Guia Rosalia de Castro

9
Eu cantar cantei 150 anos da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía CPI DE SAN SADURNIÑO BIBLIOTECA E EDL

description

150 anos publicacion Cantares Gallegos

Transcript of Guia Rosalia de Castro

Page 1: Guia Rosalia de Castro

Eu cantar cantei115500 aannooss ddaa ppuubblliiccaacciióónnddee CCaannttaarreess GGaalllleeggooss ddee

RRoossaallííaa

CPI DE SAN SADURNIÑOBIBLIOTECA E EDL

Page 2: Guia Rosalia de Castro

A Rosalía de Castro

Do mar pola orelamireina pasar,

na frente unha estrela,no bico un cantar.

A musa dos pobosque vin pasar eu,comesta dos lobos,comesta se veu

E vina tan solana noite sin fin,

¡Que ainda recei pola probe da tolaeu, que non teño que rece por min!.

Os ósos son dela, que vades gardar.¡Ai dos que levan na fronte unha estrela!¡Ai dos que levan no bico un cantar!

Manuel Curros Enríquez

Page 3: Guia Rosalia de Castro

ACONTECEMENTOS DO ANO 1863

En 1863 publícase Cantares Gallegos de Rosalía de Castro einíciase o Rexurdimento pleno. Cen anos despois, esta dataserá elixida para conmemorar o “Día das Letras Galegas”.Neste ano tamén se produciron outros acontecementos:1 de xaneiro de 1863: entra en vigor a aProclamación de Emancipación, que abole aescravitude en todo o territorio confederadodos EE.UU.1 de xullo de 1863: Batalla de Gettysburgdurante a Guerra de SecesiónEstadounidense.8 de decembro de 1863: fúndase a CruzVermella Internacional por iniciativa de JeanHenry Dunant.29 de decembro de 1863: ábrese a Canle de Suez queune as augas do Mediterráneo e o Mar Vermello.En 1863 nacen os seguintes persoeiros:1 de xaneiro: Pierre de Coubertein, restaurador dos XogosOlímpicos.27 de febreiro: Joaquín Sorolla, pintor.3 de marzo: Arthur Machen, escritor, periodista e actorgalés. Un dos mestres do relato de terror fantástico.12 de marzo: Gabriel D'Annunzio, poeta, novelista edramaturgo italiano.29 de abril : Constantino Cavafis, poeta grego nado enAlexandría.

Page 4: Guia Rosalia de Castro

E publícanse estes libros:

Cinco semanas en globo de Jules VerneEl principio federativo de Pierre-JosephProudhonOs Cosacos de Leon TolstoiA señora Lirriper de Charles DickensOs amores de Sylvia de Elizabeth GaskellVida del Chacho de José Hernández

DATAS DE PUBLICACIÓN DA OBRA LITERARIA DE ROSALÍA

Poesía

1857: La flor1862: Poemas en Album de la Caridad e “Adios que me vou”no Museo Universal.1863: A mi madre e Cantares Gallegos.1880: Follas Novas1884: En las orillas del Sar

Narrativa

1862: Flavio (novela)1866: Ruinas (novela)1867: El caballero de las botas azules (novela)1881: El primer loco (novela)1923 (1ª edición póstuma): Conto galego

Prosas varias

1858: Lieders1866: Las literatas e El Cadiceño.1881: El domingo de Ramos, Padrón y las inundaciones eCostumbres gallegas.

Page 5: Guia Rosalia de Castro

CANTARES GALLEGOS

A importancia dos Cantares excede o campo meramenteliterario. Non é posible ponderar a súa importancia moral noaspecto de rehabilitación de Galicia.

Ricardo Carballo Calero: Historia da literatura galega

contemporánea

Cantares gallegos consta de 36 poemas que son glosas decantares populares. Presenta unha estrutura circular xa quecomeza cun poema no que se invita a unha moza a cantar. Ascomposicións están enmarcadas polo primeiro e o últimopoema. Se o primeiro é unha invitación poética feita a unhamoza para que cante:

As de cantarMeniña gaiteira,As de cantar

Que me morro de pena”

O derradeiro é o testemuño de que a “meniña” así o fixo:

Eu cantar, canteia grasia non era moita,

que nunca (delo me pesa)fun eu meniña grasiosa

Page 6: Guia Rosalia de Castro

Temas

Liña costumista

Está presente nos poemas que describen costumes,tradicións e tipos galegos.

Nosa Señora da Barcaten o tellado de pedra;

ben o pudera ter de ouromiña Virxe se quixera.

Liña amorosa

Pertencen a esta liña temática unha serie de poemas nos queforma de monólogo ou diálogo se reflicten as penas, coitas erexeitamentos amorosos da xente do pobo.

Vinte unha crara noite,noitiña de San Xoán,

poñendo as frescas herbasna fonte a serenar.E tan bonita estabascal rosa no rosal

que de orballiño frescotoda cuberta está.Por eso, namorado,con manso suspirar

os meus amantes brazosboteiche polo van.

Cantares galegos

Page 7: Guia Rosalia de Castro

Liña social

Rosalía expresa un claro propósito reivindicativo e de defensade Galicia e dos galegos, claramente manifesta no prólogo.Así, nos poemas deste libro falará da emigración, a soidade damuller, etc.

Mais son pobre e, ¡mal pecado!A miña terra n'e miña,

que hastra lle dan de prestadoa beira por que camiña,ao que naceu desdichado.

Liña intimista

Aínda que é en Follas Novas onde aparece máis claramenteesta liña temática en Cantares Gallegos tamén atopamospoemas intimistas como “Campanas de Bastabales” e “Comochove miudiño”.

Cando vos oio tocar,campaniñas, campaniñas,sin querer torno a chorar.

Cando de lonxe vos oiopenso que por min chamades

e das entrañas me doio.

Page 8: Guia Rosalia de Castro

Estilo

En Cantares Gallegos predomina os modelos métricostradicionais con preferencia polos versos de arte menor e polarima asonante. Os recursos estilísticos máis empregados son:anáfora, paralelismo, aliteración, etc.

O galego de Rosalía

O galego de Rosalía baséase na lingua oral e presentanumerosos castelanismos, dialectalismos e vulgarismos. Apropia Rosalía así o explica no prólogo de Cantares Gallegos:“Sin gramáticas nin regras de ningunha clas, o lectortopará moitas veces faltas de ortografía, xiros quedisoarán ós oídos dun purista; pro ó menos, e pradisculpar algo estes defectos, puxen o maior coidadoen reprodusir o veradeiro esprito do noso pobo, epenso que o conseguín en algo. . .

Page 9: Guia Rosalia de Castro

CANZÓN DE CUNA PRA ROSALÍA CASTRO MORTA

¡ÉRGUETE MIÑA amigaque xa cantan os galos do día!

¡Érguete miña amadaporque o vento muxe, coma unha vaca!

Os arados van e véndende Santiago a Belén.Dende Belén a Santiagoun anxo ven en un barco.Un barco de prata fina

que trai a door de Galicia.Galicia deitada e queda

transida de tristes herbas.Herbas que cobren o teu leito

e a negra fonte dos teus cabelos.Cabelos que van ao mar

onde as núbens teñen seu nidio pombal.

¡Érguete miña amigaque xa cantan os galos do día

¡Érguete miña amadaporque o vento muxe, como unha vaca!

FEDERICO GARCÍA LORCA