Post on 13-Mar-2016
description
1
PANDERETEIRAS DE VIDE
REPERTORIO
2007-2010
BIBLIOTECA A2.
Editorial Unitariadevide
2
AGHARRADO DE CERNADELA 45
A RUMBOIA 33 BAILA TI 4 DANZA DAS PEREIRAS 6 LABRADA DE CORTELLAS 26 MALLAO DE VILLAFERRRE 15 MANEO DE VILADABADE 29 MANEO DE XAVIÑA 30 MENINA ESTÁS À JANELA 10 MONTEALEGRE 43 MUIÑEIRA DE BARRO DE ARÉN 23 MUIÑEIRA DE SOFÁN 7 MUIÑEIRA DE TELLA 9 MUIÑEIRA DO CHE 11 MUIÑEIRA REDONDA 25 MUIÑEIRA RIBEIRANA 20 MUIÑERIA DE FRAGA 19 MUIÑERIA E XOTA DE CORNE 15 NON HAI RON 12 O CANECO 21
A RAIZ DO TOXO VERDE 32
Índice
3
O LAURIDIÑA 5 O LELERE 35 O MALLAO 13 O VERDEGAIO 8 ONDE VAS MARÍA 17 PALMIRA 28 PASEI POLA TÚA PORTA 35 PASODOBLE DE IMENDE 39 POLO MONTE ABAIXO 45 REGUEIFA DE SAN SALVADOR 34 RIBEIRANA 20 ROSIÑA ROSA 42 RUMBA DE BARCIADEMERA 18 RUMBA DE MONDARIZ 37 XA ME DIXO TEU PAI 41 XOTA DE BOUZANA 24 XOTA DE LASOXO 14 XOTA DE LOURIDO 27 XOTA DE MORDOMO 31 XOTA DE VILAR DE CABEIRAS 40 XOTA DOS CASCABELES 38
Índice continuación
4
BAILA TI
Mirá o que baila ben Mirá o que baila ben É fillo dunha viuva Mirá que donaire ten
Retrouso:
Baila ti baila ti mi morena
Baila ti que no hai polvo ni arena Que no hai polvo ni arena ni hai nada
Baila ti baila ti resalada
Se souberas como eu teño O meu corazón por dentro Non me dabas unha fala Non tiñas o atrevemento.
Retrouso
Teño un amor na Mariña Bonito como unha rosa Teño medo que mo quite Algunha nena envidiosa
Retrouso
Alumeame luniña Alumeame lenare Alumeame luniña
Que me quero ir deitare
Retrouso
5
O LAURIDIÑA
O lauridiña ven á xanela, bis Ver o teu amor ai aia ai
Que ele vai para a guerra BIS
Se ele vai para guerra Deixalo ir
Ele é rapaz novo ai ai ai Ele torna a vir
Ele torna a vir Se Deus quixer
Aínda ven a tempo De arranxar muller.
6
DANZA DAS PEREIRAS
O meu amor é pequeno Pequeno coma un xaruto É capaz de namorar Vintecinco por minuto
Ai lala, ai lala lalala lala Bis
Vós queredelo apurado Eu apurado non podo Buscade unha tocadeira
Que vos toque ao voso modo
Os mociños que hai aghora Parecen coiros do río
Están a falar coas mozas E están a tremer co frío
As mociñas que hai aghora Son dignas de as querere Cando un mozo leva fame Logho lle dan de comere
Cando canto unha cantigha Todos miran para minhe Fato de bocas abertas Na miña vida tal vinhe
7
MUIÑEIRA DE SOFÁN
Ai señor cura de Sofán Eu a dotrina non lla sei
Ai bóteme unha cantighuela Que eu lla repinicarei
Polo mar abaixo, vai unha sartenhe Se levara ovos ía eu tamenhe
Ía eu tamenhe, bis Polo mar abaixo vai unha sartenhe
Ai mira que bos bailadores Ai son dous que bailan ben Ai un parece o cu do pote O outro o rabo da sarten
A las de Las Nieves non hai quen as queira
Non bailan o tangho nin a muiñeira
O cura chamoume rosa Eu tamén lle repondín Ai desas rosa señor cura Non as hai no seu xardín
Somos as de Vide, o sol do Condado Temos os amores todos a puñados
8
O VERDEGAIO
As pernas do verdegaio Son verdes e amarelas
Non me toques que non caio Non me rompas as canelas
O do verdegaio o do ras tras tas
Quero ó meu amor quero ó meu rapaz O do verdegaio o do rus trus trus
Quero ó meu amor quero ó meu Xesús. É do meu gosto é da miña opinión
É da madeira máis fina da raíz do corazón.
O señora Ana señora María O seu galo canta e o meu asubía O señora Ana o eu galo deu Unha latadiña na cara do meu
Anubía anubía
Anque anubía non chove O meu amor está malo
Anque está malo non more.
Meu cano , teu canutiño Todos te chaman pequeno A min parecesme grande Do cariño que che teño
9
MUIÑEIRA DE TELLA
Veño dun lugar de Tella De ver unha telleana Roboume o corazónhe
E meteuseme na ialma.BIS
Ai lala ai lala ai lalelo ai lalalo bis
O pandeiro sen ferreñas As ferreñas sen pandeiro
Son como a barca sen remos E os remos sen mariñeiro
Os fillos da miña filla
Todos meus netiños sonhe Os fillos da miña nora
Quizais si ou quizais nonhe
Dame o que che pido nena Que non che pido diñeiro Dame a túa ovella negra Pra xuntala ó meu carneiro
10
MENINA ESTÀS À JANELA
Menina estás à janela com o teu cabelo à lua
não me vou daqui embora sem levar uma prenda tua
Sem levar uma prenda tua sem levar uma prenda dela com o teu cabelo à lua menina estás à janela
Os olhos requerem olhos e os corações corações
e os meus requerem os teus em todas as ocasiões
Menina estás à janela com o teu cabelo à lua
não me vou daqui embora sem levar uma prenda tua
Sem levar uma prenda tua sem levar uma prenda dela com o teu cabelo à lua Menina estàs à janela
11
MUIÑEIRA DO CHE Os Carunchos
Se ti queres bailareie Farei o que ti me mandes Pero contigho non durmo
Que tes as pernas moi grandes Ai lalala ai lalala…
A San Adrianhe da beira do mare
Non se vai por terra, que se vai por mare Que se vai por mare,bis
A San Adrianhe da beira do mare
Deiteime na túa cama Durmir un sono pequeño Deiteime no mes de maio Espertei no de xaneiro
Aí vai Manuele, deixalo pasare
Vai tomar amores na beira do mare Na beira do mare bis
Aí vai Manuele , deixalo pasare
Vente conmigo laranxa Deixa quedar o limonhe Durmirás na miña cama Detrás do meu corazonhe.
12
NON HAI RON aRDENTÍA
Maruxiña do Portelo Miña revolteadora
Fixeches a cama fora Onde vas durmir aghora, bis
Ai lalelo ai lalalo.
Retrouso: Non hai ron non hai ron maruxiña Non hai ron como o da laranxiña Non hai ron non hai ron maruxeira Non hai ron como o da laranxeira
Maruxiña, ti é-lo demo
Sempre me andas atentando Xunto ao rio, pola noite Sempre te atopo lavando
O licor da laranxeira Dalle forza ao gaiteiro Un vasiño pola noite
E non lle falla o punteiro
13
O MALLAO
O mallao mallao Que vida é a túa
Comer e beber o tirin tin tin Pasear na rúa
O mallao mallao
Quen che fixo as botas Foi o caixeiriño
Coas pernas tortas
O mallao mallao Quen che fixo as medias
Foi o caixeiriño Coas pernas feias
O mallao mallao,
Quen che fixo a saia Foi o mariñeiro
Que estaba na praia
14
XOTA DE LASOXO Ardentía
Ai que noite de luíña Ai que noite de luare Ai que noite de luíña
Para eu contigho estare
Retrouso: Vámonos nena, vámonos xa. Vamos ve-la herba verde Que o teu moreno cortou
Se verde estaba , verde quedou
O cura e maila criada Ordenaron de moere Tiñan a leña no monte E a fariña sen moere
Eu querer queroche ben Teñoche admiración Soio me falta sabere Se ti me queres ou non
Vou a dar a despedida Por riba dunha peseta Aghora non canto maise
Que teño a gharghanta seca
15
O MALLAO DE VILLAFERRE
Un día estiven tentada De casar cun home alto, BIS
Aghora teño na cama O pendón do jhueves santo, BIS
Ai laralala la la bis Ai laralala la la bis
Mociño que ves do estudio E ves tan ben estudiado Fai o favor de desirme
Cantas prumas ten un ghalo.
O caravel cando nace Chámanlle caraveliño Ós fillos do señor cura
Chámanlle ó pai señor tío
Disen que non teño cama Que durmo no chan barrido Teño unha cama de cravos Durme unha rosa comnigho.
16
MUIÑEIRA E XOTA DE CORNE
Unha boa cantadora Teño aquí a par demin
Se me preghuntan por ela Direilles que non a vin
Dime por que non me falas Dime quen te aconsellou Non falo porque non quero Do que falei me pesou
Cheghate aquí onda min Cheghate aquí onda min Que te quero preguntar
En que che eu aborrecinhe
Ela sóa ven a lúa Rabeando por nacere
Tamén veñen meus amores Quen mos dera coñecere.
Cando salín de Soutelo Os meus ollos eran fontes Adiós montes de Soutelo Adiós Soutelo de Montes
Se me queres dala morte Olvidame prenda miña Non hai coitelo máis forte Para me quitar a vida.
Onde vai que non nos vimos Máis hai que non nos fala-
mos Xa o camiño bota herba Onde nos paseabamos
Teño un pesar como un puño Heicho de contar un día No meu corazón non cabe Cousa de malencolía
17
ONDE VAS MARÍA
Ai que me chouchan os dentes Ai que me comen as pulghas Ai que me chouchan os dentes
Rapaza na túa cama, na túa cama tes
Unhas pulghas doentes
Ten ghanas de se casare A que casa cun viuvo
Ten ghanas de se casare Fol que xa foi sacudido
Miña queridiña fariña non dahe
Que vai á festa e non baila A vella do pelo branco
Que vai á festa e non baila Se ve tocar ó ghaiteiro Robusto gharrido só mira para ghaita.
E veu cheo de fariña
O meu home foi ó muíño E veu cheo de fariña El muiñeiro non é
Que diaño de home teño a quen se me arrima.
Retrouso:
Onde vas María bis Veño da verdura Que ricos repolos Ten o señor cura . Ten o señor cura bis Por baixo da saia Onde vas Maria Veño da ensalada
Cantareiras do Berbés
18
RUMBA DE BARCIADEMERADonicelas
O luoreiro bate bate Eu ben o sinto batere Coa folla no tellado
Pra meu amor entendere Ai ala, ai lala lalala lala ,bis
Axudademe a cantare Mociñas da miña aldea Axudademe a cantare Que estou en terra allea
Barciademera caíu
Redondo xa está no chanhe Aldeiña de Seisedos
Esa non cae que ten manhe
O pandeiro toca benhe As ferriñas fanlle o sonhe
As mociñas que aquí estanhe De Barciademera sonhe
A porta do Sanamaro
Hai dúas pedras de asento Unha é pra namorare
Outra pra perder o tempo
Vou a dar a despedida Despedida dunha rosa Como me vou despedire Dunha cara tan fermosa
19
MUIÑEIRA DE FRAGA
Retrouso
Eu non vou non vou Eu non vou alá
O que corre ben ha de vir aca Ha de vir aca ,bis Eu non vou non vou Eu non vou ala
Alumeame lumiña
Alumeame lunare bis Aluméame luniña
Que me quero ir deitare A alala ai alala ai alala ai alelo
Esta noite non hai lua
Esta noite é de parranda bis E para a noite que ben Durmirei na tua cama
Estreliña do luceiro
Estrela da claridade bis Vaise o dia vaise a noite Vaise a miña mocedade
Vou a dala despedida
Despedida vou a dare bis Vou a dar a despedida E agorá vou acabare
20
MUIÑEIRA RIBEIRANA
Esta ribeirana nova Ribeirana muiñeira Esta ribeirana nova
Troughena eu da ribeira Troughena eu da ribeira
Ai lalala lalala la Ai lalala lalalalalal Ai lalala lalalala
Cantai todas cantai todas E que non falte ninghunha Que o cantar e o bailar
Non é verghonsa ninghunha Non é verghonsa ninghunha
Ai lalala lalalala……
Teño un saco de cantigas tamén unha saquetiña
Non me esteas enfadando Que desato a baraciña
Anque botes e rebotes, E volvas a rebotar
Aínda teño un saco cheo E outro por comezar.
21
O CANECO
Miña nai a min berroume por botar un ferrancholo se o botei feixen ben tamén o botou Manolo. Tamén o botou Manolo, t amén o botou Manolo. Miña nai a min berroume por botar un ferrancholo.
E súmballe o caneco e o caneco sumba
e súmballe o caneco e o caneco sumba sumba. E súmballe o caneco e o caneco sumba
e súmballe o caneco e o caneco sumba sumba.
Vindo dos polbos da illa parei no medio do mar agora dime rapaza
cantos polbos che hei botar. Cantos polbos che hei botar, cantos polbos che hei botar. Vindo dos polbos da illa parei no medio do mar.
.
22
RIBEIRANA
Axudaime compañeiras Botademe unha axudiña Que non me podo axudare desta miña gargatiña
Pasei a mar da Marola queridiña por te vere pasei a mar da Marola e ali podome perdere
Que ben baila o bailadore e tamén a bailadora
se a vista non me engaña baila o noivo coa noiva
Como baila como baila
Como bate os pes no chan Como baila como baila A muller do meu irmán
Vou dando a despedida a despedida vou dando Vou dando a despedida A despedida cantando.
23
MUIÑEIRA DE BARRO DE ARÉN Donicelas
Pasei a Ponte de Arén paseina de madrugada, ía moer ao teu muíño, tiñas a porta pechada.
Retrouso:
Túa nai e maila miñá, van xuntas na romaría, malo raio parta a túa porque me levou a miñá,
porque me levou a miñá, porque me levou a miñá, a túa ía borracha, a miña xa non se tiñá.
Eu queríache un biquiño arrimado a aquel outeiro, se tes vergonza pra darmo eu dareicho a ti primeiro.
Delgadiña da cintura como a palla do centeo atopeite miña rula
do xeito do meu desexo.
O día xa vai rompendo, a noite vai espertando, os paxariños xa cantan
e eu contigo estou soñando.
24
XOTA DE BOUZANA Donicelas
Barriño para cantar, Barriño para cantar,
anque non sexa moi alto sábeno adoneirar.
Esta ruadiña de hoxe ela mañá ha soar
ela que soe que non nós habemos de ruar.
Delgadiña da cintura
dicen que che cae a saia, durme comigo unha noite xa verás como che para.
Despedida dunha rosa, despedida dunha rosa, como me vou despedir dunha cara tan fermosa.
25
MUIÑEIRA REDONDA Faltriqueira
Para cantar coma min Para cantar como eu canto Para cantar coma min Non abrala boca tanto.
Ai alala lelola bis Ai alala lelo la , Ai alala lelola ai alelo la. Ai ala lalala ali alala lelo la
Por cantar, rir e bailar Nunca se perdeu ninguén Pérdese por mermurar Da vida de cada quen.
Eu non canto por cantar Nin gana que diso teña Que canto por aliviar
O meu corazón en pena.
Se canto dinme que canto Se choro dinme que choro Se me ven falar contigo Xa me din que me namoro
26
LABRADA DE CORTELLASFaltriqueira
Polos señores que bailan Polos que bailan agora Polos señores que bailan Hei tocar a noite toda
Anda roda, anda roda Anda roda de arredor Canto máis a roda anda Máis lle quero ó meu amor
Agora comenzo eu Viva o meu atrevemento Onde non son coñecida Tomarei coñecemento
Vou a da-la despedida Vou a da-la derradeira Vou a da-la despedida Miña Virxe da Franqueira
27
XOTA DE LOURIDO
Ai Barciademera caiue bis Ai Redondo xa está no chanhe
Ai aldeiña de Lourido Ai esa non cae que ten manhe bis
Ai aleleo ai alelalo
Ai Sara, Sariña Ai Sara ti é-la miña Ai Sara, Saronhe
Ai Sara do corazonhe
Ai eu tirei unha pedriña, bis Ai de Marín a Redondela Ai Matei un portuguesiño Ai Que estaba de centinela
Ai eu tirei unha laranxa bis Ai de Marín a Portonovo Ai dentro daquela laranxa Aí vai o meu amor todo
28
PALMIRA
Andas pra arriba e pra abaxo Como a folla da Silveira
Andas pra arriba e pra abaixo E non topas quen te queira
Retrouso:
Palmira, lará Palmira Palmira que triste estás Na guerra de Cuba nena
Roubáronche ao teu rapaz, bis Roubáronche o teu pin pon
Agora Palmira chora Lagrimas do corazón.
Tocadora do pandeiro
Dalle mási unha pancada Dalle coa man dereita
Que a esquerda non fai nada
Chamasteme trovisqueira Herba que o gando non come Máis vale ser trovisqueira Que muller dun ruiín home
Imos dar a despedida
Máis non é para marchare É para lle dar o pandeiro A quen o saiba tocare.
29
MANEO DE VILADABADE
Ai… para quen entrou no baile Para quen entrou agora Para quen entrou no baile
Tocarei a noite toda Ai alala ali alala bis
E dalle daquí e dalle dali
Por debaixo da manta por riba de ti
Por riba de ti, por riba de ti E dalle daquí e dalle dalí.
Ai…..quen me dera unha casada
Que me axudara a cantare As solteiras teñen gharbo Non me queren axudare
Ai...como sei que che ghusta
o café con leite Como sei que che ghusta
convidareite Convidareite, convidareite Comosei que che ghusta
o café con leite
Ai ….Se preghuntan por ahí De onde son as cantadoras Da aldea de cabaleiros Fillas dunhas labradoras
Ai..ou pasalo rio ou non o pasar Ou mollar o pé ou non o mollar Ou non o mollar o u non o mollar Ou pasalo río ou non o pasar.
Ai… dinme que non canto
benhe Teño boquiña de troita Eu cantoche como sei
O burro é o que me escoita
Ai…. A la vuelta del baile me voy a parar
Que me duelen las manos de tanto tocar
30
MANEO DE XAVIÑA
Queridiña doenche os ollos Tamén a min doenme os meus
Vainos lavar queridiña - Onde a troita lava os seus
Retrouso
Ai lela lela lelela - Ai lela lela lelala
Ai lela lela lelela
Ai lalalela ailela lela BIS
Eu caseime na montaña Para terra de moito panhe O forno da miña soghra Bota silvas polo vranhe
Nená que vendes as peras Cantás che mandaron dare Para ti meu queridiño
Non mas mandaron contare
31
XOTA DE MORDOMO
Este cantariño novo Quen o soubera levare Quen o soubera levare As nenas da miña terra Sabeno repinicareaa Sabeno repinicare Ai elela ai elela
Ai lelalelá ai lelalelá
Ai lalalelo ai lelalelá BIS
La pandereta en mi mano tiene lenghua e sabe hablare bis
Solo le faltan los oghos Para poder namorare bis
Ai elela ai elela
Ai lelalelá….
Marmura marmuradora Marmura xente ruín bis Eu tamén fun marmurada De quen é menos ca min
32
A RAIZ DO TOXO VERDE
A raíz do toxo verde, bis É moi mala de arrincare Os amoriños primeiros, bis Son moi malos de olvidare
Sei dun niño dun carrizo, bis
Na cabeza dun repolo Deron as mozas con el , bis Levaron cañoto e todo
A miña muller morreume, bis
Enterreina no palleiro Deixeille un brazo de fora, bis Pra que tocara o pandeiro.
Miña nai e maila túa, bis Quedan no río berrando
Por culpa dunha ghaliña, bis Que ten amores co galo.
Arriba pandeiro roto, bis Abaixo manta mollada
Onde estean as mulleres, bis Os homes non valen nada
33
A RUMBOIA
Heime de casar pra Castro, terriña de moita leña,
hei de traguer un feixiño pra cando a rumboia veña.
Anda Xuana, árdeche a troia!
Vente comigo bailaremos a rumboia. Viva a rumboia,rumboia viva!
Viva a rumboia anque sexa noite e día.
Miña comadre Polonia non vin muller coma ela os ósos dallos ao home a carne comea ela
O lindo lindo, o miña xoia
imos a Lugo bailaremos a rumboia viva a rumboia, rumboia viva
viva a rumboia rumboia da miña vida.
Todolos carabiñeiros dormen cos pés á xeada
e dalí ao outro día a festa da rumbeirada.
Anda Xoana,árdeche a Troia
vente conmigo , bailaremos a rumboia.....
34
REGUEIFA DE SAN SALVADOR
Nosa virxe da Franqueira Ten o camarín de pedra Inda o podía ter d´ouro
Se o cura non llo comera bis Ai lalelo ai lalalo
O cura cando marchou Deixolle dito á criada Veña tarde vena cedo Deitate na miña cama
O meu amor non me fala Que o ten nunha baixesa Como é rapasiño novo Ten o aire na cabeza
Teño pulghas na camisa Na saia teño piollos
Como teño tanto e benhe Ó mundo vánselle os ollos
Imos dar a despedida De Rubiós a Ribarteme Imos dar a despedida
Que as de Vide cantan benhe.
35
O LELERE
Fun á fonte beber auga Debaixo dunha enramada Fun por ver ao meu amor Que a sede non era nada
Retrouso
Ai lelere lelere lelere Ai lelere lelere lelé BIS
Arrimeime a un pino verde Por ver si me consolaba O pino como era verde Ao verme chorar choraba
O mar anda e desanda Anda que desaparece
Quen ten amores non durme Quen non os ten adormece
36
PASEI POLA TÚA PORTA Pallamallada
Pasei pola túa porta Mirei para dentro e vinhe Un letreiro que dicía Eu para ti non nacinhe
Retrouso
E anda- que xa non te quero Porque- xa non vales nada E anda que xa non te quero Porque- non me da a ghana
e anda.
Eu como sabía ler Saquei un e puxen outro Ti para min non naceches E eu para ti tampouco
Voume indo voume indo
Non mires máis para minhe Coa axuda dos teus enredos O meu cretiño perdinhe
Focheste ghabar ghabacho Que te querían as mozas Quen te vai querer a ti Saco de limpa-las pozas
37
RUMBA DE MONDARIZ
Viva quen canta conmigho Vivá quen conmigho canta Viva quen canta conmigho E maila miña garganta
Ai laaaa ai laaa Ai laaa lala lala
Aghora que me puxeron A pandeireta na manhe Aghora que ma puxeron Canto daqui a mañanhe
A quen me axuda a cantare Hei de lle dar chocolate A quen non me axudare Soliman pra que o mate
Viva viva quen me axuda A máis quen m´a d´axudare Vivan os da miña terra
A máis os do meu lughare
Despedida dunha rosa Despedida dun clavel Como me vou despediré Da túa cariña Manuel
38
XOTA DOS CASCABELES Amanainas Vamola ghamoleando bis Fixen a cama nun rio A auga foina levando A auga foina levando Ai lalelo ai alalo
Á beiriña do rio quedou sellado Que nos xuntamos nena que nos xuntamos bis Á beiriña do rio quedou sella-do
Para quen entrou no baile Para quen entrou agora Tocarei a pandeireta Tocarei a a noite toda bis Ai alelo ai alalo
A volta da xotá vou a parar Que xa me doe a man de tantó tocar De tantó tocar de tantó tocar
A volta da xotá vou a parar
Unha noite no muiño Unha noite non é nada Unha semaniña enteira Esa si que é muiñada bis Ai alelo ai alalo
E a nosa Mariá moitos mozos ten Querese casar e non sei con quen E non sei con quen bis A nosa Mariá Moitos mozos ten
Moito miras para min Moito me chiscas o ollo Voume xa a despedire Non podo atender a todo bis Ai alelo ai alalo
Ai vai a xotá dos cascabeles Non bailan máis os homes Que as mulleres Que as mulleres neno Que as mulleres Ai vai a xotá dos cascabeles
39
PASODOBLE DE IMENDE
O lughariño de Vide De lonxe parece vila
Ten un caravel na entrada E unha rosa na saída BIS
Ai lalala ai lalalo
Non te quero Pepe conmigho na cama Non te quero Pepe que non vales nada Bis
Aghora vou botar unha Que me sintan ala arriba Pra que digha miña nae
Esa é a miña filla
Non te quero Pepe non te quero nonhe Non te quero Pepe que es un borrachonhe Bis
E Vide que ten a sona E Vide que a sona ten E Vide que ten a sona De cantar e bailar ben
Non te quero Pepe non te quero nonhe
Non te quero Pepe que es un borrachonhe Bis Sen pandeireta:
Non te quero Pepe non te quero nonhe Non te quero Pepe que es un borrachonhe Bis
Final con pandeireta:
Non te quero Pepe conmigho na cama Non te quero Pepe que non vales nada Bis
40
XOTA DE VILAR DE CABEIRAS
Amor mio ven temprano No vengas a la deshora bis Que en la calle dode io vivo Hai unha marmuradora bis
Retrouso
Ai Ricardo, come o caldo
Non o quero mamá que me escaldo Ai Ricardo, bebe o viño
Non o quero mamá que é pouquiño
Deixame subir ó alto Que do alto vexo ben
Quero ver os meus amores Se se falan con alghen
Miras para min de lado I-eu para min de caranca Que culpa che teño eu Da túa desconfianza
Despedida te vou dando Despedida dunha rosa Como me vou despedire Dunha cara tan fermosa
41
XA ME DIXO TEU PAI
O río cando vai cheo ai si si bis ai ai ai Leva carballos e follas ai sisi
Tamén podía levar ai sisi ai ai ai ás linguas marmuradoras ai sisi
Xa me dixo teu pai Que te saque a bailar E no medio do baile
Que te deixe quedar bis Xa me dixo teu pai Que te saque a bailar
Eres unha leva e trae ai sisi
Que andás levando e traendo ai sisi Por diante moi boa cara ai sisi ai aia ai Por tras, estasme vendendo ai sisi
E por culpa do teu
Levantouseme o meu Que si ti tiñas ganas
moitas máis tiña eu BIS
O Miño cando vai louro ai sisi bis É que, leva moita terra ai sisi
Eu tamén te levaría ai sis ai ai ai Á festa nosa na beira ai sisi
Xa me dixo teu pai…..
42
ROSIÑA ROSA
O San Martiño de Ourense Bota as castañas pra baixo BIS Bota aquelas máis grandiñas E as pequenas no refaixo BIS
Retrouso
Rosiña Rosa Roseira Rosiña namoradeira
Vente o ventiño de lonxe ai la ai lala ai lala Levache a folliña toda ai lala ai lala ai lal
Non chas quero non chas quero
Castañas do teu magosto Non chas quero, non chas quero Que me cheiran ó chamosco
Retrouso
Detrás dun toxo pequeño Pedinche un bico Rosiña Puxecheslle tanto xeito Que aquel toxo non torcía
Retrouso
43
MONTEALEGRE Os Carunchos
Montealegre alegre vou Cando vou cun fillo meu
Eu para min hei de arranxar Non se pode calcular
O traballo que me deu BIS
I ela caiu e caiu E resbalou
E por de—baixo da saia Un lagharto lle marchou BIS
Ai que sarillo Ensarillada
E o patrón por saber O que era bo
fixolle Un fillo á criada BIS
44
POLO MONTE ABAIXO Gaiteiros do Incio
Teño unha nena pastora Delgada como un salgueiro Como unha breliña verde
Que dobra para onde eu quero bis
Retrouso:¨ Ó baixar o monte, polo monte abaixo ó baixar o monte , baixando baixando, ó baixar o monte, polo monte abaixo ó baixar o monte e ó pechar a noite
Pastora que vas co gando Onde vas tan pensativa i o teu amor en Caurel
Vai afondando a ferida bis
Que esa ferida que eu teño Non a daría por nada I o que ten unha moeda
Non sabe onde gardala bis
Dime rapaza bonita Onde che van as colores Nen solteira nen casada
Nunca chas tiven mellores bis
45
AGHARRADO DE CERNADELA
Namorala namorala Á filla dunha viuva BIS Namorala nai primeiro Pra tela filla seghura BIS
O río cando vai cheo Leva carballos e follas Tamén podía levare
Ás linghuas marmuradoras bis Ai ala ai ala la Ai alala lalalala
Ai alala Ai alala
Olvidáchesme por pobre Eu por rico te deixeie BIS Vale máis pobre con honra Que rico de mala lei BIS
Baila con ela Manuele Non lle toques o mandile Que a casada de fai pouco Ten o home no Brasile bis
Ai ala ai ala la Ai alala lalalala
Ai alala Ai alala
Cando vou pró fiadeiro
Non vou por fiar na roca BIS Vou a tocar o pandeiro
Que esta noite a min me toca BIS
46
SAIA DE LÁ
Pandereteiras de Vide. Vide, As Neves. Febreiro 2011
BIBLIOTECA A2. Editorial Unitariadevide
Escola Unitaria de Vide