PLENO 05 DE NOVEMBRO DE 2015

13
ACTA DA SESIÓN ORDINARIA CELEBRADA POLO PLENO MUNICIPAL CON DATA 5 DE NOVEMBRO DE 2015 No Salón de sesión da Casa Consistorial de Ribadumia, sendo as vinte horas do día cinco de novembro de dous mil quince, ó obxecto de celebrar a sesión ordinaria, previamente convocada na forma regulamentaria baixo a presidencia do Sr. Alcalde, D. David J. Castro Mougán, reúnense os sres. concelleiros: Dª Mª del Mar Rey Pérez; D. Enrique J. Oubiña Lago; D. José Ramón González Lede; Dª Mª do Pilar Martínez Troncoso; Dª Mª del Mar Moimenta Otero; D. Juan Carlos Esperón Prado; Dª Mª Salomé Peña Muñiz; D. Luis Serantes Alvarez; Dª Susana Fandiño Vázquez; D. Antonio Roma Arcos; e Dª Mª Dolores Esperón Feijoo. Non asisten: D. Rafael Louzán Abal. Actúa como Secretaria da Corporación Dª Mª Dolores Franco Mateo O Sr. Alcalde-Presidente declara aberta a sesión, pasándose a considerar os asuntos incluídos na orde do día. Antes de comenzar a debatir os asuantos incluídos na orde do día, polo Sr. Serantes Alvarez indica que quere deixar constancia dunha cuestión de orde e é que no punto relativo a “dar conta de diversas actuacións e instalacións municipais” solicitaron documentación e non se lles facilitou polo que non dispoñen de información algunha e solicita se retire da orde do día para poder aportar unha idea fundada.- O Sr. Alcalde dí que só se trata de dar conta de ciertas actuacións realizadas e que non hai que adoptar acordo algún; que se van a solicitar informes para algunhas actuacións realizadas con anterioridade. 1º.- APROBACIÓN DA ACTA ANTERIOR.- Dase conta á Corporación da acta da sesión anterior, correspondente á extraordinaria, celebrada con data 30 de setembro de 2015.- Pola Alcaldía-Presidencia se pregunta ós Sres. Concelleiros se teñen algunha obxección que facer á mesma, e e non realizándose ningunha, a devandita acta é aprobada por unanimidade dos Sres. asistentes na forma en que está redactada. 2º.- CONVENIO COA ADMINISTRACIÓN XERAL DO ESTADO E A XUNTA DE GALICIA PARA A IMPLANTACIÓN DA REDE DE OFICINAS INTEGRADAS DE ATENCIÓN Ó CIDADÁN NO ÁMBITO TERRITORIAL DE GALICIA.- Dase conta do contido do Convenio marco entre a Adminsitración Xëral do Estado e a Xunta de Galicia para a implantación dunha Rede de oficinas.- En resumo explícase o contido do convenio, indicando que como novidade neste novo convenio os concellos poderán admitir escritos e comunicacións que se dirixan ós organos da Administracións das Deputacións Provinciais e ós concellos adheridos ó convenio marco.

description

ACTA DA SESIÓN ORDINARIA CELEBRADA POLO PLENO MUNICIPAL CON DATA 5 DE NOVEMBRO DE 2015

Transcript of PLENO 05 DE NOVEMBRO DE 2015

Page 1: PLENO 05 DE NOVEMBRO DE 2015

ACTA DA SESIÓN ORDINARIA CELEBRADA POLO PLENO MUNICIPAL CON DATA 5 DE NOVEMBRO DE 2015

No Salón de sesión da Casa Consistorial de Ribadumia, sendo as vinte horas do día cinco de novembro de dous mil quince, ó obxecto de celebrar a sesión ordinaria, previamente convocada na forma regulamentaria baixo a presidencia do Sr. Alcalde, D. David J. Castro Mougán, reúnense os sres. concelleiros: Dª Mª del Mar Rey Pérez; D. Enrique J. Oubiña Lago; D. José Ramón González Lede; Dª Mª do Pilar Martínez Troncoso; Dª Mª del Mar Moimenta Otero; D. Juan Carlos Esperón Prado; Dª Mª Salomé Peña Muñiz; D. Luis Serantes Alvarez; Dª Susana Fandiño Vázquez; D. Antonio Roma Arcos; e Dª Mª Dolores Esperón Feijoo.

Non asisten: D. Rafael Louzán Abal.

Actúa como Secretaria da Corporación Dª Mª Dolores Franco Mateo

O Sr. Alcalde-Presidente declara aberta a sesión, pasándose a considerar os asuntos incluídos na orde do día. Antes de comenzar a debatir os asuantos incluídos na orde do día, polo Sr. Serantes Alvarez indica que quere deixar constancia dunha cuestión de orde e é que no punto relativo a “dar conta de diversas actuacións e instalacións municipais” solicitaron documentación e non se lles facilitou polo que non dispoñen de información algunha e solicita se retire da orde do día para poder aportar unha idea fundada.- O Sr. Alcalde dí que só se trata de dar conta de ciertas actuacións realizadas e que non hai que adoptar acordo algún; que se van a solicitar informes para algunhas actuacións realizadas con anterioridade. 1º.- APROBACIÓN DA ACTA ANTERIOR.- Dase conta á Corporación da acta da sesión anterior, correspondente á extraordinaria, celebrada con data 30 de setembro de 2015.-

Pola Alcaldía-Presidencia se pregunta ós Sres. Concelleiros se teñen algunha obxección que facer á mesma, e e non realizándose ningunha, a devandita acta é aprobada por unanimidade dos Sres. asistentes na forma en que está redactada. 2º.- CONVENIO COA ADMINISTRACIÓN XERAL DO ESTADO E A XUNTA DE GALICIA PARA A IMPLANTACIÓN DA REDE DE OFICINAS INTEGRADAS DE ATENCIÓN Ó CIDADÁN NO ÁMBITO TERRITORIAL DE GALICIA.- Dase conta do contido do Convenio marco entre a Adminsitración Xëral do Estado e a Xunta de Galicia para a implantación dunha Rede de oficinas.- En resumo explícase o contido do convenio, indicando que como novidade neste novo convenio os concellos poderán admitir escritos e comunicacións que se dirixan ós organos da Administracións das Deputacións Provinciais e ós concellos adheridos ó convenio marco.

Page 2: PLENO 05 DE NOVEMBRO DE 2015

A Sra. Peña Muñiz indica que lle parece ben todo aquelo que sexa para facilitar e simplificar as xestións entre administracións e ós cidadáns. O Pleno Municipal, por unanimidade dos sres. asistentes, acorda: 1º.- Solicitar a adhesión do Concello de Ribadumia ó Convenio subscrito entre a Administración Xeral do Estado e a Comunidade Autónoma de Galicia para a implantación dunha rede de espazos comúns de atención ó cidadán no ámbito territorial de Galicia; 2º.- Manifestar a vontade deste Concello de adherirse expresamente a todas e cada unha das cláusulas co convenio marco mencionado, asumindo as obrigas derivadas del e con suxeición a todas as súas cláusulas; e 3º.- Facultar ó Sr. Alcalde-Presidente, tan ampliamente como sexa necesario, para a sinatura de adhesión e demáis documentos necesarios para a execución do presente acordo. 3º.- INFORMES TRIMESTRAIS SOBRE CUMPRIMENTO DE MEDIDAS DE LOITA CONTRA A MORISIDADE NAS OPERACIÓNS COMERCIAIS COAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES (3º TRIMESTRE 2015).- Dase conta de que, en cumprimento do establecido na Lei 15/2010, de 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004 de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morisidade na operacións comerciais, pola Tesourería elaborouse o informe trimetral, correspondente ó terceiro trimestres de 2015 no que consta o número e contía global das obrigas pendentes nas que estase a incumprir o prazo de pago, e coa incorporación do informe de Intervención das facturas respecto das cales teñan transcorridos máis de tres meses dende a súa anotación no rexistro e non se teña tramitado o recoñecemento da obriga.

O Pleno Municipal por unanimidade dos Sres. asistentes dase por enterado, ratificando o contido do devandito informe.

4º.- MODIFICACIÓN DO REGULAMENTO DA ESCOLA DE OCIO E DA ESCOLA DE VERÁN.- Dase conta de que a fin de mellorar o servicio que se ven prestando de Escola de Ocio, e adaptalo a algunhas peticións realizadas polos usuarios o que se pretende é modificar o Regulamento de dito servicio, diferenciando entre a Escola de Ocio (que se presta durante o curso escolar) e a Escola de Verán (durante o período vacacional).- Infórmase que as modificacións básicas serán: Denominar “Escola de Verán” ó servicio a prestar durante o período de vacacións estivais, de luns a venren (excepto festivos), de 8:00 a 15:00 horas; especificar (no artigo 3º) que ambas escolas “están dirixidas ós nenos e nenas que residan no Concello de Ribadumia, a partires de 3 anos que esten en idade escolar (ara a ESO), que traballen tanto o pai como a nai e que estén empadroados en Ribadumia”.- No artigo 4 se modifican os períodos de inscrición para a Escola de Verán (dentro do mes

Page 3: PLENO 05 DE NOVEMBRO DE 2015

de maio) e que durante o curso escolar poderanse recoller inscricións en calquera momento sempre que haxa prazas dispoñibles. Así mesmo se inclúe un novo parágrafo que especifica que “coa periodicidade que se determine, ó longo do período de prestación do servicio, deberáse presentar documentación acreditativa de continuar reunindo os requisitos para a sús admisión (certiticado de empresa o de continuar traballando ou outros”. O Pleno Municipal, por unanimidade dos Sres. asistentes acorda: 1º.- Prestar aprobación ó Regulamento regulador do Servicio da Escola de Ocio e Tempo Libre e Escola de Verán do Concello de Ribadumia 2º.- Que se expoña ó público o mesmo polo prazo dun mes ós efectos de presentación de reclamacións; e 3º.- Que no caso de non presentarse reclamación algunha contra o mesmo considerarase definitivamente aprobado, debendo procederse á publicación íntegra do seu contido no B.O.P. REGULAMENTO DA ESCOLA DE OCIO E TEMPO LIBRE E ESCOLA DE VERÁN DO CONCELLO

DE RIBADUMIA Artigo 1.- OBXECTIVOS Con este programa preténdese conciliar a vida familiar, laboral e persoal das familias de Ribadumia, e ofrecer unha alternativa ós nenos para disfrutar do tempo libre, dende unha perspectiva de aprendizaxe cooperativo e fomento da educación en valores, a través de distintas actividades de ocio e tempo libre. - Garantir a atención dos nenos por persoal cualificado. - Organizar o tempo dos nenos e nenas para que xunto cos seus compañeiros desenvolvan a súa autonomía, comunicación e socialización. - Ofrecer aos nenos un espazo e un horario adecuado para o xogo e o tempo libre, baseado en valores de igualdade, respecto, tolerancia, cooperación, convivencia, educación en igualdade... Artigo 2. FUNCIONAMENTO A Escola de Ocio e Tempo Libre desenvolveráse durante o curso escolar cos seguinte horario:

- De luns a venres (excepto festivos): de 16,00 a 20,00 horas

A Escola de Verán desenvolveráse durante el período de vacacións estivais - De luns a venres (excepto festivos): de 8,00 a 15, 00 horas

Artigo 3. Beneficiarios da Escola de Ocio e Tempo Libre e da Escola de Verán A Escola de Ocio e Tempo Libre e a Escola de Verán están dirixidas ós nenos e nenas que residan no Concello de Ribadumia, a partires de 3 anos que estean en idade escolar (ata a ESO), e que traballen tanto o pai como a nai e estén empadronados no Concello de Ribadumia.

Artigo 4.- Tramitación de acceso ós servicios- Inscripcións

A petición de admisión realizarase cubrindo o impreso que se Ile facilitará nas oficinas municipais no período de inscrición. Os períodos de inscripción determinaráse segundo o período para o que se solicite:

Page 4: PLENO 05 DE NOVEMBRO DE 2015

- Para a escola de ocio durante, o período de inscripción será de quince días, a determinar, dentro do mes de agosto.

- Para a Escola de Verán, o período inscripción será de quince días, a determinar, dentro do mes de maio.

O número máximo de prazas dispoñibles faráse público no momento de apertura do prazo de inscripción.

Durante o curso escolar poderanse recoller inscricións en calquera momento, sempre que haxa prazas dispoñibles.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, achegando xunto con ellas fotocopia da seguinte documentación, debidamente compulsada: a) Fotocpia do DNI do pai e da nai. b) Certificado de convivencia, debendo figurar al menos un dos pais empadroados no Concello de Ribadumia. c) Contratos laborais do pai e da nai, da última nómina ou recibo de autónomos, no seu caso. d) Certificación bancaria. d) Autorización para domiciliación bancaria dos recibos correspondentes ó servicio. f) No caso de existir divorcio ou separación dos pais, documentación que acredite tal circuntancias, ó efectos de aportación da documentación de só o progenitor có que conviva o neno. g) Fotocopia da tarxeta de asistencia sanitaria do neno. No caso de padecer algunha enfermidade que poida interferir no desenrola das actividades realizadas na Escola de Ocio e Tempo Libre, deberán aportar o correspondente certificado médico.

A lista de admitidos confeccionarase por orde de presentación de instancias, dos solicitantes que reúnan tódolos requisitos na data de finalización do prazo de inscripción. A devandita lista estará exposta ó público por espacio de cinco días hábiles no tablón de anuncios do Concello, a fin de que poida examinarse a mesma e presentar as reclamacións que se estimen convenientes.

Unha vez cuberto o número máximo de prazas dispoñibles, cas restantes solicitudes elaboraráse unha lista de espera, por orde de presentación

Durante o curso escolar, no caso de producirse vacantes, admitiráse ós nenos incluídos na lista de espera, seguindo o orde da mesma, sempre que se xustifique cumprir os requisitos necesarios para a súa admisión. Coa periodicidade que se determine, ó longo do período de prestación do servicio, poderáse requeria a presentación da documentación acreditativa de continuar reunindo os requisitos esixidos para a súa admisión (certificado de empresa de continuar traballando ou outros) Artigo 5. Dereito de admisión O Concello e o centro reservan para sí o dereito de admisión e de exclusión temporal ou definitiva dos nenos usuarios do Programa cando reúnan unha seria de características específicas que requiran un tratamento para o cal os moniatores de ocio e tempo libre contratados para este fin non se

Page 5: PLENO 05 DE NOVEMBRO DE 2015

atopen capacitados. Algunhas das causas de inadmisión serán:

- Nenos que se comporten de forma incorrecta, que interfiran no normal desenvolvemento do servicio ou teñan problemas dunha normal convivencia cos outros nenos.

Antes de tomar a decisión de inadmisión ou exclusión por este motivo, darase sempre audiencia aos pais e nais ou aos titores dos menores, e realizaráse un aviso previo. - Nenos/as que polas súas características persoais requiran unha serie de coidados e atencións para os cales os monitores de ocio e tempo libre non se atopen capacitados. - Nenos/as que padezan algunha enfermidade infecto-contaxiosa ou requiran atención sanitaria especializada. − Por razóns que poidan poñer en risco a seguridade e integridade físico-psíquica tanto do propio neno como dos demais usuarios. Artigo 6. Actividades e contido da Escola de Tempo Libre As actividades que se desenvolverán no tempo libre son as seguintes: a) Xogos populares e cooperativos b) Manualidades e xogos de interior, segundo a época c) Actividades deportivas e de lecer en xeral Artigo 7. Cuotas pola utilización do servizo As cotas, son as establecidas na ordenanza fiscal reguladora do devandito servicio. Artigo 8. Lugar de realización das actividades As actividades desenvolveranse nos espacios municipais que se determine polo Concello, segundo o tipo de actividade a realizar e o período do ano de que se trate. Artigo 9. Extinción dos servizos 1. Serán causas de baixa nos servizos: - O incumprimento dos requisitos establecidos. - A solicitude dos pais, nais ou representantes legais.

- A falta de pagamento da cota establecida.

A tal efecto, en caso de falta de pago, requeriráse ó pai/nai ou tutor para que proceda ó pago da cuota correspondente, concedéndole un prazo para o seu ingreso.- Se transcorrido o prazo non se efectúa o pagamento, notificaráselle a baixa do alumno no servicio. - A comprobación da falsidade nos documentos ou datos achegados,con independencia das infraccións administrativas e/ou penais que a devandita conduta constitúa. - A falta de asistencia continuada durante un mes completo sen causa xustificada. DISPOSICIÓN FINAL Ünica: Este Regulamento, que consta de nove artigos, entrara en vigor tras a súa aprobación definitiva, unha vez publicada integramente no Boletin Oficial da Provincia e transcorrido o prazo a que se refire o art. 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, de bases do réxime local e estará en vigor en tanto non se acorde a derogación do mesmo. 5º.- APROBACIÓN DE ORDENANZA PARA APROVEITAMENTOS ESPECIAIS DA

Page 6: PLENO 05 DE NOVEMBRO DE 2015

VÍA PÚBLICA CON CAIXEIROS AUTOMÁTICOS E OUTROS ELEMENTOS ANÁLOGOS CON ACCESO DIRECTO DENDE A VÍA PÚBLICA.- Dase conta da proposta de Ordenanza para aproveitamentos especiais da vía pública con caixeiros automáticos e outros elementos análogos adosados ó edificios e con acceso directo dende a vía pública. Explícase o contido da devandita ordenanza e a Sra. Peña Muñiz manifesta que si é só para entidades financieiras van a votar a favor. O Pleno Municipal, por unanimidade dos Sres. asistentes acorda: 1º.- Prestar aprobación á Ordenanza para aproveitamentos especiais da vía pública con caixeiros automáticos e outros elementos análogos adosados ó edificios e con acceso directo dende a vía pública. 2º.- Que se expoña ó público o mesmo polo prazo dun mes ós efectos de presentación de reclamacións; e 3º.- Que no caso de non presentarse reclamación algunha contra a mesma considerarase definitivamente aprobada, debendo procederse á publicación íntegra do seu contido no B.O.P. ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR APROVEITAMENTOS ESPECIAIS DA VÍA PÚBLICA CON CAIXEIROS AUTOMÁTICOS E OUTROS ELEMENTOS ANÁLOGOS ADOSADOS

ÓS EDIFICIOS E CON ACCESO DIRECTO DENDE A VÍA PÚBLICA.

ARTIGO 1º. NATUREZA, OBXECTO E FUNDAMENTO En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do real Decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas Locais, e artigo 331 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia, este Concello establece a taxa por aproveitamentos especiais da vía pública con caixeiros automáticos e outros elementos análogos, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, as normas da cal atenden ó prevido nos artigos 57 e 20.3 do citado real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas Locais. ARTIGO 2º. FEITO IMPOÑIBLE Son obxecto desta ordenanza os aproveitamentos da vía pública e terreos de dominio público con caixeiros automáticos e demais aparatos de que se serven as entidades financeiras para prestar os seus servizos, e outros análogos, achegados ós edificios, por implicar un aproveitamento especial da vía pública ou unha especial intensidade de uso da mesma, en caso de goce de espazos sen pechar, abertos ó uso público. A ordenanza non será de aplicación ós casos de caixeiros sitos en espazos delimitados por elementos

Page 7: PLENO 05 DE NOVEMBRO DE 2015

permanentes de peche. ARTIGO 3º. OBRIGADOS Ó PAGAMENTO Están obrigados ó pagamento das taxas reguladas nesta ordenanza: 1) As persoas físicas ou xurídicas beneficiarias da utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público ou a quen afecte ou beneficie, persoalmente ou nos seus bens, os servizos ou actividades públicos que constitúan o seu feito impoñible e en calquera caso, a entidade titular do caixeiro automático. 2) Se é o caso, terán a consideración de suxeitos pasivos as herdanzas xacentes, comunidades de bens e demais entidades que, carentes de personalidade xurídica, constitúan unha unidade económica ou un patrimonio separados susceptible de imposición. 3) Os beneficiarios dun aproveitamento continuado que figuren no correspondente padrón, en tanto non presenten a baixa, aínda no caso de que cesasen no aproveitamento, mesmo cando o cesamento no dito aproveitamento se deba a causas non imputables ó contribuínte. ARTIGO 4º. TARIFAS A contía das taxas reguladas nesta ordenanza será: Por unidade de caixeiro automático, ó ano: 500,00.-€ Establécese a obriga, a efectos de practicar a correspondente liquidación, de declarar perante a Administración tributaria a instalación e a desinstalación do caixeiro. ARTIGO 5º. OBRIGACIÓN DE PAGAMENTO A obrigación de pagamento das taxas reguladas nesta ordenanza nace no momento de obter a preceptiva licenza ou ó comezar o aproveitamento especial, coa instalación do correspondente caixeiro. A preceptiva licenza deberá obterse da Administración municipal previamente ó exercicio do aproveitamento. Para os caixeiros exteriores xa existentes e que conten coa licenza municipal, comezarán a aboar a tarifa dende a entrada en vigor desta ordenanza. ARTIGO 6º. NORMAS DE XESTIÓN 1. Para gozar dos aproveitamentos especiais e utilizacións privativas da vía pública, as persoas interesadas deberán solicitar a oportuna licenza. En todo caso estes aproveitamentos axustaranse segundo o disposto no regulamento de bens das entidades locais aprobado polo real decreto 1372/86. 2. O aproveitamento entenderase prorrogado mentres non se presente baixa debidamente xustificada polo interesado. A tal fin, os suxeitos pasivos deberán presentar a oportuna declaración no prazo dun mes seguinte a aquel no que se retire a instalación. As declaracións de baixa dos aproveitamentos prorrogados ou continuados producirán efectos no ano seguinte a aquel en que fosen

Page 8: PLENO 05 DE NOVEMBRO DE 2015

formuladas. ARTIGO 7º. PERÍODO IMPOSITIVO E DEVENGO 1. O período impositivo comprenderá o ano natural, salvo nos supostos de inicio ou cese do aproveitamento especial, en cuxo caso, o período impositivo se axustará a esta circunstancia co conseguinte prorrateo da cota, calculándose as tarifas proporcionalmente ó número de trimestres naturais que resten para finalizar o ano, incluído o do comezo do aproveitamento especial. Así mesmo, e no caso de baixa por cesamento do aproveitamento, as tarifas serán prorrateables por trimestres naturais, excluído aquel no que se produza o dito cesamento. A tal fin os suxeitos pasivos poderán solicitar a devolución da parte da cota correspondente ós trimestres naturais nos que non se producira o aproveitamento citado. 2. O Concello procederá a xirar anualmente a liquidación tributaria que corresponda. o pagamento da taxa se realizará por ingreso directo na tesourería municipal, ou nas entidades bancarias que establecese o Concello. DISPOSICIÓN COMPLEMENTARIA Para todo o non previsto expresamente nesta ordenanza será de aplicación directa a regulación contida nos artigos 20 a 27 do real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas Locais, e demais normas concordantes de réxime local, e subsidiariamente os artigos 24 a 27 da Lei 8/1989, do 13 de abril, de taxas e Prezos Públicos, e preceptos concordantes da Lei Xeral tributaria e da Lei Xeral Presupostaria. DISPOSICIÓN FINAL A presente ordenanza entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín oficial da Provincia de Pontevedra. 6º.- ACTUALIZACIÓN DE DIVERSAS TAXAS MUNICIPAIS.- Dase conta da proposta da Alcaldía na que consta que realizada revisión de distintas Ordenanzas fiscais aprobadas con anterioridade, algunhas delas hai máis de 10 ou 20 anos, en principio, detectouse a necesidade de actualización das mesmas nuns casos para determinar o seu importe en euros e, noutros casos, para adaptalas polo tempo transcorrido dende a súa aprobación ou realizar pequenas modificacións nas tarifas, no que respecta á aprobación de bonos, períodos de devengo e outros. Propónse a modificación consistente en fixar as tarifas en euros das seguintes ordenanzas: Ordenanza fiscal por instalación de barracas, atraccións, etc; Ordenanza fiscal pola instalación de vallas, andamios e outros; Ordenanza fiscal pola instalación de quioscos e outros; Ordenanza fiscal regualdora da instalación de mesas e cadeiras na vía pública; Ordenanza fiscal pola colocación de carteis publicitarios, pancartas, etc; Ordenanza fiscal reguladora da instalación de

Page 9: PLENO 05 DE NOVEMBRO DE 2015

vados.- A Sra. Peña Muñiz manifesta que neste apartado da orde do día o seu grupo vai votar a favor xa que só se trata de adecuar as tarifas xa existentes. O Pleno Municipal, por unanimidade dos Sres. asistentes acorda: 1º.- Prestarlle aprobación á modificación das Ordenanzas que se indican, quedando establecida nas tarifas seguintes: 2º.- Que se expoña ó público a devandita modificación de Ordenanzas fiscais, polo prazo dun mes ós efectos de presentación de reclamacións; e 3º.- Que no caso de non presentarse reclamación algunha contra dita norma, considerarase definitivamente aprobada, debendo procederse á publicación integra do seu contido no Boletín Oficial da Provincia. ORDENANZA FISCAL POR INSTALACIÓN DE BARRACAS, ATRACCIÓNS, ETC. Se modifica o artigo __ que establece as tarifas a aplicar, pasándose a quedar redactado da seguinte forma:

En solo urbán: 6,01 €/m2 En solo rústico: 6,01 m/2

ORDENANZA FISCAL POLA INSTALACIÓN DE VALLAS, ANDAMIOS E OUTROS Se modifica o artigo __ que establece as tarifas a aplicar, pasándose a quedar redactado da seguinte forma:

En solo urbán: 24, 94 €/m2 en solo rústico: 9,35 € m/2

ORDENANZA FISCAL POLA INSTALACIÓN DE QUIOSCOS E OUTROS Se modifica o artigo __ que establece as tarifas a aplicar, pasándose a quedar redactado da seguinte forma:

En solo urbán: 24, 94 €/m2 − En solo rústico: 3,07 € m/2

Page 10: PLENO 05 DE NOVEMBRO DE 2015

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA INSTALACIÓN DE MESAS E CADEIRAS NA VÍA PÚBLICA

− En solo urbán: 24,94 €/ m2/ trimestre − En solo rústico: 9,35 €/m2/ trimestre

ORDENANZA FISCAL POLA COLOCACIÓN DE CARTEIS PUBLICITARIOS, PANCARTAS, ETC.

− En solo urbán: 0,15 € m2/ día − En solo rústico: 0,15 € m2/día

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA INSTALACIÓN DE VADOS Tarifa 1ª.- -En solo urbán: 8,29 €/ml/ano -En solo rústico: 3,07 €/ml/ano Tarifa 2ª.- Vados con dereito a reparación, lavado de vehículos

− En solo urbán: 16,59 € /ml/ano − En soloc rústico: 6,13 €/ ml/ ano

Tarifa 3ª.- Vados en locais de venda, exposición, reparación de coches, lavados e engrases.

− En solo urbán: 24,94 € /ml/ano − En soloc rústico: 9,35 €/ ml/ ano

Tarifa 4ª.- Vados con “carga e descarga”

− En solo urbán: 33,24 € /ml/ano − En soloc rústico: 12,42 €/ ml/ ano

Tarifa 5ª.- Reserva de espacios de prohibido aparcar

− En solo urbán: 41,53 € /ml/ano − En soloc rústico: 15,48 €/ ml/ ano

6º.1.- ACTUALIZACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA UTILIZACIÓN DO XIMNASIO MUNICIPAL DAS INSTALACIÓNS NÁUTICAS.- A continuación dase conta da proposta de modificación da Ordenanza fiscal reguladora da Taxa pola Utilización do Ximnasio das instalacións náuticas, dando lectura á proposta que se

Page 11: PLENO 05 DE NOVEMBRO DE 2015

formula e indicándose que as modificacións consisten, básicamente: − Na regulación dun bono familiar (ademáis do xa previsto actualmente) por importe de

50 euros mensuais para familiares de segundo grado (para pais/fillos e avós que convivan no mesmo domicilio).

− Ademáis propónse que se articulará un sistema de bonos co seguinte desglose: − Para usuarios veciños de Ribadumia: deberán adquirir un mínimo de 5 bonos, a

3 euros sesión. − Para usuarios de fora de Ribadumia: Deberán adquirir un mínimo de 5 bonos, a

4 euros sesión.- Estes bonos terán unha validez de 3 meses. Toma a palabra a Sra. Peña Muñiz para manifestar que na Comisión Informativa o seu grupo pidiu que se fixeran algunhas modificacións e non se aceptaron e posteriormente se ten feito outras modificacións á proposta inicial e se lles mandaron no día de hoxe; propuxeron tamén entradas diarias e non se recolle.- O Sr. Alcalde indica que a entrada diaria non é factible porque suporía ter unha persoa só para dar as entradas; que se fora unha demanda importante se estudiaría, pero ter unha persoa só para vender un par de entradas é inviable e o monitor non pode facer esa labor, así que non ten xustificación soportar ese gasto.- A Sra. Rey Pérez dí que se buscou a fórmula para que o bono diario non salga máis barato que coller o bono mensual A Sra. Peña Muñiz toma novamente a palabra e manifesta que se podería estudiar e insiste en que están modificándose as propostas despois da Comisión Informativa; nun principio se proponían mínimos de 10 bonos a 2 € e a 3€ respectivamente para usuarios veciños de Ribadumia ou de fora de Ribadumia; na Comisión se propuxo mínimos de 5 bonos a 2 € e a 3€ respectivamente e agora se trae outra modificación e é unha falta de seriedade. Rematadas as intervencións o Pleno Municipal, por maioría de sete votos a favor (I.R.; PSdeG-PSOE e Somos Ribadumia) e cinco abstencións (P.P.) acorda: 1º.- Prestar aprobación á modificación da Ordenanza Fiscal Reguladora da Taxa pola utilización do ximnasio municipal das instalacións náuticas. 2º.- Que se expoña ó público a devandita modificación da Ordenanza Fiscal, polo prazo dun mes ós efectos de presentación de reclamacións; e 3º.- Que no caso de non presentarse reclamación algunha contra dita norma, considerarase definitivamente aprobada, debendo procederse á publicación integra do seu contido no Boletín Oficial da Provincia.

TEXTO DA MODIFICACIÓN: Modifícase o artigo 6º, que regula as tarifas, quedando redactado da seguinte forma:

Page 12: PLENO 05 DE NOVEMBRO DE 2015

TARIFAS APLICABLES.

Tarifa individual:

Para usuarios veciños de Ribadumia:

a) Para período de 1 mes: 28 €

b) Para períodos de 3 meses: 25 €/mes (75 €/ total período)

c) Para períodos de 6 meses: 22 €/mes (132 €/ total período)

d) Para períodos de 1 ano: 20 €/mes (240 €/ total período)

Para usuarios que non sexan veciños de Ribadumia:

a) Para período de 1 mes: 38 €

b) Para períodos de 3 meses: 35 €/mes (105€/ total período)

c) Para períodos de 1 ano: 30 €/mes (360€/ total período)

Bonos familiares

Para usuarios veciños de Ribadumia:

a) Para período de 1 mes: 35 €/ mes (para pais / fillos)

b) Para perído de 1 mes: 50 €/mes (para pais/ fillos e avós que convivan no mesmo domiclio)

Maiores de 65 anos: 15 €/mes Socios do Club Náutico “O Muíño”: 15 €/mes Articularáse un sistema de bonos, co seguinte desglose: Para usuarios veciños de Ribadumia: Deberán adquirir un mínimo de 5 bonos, a 3 euros sesión. Para usuarios de fora de Ribadumia: Deberán adquirir un mínimo de 5 bonos, a 4 euros sesión. A duración dos bonos será de 3 meses 7º MOCIÓN DO P.P. SOBRE “LABORES DE RECUPERACIÓN DO MONTE DO

Page 13: PLENO 05 DE NOVEMBRO DE 2015

CASTRO” 8º.- MOCIÓN DO EQUIPO DE GOBERNO SOBRE “LIMPEZA E DEPURACIÓN DA RÍA DE AROUSA” 9º.- MOCIÓN DO EQUIPO DE GOBERNO A FAVOR DA LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. 10º.- DAR CONTA DA SITUACIÓN DE DIVERSAS INSTALACIÓN E SERVICIOS MUNICIPAIS. 11º.- ROGOS E PREGUNTAS.-