A terra vai dando froito por si mesma ANO XXIX • Nº 780...

16
R E V I S T A Q U I N C E N A L D E C R E N T E S G A L E G O S A terra vai dando froito por si mesma ANO XXIX • Nº 780 - Do 19 de xaneiro ao 1 de febreiro de 2009 Só a bondade permanece

Transcript of A terra vai dando froito por si mesma ANO XXIX • Nº 780...

Page 1: A terra vai dando froito por si mesma ANO XXIX • Nº 780 ...asociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_780_WEB.pdf · e vivo e, xa que logo, capaz de dar e vivir con perfecta naturalidade

RR EE VV II SS TT AA QQ UU II NN CC EE NN AA LL DD EE CC RR EE NN TT EE SS GG AA LL EE GG OO SS

A te r ra va i dando f ro i to por s i mesma

AANNOO XXXXIIXX •• NNºº 778800 -- DDoo 1199 ddee xxaanneeiirroo aaoo 11 ddee ffeebbrreeiirroo ddee 22000099

SSóó aa bboonnddaaddee ppeerrmmaanneeccee

Page 2: A terra vai dando froito por si mesma ANO XXIX • Nº 780 ...asociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_780_WEB.pdf · e vivo e, xa que logo, capaz de dar e vivir con perfecta naturalidade

A foto que fala

O peso do galegoO trasnoDaniel López Muñoz

“España é o campo de batalla parao futuro da Igrexa”

The New York Times

é unha pexa, nin unha carga, como non o éa pita de Mos, o caldo de grelos, a catedralde Santiago ou a Illa de Ons. Se opresidente de Galicia quere xogar esa cartanesa partida de póker de cara a galería queé o debate do financiamento autonómico,debería expresarse doutro xeito e non lazaresas mensaxes agachadas.

Xa metidos en fariña debería dicir: mantervivo o español en Galicia como linguacomún, como idioma de entendemento ecooperación coas comunidades autónomasde España, con América e coa Illa dePerejil, ....custa cartos. Se queredes que ofagamos, ben, facémolo, pero ten un prezo.

Ser, sería o mesmo (incluso no seuresultado final, seguro), pero a mensaxesería distinta, sería unha mensaxe dedignidade para o país e vida para o seuidioma e os seus falantes, que máis oumenos somos moitos, iso si, ben afeitos aincorporar mansa e caladiñamente aperspectiva allea á hora de analizar osnosos asuntos.

PD.: E se a cousa se pon de punta, semprecabería un darse a volta con actitude altivae espetarlle a eses señores malos quesempre nos gañan a partida: “E se nonqueredes, pois alá vosoutros, porque nospasamos ao portugués”.

2

Na ocorrencia de Touriño de reivindicarfronte a Madrid un “plus” de financiamentopor mor dos “custes” de ter unha linguacooficial, hai moita “sustansia”. E non é desardiña do San Xoán. Diriamos que haitoda unha filosofía sobre a historia esta desermos “bilingües”.

Pola boca morren o peixe e mailo político.E malamente podemos avanzar unmilímetro na normalización do galego coneses pelos.

Ninguén di que a política lingüística non custecartos, pero no enfoque touriñés do tema dásepor sentado que o galego non é precisamenteunha bendición, senón unha condena; non éunha vantaxe, senón unha pexa; non é algoestupendo e normal, senón unha cargaimposta por quen sabe quen. Touriño, no seubalance, pon o galego na columna do pasivo,non na dos activos do país.

Co discurso de que o galego é unha carga–Breogán non lle conserve os asesores- estádando a razón e entrando na lóxica dosBilingües Mentireiros Organizados quetanto pululan: se o galego é carga, é“murga”, e tamén obriga, e imposición, editadura e ...disparate.

Un presidente galego debía ver e presentaras cousas desde outro ángulo. O galego non

Page 3: A terra vai dando froito por si mesma ANO XXIX • Nº 780 ...asociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_780_WEB.pdf · e vivo e, xa que logo, capaz de dar e vivir con perfecta naturalidade

3

Editorial Só a bondade permanece

Rumores de esperanza

Podiamos estar tristes porque Agustín Bueno nos acaba de dicir adeus, xusto na noite deReis, e tras unha valente e longa pelexa contra un cúmulo de doenzas. Pero na propiapersonalidade de Agustín había tantísimo amor á vida que resulta imposible, mesmo nahora do seu pasamento, non contaxiarse da súa serea e firme esperanza.

Agustín, irimego de sempre, era un crente de nova estirpe, crente nun Deus sorprendentee vivo e, xa que logo, capaz de dar e vivir con perfecta naturalidade a boa nova dafraternidade radical, de que os tempos son chegados para os últimos, para as vítimas dahistoria, para os veciños marxinados, para os que aturan o peso de imperios e decaciques, para as mulleres relegadas e para os que padecen calquera clase de violencia.

Agustín era, efectivamente, un crente defronteira, deses aos que unha Igrexa enretirada neoconservadora non sabe ondecolocar, deses fronte aos que tampouco sesabe situar unha certa progresía enrocadanunha visión fosilizada do feito relixioso.

Pero sobre todo era un apaixonado da xustiza compasiva, un home bo. Comentábaounha veciña: “xa mo di a miña filla, que foi coherente co seu apelido: boa persoa, boveciño, e bo despois de morrer, que doa o seu corpo á facultade de medicina”. Por isomalamente puido haber enterro, pero si un acompañar a Carmela Capeáns, a súa dona ecompañeira de vida e militancias, e aos seus tres fillos, nunha eucaristía deagradecemento con amigos e amigas, unha ocasión máis, creada por Agustín, decelebrarmos xuntos o mundo novo que esperamos.

Só uns días antes de morrer falaba con esta redacción para indicarnos como lle estabanprestando as últimas Irimias. Non sobran precisamente os ánimos, así que lloagradecemos de corazón e con nostalxia. O mesmo corazón que el poñía en todas ascousas e a nostalxia que inevitablemente nos invade ao intuír que con persoas coma elmarcha unha estirpe sen síntomas de ser relevada nos tempos que corren. Pero esadúbida é o que, precisamente, Agustín nos faría quitar deste editorial, argumentando coasúa voz quebrada que a única nostalxia posible é a nostalxia do futuro. Agustín descansaen paz. Quen senón el?

Xan Guillén

Agustín era un crente de nova estirpe,sorprendente e vivo

En Internet hai de todo. Calquera internauta sabe que alí se podeatopar o mellor e o peor da condición humana. Hoxe quérovos falardunha iniciativa que cómpre destacar porque ten corazón irimego edestaca pola súa constancia. Chámase Remol. Supoño que boa partedos que ledes habitualmente Irimia coñecedes esta iniciativa da que sefalou hai anos. Remol é unha reflexión semanal sobre a Palabra deDeus dominical que serve tanto para axudar na liturxia coma para areflexión individual.Hoxe falo desta iniciativa porque estou convencido de que mereceunha homenaxe. Mentres que hai xente que utiliza internet pararadicalizar posturas e agredir coa palabra ao que pensa diferenteRemol é un blog que paseniño vai deixando o seu remuíño e o seupórtico para que o acolla todo aquel que queira aproveitarse del. Remol non é a única iniciativa deste estilo. Son moitas as iniciativassolidarias ou que dan testemuño de que se poden facer as cousas dexeito diferente O que ocorre é que os internautas acudimos aos lugaresonde hai balbordo porque non sabemos valorar as cousas boas. Somospor natureza morbosos e buscamos o peor da condición humana perose hai algo que é un rumor de esperanza en internet é Remol.ttp://remoldapalabra.blogspot.com/

Page 4: A terra vai dando froito por si mesma ANO XXIX • Nº 780 ...asociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_780_WEB.pdf · e vivo e, xa que logo, capaz de dar e vivir con perfecta naturalidade

4

175 anos do primeiro mapatopográfico de Galiza domatemático DOMINGOFONTÁN (1788-1866), dePortas. Foi deputado nas Cortesde Madrid, promotor doferrocarril e da industria dopapel en Galiza. Dende 1817 a1834 percorreu a pé e a cabalotodo o País, servíndose dunharede de triángulos que principioua trazar dende a Torre do Reloxoda Catedral de Santiago, aBerenguela. Mesmo inseriu esinalou máis de 4000 igrexas.Na foto, a estatua no seu berce.As súas cinzas foron depositadasno Museo do Pobo Galego.Pioneiro en España nolevantamento topográfico paraproducir unha cartografía máisexacta, trazouo a CartaXeométrica, vixente ata a IIRepública. Ourense celebra oANO DE BLANCO AMOR, nos50 de A Esmorga, e 30 dopasamento do autor en Vigo. Anovela transmite con fondura aGaliza de comezos do XX, cunhaigrexa que castiga a cidadaníacon represión. Unha obracensurada e prohibida polofranquismo que se publicou enBos Aires.

Principiamos e rematamos oANO DEELECCIÓNS en Bolivia,40 nacións nunha, que loita polademocracia pluriétnica coreferendo pola nova Constitución,o 25, e as presidenciais, noNadal. En Galiza, europeas e aoparlamento, onde o votoemigrante enfronta a partidos. EnPortugal, Italia e outros países,non poden exercelo naslocais/rexionais. En Inglaterra eCanadá, os 15 e 5 anosprimeiros. Noutros con moitaemigración coma Irlanda ouIsrael, só diplomáticos e militares.Presidenciais en Angola, despoisde elixir o 2º parlamento dendea independencia (1975). 16 anosde seca. Tamén haberá elecciónsen Alemaña, Arxentina, Chile,México, Sudáfrica, Israel, etc. EnUruguai compite o ex-guerrilleirotupamaro, José Mujica, e noSalvador lidera a esquerda daex-guerrilla. En Euscadi, teñencoma eixe as preguntasconsultivas do lehendacari, que oConstitucional prohibiu. No seudereito, igual có parlamento, debuscar un novo marco derelacións co estado, non se podedubidar da súa lealdade, á parteo momento escollido.

O Ano Novo na CHINA é a2ª lúa nova, 30/59 días despoisdo solsticio. Cambia cada ano. Éun sistema cíclico, con doceanimais ateigados de lendas,representativas de cada ano, quese repite nunha ordepreestablecida. Cando secelebran os 60 anos daRepública Popular (1949), e 20de Tiananmen, lembramos a loitadas/os activistas pola liberdade.116 millóns viven en 16 das 20cidades con máis polución domundo, que mata a 400.000 aoano, e a 300.000 máis, nas súasvivendas contaminadas. 60.000pola falla de auga potable. Achuvia ácida rega un terzo dopaís. En parques petrolíferos,coma Daqing (1 millón decidadáns), nacen nenos conparálise, cancro, debido aospozos lindantes ás vivendas,escolas, etc. O gobernosilénciao, reprimindo as vítimas,e proclamando o milagreeconómico, a costa de morte edestrución. Só o recoñecen, o10% dos pais con minusválidos.Na foto, a esfera chinesa, quemide o tempo.

Unha especie en risco nomea oANO DOS GORILAS. Compartimos o98% do ADN destes primates.Hai 4 subespecies. A máispróspera é a da Chaira, que coamáis ameazada, os 300 do RíoCross, entre Camerún e Nixeria,é o grupo occidental. Xa dentrodo oriental, os da montaña e osdas terras baixas, no Congo, quesofren a guerra e son mestres nalinguaxe dos signos, e forxadoresde grupos. O 84% dosindonesios están en risco poladeforestación, extensión decultivos, urbanismo, etc. Igual cósorangutáns, moi amparadosporque ata os 8 anos viven danai, coa natalidade máis baixaentre mamíferos terrestres,debido ás longas infancias. Hai750/800 gorilas en catividade,onde nacen 16/20 ano. Só100.000 viven no seu hábitat,acosados polo roubo da súacarne, utilizada coma fonte dealimentación, e medicinanaturalista. Estes datos alértannoscando conmemoramos obicentenario de DARWIN, e os150 da súa obra sobre aevolución, que revolucionou aciencia e a cultura.

A peneira

1

1 2 3 4

3

42

Page 5: A terra vai dando froito por si mesma ANO XXIX • Nº 780 ...asociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_780_WEB.pdf · e vivo e, xa que logo, capaz de dar e vivir con perfecta naturalidade

5

O 16 do IX, a Feira da Pescarecoñece a flota de Vigo quemove 800.000 toneladas depeixe fresco, conxelado, etc., queé a metade da consumida noEstado, e emprega máis de 2000a bordo, e 22.000 en terra.Lidera a actividade entre Galizae 11 concellos do Norte dePortugal (414.000 clientes)cando xa está aprobada a LEI DEPESCA, que mellora produción edignidade do traballo, pois anormativa anterior era unha eivapara a modernización;democratiza coa concorrenciapública, transparencia en bateas,acuicultura, e o acceso átitularidade de concesións ásmulleres; aposta polacomercialización en orixe edestino e as decisións deconfrarías, sindicatos,cooperativas, etc. Busca fixar o“mapa sostíbel de usos mariños”.Na celebración dos 200 anos deVigo, lemos “Os espellos dotempo” de Vitor Vaqueiro (Vigo1948), creador polifacético:fotografía, cine, poesía,química…, que agasalla coa súaollada á cidade da infancia, nos50/60, un álbum de fotografíasda familia e berce, co sabor enomes antigos das ruas…

No Ano Internacional deAprendizaxe de DereitosHumanos, son os 50 dadeclaración dos DEREITOSDOS NENOS E DASNENAS, e 20 daConvención dos Dereitos daInfancia (1989), despois deséculos de marxinación que semantén na maioría do mundo.Hai 218 millóns de nenosescravos/as, máis da metade entraballos perigosos. 200.000 enminas, 1,8 millóns en traficosexual, 300.000 soldados, 218millóns traballan, a metade enlabores con risco. 8 millóns encondicións de escravitude. 40millóns coma criados, 10 delesdun xeito escravo. Só en Españason 20.000 os explotados.Denunciáronse uns 12.000delitos de trata de nenas en catroanos. Ilustramos co calendarioESTIÑO, confeccionado por máisde 14 escolas rurais, dedicado árecuperación do traballocolectivo das rogas. Naprimavera aparece a revistaMiuzallas, que contén asinvestigacións pertinentes dasnenas e nenos que crearon estecalendario. A recadación da súavenda é para proxectos escolaresde Nicaragua, a través deAuxica.

O 15, hai 80 anos, nacíaMARTIN LUTHERKING, enxergador deesperanzas: “Hoxe teño unsoño”. Aquel discurso tiveralugar ao pé do memorial aLincoln, na marcha sobreWashington de 1963, nocentenario da emancipación daescravitude e a prol da Lei dosDereitos Civís (1964), que o 20van resoar con emoción co 1ºpresidente de cor negra deEEUU. Cúmprese aquilo de queos pobos e as persoas medran,cando son capaces de aproveitaras oportunidades. E iso foi o queaconteceu, na longa loita polaigualdade, dende a guerra civil(1861-65) que custou 500.000mortos, o asasinato de Lincoln, o16º presidente, o que creou aUnión... Gañou a cidadanía quequere liberarse dun mercado sencontrol que premia a uns poucose afunde na inseguridade e apobreza a maioría: desemprego,mala saúde, discriminacións.Fartos da política encorsetadanos intereses das multinacionais,urxen un goberno que mire poloben común, pois o paro dobra ascifras nos cidadáns negros, queacceden con moitos atrancos aactividades, coma á política.

A VECIÑA GALEGAde Barack Husein OBAMA,na Casa Branca, Concha Martín,vai saudar ao lonxe o novoinquilino. Abandonou Vigo no1981. Instalouse nunha tenda decampaña, denunciando unsistema inxusto, as guerras, oarmamento nuclear... Viu a 4presidentes, pero a mesmacorrupción. Vive austeramente,pero é un sinal do pacifismo.Teimuda, ergue as pancartas dedenuncia, malia o acoso dasforzas de orde, e do frío, queintentan enmudecela sen éxito.Moore inmortalizouna nodocumental “Fahrenheit 9/11”.Nunha entrevista ao WashingtonTimes afirmou que non tiñamedo: “O máis perigoso está aídentro. Esa é a verdadeiraameaza”. Principiou esta vixilia,reivindicando a custodia da súafilla, despois da separación.Agora gasta a vida a prol dapaz e da xustiza. Vive áintemperie e subsiste condonativos, e da venda depedriñas nas que gravou asrazóns da súa protesta.

5 6 7 8

5

6

7

8

Alfonso Blanco Torrado

Page 6: A terra vai dando froito por si mesma ANO XXIX • Nº 780 ...asociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_780_WEB.pdf · e vivo e, xa que logo, capaz de dar e vivir con perfecta naturalidade

6

A finais de novembro de 2008 o Consello de Ministros aprobou a creacióndun fondo especial de 8.000 millóns de euros que serán repartidos entre osconcellos. O reparto desa chuvia de millóns faise en relación coa súapoboación, desde os 43.253.808 euros para A Coruña ata os 326.366 eurosa Cervantes (en www.map.es podedes ver as cantidades concedidas a cadaconcello).

Tal millonada financiarase con débeda pública, é decir, cos futuros impostosque paguemos entre todos. Acudir á débeda pública pode ser unha decisiónboa se revitaliza a economía. É parte da maxia da débeda pública: pódesecrear un círculo virtuoso de riqueza: adiantamos uns cartos que sairán dariqueza que crearemos ao endebedarnos.

Pero estes fondos están condicionados: todas as obras que se financien coneles deberán ser novas (non estar previstas) e estar rematadas e xustificadasno primeiro trimestre de 2010. É dicir, os concellos terán uns prazos tan curtosde execución que moitos deles (sobre todo os máis pequenos) tenderán agastalos no asfaltado puro e duro: o máis doado, pero non sempre o máisprodutivo. Aquelas obras que, pola súa complexidade, leven máis dun anoserán descartadas pola imposibilidade de rematalas en prazo, e polo tantorompemos unha das máximas das actuacións públicas: investir onde maiorriqueza social e económica se xere. O rápido non sempre coincide co mellor.

Outro problema co que se verán os concellos será a incapacidade dexestionar tamaña chuvia de millóns que duplica en moitas ocasións os fondoscos que contan a cotío. Pensade que o proxecto estrela dos concellos galegosnos últimos anos foi o Urban: fondos europeos

para a modernización urbana. Eses fondos eran bastante menores que os quereciben agora con este Fondo estatal. Cunha salvidade: os fondos Urbanxestiónanse en varios anos e contrátase un grupo especial de persoas que sededicarán integramente a eles.

Tememos que as actuacións previstas nos concellos para este ano (asverdadeiramente urxentes e necesarias: escolas infantís, centros de día,bibliotecas…) pasarán a un caixón ao ver que se deben dedicar todas asforzas a xestionar unha millonada destinada a pistas. Este ano os gobernantesmunicipais decataranse máis que nunca de que o principal e máis valiosorecurso co que contan os concellos non son os cartos (este ano a esgalla)senón a xente capacitada para xestionalos con éxito, que non semprecoincide coa ideoloxía de quen manda.

Serán capaces os concellos de xestionartamaña chuvia de millóns?

O fondo estatal de investimento local

Page 7: A terra vai dando froito por si mesma ANO XXIX • Nº 780 ...asociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_780_WEB.pdf · e vivo e, xa que logo, capaz de dar e vivir con perfecta naturalidade

7

Rubén Aramburu

O Peto do Santo AntónHai un cura polas terras da Raia quelle chaman Padre Fontes que émenciñeiro, esoterista, licoreiro,animador cultural, hosteleiro...perosobre todo é cura do rural. Reivindicaa conservación dos sanadores,meigas, bruxas e bruxos e outrasvariedades que forman parte docurioso patrimonio luso-galaico. Xaorganizou varios congresos eencontros de menciñeiros o que llevaleu as ameazas e broncas do bispo.Mirándoo ben non é mala idea. Nanosa terra sempre houbo destascousas que coa modernidade vanseesquecendo. Porén aparecen adiviñose timadores que enganan e chuchanos cartos.

Desde neno oín falar de veciñas quecoñecían as herbas e sacaban omeigallo e compoñedores quearranxaban unha perna sen ter quepor unha escaiola. Agora a estascousas chámanlles menciña popular,seica é mais san e barata que a das

empresas farmacéuticas. Recordoaqueles tipos que describía AlvaroCunqueiro, que espantaban astronadas e facían fuxir as nubes oucomo aquel Xil da Ribeira quedeixaba a barba polos Santos e nona afeitaba ata o corenta de maio, tiñaun gran paraugas que abría candodaba un remedio ou receita. Non haimoita diferenza con algunhashistorias de santos que todoscoñecemos.

Por iso cáeme ben este Padre Fontes,que parece non se dedica a asustar axente con cousas do inferno. Cando aditadura andaron a por el, pois coacolaboración dun cura galegoaxudaban a cruzar a fronteira amoitos mozos obrigados a ir á guerraa Angola. Ademais inventou un licorque ten moita sona e que lle chaman"levanta o pau". Un crego queinventou tal cousa ten que ser, abofé,boa xente.

Page 8: A terra vai dando froito por si mesma ANO XXIX • Nº 780 ...asociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_780_WEB.pdf · e vivo e, xa que logo, capaz de dar e vivir con perfecta naturalidade

8

A paz é unha realidade que gran parte da humanidadeaínda non pode gozar. De atérmonos aos datos oficiais,teriamos un total de 27 conflitos armados vixentes, oscales, exceptuando o colombiano, se desenvolven enÁfrica e en Asia; outros 13 denominados como conflitosviolentos non catalogables como “conflitos armados”, quecastigarían especialmente eses dous continentes, mais noque tamén se incluiría ETA, así como outros 8 exconflitosarmados que aínda están sen resolver. Sen deternos endisquisicións terminolóxicas, na actualidade persistencase medio cento de conflitos armados abertos nomundo, o que supón un gran reto para todas/os nós.Sendo conscientes das grandes dificultades, hoxe máis canunca cómpre non perder a esperanza, é necesario seguira traballar pola paz, ser artífices da paz, porque a paz é unben de todas/os. Unha paz que vai alén da ausencia deviolencia, que necesita da aplicación da xustiza, daerradicación da pobreza e do fomento da colaboración eda solidariedade entre todas as persoas.

Os conflitos armados en datosA maioría dos conflitos armados que seguían activosdurante o 2008 naceran entre os anos setenta e noventa.Dos 80 conflitos recollidos, un 25% remataron por mediodun acordo de paz e un 10% cun acordo de paz“imperfecto”, xa porque foi imposto ou porque tivolagoas de consideración. En todo caso, cómpre salientarque algo máis dun terzo dos conflitos deste períodofinalizaron por medio dun acordo, quedou outro 18% enfase de resolución ou sen resolverse dun xeito definitivo.Os que non foron resoltos e permanecen vixentessupoñen case o 40% do total e, o que é máis significativo,só o 7,5% destes conflitos remataron a consecuencia davitoria militar dunha das partes; noutras palabras, a granmaioría dos conflitos só se resolven grazas anegociacións, abrindo algún tipo de proceso que leve ásinatura dun acordo total.

Distribución dos conflitosDe observarmos o mapa con atención, chegariamos aunha constatación: a desigual distribución territorial dosconflitos armados. Como xa indicamos, os douscontinentes máis afectados polas conflitos son África eAsia, o que vén coincidir coas zonas onde se sitúan ospaíses máis empobrecidos. No continente africanodestacan especialmente a zona austral e occidental e,sobre todo, os Grandes Lagos e África Central, coa grandesestabilización producida pola guerra na RepúblicaDemocrática do Congo e o conflito en Darfur (Sudán ),que tamén ten repercusións no corno de África. Pola súabanda, en Asia destacan fundamentalmente dúas zonas:Oriente Medio, co conflito iraquí e o israelí-palestino, e azona meridional, coa guerra en Afganistán e os múltiplesconflitos abertos entre e dentro da India e Pakistán, asícomo os existentes en Nepal ou en Sri Lanka, este últimode novo de actualidade a causa da ofensiva das tropasgobernamentais fronte á guerrilla separatista tamil. Poloque respecta a Europa e Asia Central, destacan osenfrontamentos nas exrepúblicas soviéticas, así como arealidade kurda (o PKK) en Turquía. E para AméricaLatina monopoliza a atención o conflito en Colombia,con zonas do país que escapan do control do goberno.

Horizonte universalJosé Antonio Martínez

A PAZ: PERSPECTIVAS E RETOS

a gran maioría dos conflitos armados só se

resolven grazas a negociacións

Page 9: A terra vai dando froito por si mesma ANO XXIX • Nº 780 ...asociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_780_WEB.pdf · e vivo e, xa que logo, capaz de dar e vivir con perfecta naturalidade

9

Mapamundi dos conflitos armados

Ben Con dificultades Mal En exploración Resoltas

Filipinas (MNLF)

India (NSCN-IM)

India-Pakistán

RCA

Burundi (FNL)

Colombia (ELN)

Chad

Chipre

Filipinas (MILF)

India (ULFA)

Mali

Nepal (Terai)

Nixeria (Delta)

Papúa Occidental

RD Congo

Sáhara Occidental

Senegal

(Casamance)

Uganda

Iemen

Armenia

Azerbaixán

Colombia (AUC)

Filipinas (NPA)

Israel-Palestina

Xeorxia (Abjasia)

Xeorxia (Osetia

Sur)

Iraq

Kosovo

Myanmar (KNU)

Pakistán

Somalia

Sri Lanka

Sudán (Darfur)

Afganistán

Angola (FLEC)

Etiopía (Ogadén)

Myanmar (CNF)

Myanmar (NLD)

Níxer (MNJ)

Tailandia (Sur)

Costa de Marfil

Líbano

Situación das negociacións a principios do 2008

Page 10: A terra vai dando froito por si mesma ANO XXIX • Nº 780 ...asociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_780_WEB.pdf · e vivo e, xa que logo, capaz de dar e vivir con perfecta naturalidade

10

Unha perspectiva sobre a situación actualA Escola de Cultura de Pau da UAB, grazas ó traballo doseu director Vicenç Fisas, presentou o Anuario 2008 deprocesos de paz, onde, a partir dun estudo sistemático dosdistintos conflitos armados existentes, propoñen unhasorientacións xerais moi reveladoras da situación actual:

� Seguindo a tendencia de anos anos anteriores, en tresde cada catro conflitos existen espazos de negociación.

� A metade das negociacións presentan momentos deinterrupción e crise, o que indica que hai que traballarcon coidado e con realismo cando se logra un acordo,para que poida ser posto en práctica de verdade.

� Os conflitos armados nos que existe unha intervenciónestranxeira (Afganistán ou Iraq, por exemplo), o logrode acordos é moito máis difícil que nos conflitos ondesó actúan actores internos.

� O balance xeral até o 2008 é máis negativo que os anosanteriores, pois lográronse poucos acordos de paz ecomplicáronse as dinámicas dalgúns conflitosarmados.

� Os últimos datos dispoñibles falan xa dunha poboacióndesprazada de case 25 millóns de persoas, destacandoSudán, Colombia e Iraq.

� Nos últimos dous anos están a xurdir novasdiplomacias de negociación, coma Libia ou Indonesia,potenciando a tendencia a rexionalizar os esforzos depacificación, sexa por proximidade xeográfica ou porcompartir a mesma relixión.

� Os principais motivos de crises nas negociaciónscontinuaron a ser os mesmos de anos anteriores:disidencias nos grupos armados nos momentos danegociación, a desconfianza nas institucións demediación, a falta de garantías de seguridade para aspersoas encargadas da negociación ou as diferenzas notratamento da axenda temática, unha vez iniciadas asnegociacións.

� Aínda que as mulleres son maioría nos movementospola paz, paritarias nos centros de investigación para apaz e maioría, novamente, nas fases de rehabilitaciónposbélica, só representan o 4% das persoas queinterveñen nas fases de negociación. Unha ínfimaporcentaxe para os equipos gobernamentais (agásFilipinas e Sri Lanka), negociadores de gruposarmados e facilitadores de organizacións rexionais ouinternacionais.

� Reafírmase a tendencia de que a maioría dos gruposarmados actuais non basean a súa loita nunhaideoloxía política específica, senón pola conquista deespazos de poder político ou económico, sen pretendertransformacións estruturais.

� A existencia de listas terroristas na UE e nos EE.UU.non serviron para finalizar os conflitos existentes,senón máis ben para dificultar algunhas negociaciónsque xa estaban en marcha.

Horizonte universal A PAZ: PERSPECTIVAS E RETOS

Page 11: A terra vai dando froito por si mesma ANO XXIX • Nº 780 ...asociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_780_WEB.pdf · e vivo e, xa que logo, capaz de dar e vivir con perfecta naturalidade

A voltas coas sancións dos nenos

Con todo, para rematar, quero decir, en defensa dalgún pai ou nai que se poida

sentir culpable por tratar mal a un neno nun determinado momento, que o que

importa é o clima habitual da relación e non un acto illado. Por exemplo, se

hai un clima de boa relación, de diálogo distendido e de comunicación, non

pasa nada grave porque nun momento deamos un berro. O que importa é este

clima de diálogo sinceiro e sereno dos puntos de vista e dos sentimentos sen

imposicións arbirarias e sen trampas afectivas.

Ás furtadelas

http://

Como diciamos onte...

www.comunidadebasecoia.orgHai xa máis de 30 anos que foi erixida a

Parroquia do Cristo da Victoria no barriode Coia. Dende os seus inicios quixoentender a súa fe unida ás ledicias e tris-turas da veciñanza.

www.sgep.orgO Seminario Galego de Educación para a

Paz naceu en 1985 como un SeminarioPermanente promovido por un grupo sen-sibilizado diante da ausencia de materiaisdidácticos e reflexións teóricas sobre aEducación para a Paz.

http://www.juntadeandalucia.es/averroes/centros-tic/14002984/helvia/bitacora/

Enorme almacén de recursos educativos TIC.Centro modélico no uso de novas tecnolo-gías no Estado.

Extraído de “A carón do lume” do nº 115 de Irimia (1984)

Já é consenso universalizado que só haverá paz no mundo se há paz entreas religiões. E que só haverá paz entre religiões se há diálogo entre as reli-giões. Um diálogo inter-religioso, porém, que seja gerador deHumanidade.

Porque não se trata de sentar as religiões numa tertúlia narcisista e assép-tica fora do mundo real da pobreza, da fome, da guerra, do racismo, damarginalização, do medo. O conteúdo axial desse diálogo inter-religiosohá de ser também humanizar a Humanidade, em nome de Deus.

Nosso João Maragall, o grande poeta humano-humanista da Catalunha,formulava lucidamente um pressuposto de toda fé religiosa: “Homem soue é humana a minha medida / para tudo quanto eu possa crer e esperar”.Para a nossa fé cristã o próprio Deus se encaixou na medida humana dohomem Jesus den Nazaré.

Comunicación de Pedro Casaldáliga na recepción do PremioInternacional Cataluña 2006

11

Page 12: A terra vai dando froito por si mesma ANO XXIX • Nº 780 ...asociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_780_WEB.pdf · e vivo e, xa que logo, capaz de dar e vivir con perfecta naturalidade

12

A lección de AgustínEn Agustín recoñecemos o mozo militanteda XEC que nos anos 60 buscaba unhavivencia comprometida da súa fe, o animadorde comunidades cristiás de base, o membrode ANPA, o dirixente do movementoveciñal, o promotor da obxección fiscal, omilitante pacifista, o sostén daCoordenadora de Crentes Galegos, oirimego de fe comprometida e encarnada nacultura de Galicia, en suma, a persoabondadosa disposta a escoitar e a animar.Que é o que o fai singular e especialmenteadmirable? Ao meu ver, en primeiro lugar, asúa persistencia, o feito de que isto dure todaa súa vida; esta é a auténtica liña da súa vida,non foi algo ocasional baixo a sospeita dabusca momentánea de emocións ou decomenencias. Pero hai máis, o seu orixinalestilo e peculiar xeito de estar en todos osámbitos que o facía especialmente valioso naaxuda e no fortalecemento de persoas ecomunidades. Algunhas persoas xa saben que Agustínprofesionalmente empezou comoaparellador e rematou como profesor. Comoaparellador exerceu a súa profesión cunhaexemplar ética profesional. Pero Agustín foiaparellador noutro senso: profesional deproximidade, que traduce teorías enexperiencias, que combina e pon en relaciónas contribucións de distintas persoasrecoñecendo e respectando o valor de cadaunha, calibrando a utilidade de cadamaterial... todo isto na construción da casacomún, dos espazos comunitarios (ás vecesmateriais, sempre grupais). Como profesor érecordado pola súa dedicación ao alumnadoque máis o necesitaba. Hoxe pensamosmoitos que os mellores profesores dan clasecoa boca cerrada, ocupándose máis do quepode facer o seu alumnado para comprenderen profundidade, para analizar, para aplicarcoñecementos e centrándose menos nos seuspropios discursos. Agustín dounos a lecciónda súa vida coa boca cerrada ou falandobaixiño, con autenticidade, con naturalidade,centrado na experiencia colectiva, sen quererdestacarse e impoñerse. Os que, coma el, fanisto toda a vida e o fan para que as persoasque están ao seu carón medren e ascomunidades das que forman parte sexanmáis fortes e solidarias merecen agarimoagradecido.

Lois Ferradás

Page 13: A terra vai dando froito por si mesma ANO XXIX • Nº 780 ...asociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_780_WEB.pdf · e vivo e, xa que logo, capaz de dar e vivir con perfecta naturalidade

13

Cristián dunha pezaNon é fácil para min facer unha reseña sobre Agustín porque é moito o que teño vivido, compartido e aprendidocon el. Ben coñezo o agarimo e acollida que sempre derrochou con todas e todos, veciños/as, amigos/as, coñecidose descoñecidos/as.Para min Agustín é un cristián dunha peza, cun referente claro: o Evanxeo e a xustiza de xeito radical. Un galegoamante do seu país, a súa cultura, as súas xentes, un nacionalista dos bos e xenerosos/as, un loitador pola causados máis febles, sempre; un traballador incansable pola paz. Agustín forma parte da historia liberadora do noso barrio, O Castiñeiriño, un símbolo para todas nós. En todaesta vida de amor e compromiso ten moito que ver Carmela.

Sole González

Agustín Bueno e boMoitas veces teño chamado a Carmela para consultar algún asunto ou despexar algunha dúbida e cando xalevabamos tempo falando, de súpeto e saíndo non sei por onde, aparecía a voz de Agustín. Quizais levaba tempopor alí escoitando, sen dicir nada, ata que algunha cousa non lle cadraba e entón a súa voz, como unha revelación,soaba no teléfono cunha pregunta ou unha afirmación que resolvía parte do asunto. Entón eu soltaba: -Ou, peroandabas por aí? E claro que andaba. Logo acababamos rindo os tres. Ha de seguir escoitando, falando e rindo,foi metáfora viva de resistencia.

Rubén Aramburu

Traballador incansablePara min, para nós, Agustín significaba, de entrada, cariño e respeto a partes iguais. Cariño porque eraagarimoso e achegado, e respeto porque xunto con Carmela –efectivamente sempre eran Agustín e Carmela ouCarmela e Agustín– representaban, representan, traxectorias exemplares na loita pola dignidade das persoas eno seguimento do Xesús auténtico. Agustín, ademais, era traballo incansable e comunitario, seriedade, reflexiónfonda e outras cousas. Descansa en paz, seguro, Agustín, porque sempre era quen de transmitir paz. Foi unverdadeiro agasallo coñecerte e gozar de ti.

Miguel Fernández

A vida é comprometerseAgustín fixo da súa vida moitas máximas, unha delas foi que a vida é comprometerse; un compromiso continuoe cotiá de entrega desinteresada. Entre as súas obras fica a nosa asociación, xa que foi socio fundador de AIS “OPeto”. Na mestura do afecto e da dor destes momentos emerxe con forza o sentimento de gratitude, gratitude porpartillar con nós tantos momentos de clarificación desta asociación cando era un proxecto. Os comentarios deAgustín, sempre acompañados por un sorriso, reflectían o cariño que nos tiña aos mozos entusiastas, a súa inmo-rrente capacidade de escoita e aprendizaxe, e a luz da súa experiencia militante. O seu matrimonio é exemplo deentrega total e radical á construción dun mundo mellor, grazas Agustín, grazas Carmela.

Raúl Asegurado

Page 14: A terra vai dando froito por si mesma ANO XXIX • Nº 780 ...asociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_780_WEB.pdf · e vivo e, xa que logo, capaz de dar e vivir con perfecta naturalidade

1414

EDITA: Asociación A. IRIMIA FEITO EN PAPEL RECICLADO

MESA DE REDACCIÓN: Daniel López Munoz, Luís Gómez Aldegunde, Pedro Pedrouzo Devesa, Rubén Rivas Vidal, Lidia CamposChan, Manolo G. Turnes, Lines Salgado Iglesias, José Antonio Martínez. Tlf. 986 10 49 45.

COLABORADORES: Xosé Chao Rego, Victorino Pérez Prieto, Xosé Antón Miguélez, Manolo Regal, Alfonso Blanco Torrado, Xosé LoisVilar, Marta Sopeña, Gumersindo Campaña, Tareixa Ledo, Moisés Lozano, Clodio González Pérez, Antón Martínez Aneiros, Sara PazQuiñones, Agustín Bueno, Manuel Pérez Blanco, Xabier Blanco, Bernardo García Cendán, Valentina Formoso Gosende, Celia Castro Ojea,Xerardo Castedo Valbuena, Engracia Vidal, Francisco Xabier Martínez Prieto, Fernando Veiga, Antonio Pinto Antón, Bea Cedrón Vilar,Mariano Guizán Sánchez, Carmen Soto, Rubén Aramburu.

CORRECCIÓN LINGÜÍSTICA: Lidia Campos Chan, Luís Aldegunde.

SUBSCRICIÓNS: Apdo. 980 - 15705 Santiago de Compostela. Telf.: 655 028 253

SUBSCRICIÓNS: ordinaria: 24 Euros. de Apoio: 36 Euros. Correo electrónico - [email protected]

CONTA: Caixa Galicia, CC/2091-0349-45-3040005822 - Urbana, nº 8 - Santiago / BBVA 0182-0267-15-0207905484

DEPÓSITO LEGAL: C-1417-81 TIRADA: 1.300 exemplares DESEÑO E MAQUETACIÓN: Ninfa, Riveiro, Martínez

IMPRIME: Artes Gráficas LITONOR S.A.L. DISTRIBÚE: IMPACTA

EDICIÓN ELECTRÓNICA: http://www.vieiros.com/canais/26/canal-irimia

FESTA DO LUMESábado, 7 de febreiro de 2009Pazo de Galegos

9:30 Acollida.

10:00 Asemblea xeral ordinaria da Asociación Irimia.1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea

anterior.2.- Renovación da xunta directiva.3.- Estado de contas e proposta para o 2008.4.- Informe das distintas actividades.5.- Rogos e preguntas.

12:00 Mesa redonda: Crise de sistema, crise de utopías.Alternativas.Falarán: Camilo Nogueira Román

Victorino Pérez Prieto

14:00 Xantar compartido.

16:00 Celebración da Candeloria.

18:00 Remate

Page 15: A terra vai dando froito por si mesma ANO XXIX • Nº 780 ...asociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_780_WEB.pdf · e vivo e, xa que logo, capaz de dar e vivir con perfecta naturalidade

15

Boa Nova

No inicio do Tempo Ordinario preséntasenos, a través destes versículos doevanxeo de Marcos, o máis antigo, o que segundo Pagola é o primeiroresumo que se formulou sobre a predicación de Xesús, o que explica dunxeito máis sinxelo e elemental a súa mensaxe: “o tempo está cumprido, echega o Reino de Deus; convertédevos, e crede na Boa Nova”.Detido Xoán o Bautista, Xesús é consciente de que agora se inicia un temponovo e el vai dar a súa vida para compartir esa Boa Nova que é o Reino deDeus. Fronte ao xudaísmo, que agardaba a chegada do Reino á fin doMundo, Xesús anuncia que este Reino é de aquí e de agora. Xesús anunciaque Deus decidiu intervir na historia. O tempo histórico cumpriuse para quese inicie o espazo liberado do Reino de Deus. Unha Boa Nova que acolle atodas sen exclusión, un proxecto de felicidade e de vida para toda ahumanidade que só precisa da nosa acollida. A Boa Noticia, o evanxeo, é oanuncio de que a xustiza a integración e a defensa dos oprimidos eexcluídos xa está en medio de nós. Invítasenos a participar, a crer nesa BoaNova e a orientar a nosa vida segundo os novos valores do Reino. Nestacrenza e neste seguimento de Xesús orientado a vivir nas nosas vidassegundo os valores do Reino de Deus é onde se manifesta o noso ser cristián.

José A. Martínez

A C

LAVE

Mc 1, 14-20DOMINGO 25 DE XANEIRO - III DOTEMPO ORDINARIOCando prenderon a Xoán, marchou Xesús aGalilea a anunciar a Boa Nova de Deusdicindo: “o tempo está cumprido, e chega oReino de Deus; convertédevos, e crede na BoaNova”. Camiñando pola ribeira do mar deGalilea, viu a Simón e mais a Andrés, seuirmán, largando o aparello no mar: eranpescadores. Díxolles Xesús: “Vide comigo, efareivos pescadores de homes”. E deixando decontado o aparello, seguírono. Un pouco máisadiante viu a Santiago, fillo do Zebedeo emais a Xoán, seu irmán; estaban arranxandoo aparello na barca. E de seguida os chamou.Eles, deixando a seu pai, Zebedeo, e mailosseus tripulantes na barca, seguírono.A

PALA

BRA

Hai algo máis sinxelo que compartir as cousascos demais? Quen teña moito que o compartacon quen máis o necesita. É doado entenderque compartamos nosas pertenzas cos seresmáis queridos. Máis doado aínda que ofagamos cos nosos fillos. A muller máis rica deFrancia regalou (doou ou compartiu) a unfotógrafo ao que ela consideraba coma unfillo adoptivo uns mil millóns de dólares. Nonpensen que quedou arruinada, xa que aíndadispón dunha fortuna doutros 22.000 millóns.Pola saúde mental da nai, de 86 anos,comezouse a interesar a súa filla lexítima,preocupada tamén polo futuro das rendasfamiliares. Compartir é sinxelo, xa ven, aíndaque te poidas atopar cun preito da túa propiafilla. Non se preocupen, nas leis francesas,como nas do noso país ou nas do resto dospaíses occidentais non existe nada tanespecificado, detallado até a última coma quetodas as disposicións relativas a herdanzas ea doazóns. E se aínda necesitamos aclaralo,para isto existen os avogados.Busquemos algo sinxelo, clarísimo, elemental,que xa veremos como en pouco tempo lleatopamos algunha excepción. Por que antetantas cousas coas que abondaría un si noslles atopamos algún pero?

O E

CO

Page 16: A terra vai dando froito por si mesma ANO XXIX • Nº 780 ...asociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_780_WEB.pdf · e vivo e, xa que logo, capaz de dar e vivir con perfecta naturalidade

16

Falando da linguaLidia e Valentina

O estado terrorista de Israel leva practicandoaquilo que mellor sabe facer cos seus veciñosmáis de medio século nun conflito que nonparece ter solución ata que a parte máis feblesexa aniquilada. Nun bombardeo anteriorunha muller gritaba desesperada “Onde está omundo?” Desta feita o mundo está nasrebaixas e os seus dirixentes exercendo otancredismo. O papa coincide coa doutrina deBush e di que estamos ante unha violenciahorrible que responde a outra violencia. Ofeito de que esteamos ante o choque de dousfundamentalismos -e tamén da riqueza e damiseria, da terra e do exilio, dos imperialistase os humillados, dos que son potencia nucleare dos que tiran pedras, dos que teñen traballo

Mala memoria

e dos que o suplican- e que tampouco ningúnde nós sentaría a cear cos iluminados dehamás non pode evitarnos o noxo daprepotencia e os asasinatos con réditoselectorais. Ou o escándalo de ver nenos cunfurado no esterno mentres Sarko recibe aministra israelí con nome de compresor dearquivos, Zipi Livni, no seu elegante traxebranco afirmando que non hai crisehumanitaria en Gaza. Como di un personaxeno libro O señor Ibrahim e as flores do Coránser xudeu, polo menos en Israel, ésimplemente ter memoria. Unha malamemoria.

A.Q.

O Fachineiro do masacre

Se xa levades lida toda a revista, non vos sorprenderá o noso artigo; se a

empezades pola contraportada (que os hai!), dirémosvos que hoxe fáltanos un

queridísimo amigo e lector, fáltanos Agustín. Si, Agustín o de Carmela, o do

Castiñeiriño, o do latín Augustinus, derivado de Augustus, “de bo agoiro,

venerable”, o que, se por se o seu nome fose pouco, se apelidaba Bueno.

Queriamos facer unha lingua bonita que a el lle gustase, chea de palabras e

ditos “de cando eu era neno en Ourense”, chea de palabras animosas (como

as que el nos regalaba cada vez que nos vía) e firmes coma as dos manifestos

que nos traía para corrixir. Pero ás veces as cousas non saen como as

pensamos aínda que agardemos diante do teclado a que as musas nos atopen

traballando. No canto de frases ganduxadas, non paran de virnos á cabeza

palabras soltas, palabras clave na súa vida..., palabras como loita, sinónimo de

esforzo, traballo, empeño, sinónimo de afán, de entusiasmo, fervor, interese, de

paixón, constancia, desvelo, firmeza, de teima, de perseveranza, sinónima de

insistencia, tenacidade, persistencia, de pertinacia, obstinación. Palabras como

valentía, sinónima de coraxe, de valor, forza, vigor... Paz, sinónima de acougo,

de calma, de orde, quietude, sosego, tranquilidade, de amizade, concordia,

harmonía, serenidade, de repouso, de silencio... Solidariedade, sinónima de

compañeirismo, fraternidade, respaldo, de apoio, axuda... Integridade,

sinónima de honradez, imparcialidade, rectitude... Fe, sinónima de fidelidade,

lealdade, promesa, testemuña, convencemento, convicción, crenza...

Ao final as musas non chegaron a tempo para facermos o artigo que nos

gustaría, así que, Agustín, hoxe saíunos así,... Sempre veremos a túa estrela

alumar. Grazas por todo o que nos aprendiches. Este “Falando da lingua” é

para ti, Carmela, para vós os dous.