Download - nordesia-1-nov-2015

Transcript
Page 1: nordesia-1-nov-2015

7/24/2019 nordesia-1-nov-2015

http://slidepdf.com/reader/full/nordesia-1-nov-2015 1/1

En ocasións anteriorestemos dito que cultu-ralmente o século XIXten como icono defini-

torio a fábrica; e que unha dasimaxes do XX será o campo de con-centración. Non nos referimos só aoLager , ao campo nazi de extermi-nio, senón tamén ao Gulag  soviéti-co. Por suposto, o primeiro é moitomáis coñecido na cultura popular.

Sabemos moito menos do que su-puxo o Gulag  debido á traducióntardía de moitos autores víctimas darepresión, do peche soviético ata1989, ou á destrución e derribodeses campos, dos que é imposibleatopar case restos, como describiuen páxinas estremecedoras de Im-

 perio  (Anagrama, 1994) o xornalis-ta polaco Richard Kapucinski, quencomprobou de primeira man que obosque tiña devorado Kolima, undos gulag  máis coñecidos dentro efóra de Siberia.

O Holocausto, a Shoáh, segue aser a referencia literaria máis clava-da na nosa memoria colectiva. Con

todo e respecto deste acontecemen-to, estamos literariamente ante unpunto crucial. O exterminio é unelemento literario definido pola li-teratura das testemuñas que o sufri-ron en primeira persoa. Eles están apiques de desaparecer e iso vai mu-dar a narración e a transmisión des-te suceso. Tamén a ética respecto domesmo, definida, tal vez de xeitoexcesivo, nas palabras de Theodor Adorno cando afirmou que non sepodía escribir literatura despois de Auschwitz.

Non só se puido e se pode facerliteratura, senón que os supervivin-tes, desde o primeiro ao último, te-ñen concebido a literatura como

unha necesidade interior e mesmocoma unha responsabilidade histó-rica. Un destes últimos escritos quese nos lega é a carta ao pai asasina-do que a directora de cine MarcelineLoridan-Ivens deu ao prelo con 85anos e que ten sido traducida e pu-blicada en España por Salamandra.Y tú no regresaste  (2015), escritocoa imprescindible colaboración daxornalista Judith Perrignon –da quebotamos de menos que non teñamáis recoñecemento no libro–, éoutro puntal máis na narración doque foi suceso colectivo, industriali-zado e estandarizado, desde a uniónde todos os relatos individuais sobre

a barbarie. Cada vivencia, única,quebra e desfai o que quixo ser Aus-chwitz: o igualatorio do exterminio,a deshumanización absoluta das

 víctimas. Cunha soa voz sería sufi-ciente para que Auschwitz fracasa-se, e por iso cada voz faise única enecesaria, porque é a pegada, ta-mén único, dunha vida humanaarrancada da maquinaria do exter-minio.

 As reflexións que xenera a viven-cia son, obviamente únicas: daí asúa forza. Percíbese ben no libro de

Loridan-Ivens en certas pasaxesonde amosa, con naturalidade, oque se tiña convertido a vida paraos que non ían directamente ás cá-maras de gas. Por exemplo, os vivosnon posuían nada no lager , a nonser algo similar a unha culler de ma-deira. Ata as roupas eran fantasmasdo real: pantalóns desfiachados quenon eran tales, gorros descoloridosque simulaban ser raiados comaesixía o uniforme... pero os obxec-tos reais e completos pertencíanunicamente aos mortos. Toneladasde alfaias, roupa, zapatos son a faceda realidade do lager . Os mortosposúen. Os vivos quedan privados

de todo, agás da morte. A historiografía ten que seguirafondando no que supuxo a destru-ción dos xudeus europeos, para

nematográfico Aarón RodríguezSerrano amósao en Espejos en Aus-chwitz. Apuntes sobre cine y Holo-causto   (Shangri-La, 2015), quedebe lerse de xeito imprescindible

complementada por unha obra pe-quena en formato, pero grande noabano de suxerencias que aporta,como é El Holocausto y la culturade masas , (Melusina, 2010) de Ál-

 varo Lozano, na liña dos ensaios daprofesora española María Fátimadel Olmo, ou dos imprescindiblesanálises de Norman Filkestein queadvirten sobre a trivialización dodiscurso sobre o Holocausto ao en-trar nos parámetros da industria doocio, ao tempo que estas trivializa-cións non son inocentes, como con-textualiza desde a ciencia políticaPeter Novick. Sen estos ensaios, ca-recemos de bases fortes para anali-zar cómo chega a nós a visión cultu-

ral do exterminio dos xudeus.Co fin da literatura testemuñal

acerca do Holocausto, o panoramaliterario quedará dominado polaficción ou pola reflexión. En moitoscasos, por ambas cousas á vez. Se-tenta anos despois, a Shoáh enfron-tarase de cheo á liberdade consubs-tancial á creación literaria.

 A narrativa sobre o Holocaustopasará a estar nas mans dos escrito-res de ficción. As claves da achegaliteraria serán, desde logo, máis li-bres tanto en forma coma en fondo,e os debates éticos actuais acerca daidoneidade de determinados escri-tos de ficción rematará por desapa-

recer.Para un crítico literario, estas cir-cunstancias amosan un interese es-pecial e obrigan tamén a ser moiconsciente da nosa labor. Quedaclaro, en particular, cando analiza-mos a última novela de Martin

 Amis, La zona de interés , (Anagra-ma, 2015), e toda a polémica queten suscitado. Amis atrévese a na-rrar o Holocausto desde voces na-rrativas que colocan ao mesmo ni-

 vel a víctimas, a verdugos, e a presosque acaban asumindo inconsciente-mente parte do discurso de xustifi-cación dos seus asasinos, e todo eloincardinado co humor e a sátirapara amosar o absurdo existente na

traxedia. A estas alturas , un pregúntase

qué pode haber detrás dunha lexíti-ma novela para que se negue a súapublicación en Alemaña e Francia ese alimente a imaxe polemista dunrelato onde é fundamental o ritmolingüístico, que se elabora desde apoesía para confluir na sátira incó-moda, como debe ser a sátira. Pode-rá gustar máis ou menos, pero ese éo novo camiño, separarse das vocesdas testemuñas para imaxinar estase outras voces: a liberdade da crea-ción para asumir posibilidades no-

 vas de reflexión sobre un discursolamentablemente banalizado en

moitos casos, igual que está banali-zado o discurso romántico. Que Amis faga conflui r ambos taménabre interesantes vías para meditar.

usar as palabras que titularon o li-bro de Raul Hilberg (trad. esp. Akal,2005). O acceso aos documentosdesclasificados dos países do antigoTelón de Aceiro ou os novos méto-dos analíticos obrigan aos historia-dores a afondar máis nun tema quedista de estar pechado. Isto veseclaro na recente tradución da mo-numental obra de Nikolaus Wachs-

mann,KL: historia de los campos deconcentración nazis  (Crítica, 2015).Desde libros de referencia coma esteconstrúese a labor divulgativa dohistoriador e o aporte dunha visiónde conxunto necesaria que a litera-tura non pode proporcionar. A obrade Waschmann é máis importanteporque todos somos conscientes dopeso da Shoáh na nosa cultura po-pular; tanto que se presta a menudoa instrumentalizacións variadas. Oúltimo caso, teñen sido as palabrasde Netaniahu acusando ao líder re-lixioso palestino, o Mufti, de inspi-rar a Shoáh ao propio Hitler. Por isotamén coma cidadáns críticos debe-

mos aprender a ollar e analizar odiscurso construído sobre a Shoáh,en particular polos medios cinema-tográficos e televisivos.O crítico ci-

X. A. LÓPEZ SILVA

Vías literarias do Holocausto

    v      i     a    x     e      I     n

     c     o     n     s      t     a     n      t     e

33

Diario de FerrolDOMINGO,

1NOVIEMBRE DE 2015   N     o     r      d     e     s      í     a