xeito, como temos visto nun principio, é a súa propia obra a que contribúe a crear esa demanda. Algo que, na mina opinión, é si­nal definitorio dos grandes escritores, que nunca producen a súa obra ó calor de modas ou mercados, senón en función du­nha necesidade comunicativa interior dotada de tal forza que,

Page 21: A RECEPCIÓN DA OBRA DE ALICE VIEIRA EN GALICIA E ESPANAE, en segundo lugar — vencellado e derivado do primei ro —, a xeración dun novo lector, posiblemente máis feminino cá

MIGUEL' AZQUEZ FREIRE 117

máis cedo unhas veces, outras máis tarde, remata por atopar eco na sociedade.

Compre ademais observar que, dentro desta corrente, Alice Vieira presenta ainda unira singularidade de característi- cas igualmente innovadoras. Como vários dos comentaristas das suas obras nas publicaciones espanolas tenen sinalado — nomeadamente na entrevista en Peonza antes citada —■, as obras da nosa autora introducen técnicas narrativas «poco conven- cionales en el género con la presencia de diversas voces y tiem- pos narrativos», «líneas paralelas, flash backs»... En efecto, tamén aqui Alice Vieira aparece como adiantada na utilización de recursos estilísticos ainda hoxe infrecuentes na literatura para mozos. Utilización que unha vez máis non responde á asunción de ningún tipo de moda, senón a unha visible nece- sidade interna ó propio relato, como se pon de relevo na maxis- tral Os ollos de Ana Marta, que sen deixar de ser un portentoso retrato psicolóxico, en certo modo é tamén un relato de intriga no que o lector agarda, expectante e inevitablemente atrapado, o desvelamento de quen é o destinatário das confidencias da protagonista, que confusamente sospeita haberá de ser tamén o desvelamento da terrible tristeza que inunda aquela casa ha­bitada por unha nai que non quere á súa filia, figura suprema da ausência de afecto e a incapacidade para amar. Para a cons- trucción deste ambiente, os câmbios de tempo e de puntos de vista — ainda que sempre na voz de Marta, a protagonista, unidade de voz relatora que noutros textos Alice Veira multi­plicará — son absolutamente necesarios.

Gustaríame ainda adiçar unhas palabras á ilustración das obras de Alice Vieira nas edicións espanolas. Non son es­tas obras que reclamen caracteristicamente grandes ilustra- cións. Integradas fundamentalmente en coleccións dirixidas a lectores adolescentes, ou ben inclúen alguns debuxos en branco e negro, ou ben a ilustración redúcese á capa. En xeral, ningún dos ilustradores dos libros espanois de Alice Vieira está entre os nomes considerados principalísimos dentro do campo. Non

Page 22: A RECEPCIÓN DA OBRA DE ALICE VIEIRA EN GALICIA E ESPANAE, en segundo lugar — vencellado e derivado do primei ro —, a xeración dun novo lector, posiblemente máis feminino cá

118 NO BR -vNCO DO SUL - ~ CORES DOU LIVROS

obstante, o altísimo nivel actual da ilustración en Espana garan­te que, ainda con creadores de menor sona, nos podamos ato- par con resultados tan magníficos como os poéticos debuxos de Federico Delicado para Flor de miei (quizais os máis logrados, tamén os que, polas características da edición, permitiron maior creatividade ó artista), os barrocos de Mónica Echevarría en Viaxe arredor do meu nome, os sinxelos e moi eficaces de Javier Vázquez para Rosa, mina irmá rosa ou os moi dinâmicos e expre- sivos de Páliaz, moi próximos á estética da banda desenada e a arte pop, para Cuaderno de agosto. Permítaseme finalmente facer referencia a unha moi boa amiga mina, Teresa Câmara, ilustra­dora de varias das obras de Alice Vieira editadas por Galaxia, e que na mina opinión ten precisamente acadado os seus mello- res traballos con estas ilustracións.

Para rematar, quixera dicir que, cando tina esta comu- nicación practicamente concluída, comecei a lectura dunha obra altamente recomendable, que constitúe un estúdio excepcional no campo da literatura infantil e xuvenil espanola. Trátase da obra de Teresa Colomer Laformación del lector literário (4). Nesta obra, a estudiosa catalana realiza unha análise das tendências máis significativas aparecidas nos últimos anos nos libros diri- xidos ó lector infantil e xuvenil publicados en Espana entre os anos 1977 e 1990, tanto de autores nacionais como estranxeiros. Para isto, selecciona 150 obras «de calidade», seguindo o cri­tério de recolle-los títulos máis citados nas clasificacións da «crítica especializada». Certamente, este critério é un dos aspec­tos que pode suscitar máis discusión, en primeiro lugar polo que aqui temos dito sobre os limites da crítica neste sector e en Espana, e en segundo lugar porque as fontes adoptadas para esa clasificación remiten na sua maioria a publicacións de asociacións pedagóxicas do âmbito catalán. Non obstante, a clasificación resultante é pouco discutible. Debo dicir que nin- gunha obra de Alice Vieira aparece en esa clasificación. E, por suposto, tampouco ningunha de ningún outro autor portu­guês.

Page 23: A RECEPCIÓN DA OBRA DE ALICE VIEIRA EN GALICIA E ESPANAE, en segundo lugar — vencellado e derivado do primei ro —, a xeración dun novo lector, posiblemente máis feminino cá

MIGUEL-.ZQUEZ FREIRE 119

Se temos en conta os anos de publicación en Espana das obras de Alice Vieira era perfectamente previsible este resulta­do. Lémbrese que só Rosa, mina irmá Rosa foi publicada antes de 1990. O que eu afirmo é que cando se escriba unha obra semellante sobre o corpus de obras máis significativas das di­fundidas en Espana na década dos 90, Alice Vieira estará ine- vitablemente presente con máis dunha obra. Non é casualidade que, cando os organizadores do Congreso da OEPLI celebrado en Cáceres a finais do pasado ano (primeiro que integrou os cinco idiomas peninsulares), pensaran nela para imparti- -la charla inaugural. Hoxe Alice Vieira é xa, en toda Espana, como xa o era en Portugal, un dos nomes indispensables da li­teratura infantil e xuvenil contemporânea.

Santiago de Compostela, febreiro 1999

Notas

(!) Fernando Cendán (1986). Medio siglo de libros mfantiles y juveniles en Espana (1935-1985). Fundación Germán Sánchez Ruipérez-Edi- ciones Pirâmide, Madrid.

(2) Isaac Bashevis Singer (1989). Cuentos judios. Col. Laurín, Anaya, Madrid.

(3) Tomado de Isaac Bashevis Singer, iSon los ninos los mejores críticos literários?. Revista CLIJ, n.° 11, novembro 1989.

(4) Teresa Colomer (1998). La formación del lector literário. Narrativa in­fantil y juvenil actual. Fundación Sánchez Ruipérez, Madrid.

Page 24: A RECEPCIÓN DA OBRA DE ALICE VIEIRA EN GALICIA E ESPANAE, en segundo lugar — vencellado e derivado do primei ro —, a xeración dun novo lector, posiblemente máis feminino cá