ARTE BARROCA: VOCABULARIOARTE BARROCA: VOCABULARIO . Baldaquino Estrutura que cobiza o altar maior...

13
ARTE BARROCA: VOCABULARIO

Transcript of ARTE BARROCA: VOCABULARIOARTE BARROCA: VOCABULARIO . Baldaquino Estrutura que cobiza o altar maior...

ARTE BARROCA: VOCABULARIO

Baldaquino

Estrutura que cobiza o altar maior ou outro elemento destacado da igrexa, formado por catro columnas que sosteñen unha cuberta.

Cadro de Historia

Representación pictórica que ten como asunto algún feito de relevancia pública.

Cadro de xénero

Representación pictórica que ten como asunto escenas da vida cotiá.

Claroscuro Técnica artística que consiste en dispor nunha pintura o contraste de luces e sombras, entre cores cálidas e frías. Aplícase concretamente ó xeito de destacar as figuras iluminadas sobre un fondo escuro. Este recurso acada a súa máxima expresión no “tenebrismo”

Columna salomónica

Pé dereito de sección circular co fuste en helicoidal.

Estatua ecuestre

Representación escultórica dun personaxe montado a cabalo.

Natureza morta ou bodegón

Representación pictórica de elementos inanimados.

Pendente (pechina)

Triángulo curvilíneo formado entre os arcos que realizan a transición dunha planta cadrada á base circular da cúpula.

Paisaxe

Representación dunha parte da natureza ou cidade, na que a figura humana ou non está presente ou ten un papel secundario.

Perspectiva aérea

Recurso utilizado para simular a profundidade que ten en conta a importancia do ar na visión dos obxectos, xa que modifica os perfís e os contornos, pois coa distancia pérdese a nitidez e as cores palidecen coa profundidade.

Retrato

Representación da efixie dunha persoa.

Veladura

Capa de pintura que contén moi pouco pigmento e ó ser tan diluída deixa transparentar o que ten debaixo, aínda que modificado, actuando como unha especie de filtro. Úsase moito na técnica do óleo e permite conseguir múltiples efectos e retoques.