TEMA 2 Diversidade climática

download TEMA 2  Diversidade climática

of 18

Transcript of TEMA 2 Diversidade climática

  • 8/10/2019 TEMA 2 Diversidade climtica

    1/18

    A diversidade climtica . Xeografa de Espaa, 2 de Bacharelato. IES Antn Losada. 1

    TEMA 2- Diversidade climtica

    ESQUEMA DA UNIDADE2.1. Factores xeogrficos e termodinmicos do clima.2.2. Tipos de tempo.2.3. Dominios climticos: atlntico, mediterrneo, de interior, de montaa, subtropical.

    TEMA (pregunta terica) Factores xeogrficos e termodinmicos que inflen no clima de Espaa.

    - Factores xeogrficos: latitude, situacin, influencia do mar, relevo.- Factores termodinmicos: en altura (Jet Stream) e en superficie (centros deaccin, masas de aire, frontes).

    PRCTICOS- Mapas do tempo en superficie: adveccin do Oeste e anticicln de vern.- Mapas de temperaturas e precipitacins medias.

    - Mapa dos climas de Espaa.- Climogramas: anlise de temperaturas, precipitacins e aridez; factores que inflenno clima; influencia no medio; tipos de climas e localizacin xeogrfica dos mesmos.

    VOCABULARIO Aridez / Barlovento / Inversin trmica / Isbara / Isohieta / Umbria (6)

  • 8/10/2019 TEMA 2 Diversidade climtica

    2/18

  • 8/10/2019 TEMA 2 Diversidade climtica

    3/18

    A diversidade climtica . Xeografa de Espaa, 2 de Bacharelato. IES Antn Losada. 3

    continentalidade tamn responsable das menores precipitacins no interior, ags nasmontaas.1.4. O Relevo:a) A disposicin do relevo peninsular ten distintas repercusins: Os sistemas montaosos paralelos costa frean a influencia do mar, que s penetra con

    claridade polo val do Guadalquivir. A posicin (oeste-leste) da

    maiora dos relevos montaosos,favorece a entrada de masas deaire martimas do oeste. Nonobstante, o carcter macizo daPennsula fai que dimina a saactividade ao penetrar no interiore que as sas temperaturas seextremen. A disposicin dasmontaas, en relacin coadireccin dos ventos, provoca a

    aparicin do efecto Foehn naszonas situadas a sotavento(vertente contraria ao sentido dos ventos), subindo as temperaturas e a sequidade.

    As concas pechadas por montaas, como as depresins do Douro e do Ebro, teenprecipitacins escasas (as masas de aire descargan a sa humidade nos sistemasmontaosos que as bordean, a barlovento) e nboas frecuentes, causadas poloestancamento do aire.

    b) A altitude fai diminur as temperaturas (aproximadamente, 0,5/0,6 C por cada 100metros en ascenso) e determina precipitacins orogrficas nas ladeiras de barlovento(vertente orientada no sentido dos ventos), precipitacins ocultas (xeadas e orballo) eprecipitacins horizontais (producidas polas nubes estancadas nas abas).Case un 50% do territorio espaol supera os 600 metros de altitude, e cerca dunhaquinta parte sobrepasa os 1.000metros. Na submeseta norteacdanse en invernotemperaturas mnimas inferiores amoitas terras do centro e norte deEuropa.

    c) A orientacin crea contrastesclimticos entre os solleiros (zona da montaa orientada carao sur, recibindo o sol de cheo) e oavesedo umbra - (vertenteorientada ao norte, mis fra e hmida).

    2.- FACTORES TERMODINMICOSOs factores termodinmicos do clima son os responsables da circulacin atmosfrica ousucesin de masas de aire e presins, que determinan os distintos tipos de tempoatmosfrico e de clima. A Pennsula e Baleares estn situadas nas latitudes intermedias,baixo o influxo das borrascas atlnticas e o anticicln das Azores. As borrascas teen maiorpresencia entre o outono e a primavera, cando as latitudes altas do Planeta reciben unhamenor radiacion solar e as masas de aire fro desprzanse cara o sur. O anticicln das

    Azores adquire maior importancia no vern, cando as masas de aire tropical reciben maior

    radiacin solar e desprzanse cara o norte. A circulacin atmosfrica est rexida en altura pola corrente en chorro e, en superficie, poloscentros de accin, as masas de aire e as frontes.

  • 8/10/2019 TEMA 2 Diversidade climtica

    4/18

    A diversidade climtica . Xeografa de Espaa, 2 de Bacharelato. IES Antn Losada. 4

    2.1 A Circulacin en Altura: a Corrente en ChorroNa zona temperada na que se sitao territorio espaol, a circulacinatmosfrica en altura est dirixidapola corrente en chorro ou jetstream . Trtase dunha forte correntede vento, de estrutura tubular, quecircula en direccin oestelesteentre os nove e os oncequilmetros de altitude . O chorrosepara as baixas presins que haisobre o polo en altura, que quedan esquerda da sa traxectoria, dasaltas presins tropicais, situadas sa dereita.

    A corrente en chorro a responsabledo tempo en superficie. Estedepende das variacins que

    experimenta a velocidade dacorrente e dos seus desprazamentosestacionais: A velocidade da corrente variable. Cando circula rpido (a mis de 150 km/h), ten un

    trazado case zonal (oeste-leste), con suaves ondulacins, que corresponden ensuperficie coa fronte polar e as sas borrascas. Pero cando a sa velocidade dimine,describe profundas ondulacins: cristas ou dorsais que orixinan altas presins e vales ouvalgadas que orixinan baixas presins. Ambas as das reflctense en superficie e danlugar a anticiclns e borrascas dinmicas. As ondulacins, que poden chegar adesprenderse do chorro principal, permtenlle ao aire polar penetrar moi ao sur, e aotropical desprazarse cara o norte, o que lle d gran variabilidade ao tempo na zona

    temperada. Os desprazamentos estacionais do chorro en latitude determinan que afecte ao

    territorio espaol principalmente en inverno, mentres que en vern se traslada cara alatitudes mis setentrionais e, polo xeral, s incide na franxa cantbrica peninsular.

    2.2. A Circulacin en Superficie: centros de accin, masas de aire e frontesa) Os centros de accin son reas de altas e baixas presins. A presin atmosfrica o

    peso do aire sobre unha unidade de superficie. Mdese en milibares (mb) mediante obarmetro e represntase nos mapas do tempo mediante as isbaras ou lias que unenpuntos con igual presin. Nestes mapas, as isbaras van de 4 en 4 mb. A presin normal de 1.013,5 mb, anda que nos mapas do tempo adoite considerarse un valor de 1.016mb.Unha alta presin ou anticicln unha zona de altas presins rodeada por outraspresins mis baixas. Os ventos circulan ao seu arredor no sentido das agullas doreloxo. Produce tempo estable. Unha baixa presin , depresin, borrasca ou cicln unha zona de baixas presins rodeada doutras de presin mis alta. Os ventos circulanao seu arredor no sentido contrario ao das agullas do reloxo. Produce tempo inestable,frecuentemente chuvioso.

    Pola sa orixe, os centros de accin poden ser trmicos ou dinmicos: Un anticicln trmico frmase cando unha masa de aire arrefra: o aire fro pesa mis,

    descende e exerce unha alta presin. Unha baixa trmica frmase cando o aire sequenta: o aire quente pesa menos, elvase e exerce unha baixa presin.

    Os centros de accin dinmicos frmanse en determinadas zonas nas que en altura acorrente en chorro forma cristas (reas anticiclnicas) ou valgadas (reasdepresionarias), que se reflicten en superficie.

  • 8/10/2019 TEMA 2 Diversidade climtica

    5/18

    A diversidade climtica . Xeografa de Espaa, 2 de Bacharelato. IES Antn Losada. 5

    Os centros de accin que dirixen a circulacin sobre a Pennsula son:- Centros de accin anticiclnico: o anticicln das

    Azores, que no vern desprzase cara ao norte eno inverno cara ao sur; os anticiclns polaresatlnticos; o anticicln escandinavo, e osanticiclns trmicos do continente europeo e dointerior da Pennsula, formados poloarrefriamento do chan no inverno. - Centros de accin depresionarios: a depresinde Islandia; a depresin do golfo de Xnova,formada cando porcins de aire fro continentaleuropeo chegan ao Mediterrneo, mis clido ehmido, e as depresins trmicas do norte de

    frica e do interior peninsular formadas poloquentamento do chan en vern.b) As masas de aire son porcins de aire

    cunhas caractersticas determinadas detemperatura, humidade e presin. Estascaractersticas adqurenas nas sas rexinsde orixe, tamn chamadas rexinsmananciais. Debido latitude do territorioespaol, as rexins mananciais das queproceden as masas de aire que lle afectanson a zona rtica (A), a zona polar (P) e azona tropical (T). As das primeiras danlugar a masas de aire fras e a terceiraorixina masas de aire clidas. Nos trescasos, e dependendo da superficie darexin de orixe, poden ser masas de aire

    martimas hmidas (m) ou masas de airecontinentais (c). As caractersticasorixinais pdense modificar se as masasde aire percorren grandes distancias

    c) As frontes son superficies que separandas masas de aire de caractersticasdistintas. Polo tanto, a ambos os douslados dunha fronte prodcese un cambiobrusco das propiedades do aire. A frontemis importante para o territorio espaol a fronte polar , que separa as masasde aire tropical e polar. As sasondulacins constiten as borrascas de das frontes, que provocan precipitacins.

  • 8/10/2019 TEMA 2 Diversidade climtica

    6/18

    A diversidade climtica . Xeografa de Espaa, 2 de Bacharelato. IES Antn Losada. 6

    II ELEMENTOS DO CLIMAPara determinar o clima dun lugar, deben realizarse observacins peridicas do estado daatmosfera. Estes aspectos observables e cuantificables da atmosfera constiten oselementos do clima.1.- Insolacin e nubosidade.Dado que o sol o motor do clima, importa moito analizar a cantidade de enerxa solar querecibe un lugar. A insolacin a cantidade de radiacin directa que recibe unha unidade desuperficie horizontal. No estado espaol, pola sa latitude, supranse as 2.000 horas de solao ano. Non obstante, existen marcados contrastes entre a cornixa cantbrica, que nonacada os valores medios, e as reas de elevada insolacin como o sueste peninsular eCanarias. A insolacin directa est inversamente relacionada coa nubosidade, e dicir, amaior nubosidade menor insolacin.2.- Temperatura do aire

    A temperatura o grao de calordo aire. Mdese en graoscentgrados (C) mediante o

    termmetro. Nos mapasrepresntase medianteisotermas ou lias que unen ospuntos de igual temperatura.

    As temperaturas medias sonmis suaves preto do mar edescenden cara o interior, carao norte e coa altura. Aspectosimportantes das temperaturasen relacin co clima son aamplitude trmica anual e asxeadas.

    A amplitude trmica anual ouoscilacin trmica anual adiferenza entre a temperaturamedia do mes mis clido e ado mes mis fro. No estadoespaol, as amplitudestrmicas mis baixas danse en Canarias e nas costas, especialmente nas do nortepeninsular.

    As xeadas prodcense cada vez que a temperatura do aire baixa de 0 C. Poden ser deirradiacin, polo arrefriamento do solo que se transmite ao aire que est en contacto con el,ou de aveccin, pola chegada dunha masa de aire moi fra. No estado espaol, o menornmero de xeadas dse nas costas (a influencia do mar suaviza as temperaturas), e omaior, na submeseta norte, sistemas montaosos e o val do Ebro, onde en inverno sonfrecuentes as inversins trmicas.3.- Humidade do aire, nboa e o calixeiro

    A humidade do aire a cantidade de vapor de auga que contn este, procedente daevaporacin. Depende da proximidade ao mar e da temperatura (dimine cando aumenta atemperatura). No estado espaol suprase a media do 70% anual nas reas costeiras e nasubmeseta norte, aqu con acusadas variacins entre os mximos invernais e os mnimosestivais.

    A humidade relativa a cantidade de vapor de auga que contn unha masa de aire, enrelacin coa humidade mxima que podera conter sen saturarse e condensarse. Exprsaseen tantos por cen.

  • 8/10/2019 TEMA 2 Diversidade climtica

    7/18

    A diversidade climtica . Xeografa de Espaa, 2 de Bacharelato. IES Antn Losada. 7

    Un dos termos mais usados en meteoroloxa e en partes meteorolxicos o dehumidade relativa ambiente.Anda que o escoitamos a diario na televisin e na radio poucos sabemos o que isto significa. O terminohumidade relativa ambiente vn significar nada mais que a capacidade que ten o aire de absorber mais humidade.Supoamos que nun parte meteorolxico escoitas humidade relativa ambiente: 40%. Isto quere dicir que, dahumidade posible que puidese ter o aire coas condicins imperantes nese momento (presin e temperatura), sten o 40%.Cando a humidade relativa chega ao 100% acdase o que se coece como punto de saturacin. Como todomaterial, o aire tamn ten un lmite para absorber humidade. Imaxnate que derramaches un vaso con auga sobrea mesa e qurelo secar cun trapo. Dependendo de que material estea feito o trapo, poder absorber maishumidade que outro doutro material, pero chega un momento en que xa non pode recoller mais auga e debes deescorrelo. O mesmo sucede co aire, e cando se alcanza este punto, non ten mais capacidade para seguir recibindohumidade, e o vapor de auga condnsase, ocasionando fenmenos coma o orballo, a nboa, brtema ou asxeadas.

    http://www.meteorologiaenred.com/humedad-relativa.html

    A nboa un tipo diferente de nubosidade, que xeralmente non se forma por ascensin doaire. a suspensin de diminutas pingas de auga na capa inferior da atmosfera, que limita avisibilidade a menos dun quilmetro. Prodcese cando pola gran humidade o airecondnsase na capa inferior da atmosfera. As das causas mis habituais de formacin danboa son a adveccin e a irradiacin. Nboa por adveccin prodcese pola chegada de masas de aire clidas e hmidassobre un solo fro, o que xenera a condensacin do vapor de auga, ou ben de masas de

    aire fro sobre un solo mis clido e moi hmido, coma un encoro ou un ro. Nboa por irradiacin prodcese pola perda de calor do chan por irradiacin nocturna,

    propia do inverno, acada o punto de xeada e, por iso, a condensacin do vapor.O calixeiro unha bruma seca que reduce a visibilidade. Prodcese nas capas baixas daatmosfera pola presenza de gran cantidade de partculas moi finas de po. Frmase naszonas secas en vern, en situacin anticiclnica, cando os solos estn resecos e aspartculas de po que conteen poden ser elevadas, e mantidas en suspensin no aire pormovementos de carcter ascendente ocasionados polo continuo e intenso quentamento dosolo.4.- Presin atmosfrica e vento

    A presin atmosfrica depende das caractersticas dasmasas de aire que se sitan sobre a Pennsula ao longodo ano. En inverno dominan as altas presins, enoutono e primavera as baixas, e en vern novamente asaltas; anda que no interior prodcense baixas trmicaspor ascenso do aire debido ao quentamento do solo.Os ventos son movementos horizontais do aire enrelacin superficie terrestre. Prodcense comoconsecuencia das diferenzas de presin, e circulandende as altas s baixas presins. A Pennsula, polasa latitude, encntrase dentro do dominio dos ventosdo oeste ou poente, anda que no levante sonfrecuentes os ventos do leste, relacionados coas baixaspresins mediterrneas. Tamn existen numerososventos locais (cerzo, tramontana, alisios...). Asdiferenzas de presin orixinan tamn ventos alternantes,como as brisas marias e de montaa, que sopran caraa terra e a montaa polo da, e cara o mar e o val polanoite.5.- Precipitacins

    A condensacin o proceso polo que o vapor de auga atmosfrico se transforma en augalquida ou conxelada. O vapor de auga necesita un soporte material para condensarse.Normalmente son impurezas do aire, pero outras veces a auga condnsase sobre a

  • 8/10/2019 TEMA 2 Diversidade climtica

    8/18

  • 8/10/2019 TEMA 2 Diversidade climtica

    9/18

    A diversidade climtica . Xeografa de Espaa, 2 de Bacharelato. IES Antn Losada. 9

    - O ndice de Gaussen mide a aridez mensual. Un mes rido cando 2T>Pmm; dicircando o dobre da sa temperatura media maior ou igual que o total das sasprecipitacins en mm.

    - O ndice de Lautensach Meyer determina a aridez xeral dunha zona a partir do nmerode meses con dficit de auga (menos de 30 mm de precipitacins). Daquela flase dezona hmida (ningn mes rido). Zona semihmida (de 1 a 3 meses ridos). Zonasemirida (de 4 a 6 meses ridos). Zona semirida extrema (de 7 a 11 meses ridos).Zona rida (12 meses ridos).

    III. Tipos de tempo atmosfrico no territorio espaol As distintas configuracins atmosfricas(circulacin en altura e en superficie) danlugar a unha gran variedade de tipos detempo ao longo do ano.En funcin de que predominen as altas ou asbaixas presins diferenciamos entre tipo detempo ciclnico e anticiclnico. Os tipos ciclnicos caracterzanse por

    unha situacin atmosfrica inestable conventos mis ou menos fortes e abundantenubosidade e precipitacins.

    Os tipos anticiclnicos son osresponsables do tempo estable esoleado, anda que existen grandesdiferenzas de temperatura entre o invernoe o vern. Mentres en vern o ceo despexado sinnimo de altastemperaturas, durante o inverno aausencia de nubosidade soe iracompaada de xeadas nocturnas e denboas persistentes nos vales fluviais dointerior pennsular.

    A alternancia duns tipos de tempo ou outrose a sa distribucin ao longo do anocorrespndese coas variacins da circulacinxeral da atmosfera. En vern, as altas presins subtropicais

    ascenden en latitude e a fronte polar retrase caralatitudes mis setentrionais, polo que sernpredominantes as situacins anticiclnicas.

    Pola contra, en inverno os anticiclns subtropicaisretrense cara o sur e as borrascas da frontepolar chegan a latitudes mis meridionais,provocando inestabilidade con precipitacins.Porn, durante o inverno son igualmentefrecuentes as situacins anticiclnicas, algunhasdelas causadas polas baixas temperaturas dointerior continental ou a influencia dos anticiclnsdo Atlntico Norte.

    Nas estacins equinocciais (outono e primavera)

    mis frecuente o paso de perturbacins dafronte polar, e, polo tanto, os tipos de tempo ciclnicos.

  • 8/10/2019 TEMA 2 Diversidade climtica

    10/18

  • 8/10/2019 TEMA 2 Diversidade climtica

    11/18

    A diversidade climtica . Xeografa de Espaa, 2 de Bacharelato. IES Antn Losada. 11

    1.- Clima ocenico ou atlnticoO clima ocenico ocupa o norte da Pennsula, dicir, a cornixa cantbrica e Galiza.

    As precipitacins son abundantes e regulares .O total anual supera os 800 mm e os das dechuvia son mis de 150 ao ano. A sa

    distribucin ao longo do ano bastante regular,xa que son reas que se atopan baixo a continuaaccin das borrascas da fronte polar. As e todo,adoita darse un mximo de precipitacins eninverno, coincidindo coa maior frecuencia depaso de ditas borrascas, e un mnimo en vern,debido presenza do anticicln de Azores,desprazado ao norte. O mnimo relativo pode darlugar a un mximo de dous meses secos queindica a transicin ao clima mediterrneocontinentalizado. As chuvias caen de xeito suave, o que favorece a sa filtracin no solo.

    As temperaturas son suaves, e a amplitude trmica, baixa (menos de 15C), anda quecon diferenzas entre a costa e o interior. Na costa, a influencia do mar determina verns frescos (ningn mes ten temperatura

    media igual ou superior a 22C) e invernos moderados (a temperatura media do mesmis fro est entre 6C e 10C), de xeito que a amplitude trmica escasa (entre 9C-12C).

    Cara interior, ao diminur a influencia maria, a temperatura do inverno mis fra (pordebaixo dos 6C). Paralelamente, aumenta a amplitude trmica, que se sita entre os12C e os 15C.

    2.- Clima mediterrneo A rea do clima mediterrneo a mis extensa do territorio espaol. Comprende o territoriopeninsular ao sur da zona do clima ocenico, as Illas Baleares, Ceuta e Melilla.

    As precipitacins son escasas e irregulares. O total anual inferior a 800 mm. Adistribucin caracterzase pola seca de vern, motivada polo desprazamento cara norte do

    Anticicln de Azores nesta poca do ano e, secundariamente, pola accin do anticiclncontinental do norte de frica sobre o sur peninsular. Os mximos de precipitacins dnsenos equinocios, salvo nas zonas mis abertas influencia do Atlntico, onde teen lugar eninverno. As precipitacins caen en moitas ocasins en forma de fortes treboadas que,unidas a unha importante deforestacin das vertentes, causan unha profunda erosin dosolo.

    As temperaturas varan entre a costa e o interior e de norte a sur. Este clima presentavarios subtipos:2.1. Clima Mediterrneo MartimoO clima mediterrneo martimo comprende acosta mediterrnea peninsular (ags o sueste), acosta sudatlntica, o arquiplago balear, Ceuta eMelilla. Asprecipitacins son escasas (entre800 e 300 mm ao ano) e varan entre a costamediterrnea e a sudatlntica.- Na costa mediterrnea son menores porque

    as borrascas atlnticas son espordicas(ags no norte de Catalua) e chegan moimodificadas, pois perden a sa humidade aoatravesar a Pennsula e as barreirasmontaosas paralelas costa mediterrnea.

  • 8/10/2019 TEMA 2 Diversidade climtica

    12/18

    A diversidade climtica . Xeografa de Espaa, 2 de Bacharelato. IES Antn Losada. 12

    O mximo principal dse en outono, pola maior frecuencia da situacin do leste,tormentas e gotas fras, que teen a sa orixe nun Mediterrneo moi requentado novern.

    - Na costa sudatlntica, as precipitacins son mis abundantes, ao atoparse misafectada polo paso se borrascas atlnticas, sobre todo as formadas no SO peninsular eno golfo de Cdiz. O seu mximo principal dse en inverno ou en invernooutono.

    As temperaturas aumentan de norte a sur e presentan amplitudes medianas (12C15/16C), con verns que superan os 22C e invernos suaves pola influencia do mar (amedia do mes mis fro non baixa de 10 C).2.2. Clima Mediterrneo ContinentalizadoO clima mediterrneo continentalizadocomprende o interior peninsular, excepto a zonamedia do Val do Ebro. Caracterzase polo seuillamento das influencias martimas, o que lle dun carcter continentalizado.

    As precipitacins, tamn entre 800 e 300 mmanuais, presentan diferenzas notables.

    - No centro das depresins castels e do Ebroson menores, pois esta zona est encaixadaentre unidades de relevo. Presenta unmnimo secundario en inverno, pois o fro dosolo favorece ou reforza as situacinsanticiclnicas. O mximo ten lugar nosequinocios, sobre todo en primavera, candoson mis dbiles os anticiclns invernais epermiten a entrada das borrascas atlnticas.

    - No sector occidental do interior peninsular,as precipitacins son mis abundantes, polamaior frecuencia de paso das borrascasatlnticas. O mximo ten lugarprincipalmente en inverno.

    As temperaturas presentan amplitudes altas,superiores a 16C. En funcin das caractersticastrmicas, pdense distinguir os seguintessubtipos:- O subtipo da submeseta norte e terras altas

    de Guadalajara, Teruel e Cuenca, con vernsfrescos (media do mes mis clido inferior a22C) e invernos fros (media do mes misfro entre 6C3C), con frecuentes xeadas enboas.

    - O subtipo da submeseta sur e bordos do valdo Ebro, con verns calorosos (media domes mis clido igual ou superior a 22C) einvernos fros, anda que con menorincidencia de xeadas.

    - O subtipo de Extremadura e o interior de Andaluca, con verns moi calorosos einvernos moderados (mes mis fro entre 6Ce 10C).

  • 8/10/2019 TEMA 2 Diversidade climtica

    13/18

  • 8/10/2019 TEMA 2 Diversidade climtica

    14/18

    A diversidade climtica . Xeografa de Espaa, 2 de Bacharelato. IES Antn Losada. 14

    - As montaas do centro e sur, includas na rea mediterrnea (o resto das montaaspeninsulares), sofren unha notable reducin pluviomtrica en vern, que pode dar lugara un ou dous meses secos, e teen temperaturas estivais mis altas, superndose os22C nalgns sectores.

    4.- Clima de Canarias As illas Canarias constiten un dominio climtico

    orixinal debido influencia de variosfactores :- A sa situacin no extremo sur da zona

    temperada, en contacto co dominiointertropical e preto das costas africanas, faique se entrecrucen influencias variadas.Dominan as altas presins tropicais(anticicln de Azores) e o vento alisio donordeste, que d lugar a temperaturassuaves en inverno e en vern. Cando oanticiclns se despraza, d paso a borrascasatlnticas en inverno e ao aire sahariano envern.

    - A corrente de Canarias , entre as illas e ocontinente africano, arrefra as augassuperficiais mis do que lles correspondepola sa latitude e incrementa a estabilidadedo aire no vern.

    - O relevo fai diminur a temperatura eprovoca, nas vertentes expostas aos ventosalisios, cuantiosas precipitacins enebolosidade abundante (mar de nubes)

    A influencia de todos estes factores d lugar a untipo de clima caracterizado polos seguintestrazos:- As precipitacins son moi escasas nas

    zonas baixas. Nas illas occidentaisencntranse entre 300 e 150 mm ao ano(clima estepario ou subdesrtico); e enLanzarote, Fuerteventura e as terras baixas de Gran Canaria non alcanzan os 150 mmao ano (clima desrtico). Estes escasos valores dbense ao predominio do anticicln de

    Azores. O mximo ten lugar en inverno, debido s borrascas que chegan do Atlntico.Nas zonas altas , pola contra, as precipitacins poden chegar s 1.000 mm nasvertentes expostas ao alisio hmido e constante.

    - As temperaturas son clidas todo o ano nas zonas baixas , xa que ningn mes baixade 17C. Polo tanto, a amplitude trmica pequena (inferior a 8C). Nas zonas altas diminen as temperaturas.

  • 8/10/2019 TEMA 2 Diversidade climtica

    15/18

    A diversidade climtica . Xeografa de Espaa, 2 de Bacharelato. IES Antn Losada. 15

  • 8/10/2019 TEMA 2 Diversidade climtica

    16/18

    A diversidade climtica . Xeografa de Espaa, 2 de Bacharelato. IES Antn Losada. 16

    COMENTARIO DE MAPAS DO TEMPO E DE CLIMOGRAMAS

    1.- Comentario de mapas do tempo. O mapa de tempo en superficie

    Representa o estado da atmosfera nunmomento determinado, indicado nadata do mapa. Utiliza isbaras oulias que unen os puntos coa mesma

    presin atmosfrica.O comentario debe inclur:- A anlise dos centros de accin

    (anticiclns, borrascas e frontes):Hai que localizalosxeograficamente no mapa eidentificalos. Nas frontes hai queindicar a que borrascas vanasociadas e sinalar se son activasou estn preto da oclusin.

    - Predicin do tempo: Hai que ter

    en conta a estacin do ano (datado mapa); a direccin e orixe doaire (no sentido das agullas do reloxo nos anticiclns e ao revs nas borrascas); a forza do vento,que ser maior canto mis xuntas estean as isbaras; e as caractersticas de temperatura, humidadee presin dos centros de accin ou das masas de aire que afectan a Espaa.En xeral, os anticiclns provocan tempo seco e as borrascas tempo inestable, con precipitacins evento forte. A fronte fra provoca precipitacins fortes, mentres a fronte clida causa precipitacins mis suaves.As temperaturas son altas no vern cando Espaa est baixo a influencia do Anticicln das Azoresou de masas de aire do sur. As temperaturas son frescas cando o vento procede do oeste, ou donorte no vern. As temperaturas son fras no inverno cando pennsula chega aire polar e rtico docontinente (seco, provoca xeadas) ou do norte do Atlntico (hmido, ocasiona nevaradas)

    2.- Comentario de climogramas

    1.-DefinicinUn climograma un grfico dedobre entrada no que se presentanresumidos os valores de precipitacin e temperaturarecollidos nunha estacinmeteorolxica. Presntanse osdatos medios de cada mes do ano,

    tendo en conta a precipitacin e atemperatura media ao longo detodos os anos observados.Os climogramas teen un eixo deabscisas onde se atopan os mesesdo ano, un eixo de ordenadas esquerda onde se atopa a escaladas temperaturas e un eixo deordenadas dereita onde se atopaa escala das precipitacins (a orde pode variar segundo os autores). A escala de precipitacins sempre o dobre que a de temperaturas xa que segundo o ndice de Gaussen o perodo de aridez estdefinido por: Precipitacins = Temperaturas x 2. No climograma clsico as temperaturas presntanse nunha lia e as precipitacins en barras. Normalmente engdense os datos das precipitacins totais medias e a temperatura media anual.

  • 8/10/2019 TEMA 2 Diversidade climtica

    17/18

    A diversidade climtica . Xeografa de Espaa, 2 de Bacharelato. IES Antn Losada. 17

    2.-Comentario do climogramaPara comentar un climograma necesario ter en conta os seguintes factores: Con respecto s precipitacins, precipitacins totais, distribucin das precipitacins ao longo do ano, indicando o mesde mximas e o de mnimas precipitacins, e se hai ou non mximos ou mnimos secundarios e candose dan. Con respecto s temperaturas, temperatura media, oscilacin trmica anual (diferenza en Centre a temperatura media do mes mis clido e a temperatura media do mes mis fro), distribucindas temperaturas ao longo do ano, indicando o mes mis clido e o mis fro, e se hai mximos emnimos secundarios.Tamn necesario indicar se hai perodos de aridez, que se recoecen porque a curva das precipitacins estn por baixo da curva das temperaturas, e cando se dan eses perodos de aridez, novern ou no inverno.Tendo en conta todo isto pdese recoecer o clima ao que pertence o climograma, xa que cada climaten unhas caractersticas propias, explicando as causas do rxime de precipitacins e temperaturas.Dbese ampliar o comentario cunha anlise bioclimtica: tipo de vexetacin, solos e hidrografa.

    VOCABULARIO DA UNIDADE

    1. A aridez a ausencia ou escaseza de humidade, produto de situacins atmosfricas ou climticasque ocasionan a ausencia ou dficit das precipitacins, forte insolacin, etc. Cando se supera o lmitede aridez, na que o volume de precipitacins e a evaporacin se igualan, comeza a fase do dficithdrico que limita a vexetacin e a potencialidade agraria do lugar. Existen unha serie de frmulas querelacionan diversos factores (precipitacin, temperatura, etc.) para determinar o grao de aridez dunclima nun lugar concreto. Entre este pdese citar o de Gaussen, que indica que un mes rido cando ovalor da precipitacin inferior ou igual a das veces o valor da temperatura (P! 2T).2. Barlovento a parte dun relevo ou zona orientada cara ao lugar de onde vn o vento, que ascendecondensndose e provocando precipitacins. Pola aba contraria, a de sotavento, descende o aire,requente e seco. En Galicia, cando domina o fluxo zonal do oeste, a vertente de barlovento das dorsaismontaosas a occidental, mis hmida, mentres que a de sotavento, a oriental, se caracteriza porunha menor pluviometra.3. A inversin trmica unha situacin atmosfrica anmala, cando aumenta a temperatura do airecoa altura, cando debera de diminur. Deste xeito atopamos o aire mis clido sobre o mis fro. Estasituacin pode darse tanto a nivel da superficie terrestre como a grandes alturas. A nivel do solo resultado da irradiacin nocturna con aire en calma e ceo despexado nunha situacin anticiclnicainvernal, na que se produce unha perda rpida de calor do solo. Tamn pode producirse por adveccin(desprazamento horizontal) de aire clido sobre unha masa de aire ou superficie mis fra a menoraltura. Estas inversins son moi intensas nos fondos de val.4. Unha isbara unha isolia (lia que une os puntos co mesmo valor) que, nun mapameteorolxico, une os puntos que teen a mesma presin atmosfrica ao nivel do mar. O conxunto detodas elas configuran os cambios de presin, individualizando anticiclns e borrascas. A presinnormal de 1.013 mb, anda que nos mapas do tempo adoita considerarse un valor de 1.016 mb.Habitualmente represntanse os mltiplos de 4 hPa (hectopascais) ou mb (milibares) (1000, 1004,1008, 1012,), unidade de medida da presin.5. Unha isohieta , nun mapa de isolias (lias que unen os puntos co mesmo valor), unha liaimaxinaria que une puntos con iguais valores de precipitacins.6. O avesedo ( umbra en casteln) a parte dun terreo en que case sempre fai sombra, por estarexposta norte, no noso hemisferio. mis fro e hmido que o solleiro, orientado ao sur.

  • 8/10/2019 TEMA 2 Diversidade climtica

    18/18

    A DIVERSIDADE CLIMTICA EN ESPAA

    I FACTORES DO CLIMA (pax. 2)1.- FACTORES XEOGRFICOS (pax. 2)1.1. Latitude1.2. Situacin1.3. Influencia do mar1.4. O relevo

    a) Disposicinb) Alturac) Orientacin

    2.- FACTORES TERMODINMICOS (pax. 3)2.1. A Circulacin en Altura: a corrente en chorro2.2. A Circulacin en Superficie

    a) Os centros de accin

    b) Masas de airec) As frontes

    II ELEMENTOS DO CLIMA (pax. 6)1.- INSOLACIN E NUBOSIDADE2.- TEMPERATURA DO AIRE3.- HUMIDADE DO AIRE, NEBOA E O CALIXEIRO4.- PRESIN E VENTO5.- PRECIPITACINS

    6.- EVAPORACIN, EVAPOTRANSPIRACIN E ARIDEZIII TIPOS DE TEMPO ATMOSFRICO NO TERRITORIO ESPAOL (pax. 9)

    IV TIPOS DE CLIMAS NO TERRITORIO ESPAOL (pax. 10)1.- CLIMA OCENICO OU ATLNTICO (pax. 11)2.- CLIMA MEDITERRNEO (pax. 11)

    1. Clima Mediterrneo Martimo2. Clima Mediterrneo Continentalizado3. Clima Mediterrneo Seco, subdesrtico ou estepario

    3.- CLIMA DE MONTAA (pax. 13)4.- CLIMA DE CANARIAS (pax. 14)- TBOAS RESUMO (pax. 15)

    - COMENTARIOS DE MAPAS DO TEMPO E DE CLIMOGRAMAS (pax. 16)

    - VOCABULARIO (pax. 17)