Análise cultural - USC · ― La semiosfera II. Semiótica de la cultura, del texto, de la...
Transcript of Análise cultural - USC · ― La semiosfera II. Semiótica de la cultura, del texto, de la...
1
Análise cultural
Antonio J. Gil González
GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO
2018/2019
FACULTADE DE FILOLOXÍA
DEPARTAMENTO DE LITERATURA ESPAÑOLA
TEORÍA DA LITERATURA E LINGÜÍSTICA XERAL
2
FACULTADE DE FILOLOXÍA. DEPARTAMENTO DE LITERATURA ESPAÑOLA, TEORÍA DA
LITERATURA E LINGÜÍSTICA XERAL
AUTOR: Antonio J. Gil González Edición electrónica. 2012. (revisada e aumentada en xullo de 2018)
ADVERTENCIA LEGAL: Reservados todos os dereitos. Queda prohibida a duplicación total ou parcial desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (electrónico, mecánico, gravación, fotocopia ou outros) sen consentimento expreso por escrito dos autores.
3
ÍNDICE
I. Datos descritivos da materia 4
II. A materia no perfil das titulacións 5
III. Obxectivos e competencias 6
IV. Contidos e programa da materia 8
1. A cultura como dominio interdisciplinar e transdisciplinar. Historia conceptual da literatura e da cultura. 10
2. Os estudos interartísticos. A literatura e as artes (plásticas) dende a Historia cultural. 12
3. Dos cultural studies ós media studies. A televisión. 14
4. Entre a galaxia Gutemberg e a galaxia McLuhan: A banda deseñada.
Historia, repertorio, formatos, semioloxía. A novela gráfica. 16
5. Da cultura de masas e as subculturas á cultura pop e o afterpop.
A postnovela. 18
6. Os comparative media studies na era da converxencia cultural.
O repertorio transmedia. 20
7. A crítica cultural (seminario) 22
Bibliografía 24
V. Indicacións metodolóxicas, carga ECTS, e criterios de avaliación 25
4
I. DATOS DESCRITIVOS DA MATERIA
1. DESCRICIÓN DA MATERIA
Análise cultural (código G5041614) é unha materia, integrada no
minor "Teoría da literatura e literatura comparada" e no módulo
complementario Aplicacións Teórico-Comparadas: Literatura,
Cultura e Teatro, de 6 créditos ECTS. Impártese no segundo
cuadrimestre do terceiro ano dos Graos Lingua e Literatura
Españolas, Lingua e Literatura Galegas, Lingua e Literatura
Inglesas, Filoloxía Clásica e Lingua e Literaturas Modernas.
2. REQUISITOS
Segundo o plano de estudos, é recomendable superar as materias
obrigatorias de primeiro e segundo curso "Teoría e crítica literarias"
e "Conceptos fundamentais de Teoría literaria e Literatura
comparada". Actividades
Resultan ademáis moi aconsellables tanto a dedicación e o gusto
habitual pola lectura literaria e a recepción doutros discursos e
medios culturais (cinema, televisión, música, artes visuais, cómic,
videoxogos, etc.) como o interés pola análise crítica dos diferentes
textos, medios e discursos culturais. 3. PROFESORES DA MATERIA
Antonio J. Gil González (coordinador)
Facultade de Filoloxía Avda. Castelao s/n 15782 SANTIAGO DE COMPOSTELA Despacho 334. Correo electrónico: [email protected]
Teléfono 881811832
Horario de atención: consultar enlace horario profesor en
http://www.usc.es/gl/centros/filoloxia/profesorado.html
5. LINGUAS NAS QUE SE IMPARTE A DOCENCIA Castelán e galego
5. HORARIOS
Consultar enlace horario cursos en http://www.usc.es/gl/centros/filoloxia/horario_cursos.html
5
6
II. A MATERIA NO PERFIL DAS TITULACIÓNS
1. IDENTIFICACIÓN DO BLOQUE FORMATIVO
Forma parte do minor "Teoría da literatura e literatura comparada",
integrada no módulo complementario "Aplicacións Teórico-
Comparadas: Literatura, Cultura e Teatro ", xunto coas materias
“Estudos teatrais”, “Socioloxía da literatura” e “Texto, imaxe,
cibertexto”.
2. PAPEL NO CONXUNTO DO BLOQUE FORMATIVO E NO
PLANO DE ESTUDOS
Análise cultural conxuga e desenvolve os coñecementos teóricos,
comparados e interartísticos adquiridos nas materias de formación
básica, aplicándoos de forma interdisciplinar e transdisciplinar,
achegando tanto perspectivas teóricas doutros campos das ciencias
humanas e sociais, como operando sobre discursos e obras non
exclusivamente literarios.
3. INTERESE DA MATERIA
A materia oriéntase a integración das prácticas culturais activas dos
estudantes cunha perspectiva crítica e analítica cara ás mesmas, na
tradición dos estudos literarios e culturais, que lles capacite para as
incorporar, alén do disfrute e o lecer, ós seus propios intereses
académicos e de investigación, dándolle a oportunidade de entrar en
contacto cos temas e problemas centrais de disciplinas non
abordadas específicamente no currículo, como a antropoloxía e a
historia social e cultural, ou desenvolver outros presentados
preliminarmente polas materias de formación básica, como a
semiótica da cultura, os estudos culturais, ou os media studies.
7
III. OBXECTIVOS E COMPETENCIAS
A Obxectivos Dentro dos obxectivos xerais dó minor e do módulo a materia salientará moi especialmente:
a. O afondamento nas achegas da Teoría literaria como
pensamento crítico sobre a cultura. b. O afondamento no estudo das relacións interartísticas, con
especial atención ós espazos de confluencia entre a literatura e outros medios
c. O estudo crítico de problemas centrais na investigación e análise literario-cultural.
d. Coñecer as relacións complexas entre o feito literario e a imaxe, con especial atención ós procesos históricos e institucionais da súa respectiva competencia e autonomización en diferentes campos culturais, e as xerarquías entre a cultura popular, a alta cultura e a cultura de masas
e. Aproximarse a unha sociopoética na que o estudo literario se incardine nos códigos sociais.
E, como obxectivo específico fundamental buscarase a activación entre os estudantes dunha disposición analítica e á vez experiencial ante a realidade cultural e a súa concreción histórica, atendendo para iso ademais as coordenadas antropolóxicas e sociolóxicas da cultura e a súa configuración como semiosfera.
B Competencias Ademáis de desenvolver ás establecidas no plano de estudos como competencias xerais do minor e o módulo complementario, tales como o coñecemento das últimas correntes e movementos teórico-culturais, a adquisición de habilidades relacionadas coa dimensión interdisciplinar dos estudos teóricos e comparados, a capacidade de adquirir coñecementos sobre a literatura e de adscribilos a distintas matrices teóricas de carácter transversal, o recoñecemento e análise da función desempeñada polos textos literarios na sociedade actual, con atención específica ós novos medios, a aprendizaxe de deseño e planificación de posibles liñas de actuación no contexto das políticas culturais vixentes ou a adquisición de técnicas de análise das prácticas performativas e doutras formas culturais emerxentes, a materia desenvolverá, de xeito específico, as seguintes:
8
a. Comprender e ler críticamente a bibliografía académica
recomendada
b. Redactar en rexistro académico recensións, comentarios,
propostas e hipóteses de traballo
c. Expoñer, argumentar e debater en rexistro e contexto
académico sobre as cuestión propostas
d. Formular axeitadamente hipóteses de investigación
e. Editar e participar no edublog e portafolios de aula da materia
f. Elaborar reseñas críticas de carácter académico
g. Elaborar reseñas de crítica cultural
9
IV. CONTIDOS DA MATERIA
1. ESTRUTURA DA MATERIA
A materia estrutúrase nos seguintes sete temas, cuia programación
se detalla no seguinte apartado:
A. PROGRAMA
1. A cultura como dominio interdisciplinar e transdisciplinar. Historia conceptual da literatura e da cultura.
2. Os estudos interartísticos. A literatura e as artes (plásticas) dende a Historia cultural.
3. Dos cultural studies ós media studies. A televisión.
4. Entre a galaxia Gutemberg e a galaxia McLuhan: A banda deseñada. Historia, repertorio, formatos, semioloxía. A novela gráfica.
5. Da cultura de masas e as subculturas á cultura pop e o afterpop. A postnovela.
6. Os comparative media studies na era da converxencia cultural. O repertorio transmedia.
7. A crítica cultural (seminario)
B. TEMPORALIZACIÓN
A temporalización dos contidos corresponde polo xeral a 4
sesións expositivas e de 2 interactivas dunha hora por tema.
Axustada esta secuenciación ás 15 semanas do cuadrimestre,
cada tema ocupará dúas semanas do cuadrimestre, a razón de 3
horas semanais, dúas de carácter expositivo e unha de carácter
interactivo, ás que cómpre engadir unha sesión expositiva e
outra interactiva de carácter introdutorio.
Dacordo coa citada distribución semanal dos horarios da materia,
cada tema estructúrase, polo xeral, de modo bimembre, en
sendos bloques de contidos diferenciados, de 2 horas
expositivas semanais cada un.
As dúas sesión interactivas da cada tema adicaranse,
correlativamente, á programación, seguimento e orientación das
actividades programadas, na primeira semana; e á exposición e
10
discusión dos resultados das mesmas, na segunda semana
adicada a cada un dos temas.
As horas de titorías programadas adicaranse a presentación e
discusión das liñas xerais da memoria final da materia, (que se
detalla nos apartados V.1, e V.3.a) por parte dos estudantes.
A programación de cada un dos temas, que se detalla a
continuación, estrutúrase nos seguintes apartados: esquema de
contidos, bibliografía específica, lectura recomendada e
actividade a realizar.
11
2. TEMARIO E PROGRAMACIÓN
Tema 1
A cultura como dominio interdisciplinar e transdisciplinar. Historia conceptual da literatura e da cultura.
Esquema de contidos
A cultura como dominio inter e transdisciplinar
Etnoloxía, folclrore, teoría cultural, antropoloxía cultural, socioloxía
cultural, historia cultural, crítica cultural; A semiótica da cultura, a
literatura comparada, os estudios culturais; interarts studies, film studies,
media studies, game studies, new media studies, compartive media
studies.
Cultura, arte e literatura: Da Poética de Aristóteles ós diccionarios de uso actuais.
Esbozo de historia conceptual.
Bibliografía específica
Bajtin, M., La cultura popular en la Edad Media y el Renacimiento. El
contexto de François Rabelais, Madrid, Alianza, 2003
Bourdieu, P., Campo de poder, campo intelectual, Buenos Aires,
Montressor, 2002
Burke, P. , ¿Qué es la historia cultural?, Barcelona, Paidós, 2006
Burucúa, E., Historia, arte, cultura. De Aby Warburg a Carlo Ginzburg,
Buenos Aires, Fondo de Cultura Económica, 2003
Foucault, M., Las palabras y las cosas. Una arqueología de las ciencias
humanas, Buenos Aires, Siglo XXI, 1968
Geertz, C., La interpretación de las culturas, Barcelona, Gedisa, 2003
Harris, M., Antropología cultural, (1980), Madrid, Alianza Editorial, 2001
Lotman, I., La semiosfera I. Semiótica de la cultura y del texto, Madrid,
Cátedra, 1996
― La semiosfera II. Semiótica de la cultura, del texto, de la conducta y del
espacio, Madrid, Cátedra, 1998
― La semiosfera III. Semiótica de las artes y la cultura, Madrid, Cátedra,
2000
Schröder, G. Y H. Breuninger (eds.), Teoría de la cultura. Un mapa de la
cuestión. México, Fondo de Cultura Económica, 2005
12
Lectura recomendada
Aristóteles, Poética. Ed. De Valentín García Yebra, Madrid, Gredos, 1999
Actividade a realizar
Consultar en rede o Nuevo Tesoro Lexicográfico, da Real Academia Española
escoller do seu arquivo lexicográfico algunha entrada das voces Literatura. Arte,
Cultura, Poesía, Xénero, Medio, etc. relacionada cos contidos do tema, e analizala
en profundidade no contexto da súa historia conceptual.
13
Tema 2
Os estudos interartísticos. A literatura e as artes (plásticas) dende a Historia cultural.
Esquema de contidos
Historia cultural e historias da cultura, a arte e a literatura
O zeitgeist e os retratos de época. A ciencia xeral da cultura. Os
esquemas culturais. O símbolo na historia da arte, a iconoloxía
Cultura e sociedade. O reflexo da teoría marxista da cultura. Historia
social da cultura, a arte ou a literatura
O xiro antropolóxico: antropoloxía histórica, historia da cultura
popular e historia desde abaixo
A nova historia cultural: a historia da vida cotián, a microhistoria, o
novo historicismo, os estudos culturais
A hermenéutica cultural e a descripción densa
A historia das prácticas culturais (a lectura, a relixión, a ciencia, os
modais...)
A historia das representacións (os sonos, a memoria, o outro, o
mobiliario, a comida, o vestido, a vivenda, a cidade, o corpo…)
O xiro lingüístico e o constructivismo.
Imaxinación, construcción e narración na historia cultural (A
construcción histórico cultural da enfermedade, a loucura, a nación, a
tradición, a identidade, a política, a Historia, a alta cultura, as
emocións…)
A invención da intimidade e a subxectividade modernas.
A educación sentimental. Análise de casos na pintura e a literatura
modernas.
Bibliografía específica
Bajtin, M., La cultura popular en la Edad Media y el Renacimiento. El contexto
de François Rabelais, Madrid, Alianza, 2003
Baxadan, M., Pintura y vida cotidiana en el Renacimiento, Barcelona, Gustavo
Gili, 1978
Benedict, A., Comunidades imaginadas. Reflexiones sobre el origen y la
difusión del nacionalismo, México, Fondo de Cultura Económica, 1993
Burke, P. , ¿Qué es la historia cultural?, Barcelona, Paidós, 2006
Burke, P., Formas de historia cultural, Madrid, Alianza Editorial, 2000
14
Burucúa, J. E., Historia, arte, cultura. De Aby Warburg a Carlo Ginzburg,
Buenos Aires, Fondo de Cultura Económica, 2003
Cassirer, E., Filosofía de las formas simbólicas, México, Fondo de Cultura
Económica, 1971
Certeau, M. De, La invención de lo cotidiano, México, Universidad
Iberoamericana, 2000
Chartier, R., Libros, lecturas y lectores en la Edad Moderna, Madrid, Alianza
Editorial, 1993
Corbin et al., Historia del cuerpo, Madrid, Taurus, 2006
Dibie, P., Etnología de la alcoba, Barcelona, Gedisa, 1989
Duby, G y P. Ariès, Historia de la vida privada, Madrid, Taurus, 2001
Duby, G y M. Perrot, Historia de las mujeres, Madrid, Taurus, 1993
Elias, N.: El proceso de la civilización, México-Madrid, Fondo de Cultura
Económica, 1987
Foucault, M., Historia de la locura, México, Fondo de Cultura Económica, 1967
Foucault, M., Historia de la sexualidad, México, Siglo XXI, 2007
Geertz, C., La interpretación de las culturas, (1973), Barcelona, Gedisa, 2003
Ginzburg, C.: El queso y los gusanos. El cosmos, según un molinero del siglo
XVI, (1976), Barcelona, Muchnik Editores, 1999
Gombrich, E. H., Imágenes simbólicas, Madrid, Alianza Editorial, 1986
Hauser, A., Historia social de la literatura y del arte , Zaragoza, Labor, 1993
Katz, J.N., La invención de la heterosexualidad, México, Ta Erotiká, 2012
Le Roy Ladurie, E., Montaillou, aldea occitana, Madrid, Taurus, 1981
Panofsky, E., El significado en las artes visuales, Madrid, Alianza Editorial,
1987
Perrot, M., Mi historia de las mujeres, México, Fondo de Cultura Económica,
2009
Sibilia, P., La intimidad como espectáculo, Buenos Aires, Fondo de Cultura
Económica, 2008
Warburg, A., Atlas Mnemosyne, Madrid, Akal, 2010
Lectura recomendada
Le Roy Ladurie, E., Montaillou, aldea occitana, Madrid, Taurus, 1981
Actividade a realizar
Proponer un aspecto de análise histórico-cultural a partir da lectura de E. Le
Roy Ladurie, Montaillou, aldea occitana, [O, como alternativa, de Carlo
Ginzburg, El queso y los gusanos. El cosmos, según un molinero del siglo XVI,
(Barcelona, Muchnik Editores, 1999)]
15
Tema 3
Dos cultural studies ós media studies. A televisión.
Esquema de contidos
Os cultural studies e o xiro cultural
A crise das humanidades. A teoría crítica da cultura e a crítica cultural da sociedade burguesa O cuestionamento do canon e o logos occidental O lecer e a cotidianidade da clase traballadora Ideoloxía. O retorno do reprimido nos medios Raza e etnicidade. Identidade e diferencia. O outro Xénero e identidade sexual Multiculturalidade e postcolonialidade. A xeografía cultural Inflación e crise dos estudos culturais
As industrias culturais e os media studies
Media studies: A(s) industria(s) cultural(is). Comunicación de masas e cultura minoritaria. Medios e ideoloxía, o Poder da imaxe A literatura e o cinema como textos sintomáticos do inconsciente político. Os Film studies Vendo Dallas. Recepción dos medios e TV studies. Da telerrealidade á televisión “de culto” A era da cultura dixital: New media e games studies
Bibliografía específica
Abbott, S (ed.), The Cult TV Book, London, I.B. Tauris, 2010
Barker, M. y A. Beezer (eds.), Introducción a los estudios culturales, Barcelona,
Bosch, 1994
Bourdieu, P., Sobre la televisión, Barcelona, Anagrama, 1997
Butler, A. M., Film Studies, Harpenden, Pocket Essentials, 2005
Carrión, J., Teleshakespeare, Madrid, Errata Naturae Editores, 2011
Casey Benyaiha, S., F. Gaffne and B. White, As Film Estudies, The Essential
Introduction, London and New York, 2006
Dewdney, A. and P. Ride, The New Media Handbook, London and New York,
Routledge, 2006
Dove, J. and H. Kennedy, Game Cultures. Computer Games as New Media,
Maidenhead, Open University Press-Mc Graw Hill, 2006
Green, L., The Internet. An Introduction to New Media, Oxford and New York,
Berg, 2010
Grossberg, L., Estudios culturales. Teoría, política y práctica, Valencia, Letra
capital, 2010
16
Hall, G and C. Birchall (eds.), New Cultural Studies. Adventures in Theory,
Edinburgh University Press, 2006
Hall, S.: Sin garantías.Trayectorias y problemáticas en estudios culturales,
Popayán, Envión Editores, 2010
Hall, S. y P. du Gay, Cuestiones de identidad cultural, Buenos Aires, Amorrortu,
2003
Jameson, F. y S. Zizek, Estudios culturales. Reflexiones sobre el
multiculturalismo, Buenos Aires, Paidós, 1998
Manovich, L., El lenguaje de los nuevos medios de comunicación, Buenos
Aires, Paidós, 2006
Mäyrä, F., An Introduction to Game Studies, London, Sage, 2007
Marris, P. and S. Thornham (eds.), Media Studies. A Reader, Edinburgh
University Press, 1997
McCabe, J., Feminist Film Studies. Writing the Woman into Cinema, London
and New York, Wallflower, 2004
Mattelart, A. y É. Neveu, Introducción a los estudios culturales, Barcelona,
Paidós, 2004
Moran, A. (ed.), TV Formats Worldwide, Localizing Global Programs, Bristol,
Intellect, 2009
Payne, M. (coord.), Diccionario de teoría crítica y estudios culturales,
Barcelona, Paidós, 2002
Reynoso, C., Apogeo y decadencia de los estudios culturales, Barcelona,
Gedisa, 2000
Richard, N. (ed.), En torno a los estudios culturales. Localidades, trayectorias y
disputas, Santiago de Chile, Editorial Arcis, 2010
Rodríguez Ruiz, J. A., El relato digital: hacia un nuevo arte narrativo [En línea
en Scribd]
Sardar, Z. Estudios culturales para todos, Barcelona, Paidós, 2005
Simon, D. (ed.), The Wire, Madrid, Errata Naturae Editores, 2010
Szurmuk, M. y R. McKee Irgwig (coords.), Diccionario de estudios culturales
latinoamericanos, México D. F, Siglo XXI, 2009
Lectura recomendada
Jorge Carrión, Teleshakespeare (Madrid, Errata Naturae Editores, 2011)
Actividade a realizar
Análise dende algunha das perspectivas dos estudos culturais dunha serie de
televisión escollida polo estudante
17
Tema 4
Entre a galaxia Gutemberg e a galaxia McLuhan: A banda deseñada. Historia,
repertorio, formatos, semioloxía. A novela gráfica.
Esquema de contidos
A banda deseñada como medio e como inter-medio
Historia e autonomía do cómic como campo cultural. Xéneros,
formatos, públicos. A banda deseñada nas culturas popular, de masas
e o ingreso na alta cultura.
Da historieta á novela gráfica. Análise semiótico e narratolóxico do
cómic. Análise de casos.
Bibliografía específica
Barbieri, D., Los lenguajes del cómic, Barcelona, Paidós, 1998
Cirne, M., Para ler os quadrinhos. Da narrativa cinematográfica à narrativa
quadrinizada, Petrópolis, Vozes, 1975
Eco, U., Apocalípticos e integrados, Barcelona, Lumen, 1984
Eisner, W., El cómic y el arte secuencial, Barcelona, Norma Editorial, 2002
Eisner, W., La narración gráfica, Barcelona, Norma Editorial, (1996)
Frattini, E y Ó. Palmer, Guía básica del cómic, Madrid, Nuer, 1999
Gaumer, P., Guide Totem de la BD, Paris, Larousse, 2002
Gil González, A. e A. Tarrío Varela (eds.), Olladas do cómic ibérico,
monográfico del Boletín Galego de Literatura, 35, 2006
Gasca, L y R. Gubern, El discurso del cómic, Madrid, Cátedra, 1994
Gubern, R., El lenguaje de los cómics, Barcelona, Península, 1974
Guiral, A., Cuando los cómics se llamaban Tebeos. La Escuela Bruguera (1945-
1963), Barcelona, Ediciones El Jueves, 2008
― Los Tebeos de nuestra infancia. La Escuela Bruguera (1964-1986),
Barcelona, Ediciones El Jueves, 2008
McCloud, S., Entender el cómic. El arte invisible, Bilbao, Astiberri, 2007
McCloud, S., Hacer cómics. Secretos narrativos del cómic, el manga y la novela
gráfica, Bilbao, Astiberri, 2012
Masotta, O., La historieta en el mundo moderno, Barcelona, Paidós, 1982
Merino, A., El cómic hispánico, Madrid, Cátedra, 2003
18
Moya, A. de, Historia da historia em quadrinhos, LPM Editores
Peppino Barale, A. M. (ed.), Narrativa gráfica. Los entresijos de la historieta,
México, Universidad Autónoma Metropolitana, 2012
Perucho Mejía, G., Semiótica del cómic, Santiago de Cali, Ediciones Instituto
Departamental de Bellas Artes, 2001
Prado, M., Ardalén, Santiago de Compostela, El Patito Editorial, 2012
Roca, P., Los surcos del azar, Bilbao, Astiberri, 2013
Smolderen, T., The Origins of Comics, Jackson, University Press of Missisipi,
2014
Spiegelman, A., Maus, Barcelona, Planeta De Agostini, 2003
Trabado Cabado, J. M. (ed.), La novela gráfica. Poéticas y modelos narrativos,
Madrid, Arco Libros, 2013
Varillas, R., La arquitectura de las viñetas. Texto y discurso en el cómic, Sevilla,
Viaje a Bizancio Editores, 2009
Vázquez, L., El oficio de las viñetas. La industria de la historieta argentina,
Buenos Aires, Paidós, 2010
Lectura recomendada
Art Spiegelman, Maus, (Barcelona, Planeta De Agostini, 2003)
Actvidade a realizar
Propoñer, a partir da obra de Art Spiegelman, Maus, unha lectura crítico-
cultural dun aspecto do cómic escollido polo estudante [Como alternativas
poderán empregarse outros clásicos da novela gráfica, como V de vendetta o
Watchmen de Alan Moore, Sincity o 300 de Frank Miller o, en el ámbito
hispánico, Arrugas, El invierno del dibujante o La casa, de Paco Roca, El arte
de volar, de Antonio Altarriba y Kim o María y yo de Miguel Gallardo. No
campo galego, a obra proposta é Ardalén de Miguelanxo Prado].
19
Tema 5
Da cultura de masas e as subculturas á cultura pop e o afterpop.
A postnovela.
Esquema de contidos
Apocalípticos e integrados: Cultura popular, alta cultura, cultura de masas.
A(s) cultura(s) pop: arte, música, literatura, cómic, deseño.
As subculturas xuvenís e a(s) música(s) pop-rock
O afterpop.
O caso da actual (post)novela española: mutantes, nocilleros e outras
tribus narrativas
Bibliografía específica
Bajtin, M., La cultura popular en la Edad Media y el Renacimiento. El contexto
de François Rabelais, Madrid, Alianza, 2003
Carrión, J. Los muertos, Barcelona, Mondadori, 2010
Danielewski, Mark Z. La casa de hojas, Barcelona, Alpha Decay-Pálido Fuego,
2013
Debord, G., La sociedad del espectáculo, Valencia Pre-textos, 2008
Dorfman, A. y A. Mattelart, Para leer al pato Donald. Comunicación de masas
y colonialismo, México, Siglo XXI, 1979
Eco, U., Apocalípticos e integrados, Barcelona, Lumen, 1984
Fernández Mayo, Agustín, El hacedor (de Borges), Remake, Madrid, Alfaguara,
2011
Fernández Mayo, Agustín, Proyecto Nocilla, Madrid, Alfaguara, 2013
Fernández Porta, E., Afterpop: la literatura de la implosión mediática,
Córdoba, Berenice, 2007
Gubern, R., El eros electrónico, Madrid, Taurus, 2000
Huyssen, A., After the Great Divide. Modernism, Mass Culture,
Postmodernism, Bloomington, Indiana University Press, 1986
Jameson, F. y S. Zizek, Estudios culturales. Reflexiones sobre el
multiculturalismo, Buenos Aires, Paidós, 1998
Kunz, M. Y S. Gómez (eds.), Nueva narrativa española, Barcelona, Red
Ediciones, 2014
20
Mora, V. L., La luz nueva. Singularidades en la narrativa española actual,
Córdoba, Berenice, 2007
Mora, V. L., Alba Cromm, barcelona, Seix barral, 2010
Panera Cuevas, F. Javier, Bailar de arquitectura. Interferencias entre arte y
rock and roll, Valladolid, Museo Patio Herreriano, 2014
Ortega, J y Ferré, J. F. (eds.), Mutantes, narrativa española de última
generación, Córdoba, Berenice, 2007
Shaw, L. and S. Dennison, Pop Culture. Latin America: Media, Arts and
Lifestyle, Santa Barbara, ABC-Clio, 2005
Storey, J., Teoría cultural y cultura popular, Barcelona, Octaedro-EUB, 2002
Taylor, P. A. and J. Ll. Harris, Critical Theories of Mass Media: Then and Now,
Maidenhead, Open University Press-Mc Graw Hill, 2008
Velasco Rengel, C. (ed.), Watchwomen. Narradoras del siglo 21, Zaragoza,
Institución Fernando el Católico, 2011
Wall, T., Studying Popular Music Culture, London, Arnold, 2003
VV. AA. Historia del Rock, El País, Fascículos, h1986
Lectura recomendada
Eco, U., Apocalípticos e integrados ante la cultura de masas, Barcelona,
Lumen, 1984
Fernández Porta, E., Afterpop: la literatura de la implosión mediática,
Córdoba, Berenice, 2007
Actividade a realizar
Análise, en clave afterpop, da novela de Mark Danielewski, La casa de hojas
[O, como alternativa, El hacedor de Borges (remake) o el Proyecto
Nocilla de Agustín Fernández Mallo, Los muertos de Jorge carrión o
Alba Cromm de Vicente Luis Mora].
21
Tema 6
Os comparative media studies na era da converxencia cultural. O repertorio
transmedia.
Esquema de contidos
O repertorio cultural.
Ciclos culturais, ciclos (inter)xenéricos e ciclos adaptativos
A adaptación como norma do repertorio cultural
As prácticas intermediais
A intermedialidade como hibridación e multimedialidade
A intermedialidade como remediación. Xenealogía dos medios e
tematizacións recíprocas
A intermedialidade como adaptación e transmedialidade.
As prácticas adaptativas
Adaptación e transescritura: imitación, reescritura e transficción
Novelización, peliculización, teleserialización, historietización e
ludonarrativización
A cultura da converxencia: Serialidade, cross-media, transmedia e
franquicia narrativa.
Bibliografía específica
Balló, J., y Pérez, X., Yo ya he he estado allí. Ficciones de la repetición,
Barcelona, Anagrama, 2005
Bolter, J., and Grusin, R., Remediation. Understanding New Media, Cambridge,
Mass., MIT Press, 1999
Cascajosa Virino, C., De la tv a Hollywood, Madrid, Arkadin Ediciones, 2006
Cascajosa Virino, C., El espejo deformado: versiones, secuelas y adaptaciones
en Hollywood, Sevilla, Servicio de Publicaciones de la Universidad de
Sevilla, 2006.
Elleström, L., Media borders, Multimodality and Intermediality, Palgrave
Macmillan, 2010
Fernández Mallo, A., El hacedor (de Borges), Remake, Madrid, Alfaguara, 2011
Gaudreault, A., et Groensteen, T. (eds.), La transécriture. Colloque de Cerisy,
Québec-Angoulême, Editions Nota Bene-Centre National de la Bande
Desinée, 1998
22
Gil González, A., +Narrativa(s). Intermediaciones entre novela, cine, cómic y
videojuego en el ámbito hispánico, Salamanca, Ediciones Universidad
de Salamanca (en prensa)
Goble, A., The Complete Index to Literary Sources in Film, London, Bowker-
Saur, 1999
Hughes, D., Comic Books Movies, London, Virgin Books, 2003
Jenkins, H., Convergence Culture, Barcelona, Paidós, 2008
Larson, R. D., Film into books: An Analytical Bibliography of Film Novelizations,
Movie and TV Tie-ins, Metuchen, Scarecrow Press, 1995
Mora, V., El lectoespectador, Barcelona, Seix Barral, 2011
Müller, J., Intermedialität: Formen moderner kultureller Kommunikation,
Münster, Nodus Publikationen, 1996
Pallarés, J. M., Viñetas de celuloide: El cómic en el cine, Benalmádena, Festival
Internacional de Cortometrajes y Cine Alternativo de Benalmádena,
2003
Pelletier, A. M., L' adaptation dans tous ses états, Québec, Nota Bene, 1999
Pérez Bowie, J. A. (ed.), Reescrituras fílmicas. Nuevos territorios de la
adaptación, Salamanca, Ediciones Universidad de Salamanca, 2010
Scolari, C., Narrativas transmedia, Barcelona, Deusto, 2013
Staiger, J. and S. Hake, (eds.), Convergence Media History, Routledge, London
and New York, 2009
VV.AA., Intermediality, Degrés, 28:101, 2000
VV.AA, Universos transmedia y convergencias narrativas. Caracteres, 3, 2014
Lectura recomendada
Henry Jenkins, Convergence Culture (Barcelona, Paidós, 2008)
Actividade a realizar
Propoñer un ciclo adaptativo de carácter transmedia e establecer as
dependencias e a filiación interna entre os medios e as obras que o compoñen
23
Tema 7
A crítica cultural (seminario)
Esquema de contidos
Seminario de crítica cultural:
Dos medios na cultura á cultura nos medios
Do suplemento ó informativo. Xéneros da programación cultural: a
reseña.
A cultura na blogosfera.
Bibliografía específica
Allan, S., News Culture, Maidenhead, Open University-Mc Grow Hill, 2000
Cerezo, J. M. (ed.), La blogosfera hispana. Pioneros de la cultura digital,
Fundación France Telecom, [edición electrónica]
Fernández Mallo, A., Blog up. Ensayos sobre cultura y sociedad, Valladolid,
Universidad, 2012
Mc Nair, B., Cultural Chaos. Journalism and Power in the Globalised World,
New York, Routledge, 2006
Scolari, C., Hipermediaciones. Elementos para una teoría de la comunicación
social interactiva, Barcelona, Gedisa, 2008
Lectura recomendada
Diario de lecturas, Blog de Vicente Luis Mora
Actividade a realizar
O seminario oriéntase no seu conxunto á elaboración e publicación no
edublog da materia dunha reseña de crítica cultural. Os estudantes escollerán
o medio e o texto correspondente á mesma. Normalmente, poderá consistir
no desenvolvemento dalgunha das lecturas críticas propostas por eles ó longo
do curso (unha serie de televisión, un cómic, un videoxogo) pero tamén
poderá consistir nun traballo inédito no campo da música, as artes visuais,
outras narrativas, novos medios, ademáis, por suposto, no dos diferentes
xéneros literarios.
24
3. BIBLIOGRAFÍA BÁSICA. No apartado de programación correspondente a cada un dos temas,
indícanse pormenorizadamente as lecturas recomendadas e a
bibliografía específica correspondente. Con carácter xeral e cunha
intención orientativa e sintética que facilite ó achegamento ás principais
liñas da materia e, no seu caso, a preparación do exame final da
mesma, poden consultarse as seguintes referencias fundamentais
(incluida a bibliografía primaria e as lecturas recomendadas) –accesible,
polo xeral, na sección de Documentos en Scribd–:
Bourdieu, P., Sobre la televisión, Barcelona, Anagrama, 1997 Carrión, J., Teleshakespeare, Madrid, Errata Naturae Editores, 2011 Danielewski, Mark Z., La casa de hojas, Barcelona, Alpha Decay, 2013 Eco, U., Apocalípticos e integrados, Barcelona, Lumen, 1984 Elias, N., El proceso de civilización, Madrid, Fondo de Cultura Económica, 2011 Fernández Porta, E., Afterpop: la literatura de la implosión mediática, Córdoba, Berenice, 2007 Gil González, A. J. y J. Pardo (eds.), Adaptación 2.0. Estudios comparados sobre intermedialidad, Binges, Orbis Tertius, 2018, en prensa Jenkins, H., Convergence Culture, Barcelona, Paidós, 2008 Le Roy Ladurie, E., Montaillou, aldea occitana, Madrid, Taurus, 1981 Spiegelman, A., Maus, Barcelona, Planeta De Agostini, 2003
Recursos electrónicos
Os recursos electrónicos da materia organízanse fundamentalmente arredor do portafolios de aula e edublog da materia: https://edubloganalisecultural.wordpress.com/
25
V. INDICACIÓNS METODOLÓXICAS, CARGA ECTS
E CRITERIOS DE AVALIACIÓN.
1. METODOLOXÍA DO ENSINO E APRENDIZAXE
A materia organízase na combinación equilibrada de presentación
de marcos teóricos e ferramentas metodolóxicas e a aplicación
práctica, de carácter analítico, crítico, interpretativo e comparado
cara a diversos textos, contextos, xéneros e medios artísticos e
culturais.
Este deseño repercute, xa que logo, nos contidos e a estrutura do
programa, o cal, ó longo dos 7 temas que o articulan, vai
permitindo unha paulatina transición dos modelos teóricos ás
aplicación críticas, que se reflicte na proporción crecente ou
decrecente, respectivamente, dos contidos de cadansúa destas
facianas. Neste sentido, posúen unha maior preponderancia
teórica, metodolóxica e conceptual os tres primeiros temas,
adicados ós marcos disciplinares, e específicamente á semiótica
da cultura, a historia cultural e os estudios culturais, mentres que
os catro temas restantes introducen gradualmente eixos analíticos
en torno á banda deseñada, a postnovela, a intermedialidade e a
reseña cultural, respectivamente, presentados como casos de
estudo particulares.
De modo correlativo, tamén no interior de cada un dos temas
trátase de presentar ambas dimensións, adicándose
principalmente o bloque de contidos inicial ó trazado dos
respectivos dispositivos conceptuais, para despois, nas segundas
sesión dos mesmos, incidir nos corpus de aplicación e facilitar
desta maneira a transición cara ás sesión interactivas da materia,
centradas no traballo do estudante.
As sesión interactivas estarán, pola súa banda, centradas no
desenvolvemento e o seguimento do traballo persoal constante e
sostido dos alumnos ó longo do cuadrimestre, e descansarán
tamén sobre unha estruturación bimembre no interior de cada un
dos temas do programa: Unha primeira sesión terá como
obxectivo o planeamento, organización e desenvolvemento inicial
das actividades a realizar, mentres que unha segunda sesión,
unha semana despois, se dedicará á exposición, síntese e
discusión dos resultados do traballo realizado polo estudante, a
través, fundamentalmente de breves presentacións orais,
individuais ou de grupo en función do número de estudantes
26
matriculados e outros factores.
Por último, as titorías programadas terán como obxectivo a
presentación polos alumnos dunha memoria da materia que
conteña a síntese das actividades desenvolvidas polo estudante ó
longo da mesma, o sinalamento crítico das fortalezas e
debilidades detectadas, e o esbozo dunha posible liña de traballo
concretada na formulación dunha hipótese de investigación.
Esta memoria, que na súa forma íntegra ou extensa será
entregada en forma de dossier escrito ó profesor, poderá ser
tamén exposta de forma oral, seguida dun breve debate
académico co grupo e o profesor.
O dossier escrito conterá un breve ensaio de 5-10 páxinas ó que
se poderá engadir en forma de anexos o material dos diferentes
traballos presentados ó longo do curso.
Como apoio á docencia e as actividades presenciais, contarase
cun portafolios de aula ou edublog no que regularmente se
publicarán as presentación dos contidos da materia, os resultados
das actividades programadas dos estudantes, e diversos materiais
complementarios e enlaces recomendados. Se fomentará a
participación en forma de artigos e noticias de actualidade
relativas ós contidos da materia, comentarios ós mesmos, firmas
invitadas, elaboración en formato wiki dun glosario de termos e
conceptos da mesma, etc.
Para o seguimento e a supervisión das actividades programadas,
a consulta de dúbidas, etc., utilizaranse as titorías ordinarias de
carácter semanal e presencial. O uso do correo electrónico deberá
limitarse ás comunicación urxentes ou para concertar a titoría
presencial. En ningún caso se darán por recibidos traballos
enviados por esa vía. Todos os traballos deberán presentarse en
forma impresa na forma e prazos acordados na aula.
2. CARGA ECTS
Ademáis da carga presencial correspondente ós 6 créditos ECTS
da materia (30 horas expositivas, 15 horas de sesións interactivas
3 horas de titorías programadas e 3 horas de examen,
aproximadamente), o estudante deberá ter en conta que cada
crédito ECTS presupón unhas 17 horas adicionais de traballo
autónomo por parte do alumno.
As 100 horas resultantes, correspóndense, aproximadamente, coa
27
seguinte distribución recomendada:
30 horas de preparación e estudo dos contidos do programa
30 horas de realización de traballos e actividades programadas
40 horas de lecturas e traballos de documentación
3. CRITERIOS DE AVALIACIÓN
Avaliación continua
O sistema ordinario de avaliación previsto para a materia é o de a
avaliación continua do traballo e a participación do alumno ó longo
do conxunto do cuadrimestre.
A memoria do traballo que se detalla no apartado V.1, e as
presentacións programadas incluidas nela realizadas polos
estudantes, suporá un 70 % da cualificación final outorgada. O
30% restante corresponderá á valoración da participación do
alumno no conxunto de sesións e actividades da materia.
Os prazos máximos de entrega da memoria serán ós que
coincidan coas datas de inicio dos correspondentes períodos de
avaliación sinalados no calendario académico da USC.
A memoria deberá conter, obrigatoriamente, un mínimo de 4 das 7
actividades programadas (1 por tema), escollidas polo estudante,
agás a reseña correspondente ó tema 7, que será obrigatoria en
tódolos casos.
A asistencia tanto ás sesión expositivas, interactivas, e ás titorías programadas, é, neste sistema, fundamental e ten igualmente un carácter obrigatorio. As faltas de asistencia deberán ser debidamente xustificadas por razóns médicas, profesionais, familiares, etc. e non poderán exceder en ningún caso ó 30 % das horas presenciais da materia A avaliación da participación terá en conta tanto a súa dimensión presencial, nas sesión e titorías da materia, como a vencellada ó edublog da mesma. Exame final Secundariamente, para os estudantes que non superen a materia polo sistema de avaliación continua, ou ben aspiren a mellorar a
28
calificación recibida por ese sistema, contémplase a realización dun exame final da materia nas datas sinaladas ó efecto polo calendario oficial de exames da USC. En calquera dos dous casos anteriormente sinalados, a cualificación acadada na proba de exame ponderará como máximo ata o 70% da nota global, quedando, no seu caso, o restante 30% para a avaliación da participación sinalada no punto anterior. Os estudantes con dispensa de asistencia as clases poderán obter o 100% da avaliación mediante o examen final. Segunda oportunidade de avaliación: Os estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade, poderán concorrer a unha segunda oportunidade de avaliación cos mesmos requisitos que a primeira. En convocatorias sucesivas, deberá repetir o proceso de evaluación e aprendizaxe na súa integridade. Observación importante sobre o plaxio: O plaxio no examen ou na realización dos traballos programados ou a utilización indebida e non indicada de maneira adecuada das fontes impresas ou de Internet pode implicar o suspenso na convocatoria correspondente coa cualificación más baixa.
NOTAS
29