O heroe clasico da traxedia e da épica

6
O heroe clásico da traxedia e da épica

Transcript of O heroe clasico da traxedia e da épica

Page 1: O heroe  clasico da traxedia e da épica

O heroe clásico da traxedia e da épica

Page 2: O heroe  clasico da traxedia e da épica

No mundo clásico, a figura do heroe corresponde á dun personaxe de cualidades extraordinarias, normalmente emparentado cos deuses e pertencente a aristocracia.

Heroes “mata-monstros”: Heracles, Teseo, Perseo

Heroes guerreiros: Aquiles, Héctor

Heroes fundadores: Eneas, Rómulo

Casos especiais: Edipo, Odiseo

Page 3: O heroe  clasico da traxedia e da épica

O heroe na épica

Ilíada

Heroe guerreiro. Caracterízase polo seu afán de gloria, máis importante que a vida. O seu ideal resúmese en “ser sempre o mellor e superar ao outro”. Aos valores morais e destreza guerreira unéselle a beleza física: Aquiles

Odisea

O obxectivo de Odiseo é chegar á súa casa san e salvo. Ademáis das virtudes do heroe guerreiro, destaca polo seu inxenio e astucia para sortear os máis variados obstáculos.

Eneida

O que sobresae en Eneas é o seu sentido do deber, a obediencia cega ao destino que os deuses lle marcaron. O seu obxectivo é chegar ao Lacio e iniciar a estirpe que fundará Roma.

Page 4: O heroe  clasico da traxedia e da épica
Page 5: O heroe  clasico da traxedia e da épica

O heroe na traxedia

Está sacado da épica e da mitoloxía. Sobre todo das lendas relacionadas con Troia (saga de Agamenón, Aiax, Andrómaca…) e con Tebas (Heracles, Edipo, Antígona).

Sitúase nun nivel superior ao do espectador, xa que é un heroe, pero aparece sometido a circunstancias que inspiran compasión.

Plantéxaselle un conflito extremo contra toda unha serie de elementos como poden ser: a divinidade, o Destino, a sociedade, a familia, él mesmo. Diante dese conflito, o protagonista debe tomar unha decisión límite ou afrontar as consecuencias dos seus actos pasados.

O heroe tráxico por antonomasia é Edipo. Entra en conflito simultáneamente cos deuses, o Destino, a familia, a sociedade e él mesmo. Sendo un heroe, que salvou á cidade da maldición da Esfinxe, é ao mesmo tempo o máis desgrazado dos seres humano. É culpable dos máis terribles crimes, pero aínda así inspira compasión.

Page 6: O heroe  clasico da traxedia e da épica